Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Física Aplicada
Áreas: Óptica
Centro Facultade de Óptica e Optometría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Que o alumno/a adquira os coñecementos fundamentais do modelo ondulatorio da luz que permitan explicar fenómenos non comprensibles no marco da teoría xeométrica da luz como son a polarización, interferencia e difracción incidindo na súa importancia na fundamentación das teorías da visión e do funcionamento do instrumental óptico e optométrico.
Unidade 0. INTRODUCCIÓN A MATERIA
Introducción: Planificación do curso: obxectivos, programa, calendario, etc.
Tema 0.- Breve historia das teorías da luz (I)
Unidade I. A LUZ COMO ONDA
Introducción: A diminución da agudeza visual con altas luminosidades
Tema 1.- Movemento Ondulatorio.
Tema 2.- Frontes de onda; principio de Huygens.
Tema 3.- Conexión coa óptica xeométrica; formación de imaxe e aberracións.
Tema 4.- Reflexión e refracción normal
Unidade II. A LUZ COMO ONDA VECTORIAL
Introducción: Breve historia das teorías da luz (II)
Tema 5.- Interacción luz-materia
Tema 6.- Reflexión, transmisión e dispersión; coeficientes de Fresnel.
Tema 7.- Fundamentos de radiometría e fotometría
Unidade III. POLARIZACION
Introducción: A polarización en diagnóstico e protección ocular
Tema 8.- Natureza da luz polarizada
Tema 9.- Polarizadores e Láminas Retardadoras
Unidade IV. INTERFERENCIA
Introducción: Capas antirreflexos e OCT
Tema 10.- Fenómeno de Interferencia; requisitos e formalismo.
Tema 11.- Interferencia por División da Fronte de Ondas; interferómetro de Young.
Tema 12.- Interferencia por División de Amplitude: Interferómetro de Michelson
Tema 13.- Medidas interferométricas das aberracións de onda.
Unidade V. DIFRACCIÓN
Introdución: O límite de resolución do sistema visual
Tema 14.- Fenómeno de Difracción; requisitos e formalismo.
Tema 15.- Difracción de Fraunhofer por aberturas de xeometría simple
Tema 16.- Poder de resolución dun sistema óptico
Unidade VI. A LUZ COMO CORPÚSCULO
Introducción: Que cantidade mínima de luz pode detectar un ollo humano?
Tema 17.- Principios do modelo cuántico da Luz
Tema 18.- Fundamentos do Láser; propiedades e aplicacións.
PROGRAMA DE PRÁCTICAS DE LABORATORIO
1.- Polarización
Polarizadores, Lei de Malus, láminas retardadoras, comprobación experimental do ángulo de Brewster, etc.
2.- Interferencia e Difracción
Dobre burato de Young, Difracción de Fraunhofer por aberturas circulares e rectangulares e por unha e dúas fendas, etc.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
1.-Óptica. ...............................................................Eugene Hecht. Addison-Wesley 2017
2.-Ondas de Luz. ….... J.A. Díaz Navas y J.M. Medina Ruíz. U. Granada. Copicentro Ed.. 2013
3.-Optics.......................................M. H. Freeman & C. Hull. Butterworth-Heinemann, 2003
4.-Óptica Física. Problemas.…………………….......F. Carreño y M.A. Antón. Prentice Hall. 2001
5.-Teoría y Problemas de Óptica................................Eugene Hecht .McGraw-Hill, D.L.1992
6.-Algúns conceptos básicos de radiometría e fotometría………..J.R. Flores Seijas. Unidades Didácticas USC. 2013
7.-Basic Sciences in Ophthalmology. …..J. Flammer, M. Mozaffarieh, H. Bebie Springer, 2013
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
8.-Óptica Electromagnética......J.M. Cabrera, F.J. López y F.Agulló López. Addison-Wesley/UAM. 1998
9.-Física. Vol I. Mecánica, Radiación y Calor. .....Feynman, R.D.,Leighton, R.B. ,Sands, M. Adisson-Wesley.1987
10.-Optical Physics……....Lipson,A., Lipson,S.G. &,Lipson,H..Cambrige University Press .2011
11.- Optical Devices in Ophthalmology and Optometry …..M. Kaschke, K-H Donnerhacke and M S Rill. Wiley-Vch Verlag, cop. 2014
Recursos bibliográficos na rede
-No material docente elaborado polos profesores, situado na aula Virtual (Moodle), hai ligazóns a páxinas web, miniaplicacións java, etc.
-https://optics.byu.edu/textbook
5.5.1.5.1 BÁSICAS E XENERAIS
CG1 - Que os estudantes teñan capacidade para abordar a súa actividade profesional e formativa desde o respecto ao código
deontolóxico da súa profesión, que inclúe, entre outros máis específicos os principios do respecto e a promoción dos dereitos
fundamentais das persoas, a igualdade entre as persoas, os principios de accesibilidade universal e deseño para todos e os
valores democráticos e dunha cultura de paz
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da
educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén
algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as
competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da
súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo)
para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non
especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores
cun alto grao de autonomía
5.5.1.5.2 TRANSVERSAIS
CT1 - Que adquiran capacidade de análise e de síntese.
CT2 - Que adquiran capacidade de organización e planificación.
CT4 - Que adquiran o coñecemento dunha lingua estranxeira.
CT5 - Que adquiran coñecementos de informática relativos ao ámbito de estudo.
CT6 - Que adquiran capacidade de xestión da información.
CT7 - Que adquiran capacidade para a resolución de problemas.
CT8 - Que adquiran capacidades na toma de decisións.
CT9 - Que saiban traballar en equipo.
CT12 - Que adquiran habilidades nas relacións interpersoais.
CT15 - Que o alumno manteña un compromiso ético.
CT16 - Que o estudante sexa capaz de realizar un apendizaje autónomo.
5.5.1.5.3 ESPECÍFICAS
CE4 - Que o alumno sexa capaz de reflexionar criticamente sobre cuestións clínicas, científicas, éticas e sociais implicadas no
exercicio profesional da Optometría, comprendendo os fundamentos científicos da Óptica- Optometría e aprendendo a valorar
de forma crítica a terminoloxía, ensaios clínicos e metodoloxía da investigación relacionada coa Óptica- Optometría.
CE5 - Que o alumno sexa capaz de emitir opinións, informes e peritaxes cando sexa necesario.
CE6 - Que o estudante poida valorar e incorporar os avances tecnolóxicos necesarios para o correcto desenvolvemento da súa actividade
profesional.
CE9 - Que o estudante poida ampliar e actualizar as súas capacidades para o exercicio profesional mediante a formación continuada.
CE11 - Que o estudante saiba situar a información nova e a interpretación desta no seu contexto.
Dúas horas de clases expositivas por semana nas que o profesor exporá os contidos da materia, con axuda de medios audiovisuais e simulacións interactivas en páxinas web seleccionadas. O material de texto e de gráficos estará dispoñible na aula virtual da materia.
Clases Interactivas nas que as alumnas participarán resolvendo os problemas propostos no boletín.
Prácticas de laboratorio nas que as alumnas farán a comprobación cualitativa e cuantitativa dos principais fenómenos da óptica física tales como:
1.- Polarización
2.- Interferencia e Difracción
-As titorías poderán ser presenciais ou telemáticas. Se son telemáticas requirirán de cita previa, o que tamén é recomendable para as presenciais.
Idiomas nos que se imparte a docencia: Galego e Castelán.
Idiomas de traballo na aula: Galego e Castelán.
A cualificación da materia corresponderá nun 70% á cualificación do exame final e nun 30% á avaliación continua, unha vez superado o exame e as prácticas de xeito independente.
O exame final constará de cuestións curtas relacionadas con conceptos teóricos e de problemas.
A cualificación da avaliación continua basearase nos informes de prácticas que o alumno debe elaborar así como na súa participación activa nas clases. A asistencia ás sesións de laboratorio é condición necesaria para aprobar a materia.
De non superar a materia na primeira oportunidade, conservarase a nota da parte aprobada (exame ou avaliación continua) para a segunda oportunidade e, no seu caso, para a convocatoria extraordinaria correspondente a ese curso académico.
Na segunda oportunidade e na convocatoria extraordinaria, o/a alumno/a coa avaliación continua suspensa deberá, segundo indicación do/a profesor/a, ou ben refacer os informes de prácticas ou ben realizar un exame práctico que terá lugar o mesmo día que o exame teórico.
Traballo presencial na aula: 52 h
Traballo persoal do alumno/a: 99 h
Horas non presenciais:
- 4 horas/semana de repaso da teoría e complementos bibliográficos
- 2 horas/semana de resolución de problemas
- 4 horas/informe de prácticas
- 15 horas de preparación do exame
Horas de avaliación: 4 h
Total: 151 horas
-Cursar as materias Óptica Xeométrica e Física
-Preparar a materia relacionada cos contidos das prácticas de laboratorio con antelación
-Resolver os problemas dos boletíns que os profesores fornezan en cada tema ou grupo de temas
-Facer un uso amplo da bibliografía recomendada, tanto de teoría como de problemas
-Facer uso das titorías
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
Maria Concepcion Nistal Fernandez
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Óptica
- Teléfono
- 881813529
- Correo electrónico
- mconcepcion.nistal [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Carlos Montero Orille
Coordinador/a- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Óptica
- Teléfono
- 881813506
- Correo electrónico
- carlos.montero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Bastian Carnero Groba
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Óptica
- Correo electrónico
- bastian.carnero.groba [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral_Doutoramento Industrial
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 2 |
Martes | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 2 |
Xoves | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Galego | Aula 5 |
13:00-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula 2 |
23.01.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
23.01.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
27.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
27.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |