Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Enfermaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Dotar o alumno de coñecementos para que sexa capaz de:
•Aplicar o proceso de enfermería para proporcionar e garantir o benestar a calidade e seguridade ás persoas atendidas
•Identificar as características das mulleres nas diferentes etapas do ciclo reprodutivo e no climaterio e nas alteracións que se poden presentar proporcionando os coidados necesarios en cada etapa.
•Aplicar coidados xerais durante o proceso de maternidade para facilitar a adaptación das mulleres e os neonatos ás novas demandas e previr complicacións.
•Basear as intervencións de enfermería na evidencia científica e nos medios dispoñibles.
•Desenvolver aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
1. Introdución á enfermería maternal
Fenómenos demográficos
Anatomía do aparello xenital feminino e masculino
O ciclo menstrual
Puberdade e climaterio
2. Reprodución humana
Bioloxía da reprodución
Control da fertilidade
Esterilidade e infertilidade
Enfermidades de transmisión sexual
3. Embarazo
Proceso e diagnóstico de xestación
Modificacións anatomofiosiolóxicos da muller embarazada
Coidados de saúde materno-fetais no embarazo. Seguimento do embarazo
Coidados bucodentais no embarazo
Patoloxía xeral obstétrica
4. Parto e puerperio
Etapas do parto
Tipos de parto e intervencións obstétricas
O puerperio, cambios fisiolóxicos e coidados
5. Lactación materna
6. Patoloxía xinecolóxica e de mama
Básica
Goberna Tricas J, Boladeras i Cucurella M (coord.). El concepto “violencia obstétrica” y el debate actual sobre la atención al nacimiento. Madrid: Tecnos. 2018
Towle, M.A. Asistencia de enfermería Materno-Neonatal .Pearson Madrid 2010
Enfermería obstétrico- ginecológica. Manual CTO de enfermería. Madrid: CTO. 2017.
Conceptos fundamentales para la práctica de la enfermería obstétrica-ginecológica. Madrid: Fundación para el desarrollo de la enfermería. 2009.
Cóidate cóidame. Consejos para una buena lactancia materna. Xunta de Galicia. 2016. Disponible en: https://coidatecoidame.sergas.es/Descargas/DocumentosCP/lactancia_mater…
Complementaria
Pubmed: http://www.ncbi.nlm.nih.gov/
Cinahl: https://www.ebscohost.com/nursing/products/cinahl-databases/cinahl-comp…
Dialnet: https://dialnet.unirioja.es/
Asociación española de Nomenclatura, Taxonomía e Diagnósticos de Enfermería: https://www.aentde.com/
Asociación española de matronas: https://aesmatronas.com/
SERGAS. Publicaciones: https://www.sergas.es/Interesame?idcat=11152&idioma=es&idmaisvisto=11152
SERGAS. Guías Procesos y protocolos: https://www.sergas.es/Asistencia-sanitaria/Gu%C3%ADas-t%C3%A9cnicas?idi…
Básicas y xerais:
• CG1 - Ser capaz, no ámbito da enfermería, de prestar unha atención sanitaria técnica e profesional adecuada ás necesidades de saúde das persoas que atenden, #de acordo con o estado de desenvolvemento dos coñecementos científicos de cada momento e cos niveis de calidade e seguridade que se establecen nas normas legais e deontolóxicas aplicables.
• CG2 - Planificar e prestar coidados de enfermería dirixidos ás persoas, familia ou grupos, orientados aos resultados en saúde avaliando o seu impacto, a través de guías de práctica clínica e asistencial, que describen os procesos polos cales se diagnostica, trata ou coida un problema de saúde.
• CG3 - Coñecer e aplicar os fundamentos e principios teóricos e metodolóxicos da enfermería
• CG7 - Comprender sen prexuízos ás persoas, considerando os seus aspectos físicos, psicolóxicos e sociais, como individuos autónomos e independentes, asegurando o respecto ás súas opinións, crenzas e valores, garantindo o dereito á intimidade, a través da confidencialidade e o secreto profesional.
• CG9 - Fomentar estilos de vida saudables, o autocoidado, apoiando o mantemento de condutas preventivas e terapéuticas.
• CG17 - Realizar os coidados de enfermería baseándose na atención integral de saúde, que supón a cooperación multiprofesional, a integración dos procesos e a continuidade asistencial.
• CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
Básicas y xerais:
• CG1 - Ser capaz, no ámbito da enfermería, de prestar unha atención sanitaria técnica e profesional adecuada ás necesidades de saúde das persoas que atenden, #de acordo con o estado de desenvolvemento dos coñecementos científicos de cada momento e cos niveis de calidade e seguridade que se establecen nas normas legais e deontolóxicas aplicables.
• CG2 - Planificar e prestar coidados de enfermería dirixidos ás persoas, familia ou grupos, orientados aos resultados en saúde avaliando o seu impacto, a través de guías de práctica clínica e asistencial, que describen os procesos polos cales se diagnostica, trata ou coida un problema de saúde.
• CG3 - Coñecer e aplicar os fundamentos e principios teóricos e metodolóxicos da enfermería
• CG7 - Comprender sen prexuízos ás persoas, considerando os seus aspectos físicos, psicolóxicos e sociais, como individuos autónomos e independentes, asegurando o respecto ás súas opinións, crenzas e valores, garantindo o dereito á intimidade, a través da confidencialidade e o secreto profesional.
• CG9 - Fomentar estilos de vida saudables, o autocoidado, apoiando o mantemento de condutas preventivas e terapéuticas.
• CG17 - Realizar os coidados de enfermería baseándose na atención integral de saúde, que supón a cooperación multiprofesional, a integración dos procesos e a continuidade asistencial.
• CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
A docencia expositiva e interactiva será fundamentalmente de carácter presencial. As titorías poderán realizarse parcialmente de maneira virtual.
DOCENCIA EXPOSITIVA: o profesorado explicará os conceptos teórico-prácticos dos contidos.
DOCENCIA INTERACTIVA: reforzaranse e ampliaranse os contidos da materia presentados na parte de docencia expositiva mediante discusión de casos clínicos, elaboración de plans de coidados, técnicas de simulación, entrenamento en técnicas e procedementos e proxectos de innovación en Aprendizaze-Servizo (Aps). Poderase contar coa colaboración puntual de profesionais clínicos invitados especialistas en contidos de interese.
1. O ensino desta titulación é de tipo presencial, sendo obrigatoria a asistencia ás clases, tanto expositivas como interactivas. En caso de faltar por causa de forza maior, xustificarase debidamente. A non asistencia a clases expositivas, seminarios e prácticas, repercutirá na non superación da materia.
2. Aplicarase exención de docencia (nos casos determinados polo centro) nas clases expositivas, pero non nas interactivas.
3. Para aprobar a materia será necesario superar tanto a docencia expositiva como a docencia interactiva. Para poder superar a docencia interactiva é necesario alcanzar, polo menos, o 50% da puntuación de todas as actividades propostas.
4. Valorarase a actitude do estudante, achegas de interese, participación, traballo en equipo, comportamento e respecto cara ao/a profesor/a e resto cara aos compañeiros/ as, así como o cumprimento de horarios.
5. Cando o alumno/a non se presente á proba final escrita considerarase non presentado.
6. Na proba da 2ª oportunidade manterase a avaliación continuada da docencia interactiva.
7. A asistencia aos seminarios e laboratorios é requisito preceptivo para superar a materia.
8. Para que unha falta se considere xustificada debe presentarse ao profesor/a responsable da materia (nun prazo máximo de unha semana dende o día da ausencia) un documento que acredite debidamente a causa da falta. Cando a ausencia se deba a unha actividade programada (por exemplo, unha cita médica) o estudante deberá comunicarllo con antelación suficiente ao profesor/a responsable para tratar de recuperar a falta mediante unha sesión alternativa (por exemplo, con outro grupo de seminario/laboratorio).
9. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
A nota final da materia desagregarase do seguinte modo:
• Exame teórico: O valor ponderado é do 60% e consistirá nunha proba obxectiva escrita.
• Avaliación continua: o valor ponderado é do 40%. Este valor correspóndese co sumatorio das cualificacións alcanzadas nas distintas tarefas que se propoñerán durante o curso. O número de tarefas, o valor de cada unha delas e os criterios de corrección especificaranse ao longo da docencia con antelación suficiente e serán visibles a través das plataformas interactivas para a docencia. Os períodos de entrega para cada tarefa comunicaranse ao longo da actividade académica con antelación suficiente. Non se recollerá ningunha tarefa que non sexa entregada a través do medio indicado, dentro do prazo indicado e no formato requirido.
A nota final será a suma das puntuacións obtidas a través da avaliación dos contidos teóricos (proba escrita) e as puntuacións da avaliación continua, a condición de que se obtivese un mínimo dun 50% da puntuación total de cada un dos apartados.
Cada ECTS equivale a 25 h, das cales 17 corresponden a traballo autónomo do alumnado e 8 h a docencia presencial.
Por cada hora de docencia expositiva e interactiva, considérase necesario dedicar ao estudo 1,5 horas e 1,5 horas de traballo do alumnado (revisión de conceptos e consulta de bibliografía).
Manexo da bibliografía recomendada para o estudo dos temas.
O estudo dos contidos teóricos será necesario para o desenvolvemento dos seminarios
Procura e elaboración de información complementaria ao exposto na aula
RESPONSABILIDADE AMBIENTAL
Promoverase a entrega de traballos en formato dixital. Se se solicita algún traballo impreso para a materia, xa sexa individual ou grupal, teranse en conta as seguintes indicacións:
- Evite as tapas de plástico ou outras envolturas exteriores innecesarias.
- Sempre que sexa posible, utilice grampas en lugar de espirais.
- Impresión a dobre cara con calidade de "aforro de tinta".
- Non utilice follas en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas tratados nos traballos.
Para máis información visitar a ligazón: https://www.usc.gal/es/usc/institucional/desarrollo-sostible
PERSPECTIVA DE XÉNERO
En atención aos criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso dunha linguaxe non sexista tanto no traballo diario de aula como nos traballos académicos solicitados. A información pódese obter na seguinte ligazón:
http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua… non_sexista_publicado_WEB_USC.pdf
Tamén se utilizarán outras medidas para aplicar o enfoque de xénero na docencia, como a promoción dun clima igualitario de interaccións, a organización igualitaria de grupos sempre que sexa posible, o despliegue achegas e de técnicas científicas das mulleres na materia e a introdución do xénero como categoría de análise dos traballos dos alumnos.
PROTECCION DE DATOS PERSOAIS
Seguirase a normativa sobre privacidade e protección de datos persoais dispoñible en https://www.usc.gal/gl/normativa/protecciondatos/index.html.
USO DE TELÉFONO MÓBIL
O uso do teléfono móbil na aula está restrinxido ao seu uso como ferramenta de traballo, seguindo as instrucións dadas polo profesor, responsabilizando ao alumno das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun uso inadecuado do mesmo.
Lucia Ordoñez Mayan
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Enfermaría
- Correo electrónico
- lucia.ordonez.mayan [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
08.01.2025 10:00-12:00 | Grupo de exame | Aula 2.01 |
08.01.2025 10:00-12:00 | Grupo de exame | Aula 2.02 |
08.01.2025 10:00-12:00 | Grupo de exame | Aula 2.03 |
08.01.2025 10:00-12:00 | Grupo de exame | Aula 3.01 |
30.06.2025 16:00-18:00 | Grupo de exame | Aula 2.01 |
30.06.2025 16:00-18:00 | Grupo de exame | Aula 2.02 |
30.06.2025 16:00-18:00 | Grupo de exame | Aula 2.03 |
30.06.2025 16:00-18:00 | Grupo de exame | Aula 3.01 |