Comp01 - Ser capaz, no ámbito da enfermería, de prestar unha atención sanitaria técnica e profesional adecuada ás necesidades de saúde das persoas que atenden, de acordo con o estado de desenvolvemento dos coñecementos científicos de cada momento e cos niveis de calidade e seguridade que se establecen nas normas legais e deontolóxicas aplicables.
Comp02 - Planificar e prestar coidados de enfermería dirixidos ás persoas, familia ou grupos, orientados aos resultados en saúde avaliando o seu impacto, a través de guías de práctica clínica e asistencial, que describen os procesos polos cales se diagnostica, trata ou coida un problema de saúde.
Comp03 - Comprender o comportamento interactivo da persoa en función do xénero, grupo ou comunidade, dentro do seu contexto social e multicultural.
Comp04 - Deseñar sistemas de coidados dirixidos ás persoas, familia ou grupos, avaliando o seu impacto e establecendo as modificacións oportunas.
Comp05 - Basear as intervencións da enfermería na evidencia científica e nos medios dispoñibles.
Comp06 - Comprender sen prexuízos ás persoas, considerando os seus aspectos físicos, psicolóxicos e sociais, como individuos autónomos e independentes, asegurando o respecto ás súas opinións, crenzas e valores, garantindo o dereito á intimidade, a través da confidencialidade e o secreto profesional.
Comp07 - Promover e respectar o dereito de participación, información, autonomía e o consentimento informado na toma de decisións das persoas atendidas, acorde coa forma en que viven o seu proceso de saúde enfermidade.
Comp08 - Fomentar estilos de vida saudables, o autocuidado, apoiando o mantemento de condutas preventivas e terapéuticas.
Comp09 - Protexer a saúde e o benestar das persoas, familia ou grupos atendidos, garantindo a súa seguridade.
Comp10 - Establecer unha comunicación eficaz con pacientes, familia, grupos sociais e compañeiros e fomentar a educación para a saúde.
Comp11 - Establecer mecanismos de avaliación, considerando os aspectos científico-técnicos e os de calidade.
Comp12 - Traballar co equipo de profesionais como unidade básica na que se estruturan de forma uni ou multidisciplinar e interdisciplinar os profesionais e demais persoal das organizacións asistenciais.
Comp13 - Realizar os coidados de enfermería baseándose na atención integral de saúde, que supón a cooperación multiprofesional, a integración dos procesos e a continuidade asistencial.
Comp14 - Utilización dos medicamentos, avaliando os beneficios esperados e os riscos asociados e/o efectos derivados da súa administración e consumo.
Comp15 - Aplicar as tecnoloxías e sistemas de información e comunicación dos coidados de saúde.
Comp16 - Identificar as respostas psicosociais das persoas #ante as diferentes situacións de saúde (en particular, a enfermidade e o sufrimento), seleccionando as accións adecuadas para proporcionar axuda nas mesmas. Establecer unha relación empática e respectuosa co paciente e familia, acorde coa situación da persoa, problema de saúde e etapa de desenvolvemento.
Utilizar estratexias e habilidades que permitan unha comunicación efectiva con pacientes, familias e grupos sociais, así como a expresión das súas preocupacións e intereses.
Comp17 - Aplicar o proceso de enfermería para proporcionar e garantir o benestar a calidade e seguridade ás persoas atendidas.
Comp18 - Dirixir, avaliar e prestar os coidados integrais de enfermería, ao individuo, a familia e a comunidade.
Comp19 - Capacidade para describir os fundamentos do nivel primario de saúde e as actividades para desenvolver para proporcionar un coidado integral de enfermería ao individuo, a familia e a comunidade. Comprender a función e actividades e actitude cooperativa que o profesional ha de desenvolver nun equipo de Atención Primaria de Saúde. Promover a participación das persoas, familia e grupos no seu proceso de saúde-enfermidade. Identificar os factores relacionados coa saúde e os problemas da contorna, para atender ás persoas en situacións de saúde e enfermidade como integrantes dunha comunidade. Identificar e analizar a influencia de factores internos e externos no nivel de saúde de individuos e grupos. Aplicar os métodos e procedementos necesarios no seu ámbito para identificar os problemas de saúde máis relevantes nunha comunidade. Analizar os datos estatísticos referidos a estudos poboacionais, identificando as posibles causas de problemas de saúde. Educar, facilitar e apoiar a saúde e o benestar dos membros da comunidade, cuxas vidas están afectadas por problemas de saúde, risco, sufrimento, enfermidade, incapacidade ou morte.
Comp20 - Seleccionar as intervencións encamiñadas a tratar ou previr os problemas derivados das desviacións de saúde. Ter unha actitude cooperativa cos diferentes membros do equipo.
Comp21 - Identificar as características das mulleres nas diferentes etapas do ciclo reprodutivo e no climaterio e nas alteracións que se poden presentar proporcionando os coidados necesarios en cada etapa. Aplicar coidados xerais durante o proceso de maternidade para facilitar a adaptación das mulleres e os neonatos ás novas demandas e previr complicacións.
Comp22 - Analizar os datos de valoración do neno, identificando os problemas de enfermería e as complicacións que poden presentarse. Seleccionar as intervencións dirixidas ao neno san e ao enfermo, así como as derivadas dos métodos de diagnóstico e tratamento. Ser capaz de proporcionar educación para a saúde aos pais ou coidadores primarios.
Comp23 - Prestar coidados, garantindo o dereito á dignidade, privacidade, intimidade, confidencialidade e capacidade de decisión do paciente e familia. Individualizar o coidado considerando a idade, o xénero, as diferenzas culturais, o grupo étnico, as crenzas e valores.
Comp24 - Incorporar os valores profesionais, competencias de comunicación asistencial, razoamento clínico, xestión clínica e xuízo crítico, integrando na práctica profesional os coñecementos, habilidades e actitudes da Enfermería, baseados en principios e valores, asociados ás competencias descritas nos obxectivos xerais e nas materias que conforman o Título.
Comp25 - Desenvolver capacidade para o traballo en equipo.
Comp26 - Adquirir capacidade para a resolución de problemas.
Comp27 - Adquirir capacidade para a toma de decisións.
Comp28 - Desarollar capacidade para adaptarse a novas situacións.
Comp29 - Planificar e xestionar o tempo Comp30 - Traballar de maneira autónoma
Comp31 - Xestionar información
Comp32 - Apreciar a diversidade e multiculturalidad
Comp33 - Desenvolver habilidades de investigación
Comp34 - Adquirir habilidades básicas de manexo de computadores