Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Física Aplicada
Áreas: Óptica
Centro Facultade de Óptica e Optometría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Procura-se que tras aprobar a materia o alumno:
* Coñeza os fundamentos e características dos distintos tipos de lentes oftálmicas.
* Atinxa unha boa comprensión do seu deseño.
* Coñeza e manexe con soltura e precisión os métodos de medida básicos dos parámetros necesarios para a adaptación correcta dos elementos ópticos compensadores.
* Estea preparado para asimilar facilmente os procesos de adaptación das lentes oftálmicas.
I. LENTES ESFÉRICAS
1. Introdución
2. Poténcia superficial
3. Poténcias dunha lente
4. Características mecánicas
II. LENTES ASTIGMÁTICAS
1. Introdución (tipos de superfícies)
2. Tipos de lentes astigmáticas
3. Notacións astigmáticas e transposicións
4. Medida de poténcias
III. LENTES ASFÉRICAS
1. Superfícies asféricas
2. Superfícies atóricas
3. Características mecánicas
IV. A LENTE DIANTE DO OLLO
1. Compensación das ametropias
2. Ampliación de lente
3. Campo de visión
4. Acomodación
V. PRISMAS OFTÁLMICOS E EFEITOS PRISMÁTICOS
1. Conceitos básicos
2. Composición e descomposición de prismas
3. Efeito prismático por descentramento
4. Lentes prismáticas
5. Prismas de Fresnel
VI. LENTES MULTIFOCAIS
1. Lentes bifocais
a. Tipos de lentes
b. Descrición xeométrica
c. Características ópticas
2. Lentes trifocais
3. Lentes progresivas
a. Superfícies progresivas
b. Elementos de deseño de lentes progresivas
c. Comportamento dunha lente progresiva
d. Lentes progresivas ocupacionais
VII. ABERRACIÓNS E DESEÑO DE LENTES
1. Aberracións cromáticas
2. Aberracións xeométricas
3. Deseño de lentes
a. Deseño clásico
b. Deseño actual
VIII. LENTES ESPECIAIS
1. Anisometropia
2. Lentes de altas poténcias
3. Lentes de contacto
4. Lentes intraoculares
1) Fannin T. E. e Grosvenor T., Óptica clínica, ed. OMEGA, Barcelona 2007 (2ª edición).
2) Fowler C. e Petre K.L., Spectacle Lenses. Theory and practice, ed. Butterworth-Heineman, Oxford 2001.
3) Illueca C. e Domenech B., Problemas de tecnología óptica, ed. Universidad de Alicante, Alicante 1991
4) Jalie M., The principles of ophthalmic lenses, ed. por The Association of British Dispensing Opticians, Londres 1988 (4ª edición)
5) Jalie M., Ophthalmic lenses and dispensing, ed. Butterworth-Heineman, Oxford 2008 (3ª edición).
6) Rabbetts R.B., Clinical Visual Optics, Elsevier-Butterworth Heinemann, 2007 (4ª edición).
7) Salvadó Arqués J., Fransoy Bel, M. (editores), Tecnología óptica. Lentes oftálmicas, diseño y adaptación, ed. UPC, Barcelona 1997
8) Salvadó Arqués J., Vera Tenza M., Guisasola València L. e Fransoy Bel M., Lentes oftálmicas. Problemas, ed. UPC, Barcelona 1993
9) Tunnacliffe A.H., Introduction to visual optics, ed. por The Association of British Dispensing Opticians, Canterbury 1993 (4ª edición)
Material bibliográfico: O profesorado da materia especificará no Campus Virtual que material bibliográfico se pode atopar en formato electrónico na biblioteca da USC cando os fondos estean dispoñibles, así como outros recursos como páxinas web, blogs, etc.
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAiES
CG1 - Que os estudantes teñan capacidade para abordar a súa actividade profesional r formativa debde o respecto ao código deontolóxico da súa profesión, que inclue, entre outros máis específicos, os principios do respecto e a promoción dos dereitos fundamentais das persoas, a igualdade entre as persoas, os principios de accesibilidade universal e deseño para todos e os valores democráticos e dunha cultura de paz
CB1 - Que os estudantes demostren posuir e comprender coñecementos nun área de estudio que parte da base da educación secundaria xeral, e adoita atoparse a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclue tamén algúns aspectos que implican coñecemientos procedentes da vanguarda do seu campo de estudio.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecemientos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e l resolución de problemas dentro da súa área de estudio
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudio) para emitir xuicios que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes teñan desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudios posteriores cun alto grao de autonomía
TRANSVERSALES
CT1 - Que adquiran capacidade de análise e de síntese
CT2 - Que adquiran capacidade de organización e planificación.
CT3 - Que adquiran capacidade de comunicación oral e escrita ne lingua nativa.
CT4 - Que adquiran o coñecemento dunha lingua extranxeira.
CT5 - Que adquiran coñecementos de informática relativos ao ámbito de estudio.
CT6 - Que adquiran capacidade de xestión da información.
CT7 - Que adquiran capacidade para a resolución de problemas.
CT9 - Que saiban traballar en equipo.
CT12 - Que adquiran habilidades nas relacións interpersonaies.
CT14 - Que o alumno adquira habilidades para a emisión un razoamento crítico.
CT15 - Que o alumno manteña un compromiso ético.
CT16 - Que o estudiante sxea capaz de realizar un aprendizaxe autónomo.
CT17 - Que sexan capaces de adaptarse a novas situacións.
CT18 - Que sexan creativos.
ESPECÍFICAS
CE4 - Que o alumno sexa capaz de reflexionar críticamente sobre cuestións clínicas, científicas, éticas e sociaies implicadas no exercicio profesional da Optometría, comprendendo os fundamentos científicos da Óptica-Optometría e aprendendo a valorar de forma crítica a terminoloxía, ensaios clínicos e metodoloxía da investigación relacionada ca Óptica-Optometría.
CE5 - Que o alumno sexa capaz de emitir opinións, informes e peritaxes cando sexa necesario.
CE6 - Que o estudante poida valorar e incorporar os avances tecnolóxicos necesarios para o correcto desenvolvemento da súa actividade profesional.
CE9 - Que o estudante poida ampliar e actualizar as súas capacidades para o exercicio profesional mediante a formación continuada.
CE11 - Que o estudante sepa situar a información nova e a interpretación desta no seu contexto.
Aulas teóricas e seminarios, con sistemas multimedia, para desenvolver de forma lóxica e consistente o programa docente da materia, mostrando a súa relación con outras materias da titulación.
Distribución temporal:
- 3 horas semanais expositivas, para impartir os contidos teóricos
- 1 hora quincenal de seminarios
- 2 horas semanais de aulas interactivas no obradoiro de tecnoloxía
AVALIACIÓN XERAL
============
Avaliarase por separado a parte teórica e a parte práctica. A parte teórica avaliarase mediante un exame escrito, onde os erros das respostas poderán ser obxecto de penalización na cualificación, e a parte práctica mediante un exame práctico ao rematar as sesións prácticas. Ademais, haberá unha avaliación continua a través dos seminarios.
Na cualificación final, o 50% da nota global corresponderá á parte teórica, o 10% ao traballo nos seminarios, e o 40% restante á parte práctica.
Para ser avaliado da parte práctica, cumpre asistir a un mínimo de 6 das sesións.
Non poderán presentarse á convocatoria de Xullo aqueles alumnos que durante o período normal de aulas non teñan asistido ao dito mínimo de 6 das sesións prácticas.
Para aprobar a materia é imprescindíbel obter en cada unha das partes teórica e práctica, como mínimo unha cualificación de 4 sobre 10. E unha nota global de como mínimo 5 sobre 10.
AVALIACIÓN CON DISPENSA DE ASISTENCIA ÁS AULAS
==================================
Serán a mesma que no caso xeral, pero sen o requisito de asistencia ao mínimo de sesións prácticas.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Depende significativamente da adicación e capacidade de cada estudante. De maneira que as seguintes cifras deben considerar-se como unha estimativa aproximada:
Estudo autónomo individual: 50 h
Realización de exercícios: 16 h
Leituras recomendadas, actividades en biblioteca: 5 h
Outras actividades: 4 h
Total de traballo persoal: 75 h
1) Repaso dos coñecimentos xa adquiridos en Óptica Xeométrica.
2) Estudar, ou como mínimo ter lida a teoria, antes da sesión prática correspondente a cada apartado.
3) Facer uso das tutorias para consultar e esclarecer dúvidas.
4) Non memorizar “receitas”, senón entender sempre o que se está a facer.
Rosa María González Fernández
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Óptica
- Teléfono
- 881813518
- Correo electrónico
- rosa.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Escola Universitaria
Maria Dolores Mouriz Cereijo
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Óptica
- Teléfono
- 881813519
- Correo electrónico
- mariadolores.mouriz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Juan Ignacio Rodriguez Martinez
Coordinador/a- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Óptica
- Teléfono
- 881813500
- Correo electrónico
- nacho.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Escola Universitaria
Maria Concepcion Nistal Fernandez
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Óptica
- Teléfono
- 881813529
- Correo electrónico
- mconcepcion.nistal [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Ana Isabel Gómez Varela
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Óptica
- Correo electrónico
- anaisabel.gomez [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Ramón y Cajal
Yago Arosa Lobato
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Óptica
- Correo electrónico
- yago.arosa.lobato [at] usc.es
- Categoría
- Posdoutoral Xunta
Luns | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /CLIS_02 | Galego | Aula de Informática |
Martes | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 2 |
Mércores | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 2 |
Xoves | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 2 |
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula de Informática |
21.01.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
21.01.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
18.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
18.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |