Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 21 Clase Interactiva: 23 Total: 46
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioquímica e Bioloxía Molecular
Áreas: Bioquímica e Bioloxía Molecular
Centro Facultade de Farmacia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O obxectivo xeral da materia é ofrecer unha visión da saída profesional nas especialidades do laboratorio clínico (Análises Clínicas e Bioquímica Clínica), polo que se complementa a formación da asignatura previa Análise Biolóxica e Diagnósticos Bioquímicos coa formación nas actividades e tarefas dun analista clínico e coa formación en temas especializados:
Por elo, os dous eixos formativos son:
1) Coñecemento das tarefas operativas dun laboratorio clínico, con especial atención á descrición das fases do análise, a elaboración de valores de referencia, a avaliación de novos métodos e o control de calidade nas análises. así como as novas probas de diagnóstico molecular aplicadas á clínica.
2) Formación nos contido relativos á semioloxía clínica máis especializada: análise de biomarcadores noutros fluídos biolóxicos; visión das estratexias de avaliación das funcións hormonais, ou dos marcadores tumarais séricos; e a monitorización de fármacos nos laboratorios clínicos.
TEORIA:
O longo de 23 horas de clases presenciais, que presentan os seguintes grupos de temas:
Grupo Temático I: O Laboratorio Clínico por Dentro
Tema 1. Visión global do laboratorio clínico
Tema 2. A Fase Preanalítica.
Tema 3. A automatización nas etapas do análise
Tema 4. Garantía de Calidade das Análises
Tema 5. Producción dos Valores de Referencia
Tema 6. Métodos de Diagnóstico Molecular nas análises clínicas
Grupo Temático II: Semioloxía Bioquímico-Clínica
Tema 7. Utilidade clínica de Líquidos Biolóxicos
Tema 8. Consideracións Preanalíticas nas probas bioquímicas especiais
Tema 9. Avaliación da función hipofisaria
Tema 10. Avaliación da función tiroidea
Tema 11. Avaliación da función suprarrenal
Tema 12. Avaliación da función gonadal
Tema 13. Utilidade e usos dos Marcadores Tumorais Séricos
Tema 14. TDM: Monitorización da terapia con Fármacos
SESIONS INTERACTIVAS:
Supoñen unha carga lectiva de 6h organizads en clases (CI) de 55 minutos nas semanas pares o longo do cuadrimestre:
CI-1: Cálculos estadísticos. Control de Calidad (1h).
CI-2: Cálculos dos Límites de Referencia (1h)
CI-3: Diseño dunha sonda de DNA para diagnóstico molecular (2h).
CI-4: Escenarios Clínicos: Interpretación de resultados nun LCR (1h)
CI-5: Escenarios Clínicos: Resultados de Bioquímica Clínica Especializada (1h)
PRACTICAS
terán lugar nas instalacións do Departamento de Bioquímica na Facultade de Farmacia, no pavillon A, 1º-andar. Preferentemente entre febreiro e marzo en datasa acordar coo alumnado, podendo haber turno de mañan ou de tarde:
Práctica 1. Garantía de Calidade da análise.
Práctica 2. Avaliación dunha interferencias “in vitro” por medicamentos.
Práctica 3. Detección dun framento dun xen a partires de DNA xenómico.
Práctica 4. Opción: Visita ó Laboratorio de Bioquímica Clínica do CHUS.
BASICA:
a) Principios de Bioquímica Clínica y Patología Molecular. Alvaro González Hernández. 3ª edición. Elsevier. Barcelona-2019. ISBN 978-84-9113-389-6
Libro con alto grao de concordancia có plantexamento dos temas e de contidos. Axeitado como libro de texto para o estudo da materia.
b) Contemporary Practice in Clinical Chemistry. 4th Ed. William Clarke and Mark A. Marzinke. Elsevier-Academic Press, 2020. ISBN978-0-12-815499-1.
Texto avanzado que actualiza e profundiza nas últimas tendencias da medicina do laboratorio.
c) Laboratorio Clínico: Indicaciones e Interpretación de los resultados. Kathleen Pagana, Timothy Pagana. Primera Edición en Español. Traducido por Martha Elena Buschbeck para Editorial El Manual Moderno S.A. Mexico-2015. ISBN 978-607-448-508-0
Texto traducido da versión inglesa que revisa aspectos fisiopatolóxicos e moleculares dos procesos que afectan ós
órganos e sistemas do corpo humano.
d) Lab Test online. (https://labtestsonline.es/acerca-de-esta-web)
Páxina web da Sociedad Española de Química Clínica (SEQC) e de consulta gratuíta. Trátase dunha traducción española realizada pola SEQC da homónima orixinaria da American Association for Clinical Chemistry (AACC). Nela Recóllese información, en continua actualización, sobre as probas dos laboratorios en diferentes escenarios fisiolóxicos e patolóxicos. Útil desde a perspectiva de guías
clínica de consulta rápida das probas diagnósticas do laboratorio clínico como información elemental.
COMPLEMENTARIA:
a) Bioquímica Médica. John W. Baynes & Marek H. Dominiczak. 5ª Edición. Elsevier. –Barcelona-2019. ISBN 978-84-9113-406-0
Util nó repaso dos coñecementos da Bioquímica xeral aplicados a medicina. Conta con exemplos de algunha enfermidade explicada.
b) Best & Taylor: Bases Fisiológicas de la Práctica Médica. MA Dvorkin, DP Cardinali y RH Iermoli. 14ª edición. ED. Médica Panamericana-Buenos Aires -2010. ISBN: 978-950-06-0253-2
Axeitado para o repaso dos coñecementos da Fisioloxía e Fisiopatoloxía. En moitos temas aporta unha xustificación do interese das probas utilizadas en cada cadro clínico-patolóxico que aborada.
c) Henry’s Clinical Diagnosis and Management by Laboratory Methods. 23rd Ed. Richard A. McPherson & Matthew R. Pincus. Elsevier-Saunders, 2017. ISBN 978-0-323-29568-0.
Texto expecializado orientado ós coñecementos da metodoloxía analítica e na interpretación diagnóstica dende o punto de vista dó laboratorio.
d) Tietz Fundamentals of Clinical Chemistry and Molecular Diagnostics. Rifai N, Horvath A, Wittwer C. 8ª Edicion. Elsevier-2019. ISBN: 978-0-323-53044-6.
Considerado unha referencia das Análise Clinicas e diagnósticos de Laboratorio. Trata os procedementos analíticos e desglosa as probas diagnósticas por órganos e tecidos en diferentes situacions fisiopatolóxicas.
COÑECEMENTOS:
Con 01. Coñece-la orixe, naturaleza, e como diseñar, obtener, analizar, controlar e producir principios activos, fármacos e medicamentos, así como outros productos e materias primas de interese sanitario de uso humano o veterinario.
Con 02. Conoce-los efectos terapéuticos e tóxicos de sustancias con actividade farmacológica.
Con 06. Adquirir conocimientos básicos en gestión clínica, economía da saúde e no uso eficiente dos recursos sanitarios para promove-lo uso racional dos medicamentos e productos sanitarios.
Con 07. Conocer, evaluar e valora-los problemas relacionados con fármacos e medicamentos, así como participar nas actividades de farmacovixilancia.
Con 08. Conoce-las actividades da farmacia clínica e social, seguindo o ciclo de atención farmacéutica.
Con 10. Conoce-las propias limitacións e a necesidade de manter e actualiza-la competencia profesional, prestando especial importancia ó autoaprendizaxe de novos coñecementos basándose na evidencia científica disponible.
Con 17. Conocer como diseñar experimentos en base a criterios estadísticos.
Con 18. Conocer como evaluar datos científicos relacionados con los medicamentos y productos sanitarios. Utilizar el análisis estadístico aplicado a las ciencias farmacéuticas.
Con 19. Conocer las estructuras de las biomoléculas y sus transformaciones en la célula.
Con 21. Conocer las propiedades de las membranas celulares y la distribución de fármacos.
Con 32. Conocer e comprende-los fundamentos básicos das análises clínicas e as características e contidos dos dictámenes do diagnóstico de laboratorio.
Con 33. Conoce-los efectos de sustancias con actividade farmacológica.
Con 37. Conoce-la estructura e función do corpo humano, así como los mecanismos xerais da enfermidade, alteracións moleculares, estructurais e funcionais, expresión sindrómica e ferramentas terapéuticas para restaura-la saúde.
Con 39. Conoce-las técnicas analíticas relacionadas có diagnóstico de laboratorio, tóxicos, alimentos e medioambente.
Con 44. Conoce-los principios éticos e deontolóxicos e actuar segundo as disposicións lexislativas, regramentarias e administrativas que rexen o exercicio profesional colaborando con otros profesionais da saúde e adquirindo habilidades de traballo en equipo.
Con 48. Conoce-las técnicas de comunicación oral e escrita que permitan informar ós usuarios dos establecementos farmacéuticos en términos intelixibles e axeitados ós diversos niveis culturais e entornos sociales.
HABILIDADES E DESTREZAS:
H/D 01. Intervir nas actividades de promoción da saúde, prevención da enfermidade, no ámbito individual, familiar e comunitario; con una visión integral e multiprofesional do proceso saúde-enfermidade.
H/D 02. Diseñar, aplicar y evaluar reactivos, métodos y técnicas analíticas clínicas, conociendo los fundamentos básicos de los análisis clínicos y las características y contenidos de los dictámenes de diagnóstico de laboratorio.
H/D 03. Evalua-los efectos toxicolóxicos de sustancias e diseñar e aplica-las probas e análises correspondentes.
H/D 05. Desenvolver habilidades de comunicación e información, tanto orais como escritas, para tratar cos pacentes e os usuarios do centro donde desempeñe a actividade profesional.
H/D 07. Seleccionar las técnicas y procedimientos apropiados en el diseño, aplicación y evaluación de reactivos, métodos y técnicas analíticas.
H/D 08. Llevar a cabo procesos de laboratorio estándar incluyendo el uso de equipos científicos de síntesis y análisis, instrumentación apropiada incluida.
H/D 09. Estima-los riscos asociados á utilización de sustancias químicas e procesos do laboratorio.
H/D 10. Aplicar los conocimientos de Física y Matemáticas a las ciencias farmacéuticas.
H/D 14. Estima-los riscos biolóxicos asociados á utilización de sustancias e procesos do laboratorio implicado.
H/D 18. Promove-lo racional do medicamento e productos sanitarios.
H/D 21. Organizar y gestionar el funcionamiento de una oficina de farmacia.
COMPETENCIAS:
Comp 01. Capacidade de análise e síntese.
Comp 07. Resolución de problemas.
Comp 08. Toma de decisiones.
Comp 13. Capacidade para comunicarse con expertos doutras áreas.
Comp 16. Compromiso ético.
Comp 17. Capacidade de aplica-los conocimientos na práctica.
Comp 19. Capacidade de aprender.
Comp 20. Capacidade para adaptarse a novas situacións.
Comp 24. Habilidade para traballar de forma autónoma.
Comp 27. Preocupación po-la calidade.
Comp 28. Motivación de logro.
A metodoloxía emprega catro elementos formativos:
A) Clases Expositivas. Son sesións de 55 min de duración e axustadas ó calendario e horarios aprobados polo Centro. Pensadas para ser impartidas polo profesor na aula, e có apoio de presentacións, esquemas ou vídeos.
O alumnado participa seguindo as explicacións, plantexando as dúbidas que lle xurdan, e respondendo individualmente, e nun tempo limitado, ás preguntas que se plantexan en relación có as explicacións. Para contestar, permitese o acceso ás proopias notas da clase, pero non se pode compartir ningún tipo de información de, ou cos, compañeiros, xa que estas preguntas forman parte da avaliación contínua.
B) Clases interactivas. Son sesións na aula e de 55 min. de duración, con calendario e distribución organizados polo Centro Académico.
Nelas o profesor presenta un contexto de atención farmacéutica plantexando unha consulta sobre resultados de análises na que haberá que poñer en práctica os coñecemento e estratexias desenvolvidas nas clases teóricas. Tamén haberá preguntas para a avaliación contínua en similares condicións ás do punto anterior.
C) Clases prácticas de laboratorio: Pensadas como unha actividade presencial nas instalacións dos laboratorios de prácticas clínicas que usa ó Departamento de Bioquímica na Facultade de Farmacia. Son de duración variable o longo dunha semana, axustanse ó calendario e distribución elaborado polo Centro.
Nelas, o profesor introduce a práctica cun encaixa no temario da asignarura. Dirixe o avance do grupo po-las etapas do proceso analítico, dos cálculos e as interpretacións. Tamén se poden plantexar preguntas de avaliación contínua ó respecto dos coñecementos teóricos aplicables á práctica.
O alumnado disporá dunha breve guía dos procesos analíticos, que poderá completar e da que se poderá acompañar cando acuda ó turno de avaliación das prácticas ó remate do turno de prácticas.
D)Tutorías de pizarra. Concebidas como sesións en pequenos grupos clarexar dúbidas sobre os contidos teóricos-prácticos non son puntuables, e en todo caso son presenciais na aula e programadas no calendario do curso pola Dirección do Centro.
Para a cualificación da asignatura tómanse en consideración tres bloques de información do estado do aprendizaxe do alumnado:
a) Avaliación Continua (AC): ata un máximo de 20 puntos. Baséase na puntuación acumulada nas respostas dadas ás preguntas formuladas na aula con esta denominación. Só se utiliza na 1ª OPORTUNIDADE do curso.
b) Exame práctico (EP): Realizado individualmente polo alumnado diante do profesor ó remate do turno de prácticas. Deberá recoñecer materiais biolóxicos, reproducir procesos e cálculos, e interpretalos resultados das análises desenvolvidas nas clases prácticas e no exame. A duración estimadada proba é de 10-15 minutos e poderá utiliza-la guía de procedementos coa que se acompañe. Terase en conta a actitude, calidade da execución, a profundidade e claridade da interpretación, orde e limpeza. Ó remate da proba, informarase da cualificación das prácticas como APTO (válido para os seguintes 5 anos) ou NON APTO. Neste caso a proba de repesca corresponde á seguinte Oportunidade á que decida presentarse.
c) Exame da Teoría, avaliación de coñecementos (ET): Exame sobre os contidos teórico-prácticos da materia. Consta de 45 preguntas tipo test e 5 de resposta corta, a resolver en 100 min para alcanzar unha puntuación máxima de 50 puntos. Ningúnha das preguntas terá un valor negativo por fallo ou falta de resposta, pero esíxese un mínimo de respostas correctas por tema ( 25% por tema ou grupo de temas segundo se indicará en cada Oportunidade.
En todo momento, e para os diferentes tipos de probas de avaliación, será de aplicación ó disposto no Regulamento da Institución para a “Avaliación do Rendemento Académico do Alumno e Revisión de Cualificacións”, no que se indica que a realización fraudulenta das actividades ou probas de avaliación penalízase cunha nota de Suspenso (0.0) na OPORTUNIDADE de avaliación da infracción, sin descartar a aplicación de calquer outra medida disciplinaria.
A cualificación final da materia ten en conta a Oportunidade de avaliación e a tipoloxía do alumnado, segundo se describe:
1ª OPORTUNIDADE:
A condición de Aprobado na asignatura acádase cunha puntuación de 37 ou máis puntos no ET e si ademáis se cumpre:
1) acadar os puntos mínimo en tódolos temas/bloques do examen.
2) dispoñer dun APTO na proba EP.
A cualificación e nota final dos Aprobados obtense dos puntos ET+ AC que se trasforman en nota decimal có algoritmo: [Nota= (0.150*Puntación-0.518]. A cualificación máxima de MH, poderáse outorgar segundo ás dispoñibles para a materia e entre as cualificacións finais superiores a Sobresaínte (9.5).
A cualificación de suspenso asignase por obter unha puntuación en ET= 36 puntos ou inferior, ou tamén si non se acadau a puntuación mínima nos temas, ou si se calificou como NON APTO en EP. A nota correspondente resulta de trasformar a puntuación ET có algoritmo descrito arriba e ata un valor máximo de 4.0.
Son tipoloxías especiais de avaliación nesta 1ª Oportunidade:
1) Alumnado con Exención de Docencia (cando sexa aceptada polo Centro). Será cualificado cós bloques EP e ET, tal e como se describe para a 2ª Oportunidade (ver máis abaixo), dada a imposibilidade de dispoñer de AC.
2) Alumnado Repetidor. Poderá informar á través do Campus Virtual a modalidade de avaliación que desexa: "procedemento xeral” ou "Alumnado con Exención de Docencia". Si non rexistrou elección de avaliación, será de aplícación o "procedemento xeral" da 1ª OP.
2ª OPORTUNIDADE:
O procedemento a seguir é similar ó descrito para a 1ª Oportunidade con tres diferenzas:
a) Non se aplica a AC, que será reemplazada por unha recalificación do ET, que pasa por engadir un 1 "punto extra" (RC) por cada respostas correcta a cada unha das 10 preguntas do examen con maior dificultade, e só se aplica cando se superen os 37 puntos que definen ó aprobado.
b) A transformación decimal da puntuación (ET ou ET+RC segundo sexa) utiliza un algoritmo axustado á nova puntuación máxima da Oportunidade (60 puntos) e parecida á da 1ª OP..
c) Na 2ª OPORTUNIDADE non se adxudica a cualificación máxima Matrícula de Honor (MH).
Con respecto ás tipoloxías especiais de avaliación, nesta Oportunidade considerase o caso do alumnado que na 1ª OP cualificara cun Sunpenso (4.0) a resultas dun "Non APTO" en EP, e que acadara unha puntuación global de 53 ou máis puntos tra-la mellora da puntuación (ET+AC). Nesta situación consérvaselle a puntuación da 1ª OP e só repesca o EP. Si agora califica como APTO en EP calificase coa nota que lle hubera correspondido na 1ª OP (excepto a da cualificación máxima MH).
Coa avaliación garante que o alumno acade os Coñecementos, Habilidades e Competencias arriba descritas, segundo se indica no seguinte cadro:
Tipo de Proba_______ Tipo de Resultado_______ Código do Resultado___________________________
Avaliación Continua...... Coñecemento.................... Con-07; Con-08; Con-10; Con-37; Con 39; Con-44; Con-48
..................................... Habilidade/Destreza........... H/D-01; H/D-05; H/D-18; H/D-21
..................................... Competencia::.................... Comp-01; Comp-07;Comp-08; Comp-13; Comp-19; Comp-20; Comp-27; Comp-28
Examen de Teoría......... Coñecemento.................... Con-01; Con-02; Con-06; Con-07; Con-08; Con-10; Con-19; Con-32; Con-33; Con-37;
................................................................................ Con 39; Con-44; Con-48
..................................... Habilidade/Destreza........... H/D-01; H/D-02; H/D-03; H/D-05; H/D-07; H/D-09; H/D-10; H/D-14; H/D-18; H/D-20
..................................... Competencia::.................... Comp-01; Comp-07;Comp-08; Comp-13; Comp-16; Comp-17 Comp-19; Comp-20; .
................................................................................. Comp-27; Comp-28
Examen de Prácticas.... Coñecemento.................... Con-06; Con-08; Con-32; Con-37; Con 39; Con-48
..................................... Habilidade/Destreza........... H/D-01; H/D-02; H/D-03; H/D-09; H/D-10; H/D-14; H/D-20
..................................... Competencia::.................... Comp-01; Comp-08; Comp-16; Comp-17; Comp-24; Comp-27; Comp-28
TRABALLO PRESENCIAL,..............................DURACION (h)
Clases expositivas en grupo grande, ………………23
Clases interactivas en grupo reducido ………………6
Tutorías en grupo moi reducido ………………………… 2
Prácticas de laboratorio ……………………………………12
Exámenes e revisións …………………………………………2
Total horas de traballo ………………………………………45
TRABALLO PERSONAL DO ALUMNO ,.................DURACION (h)
Estudio autónomo individual ou en grupo, …………….46
Resolución de ejercicios, outros traballos, ……………10.5
Resolución de exercicios, prácticas con ordenador,...……8
Orientación e resolución de dúbidas, ……………………1
Realización e revisión do examen, ………………………………2
Total horas traballo personal do alumno, ……………………67.5
Para ter éxito ná asignatura requírese entende-lo "por qué?”, o "para qué?” e "o cómo?" dos marcadores bioquímicos, xa que así resultará máis doado recordar " ónde usalos" e "qué información" aportan.
E moi recomendable asistir e atende-las sesións e actividades programadas e ir revisando a materia cada día ou, no seu defecto, cunha periodicidade semanal, por un dobre interese:
1.- Dispoñer da información necesarias para afronta-las actividades da Formación Contínua
2.- Identifica-los puntos que lle sexan máis problemáticos con vista a solicitar unha t¡toría.
Aconséllase, igualmente, a visita frecuente ó complemento virtual da asignatura, e que tamén servirá de canle de comunicación entre o profesor e o alumno.
Para o estudo desta materia é desexable haber cursado a asignatura troncal Análise Biolóxica e Diagnóstico Bioquímico, por comparti-lo diseño e ser complementarias en obxetivos e formación.
Ademáis, recoméndase ter coñecementos suficentes da Química Analítica e das Técnicas Instrumentais, xunto cos de Bioquímica I e II, Inmunoloxía, Fisioloxía Humana, Fisiopatoloxía e Bioestadística.
Manuel Felix Camiña Darriba
Coordinador/a- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Teléfono
- 881814933
- Correo electrónico
- felix.camina [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Xoves | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |
Venres | |||
13:00-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |