Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="http://assets.usc.gal/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Grao en Enfermaría

  • En extinción
Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias da Saúde
Centro(s)
Facultade de Enfermaría
Avda. Xoan XXIII, 15782
Santiago de Compostela
881812033 (Conserxaría)
881812035 (Decanato)
enfermaria.decanato@usc.gal
Campus
Santiago de Compostela
estudantes de enfermeria

O Grao en Enfermaría busca formar profesionais capaces de prestaren unha atención sanitaria técnica e profesional axeitada, consonte ao estado de desenvolvemento dos coñecementos científicos, que poidan comprender o comportamento interactivo da persoa en función do xénero, comunidade e contexto social.

  • Duración: 4 anos académicos
    Código RUCT: 2501105
    Número prazas: 150

    Decano/a ou director/a do centro:
    Ana Isabel Silveira Rodríguez

    Linguas de uso:
    Castelán, Galego

    Nivel MECES: 2

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Santiago de Compostela

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela

    Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
    D. 385/2009 do 27 agosto (DOG 16/09/09)

    Data de publicación no BOE:
    1ªed.: 5 de marzo de 2010 2ªed.: 27 de setembro de 2016

    Data da última acreditación:
    11/07/2017

    Habilitación profesional:
    Este título habilita en España para o exercicio da profesión regulada de Enfermeiro.

    O Grao en Enfermaría busca formar profesionais capaces de prestaren unha atención sanitaria técnica e profesional axeitada, consonte ao estado de desenvolvemento dos coñecementos científicos en cada momento, que poidan comprender o comportamento interactivo da persoa en función do xénero, comunidade, dentro do seu contexto social, con entendemento dos principios teóricos e metodolóxicos da enfermaría.

    Así mesmo, búscase que fomenten estilos de vida saudables, o autocoidado, apoiando o mantemento de condutas preventivas e terapéuticas, protexendo a saúde e o benestar das persoas, familias ou grupos atendidos, garantindo a súa seguridade, e establecendo unha comunicación eficaz.

  • Non se contemplan mencións.

  • A Facultade de Enfermaría conta con 8 aulas de propósito xeral, con diversa capacidade. A Facultade dispón tamén de 8 aulas de seminario, cunha capacidade de entre 10 e 30 persoas, así mesmo, de laboratorios, cunha capacidade aproximada de 30 postos.

    Existen tamén espazos habilitados para o alumnado:

    • Unha aula de informática de acceso libre.
    • Unha aula de informática para docencia.
    • Unha sala de lectura con aproximadamente 80 postos, e unha sala de lectura con 100 postos no Pavillón Docente (anexo ao Hospital Clínico Universitario de Santiago)

    O centro dispón dunha Biblioteca, que consta dunha sala de lectura con máis de 90 postos

    Tamén hai que destacar que desde calquera punto da Facultade é posible a conexión sen fíos a Internet.

  • Formar profesionais capaces de prestaren unha atención sanitaria técnica e profesional axeitada, consonte o estado de desenvolvemento dos coñecementos científicos en cada momento, con coñecemento dos principios teóricos e metodolóxicos da enfermaría.

  • Mobilidade

    A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de Intercambios Interuniversitarios”.
    A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):
    Portal Internacional

    Prácticas

    Prográmanse con carácter obrigatorio 84 créditos distribuídos nas materias Prácticas Tuteladas I, II, III, IV, V e VI, atendendo a criterios de planificación e mecanismos para garantir a calidade e o aproveitamento máis adecuado por parte dos/as estudantes.

  • Ofertarase no derradeiro cuadrimestre do plan de estudos.

  • No caso dos/as diplomados/as en Enfermaría, poderán incorporarse ao Grado de Enfermería realizando las Prácticas Tututeladas V, Prácticas Tuteladas VI e Traballo Fin de Grado.

    Os/as diplomados/as con 3 anos de experiencia profesional a tempo completo (o proporcional a tempo parcial), valorada dacordo co que estableza a Universidade de Santiago de Compostela para estes casos, poderán adaptar as materias Prácticas Tuteladas V e Prácticas Tuteladas VI.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.09.2022.