Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 15 Clase Expositiva: 4 Clase Interactiva: 22 Total: 41
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Filosofía Moral
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Obxectivos da materia
Recoñecer, definir, explicar e xustificar os valores éticos propios da profesión
Recoñecer os dereitos culturais como dereitos humanos e posuir destrezas para a súa posta en práctica e implementación
Adherirse a un compromiso moral e social desde o sector profesional da cultura
Conxugar a perspectiva global coas identidades e os recursos socioculturais propios de cada rexión e ámbito local de incumbencia
Aplicar os coñecementos e estratexias á diversidade cultural, persoal, de xénero, etc., presentes na sociedade
1. Cuestións introdutorias: a ética e a xestión cultural
2. Reflexións desde o ámbito da cultura
2.1. A cultura como portadora de identidade, valores e significado
2.2. O global e o local: proteción da diversidade cultural
2.3. Interculturalidade e diálogo intercultural
2.4. Cultura e cooperación para o desenvolvemento
2.5. Cultura e medio: desenvolvemento sostible
3. Reflexións desde o ámbito da sociedade
3.1. Cultura, paz e valores democráticos
3.2. Dereitos humanos
3.3. Participación da sociedade civil
3.4. Igualdade de xénero
4. Reflexións desde o ámbito da profesión
4.1. Responsabilidade ética e social da xestión cultural
4.2. Boas prácticas profesionais
Bibliografía básica:
• ASOCIACIÓN DE PROFESIONALES DE LA GESTIÓN CULTURAL DE CATALUÑA (1996), La gestión cultural: una nueva profesión en debate. Barcelona.
• ASOCIACIÓN GALEGA DE PROFESIONAIS DA XESTIÓN CULTURAL: pensamentos sobre que facer coa cultura?
• MARCÉ, X. & MARTINELL, A. (1995): Perfil y formación de gestores culturales en España. Madrid, Ministerio de Cultura.
• MARTÍN-BARBERO, J (2010): “Industrias culturales: modernidad e identidad” en Cuadernos de comunicación y cultura, nº 15.
• MARTINELL, A (2001): La gestión cultural: singularidad profesional y perspectivas de futuro. (Recopilación de textos). Disponible en: http://observatoriocultural.udgvirtual.udg.mx/repositorio /bitstream/handle/123456789/346/AlfonsoMartinell_GC.pdf?sequence=1&isAllowed=y
• MENÉNDEZ, C. & GUÉREZ, V. (eds.) (1994): La formación en gestión cultural. Secab-Colcultura, Colombia.
• MENÉNDEZ, C. & FARFAN, M. (eds.) (1995): El gestor cultural. Agente de cambio. Secab, OIE, Ministerio de Educación y Cultura de Ecuador.
Bibliografía complementaria:
• BONET, L. (1995): La cultura contemporánea, un sector mercantilizado. Santiago de Compostela, Universitat de Barcelona.
• INCANOP (1997): Les professions de la cultura. Barcelona, Generalitat de Catalunya.
• NAISSBETT, J. (1990): Megatendencias 2000. Bogotá, Editorial Norma.
• TAYLOR, Ch. (1994): Multiculturalismo y las políticas de reconocimiento. FCE, México.
• UNESCO: Convención sobre la protección y la promoción de la diversidad de las expresiones culturales. París, 20 de octubre de 2005. Dispoñíbel en: https://unesdoc.unesco.org/ark:/48223/ pf0000142919_spa
• UNESCO: Batería de Indicadores UNESCO en Cultura para el Desarrollo. Febrero 2011. (Borrador). Dispoñíbel en: http://www.unesco.org/new/fileadmin/MULTIMEDIA/HQ/CLT/pdf/Co nv2005 _CDi ndicators_Analytical_ es.pdf
• UNESCO: Nuestra diversidad creativa: Informe de la Comisión Mundial de Cultura y Desarrollo. Dispoñíbel en: https://unesdoc.unesco.org/ark:/48223/pf0000105586_spa
• ZALLO, R. (1992): El mercado de la cultura: estructura económica y política de la comunicación. San Sebastián, Editorial Garos.
• ZALLO, R. (1988): Economía de la comunicación y la cultura. Madrid, Akal.
- Con02: Comprender e interpretar os fundamentos históricos, antropolóxicos, filosóficos, sociais e artísticos dos procesos culturais
- H/D03: Reunir e interpretar datos relevantes para emitir juizos que inclúan reflexións sobre temas de índole
social, científica ou ética
- H/D06: Desenvolver unha actitude crítica respecto dos fundamentos históricos, antropolóxicos e artísticos dos
procesos culturais cunha especial atención á igualdade de xénero
- Comp01: Comprometerse cos valores democráticos e cos dereitos fundamentais do ser humano,
atendendo, especialmente, á igualdade de xénero, á multiculturalidade e á non discriminación de persoas con
diversidade funcional
Esta materia impártese na modalidade virtual. Haberá unha hora semanal de docencia non presencial síncrona que figura nos horarios oficiais e será transmitida pola ferramenta institucional de videoconferencia (MSTeams) para garantir o seu seguimento a distancia. Habilitarase un espazo na facultade para impartir esta docencia non presencial síncrona de forma que na súa transmisión por streaming se utilicen a rede de datos e os recursos tecnolóxicos institucionais. Este mesmo espazo será posto a disposición do alumnado que desexe seguir estas sesións desde as instalacións da universidade, sen que isto afecte ao carácter non presencial desta actividade formativa síncrona. Esta sesión semanal de docencia non presencial síncrona será utilizada para realizar aquelas actividades que consideren máis adecuadas para guiar e axudar ao alumnado no seu proceso formativo. Todos os contidos, recursos e materiais utilizados nestas sesións de docencia síncrona (presentacións, vídeos, esquemas, textos, fontes,....) serán postos a disposición de todo o alumnado a través da aula virtual.
Igualmente, haberá unha hora semanal de titoría non presencial síncrona O horario da sesión semanal de titoría non presencial síncrona en cada materia será publicado polo decanato ao comezo de cada semestre. Estas titorías, individuais ou de grupo pequeno, forman parte da actividade non presencial de docencia telemática e deberán realizarse a través da ferramenta institucional de videoconferencia (MSTeams). Teñen como obxectivo formativo resolver calquera dúbida ou consulta do alumnado, así como proporcionar as orientacións teórico-metodolóxicas que guíen a aprendizaxe autónoma do alumnado.
A Aula Virtual, dispoñible a través do Campus Virtual da USC, será a plataforma fundamental de todo o proceso formativo e a canle a través da cal se establecerá o contacto entre docentes e alumnado.
As consultas realizadas polo alumnado serán respondidas mediante o envío dun correo de resposta nun prazo non superior ás 48 horas de días lectivos e a súa resolución antes de sete días lectivos, sempre e cando o profesor/a non estea desfrutando dalgún permiso.
SISTEMA DE AVALIACIÓN PONDERACIÓN
Participación activa na aula virtual (tutorías, chats, foros e debates, e outras ferramentas virtuais) 20%
Actividades de avaliación continua 70%
Exame 10%
Para a segunda oportunidade, as actividades requeridas serán axustadas ao que cada estudante precise recuperar, mantendose a cualificación das partes xa superadas.
O alumnado de 2ª convocatoria poderá cursar a materia como se fora alumnado ordinario, sendo cualificado do mesmo xeito; de non elixir esta opción, deberán ser entregadas as actividades de avaliación continua (que computarán un 70% da cualificación final) pasando a prueba de exame a computar un 30% da cualificación.
AVALIACIÓN DE COMPETENCIAS:
As competencias a acadar a través da materia serán avaliadas a través das actividades de avaliación previstas. A totalidade das competencias, e fundamentalmente aquelas referidas a actitudes e compromisos éticos y democráticos, serán atendidas nas actividades interactivas solicitadas para a avaliación continua e as participacións de clase; as competencias Con02 e H/D03, ademáis, poderán ser avaliadas a través da proba escrita.
ACTIVIDADE FORMATIVA HORAS PRESENCIALIDADE
Actividade presencial: presentación de contidos básicos e clases prácticas 15 100
Actividade presencial: titorías para orientar en temas teórico-metodológico 15 100
Exame presencial 4 100
Traballo personal do alumnado e outras actividades 120 0
- Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
- Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
- Perspectiva de xénero: Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados, segundo as recomendacións da USC.
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
- Non se poderá empregar o de teléfono móbil, computadora, tablet ou aparello similar, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo/a docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado.
- Obrigatoriedade do cumprimento da Normativa de protección de datos.
- Os materiais elaborados polo docente están protexidos pola normativa de protección da propiedade intelectual e dereitos de autor de tal xeito que non se poden divulgar ou facer accesibles sen autorización do autor.
- O estudantado con necesidades específicas de apoio educativo e/ou discapacidade deberá poñerse en contacto co Servizo de Participación e Inclusión Universitaria (SEPIU) e enviar a solicitude de adaptacións a través do formulario dispoñible na web do SEPIU ou na secretaría virtual do alumnado. Máis información no email sepiu.santiago [at] usc.gal (sepiu[dot]santiago[at]usc[dot]gal) ou nos teléfonos 881 812 859/ 881 812 858
Beatriz Fernandez Herrero
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía Moral
- Teléfono
- 982824742
- Correo electrónico
- beatriz.fernandez.herrero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
18:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Seminario 114 |
21.05.2026 17:00-19:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 16 |
22.06.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 15 |