Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 23 Clase Interactiva: 20 Total: 45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Edafoloxía e Química Agrícola
Áreas: Edafoloxía e Química Agrícola
Centro Facultade de Farmacia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Proporcionar ao estudantado coñecementos sobre o medioambiente, os seus constituíntes, a súa dinámica e vías de contaminación, e favorecer que comprenda e estableza as relacións entre saúde ambiental e saúde humana.
Os contidos da materia son os seguintes:
Ambiente atmosférico: Composición e dinámica atmosférica, Contaminación atmosférica e impacto na saúde humana. Medio acuático: Composición e dinámica, Contaminación da auga e impacto na saúde. Medio terrestre: Composición e reactividade, Contaminación do solo e impacto na saúde. Residuos: Tipoloxía e xestión, Impacto na saúde.
A materia articúlase en oito temas, que se traballarán nas clases expositivas e interactivas.
Tema 1. Introdución ao coñecemento do medioambiente. (1 h)
Tema 2. Medio atmosférico. Composición da atmosfera. Dinámica atmosférica. (5 h)
Tema 3. Contaminación atmosférica. Incidencia da contaminación atmosférica na saúde humana. (6 h)
Tema 4. Medio hídrico. Ciclo da auga e os seus compoñentes. (5 h)
Tema 5. Contaminación das augas. Problemas ambientais e sanitarios derivados desa contaminación. (6 h)
Tema 6. Medio terrestre. O solo: composición, organización e funcións. Reactividade do solo. Saúde do solo.(5 h)
Tema 7. Contaminación de solos. Problemas ambientais e sanitarios derivados da aplicación de agroquímicos e da contaminación por metais pesados.(6 h)
Tema 8. Xestión de residuos. Tipos de residuos e principais sistemas de xestión. Aspectos ambientais e sanitarios. (7 h)
Bibliografía xeral (non hai bibliografía básica para esta materia)
Baird, C.; Cann, M. Química Ambiental. Editorial Reverté. 5ª Edición. 2014.
Brady, Nyle C. The nature and properties os soils. Upper Saddle River, N.J.: Pearson Prentice Hall, cop. 2008. 965 p.
Henry, J. G; Heinke, G.W. Ingeniería Ambiental. Prentice Hall.2ª Edición. 1996.
Holgate, S.T.; Samet, J.M.; Koren, H.S.; Maynard, R.L. (Editors). Air pollution and health. Academic Press. London. 1999. 1065 pp.
Peirce, J. Jeffrey. Environmental pollution and control. Ed. Butterworth-Heinemann. MA. USA. 4ª edición 1998. 392 pp.
Porta, Acevedo y Roquero, Edafología para la Agricultura y el Medio Ambiente. Ediciones Mundi-Prensa. 3ª edición 2003. Madrid. 929 pp.
Sanz Sá, J. M. La contaminación atmosférica. Unidades temáticas ambientales. MOPT, Centro de publicaciones. Madrid. 1991.
Tchobanouglous, G., H. Theisen, S.A. Vigil, Gestión integral de residuos sólidos. McGraw Hill. 1996.
VVAA. Manual de contaminación ambiental. Ed Fundación MAFRE. Madrid 1994.
Wark, K.; Warner, F. Contaminación del aire: origen y control. Ed. Limisa. México. 1999.
Coñecementos:
Con 03 - Saber aplicar o método científico e adquirir habilidades no manexo da lexislación, fontes de información, bibliografía, elaboración de protocolos e demais aspectos que se consideran necesarios para o deseño e avaliación crítica de ensaios preclínicos e clínicos.
Con 09 - Coñecer os principios éticos e deontolóxicos segundo as disposicións lexislativas, regulamentarias e administrativas que rexen o exercicio profesional, comprendendo as implicacións éticas da saúde nun contexto social en transformación.
Con 39. - Coñecer e comprender a xestión e características propias da asistencia farmacéutica nas Estruturas Asistenciais de Atención Primaria e de Atención Especializada no Sistema Sanitario.
Con 41. - Coñecer a Natureza, mecanismo de acción e efecto dos tóxicos, así como os recursos en caso de intoxicación.
Con 43. - Coñecer e comprender a xestión e características propias da asistencia farmacéutica no ámbito oficinal e da industria farmacéutica.
Con 44. - Coñecer os fundamentos da saúde pública e intervir nas actividades de promoción da saúde, prevención da enfermidade nos ámbitos individual e colectivo e contribuír á educación sanitaria, recoñecendo os determinantes de saúde na poboación, tanto os xenéticos como os dependentes do sexo e estilo de vida, demográficos, ambientais, sociais, económicos, psicolóxicos e culturais.
Con 47. - Coñecer os principios éticos e deontolóxicos e actuar segundo as disposicións lexislativas, regulamentarias e administrativas que rexen o exercicio profesional colaborando con outros profesionais da saúde e adquirindo habilidades de traballo en equipo.
Habilidades ou destrezas:
H/D 01. - Intervir nas actividades de promoción da saúde, prevención de enfermidade, no ámbito individual, familiar e comunitario, cunha visión integral e multiprofesional do proceso saúde-enfermidade.
H/D 04. - Desenvolver análises hixiénico-sanitarias, especialmente as relacionadas cos alimentos e medio ambiente.
H/D 08. - Levar a cabo procesos de laboratorio estándar incluíndo o uso de equipos científicos de sínteses e análises, instrumentación apropiada incluída.
Competencias:
Comp 06. - Habilidades de xestión da información (habilidade para buscar e analizar información proveniente de fontes diversas).
Comp 07. - Resolución de problemas.
Comp 18. - Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
Comp 19. - Habilidades de investigación.
Comp 20. - Capacidade de aprender.
Comp 28. - Preocupación pola calidade.
Clases expositivas
Clases maxistrais presenciais en aula, propiciando a intervención do alumnado, con apoio do Campus Virtual.
Clases interactivas
Seminarios: Presenciais en aula, con apoio do Campus Virtual. Traballo do alumno baixo a tutela do profesor para estudar con detalle aspectos importantes da materia; resolución de casos prácticos, problemas e cuestións.
Titorías: para o seguimento personalizado do alumno, presenciais ou telemáticas, utilizando as plataformas virtuais a disposición na USC e o correo electrónico.
A avaliación das competencias adquiridas na materia será realizada a través das seguintes vías:
1. No exame: Con39, Con41, Con47, Comp07, Comp18, Comp20
2. Nos cuestionarios e tarefas realizados nas clases interactivas: Con3, Con9, Con43, Con44, H/D01, H/D04, H/D08, Comp06, Comp07, Comp18, Comp19, Comp28
Criterios e instrumentos de avaliación:
1- Coñecementos teóricos e prácticos da materia: resultado do exame final; porcentaxe da cualificación final: 70 %. Cualificación mínima para sumar a avaliación continua descrita no seguinte apartado: 4 (sobre 10).
2- Seguimento e aproveitamento da materia: resultados das actividades propostas nas sesións interactivas; porcentaxe da cualificación final: 30 %.
No caso de estudantes aos que se lles teña concedido dispensa de asistencia a clase, a avaliación levarase a cabo mediante a realización do exame teórico.
Para a avaliación da segunda oportunidade realizarase un novo exame final.
A petición dos estudantes interesados, gardarase, unicamente para o seguinte curso, a avaliación do criterio 2 cando supere o 50 % da cualificación máxima que se pode outorgar.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
-Traballo presencial:
Clases expositivas: 23 horas
Clases interactivas (seminarios): 18 horas
Clases interactivas (titorías): 2 horas
Exames e revisión: 2 horas
Total horas traballo presencial: 45 horas
-Traballo persoal do estudante:
Estudo autónomo: 51 horas
Resolución de casos prácticos e exercicios:12 horas
Orientación e resolución de dúbidas: 3 horas
Revisión do exame: 1,5 horas
Total horas traballo persoal do alumnado: 67,5
Horas totais de dedicación: 45 +67,5 =112,5 horas
Asistencia ás clases expositivas (presenciais o virtuais) de forma habitual; asistencia e participación en clases interactivas (presenciais o virtuais); utilización dos recursos dispoñibles na plataforma virtual; consulta da bibliografía e realización das actividades complementarias suxeridas; asistencia a titorías para resolver as dificultades.
Beatriz Loreto Prieto Lamas
Coordinador/a- Departamento
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Área
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Teléfono
- 881814594
- Correo electrónico
- beatriz.prieto [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Remigio Paradelo Nuñez
- Departamento
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Área
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Teléfono
- 881815042
- Correo electrónico
- remigio.paradelo.nunez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
15:00-16:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | AULA SEMINARIO DE FISIOLOXÍA ANIMAL 5 |
Mércores | |||
15:00-16:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | AULA SEMINARIO DE FISIOLOXÍA ANIMAL 5 |
Xoves | |||
15:00-16:00 | Grupo /CLIS_02 | Galego, Castelán | AULA SEMINARIO DE FISIOLOXÍA ANIMAL 5 |
15:00-16:00 | Grupo /CLIS_03 | Castelán, Galego | AULA SEMINARIO DE FISIOLOXÍA ANIMAL 5 |
15:00-16:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego, Castelán | AULA SEMINARIO DE FISIOLOXÍA ANIMAL 5 |