Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 23 Clase Interactiva: 18 Total: 43
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
Áreas: Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
Centro Facultade de Farmacia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Proporcionar ó alumno coñecementos sobre as normas legais de aplicación ó medicamento, productos sanitarios e actividade profesional do farmacéutico nas diversas modal¡lidades, así como sobre os aspectos fundamentais da Deontoloxía Farmacéutica.
Pretendese que o alumno, ó final do curso, sexa capaz de integrar as dúas realidades, xurídica e ética, de xeito que sexa capaz de dispor do enfoque preciso para poder asumir a suas responsabilidades profesionais nas diferentes situacións que se poda encontrar na práctica.
Clases Maxistrais:
1- Conceptos Lexislativos Básicos
2- Lexislación Farmacéutica Fundamental
3- Organización Xeral da Sanidade
4- Aspectos Éticos Básicos
5- Códigos Deontolóxicos
6- Exercicio Profesional
7- Organización Corporativa
8- Garantías e Uso Racional do Medicamento e dos Productos Sanitarios
9- O Medicamento de uso Humano
10- O Medicamento de uso Veterinario
11- Os Productos Sanitarios
12- Medicamentos especiais
13- A Industria Farmacéutica
14- Aspectos éticos e legais dos Ensaios Clínicos
15- Farmacovixilancia
16- Axencias Regulatorias e Rexistro de Medicamentos
17- Maioristas
18- A Receta
19- A Oficina de Farmacia
20- Farmacia Hospitalaria
21- Farmacia Militar
22- Información e Promoción de Medicamentos
23- Responsabilidades do Farmacéutico
Interactivas:
1- A Sanidade en España e os seus aspectos diferenciadores. A Sanidade na Comunidade Autónoma Galega.
2- A Ordenación Farmacéutica nas diferentes Comunidades Autónomas
3- Aspectos éticos: Dimensión nacional e internacional.
4- Propiedade intelectual e consideracións ético/legais a nivel internacional.
5- Aspectos distintivos das axencias regulatorias.
6- Productos Sanitarios: Últimos avances e consideracións.
7- A investigación farmacéutica nos ámbitos público e privado.
8- As Enfermedades raras e os Medicamentos huérfanos.
9- Desenvolvemento de funcións na farmacia hospitalaria.
10- Desenvolvemento de funcións na atención primaria.
11- Desenvolvemento de funcións na farmacia militar.
12- Sistema actual de acceso ás diferentes saídas profesionais.
13- Saídas profesionais do farmacéutico nas ensinanzas non universitarias e na visita médica.
14- Responsabilidades do farmacéutico, Inspección e medidas cautelares, infraccións e sancións.
Por mor dos profundos e continuos cambios normativos, non existe un manual de Lexislación Farmacéutica totalmente axeitado ó estudo da asignatura. Entre os textos de consulta teñan o mais amplio é o texto "Derecho Farmacéutico. Legislación, jurisprudencia, el ejercicio profesional, de Vidal Casero", Mª del Carmen. Revista General de Derecho. 2007. ISBN 9788495382337. Por todo o anteriormente referido, en cada tema indicarase a lexislación específica de aplicación ó mesmo, de fácil consulta e descarga en internet accedendo a páxinas oficiais debidamente identificadas.
Coñecementos:
Con 41. Coñecer os fundamentos da saúde pública e intervir nas actividades de promoción da saúde, prevención da enfermidade nos ámbitos individual e colectivo e contribuír á educación sanitaria, recoñecendo os determinantes de saúde na poboación, tanto os xenéticos como os dependentes do sexo e estilo de vida, demográficos, ambientais, sociais, económicos, psicolóxicos e culturais.
Con 42. Coñecer e aplicar as condicións legais, sociais e económicas relacionadas co ámbito sanitario e en particular co medicamento.
Con 43. Coñecer técnicas de recuperación de información relativas a fontes de información primarias e secundarias (incluíndo bases de datos co uso de computador).
Con 44. Coñecer os principios éticos e deontolóxicos e actuar segundo as disposicións lexislativas, regulamentarias e administrativas que rexen o exercicio profesional colaborando con outros profesionais da saúde e adquirindo habilidades de traballo en equipo.
Con 45. Coñecer e aplicar técnicas de xestión en todos os aspectos das actividades farmacéuticas.
Con 46. Coñecer os principios e a metodoloxía científica aplicada ás ciencias farmacéuticas, incluíndo a historia e función social da Farmacia.
Con 47. Adquirir coñecementos básicos do Sistema Nacional de Saúde, da lexislación sanitaria en xeral e especificamente a relacionada cos medicamentos, produtos sanitarios e asistencia farmacéutica.
Con 48. Coñecer as técnicas de comunicación oral e escrita que permitan informar os usuarios dos establecementos farmacéuticos en termos inteligibles e adecuados aos diversos niveis culturais e contornas sociais.
Competencias:
Comp 06. Habilidades de xestión da información (habilidade para buscar e analizar información proveniente de fontes diversas).
Comp 17. Compromiso ético.
Comp 25. Habilidade para traballar de forma autónoma.
Clases Teóricas:
Con 41, Con 42, Con 43, Con 44, Con 45, Con 46, Con 47, Con 48, Comp 06, Comp 17, Comp 25
Empregarase a lección maxistral con medios audiovisuais para apoiar as explicacións. Fomentarase a participación activa do alumno.
Interactivas:
Con 41, Con 42, Con 43, Con 44, Con 45, Con 46, Con 47, Con 48, Comp 06, Comp 17, Comp 25
Comentarase o material aportado ós alumnos e discutirase con éles os diferentes aspectos de cada contido. Por outra banda, aproveitarase para aclarar dúbidas sobre aqueles temas que puidesen supoñer unha maior dificultade no transcurso das leccións maxistrais.
Os alumnos poderán realizar traballos relacionados cos contidos dos seminarios e expoñelos no transcurso dos mesmos.
A avaliación da aprendizaxe dos coñecementos levarase a cabo:
- Cunha proba final escrita, acadando a súa nota un 90% da calificación final.
Terá lugar ao finalizar o temario (primeira oportunidade) ou ao final do curso académico (segunda oportunidade). O contido desta proba consistirá nunha mestura de examen de tipo “test” e/ou de cuestións de resposta breve.
- O 10% restante corresponderá á evaluación da participación activa do alumno nas clases, realización de actividades propostas e/ou notas corresponientes a probas que sobor de apartados específicos podan realizarse.
De carón a unha posible recuperación, resulta fundamental manter actualizada a normativa referente ó temario desenrolado, logo que a resposta correcta relativa á normativa de aplicación nun determinado tema ven sendo a normativa vixente no momento de plantexa-la cuestión, que non é necesariamente a normativa de aplicación en datas anteriores.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Evaluación das competencias
A evaluación das competencias adquiridas na asignatura será realizada según as seguientes vías:
1.- No examen da asignatura:
Con 41, Con 42, Con 43, Con 44, Con 45, Con 46, Con 47, Con 48, Comp 06, Comp 17, Comp 25
2.- Nas clases interactivas/probas realizadas nas clases:
Con 41, Con 42, Con 43, Con 44, Con 45, Con 46, Con 47, Con 48, Comp 06, Comp 17, Comp 25
Estudo e traballo persoal asociado a:
- clases maxistrais: 46 h
- interactivas: 22 h
As recomendacións neste eido encadranse nas propostas para o Grado en xeral.
Os recursos necesarios para cursar a materia e os contidos esenciais e imprescindibles da materia para que todos os estudantes matriculados nela alcancen as competencias e resultados de aprendizaxe establecidos pola materia e poidan ser avaliados con vistas a valorar a súa adquisición, serán debidamente identificados e atoparanse desde principios de curso a disposición do alumnado no Campus Virtual e/ou as plataformas tecnolóxicas especificamente concibidas para tal fin. No entanto, si o funcionamento destas plataformas vísese interrompido e a fin de asegurar que calquera proposta que se achegue poida tecnoloxicamente ser asumida por todo o estudiantado é preciso deixar constancia de que os devanditos recursos son de fácil consulta e descarga en internet accedendo a páxinas oficiais debidamente identificadas, garantindo desta forma o rigor e a calidade académica do procedemento evaluador, en aras de beneficiar a formación do estudiantado.
- Na materia Lexislación e Deontología impártese aos alumnos docencia sobre aspectos normativos referentes a farmacovixilancia, ensaios clínicos, rexistro de medicamentos, asistencia farmacéutica, uso racional de medicamentos, Bioética, etc., polo que é preciso un coñecemento previo de devanditos campos, a fin de atoparse en disposición de abordar os aspectos éticos e normativos de aplicación. De feito, o coñecemento de tales campos atópase adscrito, segundo establece a ORDE CIN/2137/2008, de 3 de xullo de 2008, a un módulo distinto ao de “Lexislación e Farmacia Social”.
- Especialmente importante e moi valorado é a identificación de noticias nos medios de comunicación relacionadas coa materia e a proposta desas noticias en clase coa finalidade de comentalas ou realizar actividades sobre as mesmas e, chegado o caso, debater sobre elas.
Maria Del Carmen Remuñan Lopez
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Teléfono
- 881815045
- Correo electrónico
- mdelcarmen.remunan [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Alejandro Sánchez Barreiro
Coordinador/a- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Teléfono
- 881815105
- Correo electrónico
- alejandro.sanchez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Alvaro Goyanes Goyanes
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo A/CLE_01 | Castelán | AULA SEMINARIO DE FISIOLOXÍA VEXETAL 4 |
Martes | |||
13:00-14:00 | Grupo A/CLE_01 | Castelán | AULA SEMINARIO DE FISIOLOXÍA VEXETAL 4 |
Mércores | |||
13:00-14:00 | Grupo A/CLE_01 | Castelán | AULA SEMINARIO DE FISIOLOXÍA VEXETAL 4 |
Xoves | |||
13:00-14:00 | Grupo A/CLE_01 | Castelán | AULA SEMINARIO DE FISIOLOXÍA VEXETAL 4 |
Venres | |||
13:00-14:00 | Grupo A/CLE_01 | Castelán | AULA SEMINARIO DE FISIOLOXÍA VEXETAL 4 |