Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 15 Clase Expositiva: 4 Clase Interactiva: 22 Total: 41
Linguas de uso Castelán, Galego, Portugués
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Coñecer as potencialidades do Portugués como lingua internacional de cultura e os principais recursos institucionais asociados aos países lusófonos.
Recoñecer as relacións da cultura galega coas de lingua portuguesa, tanto históricos como actuais e os principais instrumentos legais para o seu desenvolvimento.
Construir discursos escritos e orais, en lingua portuguesa, para a xestión cultural.
Familiarizarse com ferramentas e recursos dixitais destinados á aprendizaxe autónoma e á intervención cultural en lingua portuguesa.
Atinxir o nível de utilizador independente (B1 do QCER) para (inter)axir en situacións relacionadas con contextos profisionais da xestión cultural.
I. Difusión da lingua portuguesa no mundo
II. Relacións culturais da Galiza cos países de lingua oficial portuguesa
III. Lingua portuguesa para os sectores culturais
IV. Competencias comunicativas e(n) portugués como língua policéntrica
V. Práticas de xestión cultural e(n) língua portuguesa
Bibliografía básica
- Dicionarios
COELHO NETO, José Teixeira. Dicionário crítico de política cultural: cultura e imaginário. São Paulo: FAPESP / Iluminuras, 1997.
Dicionário Espanhol - Português. Porto: Porto Editora (Álvaro Iriarte Sanromán, coord.).
Dicionário Houaiss da Língua Portuguesa. Rio de Janeiro: Objetiva.
Dicionário temático da Lusofonia. Lisboa: Texto Editores, 2005 (dir. e coord. Fernando Cristóvão).
FERREIRA, Aurélio Buarque de Hollanda. Novo dicionário da língua portuguesa. Rio de Janeiro: Nova Fronteira.
- Métodos de aprendizagem
KUZKA, Robert e PASCOAL, José. Passaporte para Português 1 e 2 (livros do aluno). Lisboa: Lidel, 2016.
RAMOS, Elisabete. Portugalizar. Vigo: Xerais, 2007.
- Recursos online
Dicionário Priberam https://dicionario.priberam.org/
Gramática básica para alunos que já falem e escrevam a nossa língua, https://www.linguateca.pt/Diana/download/portugisisk.html
- Outros
ESPERANÇA, José Paulo, RETO, Luís e MACHADO, Fernando Luís. Novo atlas da Língua Portuguesa. Lisboa: Imprensa Nacional – Casa da Moeda, 2018.
LAPA, Manuel Rodrigues. Estudos galego-portugueses. Lisboa: Sá da Costa, 1979.
RODRIGUEZ, José Luís. "Reflexões sobre o ensino do português para galego-falantes". Actas do Congreso Internacional de Historia y Cultura en l Frontera. Cáceres: Universidad de Extremadura, Vol. II, 2000. pp. 1097-1116.
SAMARTIM, Roberto e PAZOS JUSTO, Carlos (ed.) Portugal e(m) nós : contributos para a compreensão do relacionamento cultural galego-português. Famalicão: Húmus, 2019.
Bibliografía complementar
ARAÚJO, José David dos Santos. Portugal e a Galiza: Encontros e Encantos. Santiago de Compostela: Laiovento, 2004
COIMBRA, Isabel e COIMBRA, Olga Marta. Gramática ativa 1 e 2. Lisboa: Lidel, 2011 e 2012.
GAMA, Manuel e SOUSA, Helena (coord.) Redes de cooperação cultural transnacionais: um olhar sobre a realidade lusófona. Famalicão: Humus, 2017. Disponível em http://www.lasics.uminho.pt/ojs/index.php/cecs_ebooks/issue/view/220/sh…
MONTEIRO, Deolinda e PESSOA, Beatriz. Guia prático dos verbos portugueses. Lisboa: Lidel, 2011.
NEVES, Marco. O galego e português são a mesma língua?. Compostela: Através Editora, 2019.
PAZOS JUSTO, Carlos. A imagem da Galiza em Portugal. Compostela: Através Editora, 2016.
QUIROGA, Carlos. A imagem de Portugal na Galiza. Compostela: Através editora, 2016.
- Con01: Coñecer e poñer en valor as diversas áreas do patrimonio cultural nas súas vertentes material e inmaterial.
- Con06: Coñecer a norma e uso coherente e adecuado dunha lingua estranxeira, tanto de forma oral como escrita.
- Con07: Identificar os distintos niveis e estilos de uso das linguas ambientais e internacionais, tanto na modalidade oral como na escrita, e a súa importancia para a elaboración e transmisión eficaz de textos con contido cultural.
- H/D02: Analizar e sintetizar información procedente de distintas fontes, valorando a súa relevancia e interese en función dos obxectivos que se persigan.
- Comp03: Organizar e planificar o traballo en función dos obxectivos e recursos dispoñibles.
- Comp06: Aplicar os coñecementos adquiridos para resolver problemas tanto na súa área de estudo como en entornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos ou multidisciplinares.
Na modalidade virtual o proceso de ensino e aprendizaxe desenvolverase, fundamentalmente, a distancia e atendendo ás características da formación en remoto. As actividades formativas e o traballo do alumnado, así como a titorización e o contacto entre docentes e alumnado, realizaranse a través da aula do Campus virtual da USC e mediante a tecnoloxía de streaming corporativa da USC ( MSTeams).
Cada semana haberá unha hora de docencia non presencial síncrona e unha hora semanal de titoría non presencial síncrona.
A hora semanal de docencia non presencial síncrona figura nos horarios oficiais e será transmitida pola ferramenta institucional de videoconferencia (MSTeams) para garantir o seu seguimento a distancia. Habilitarase un espazo na facultade para impartir esta docencia non presencial síncrona e este mesmo espazo será posto a disposición do alumnado que desexe seguir estas sesións desde as instalacións da universidade, sen que isto afecte ao carácter non presencial desta actividade formativa síncrona.
A hora semanal de titoría non presencial síncrona corresponderá a unha das horas de titoría que todo o profesorado debe publicar ao comezo da súa actividade lectiva. O horario da sesión semanal de titoría non presencial síncrona en cada materia será publicado polo decanato antes do comezo de cada semestre. Estas titorías, individuais ou de grupo pequeno, realizaranse a través da ferramenta institucional de videoconferencia (MSTeams) e teñen como obxectivo formativo resolver calquera dúbida ou consulta do estudantado, así como proporcionar as orientacións teórico-metodolóxicas que guíen a aprendizaxe autónoma do alumnado.
A Aula Virtual, dispoñible a través do Campus Virtual da USC, será a plataforma fundamental de todo o proceso formativo e a canle a través da cal se establecerá o contacto entre docentes e estudantado. Na Aula Virtual estarán dispoñibles todos os recursos necesarios para o proceso formativo do alumnado, así como as tarefas e actividades prácticas planificadas para a avaliación continua, que deben entregarse na ferramenta establecida na aula virtual da materia. As consultas realizadas polas/os estudantes serán respondidas nun prazo non superior ás 48 horas de días lectivos, a condición de que o/a docente non estea a gozar dalgún permiso oficial.
Na aula virtual os/as docentes poñerán a disposición do estudantado recursos e tarefas que responderán a diversas metodoloxías: clase maxistral, comentarios de texto, presentación oral de traballos, exercicios, estudos de caso, etc
O sistema de avaliación será continuado e constará, para ambas as oportunidades (1ª e 2ª), dos seguintes itens:
a) Participación e proactividade en relación ás dinámicas de traballo da disciplina, particularmente através da Aula Virtual: até 2 valores.
b) Actividades marcadas (tarefas, traballos, presentacións orais, etc.) para desenvolvimento ao longo do semestre: até 6 valores;
c) Realización de proba/exame, de carácter obrigatorio: até 2 valores.
Na Primeira Oportunidade, até a data oficialmente marcada para o exame, o/a estudante poderá recuperar ou mellorar a parte relativa á sección b) mediante (re)elaboración das actividades non entregadas ou consideradas deficientes.
Para a Segunda Oportunidade, o sistema será o mesmo que o da Primeira Oportunidade.
Para todos os casos de execución fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións" da USC.
Docencia non presencial síncrona: 15 horas
Titorías non presenciais síncronas: 15 horas
Docencia non presencial asíncrona: 14 horas
Traballo persoal do alumnado e outras actividades: 102 horas
Avaliación final (exame): 4 horas
Recoméndase manter contacto constante co portugués (oral ou escrito), para o cal a rede / net ten múltiplos recursos, entre os cales se suxeren os seguintes:
Rádio e Televisão de Portugal (RTP) https://www.rtp.pt/ (nomeadamente “RTP Ensina” https://ensina.rtp.pt/)
Rede Globo (Brasil) https://redeglobo.globo.com/
Rádio Televisão Cabo-verdiana (RTC) http://www.rtc.cv/index.php?
Televisão Pública de Angola (TPA) http://tpa.sapo.ao/
Televisão de Moçambique (TVM) https://www.tvm.co.mz/
Jornal Público (Portugal) https://www.publico.pt/
Folha de São Paulo (Brasil) https://www.folha.uol.com.br/
Jornal de Angola https://jornaldeangola.ao/ao/
Rede Angola http://www.redeangola.info/cultura/
Jornal O País (Moçambique) https://www.opais.co.mz/
Jornal de Letras, Artes e Ideias (Portugal) https://visao.sapo.pt/jornaldeletras/
Rascunho. O jornal de literatura do Brasil https://rascunho.com.br/
África 21 Digital https://africa21digital.com/
Comunidade de Países de Língua Portuguesa (CPLP) https://www.cplp.org/ (com especial atenção à seção de “Língua, Cultura e Educação” https://www.cplp.org/Default.aspx?ID=2604 )
Camões - Instituto da Cooperação e da Língua (Portugal) https://www.instituto-camoes.pt/
Instituto Português de Oriente http://ipor.mo/clp/recursos-didaticos/no-ipor/
Observatório da Língua Portuguesa https://observalinguaportuguesa.org/
Observatório Itaú Cultural (Brasil) https://www.itaucultural.org.br/observatorio-itau-cultural
Ao longo do semestre, será prestada atención á actualidade relacionada coa materia.
Jose Carlos Quiroga Diaz
- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Teléfono
- 881811824
- Correo electrónico
- carlos.quiroga [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Jose Luis Forneiro Perez
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Correo electrónico
- joseluis.forneiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
17:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Portugués | Aula 13 |
22.05.2025 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 15 |
03.07.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 14 |