Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Física Aplicada
Áreas: Óptica
Centro Facultade de Óptica e Optometría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Proporcionar aos e ás estudantes os coñecementos necesarios a un nivel básico para seren quen de analizar sistemas de iluminación, deseñar sistemas ergonómicos e avaliar o funcionamento das distintas solucións, tendo en conta os coñecementos actuais sobre as características do sistema visual, as fontes de luz e luminarias dispoñibeis e as tarefas a desenvolver, con especial atención ás boas prácticas iluminativas e aos erros a evitar a fin de contrarrestar os efectos negativos asociados a un mal uso da luz .
A Luz e a Visión. Ergonomía visual. Fundamentos de fotometría. Fontes de luz. Luminarias. Estándares e normativa legal. Aplicacións: análise, deseño e avaliación crítica de proxectos de iluminación e solucións instaladas.
- Luminotecnia. Iluminación de interiores y exteriores, de Javier García Fernández e Oriol Boix Aragonès (ISBN: 84-600-9647-5)
- Optica Fisiológica: Psicofísica de la visión, de J. Artigas, P. Capilla, A. Felipe e J. Pujol. Interamericana Mc.Graw-Hill (1995).
- Illumination Fundamentals, de Alma E. F. Taylor, Lighting Research Center, Rensselaer (2000).
- El Libro Blanco de la Iluminación, CEI (2014).
- Estándares e normativas aplicabeis.
- Artigos específicos publicados en revistas de investigacion, profesionais e/ou de divulgación.
Ao superar esta materia o alumno ou alumna deberá ser quen de posuír as seguintes competencias, ademais das explicitadas para a mesma na Memoria Oficial do Grao en Óptica e Optometría e aqueloutras contempladas na normativa vixente que sexan de obrigada aplicación:
- Coñecer a resposta do sistema visual humano a diversas condicións de iluminación.
- Coñecer e aplicar criterios ergonómicos para o deseño de sistemas de iluminación.
- Coñecer as causas e consecuencias dun mal uso da luz e as medidas a tomar para evitalo.
- Coñecer e utilizar cualitativa e cuantitativamente as principais magnitudes fotométricas, as relacións entre elas e os sistemas de representación asociados ás mesmas.
- Coñecer as propiedades das principais fontes de luz actualmente dispoñibeis.
- Coñecer as características funcionais dos principais tipos de luminarias.
- Coñecer os principais estándares e normativas aplicabeis para a iluminación en diferentes entornos.
- Analizar, deseñar cualitativa e cuantitativamente e avaliar criticamente, especialmente dende o punto de vista da ergonomía visual, diferentes solucións de iluminación.
A metodoloxía docente seguirá as liñas previstas na Memoria da Titulación e a distribución de tempos indicada na Programación Docente Anual. Incluirá sesións expositivas e interactivas, tanto na aula como no laboratorio, podendo realizarse ademais traballos de revisión, afondamento en temas determinados e/ou de avaliación de sistemas de iluminación instalados dentro e fóra da facultade (p.ex. sistemas de alumeado público).
Establecense dous tipos de avaliación alternativos , aos que o estudantado da asignatura poderá optar, en ambos casos terase en conta que: A realización e presentación das prácticas é obrigatoria. A superación da materia require aprobar separadamente o exame (o traballo, de ser o caso) por unha banda e as prácticas pola outra.
Modalidades de Avaliación
1º)- Exame Final escrito - a realizar nas datas oficialmente aprobadas polo Centro- que poderá requirir entre outras cousas, o desenvolvemento de temas, a resposta a cuestións teóricas ou prácticas, e a resolución de problemas numéricos. Porcentaxe da nota do exame na avaliación : 60%.
Asistencia e realización das Prácticas de Laboratorio da Materia, así como a entrega dun Informe de Prácticas. Porcentaxe das Prácticas na avaliación: 40%
2ª) - O estudantado que asista de forma regular ás clases presenciais (asistencia mínima: 85% das horas lectivas) poderán -a xuizo da persoa encargada da docencia desta materia- serán avaliados mediante a elaboración dun traballo de curso asignado polo profesor ou profesora, que se presentará de forma oral e escrita non máis tarde da data oficial do exame de cada convocatoria.
Porcentaxe do Traballo na avaliación: 50%
Ademáis do traballo, nesta modalidade , terase en conta tamén a asistencia e participación nas clases e nas prácticas da materia cun porcentaxe do 10%.
As prácticas da materia, realización e presentación do informe, son obrigatorias, e a porcentaxe na avaliación será dun 40% da nota final.
Por indicación expresa do Decanato da Facultade faise constar que “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”
A Memoria da Titulación establece os seguintes tempos orientativos de traballo persoal (non presencial na aula) do alumno:
Estudo autónomo individual ou en grupo 39 h
Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos 16.5 h
Programación/experimentación ou outros traballos en ordenador/laboratorio 11 h
Lecturas recomendadas, actividades en biblioteca ou semellante 3 h
Preparación de presentacións orais, debates ou semellante 5 h
-------------
Maria Concepcion Nistal Fernandez
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Óptica
- Teléfono
- 881813529
- Correo electrónico
- mconcepcion.nistal [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 2 |
05.06.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
20.06.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |