Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Financeira e Contabilidade
Áreas: Economía Financeira e Contabilidade
Centro Facultade de Óptica e Optometría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Esta materia constitúe unha aproximación ao ámbito da economía da empresa, polo que se pretende transmitir un conxunto de nocións introdutorias e xerais sobre esta disciplina. O principal obxectivo a alcanzar é o manexo de conceptos de marketing e finanzas e o coñecemento do contido da xestión de empresas, desde unha perspectiva práctica; resultándolle útil ao alumnado nas súas relacións coas institucións financeiras e no tratamento dos seus posibles investimentos.
O temario está organizado para que os alumnos adquiran coñecementos sobre a xestión empresarial, dende un punto de vista financeiro e de marketing, aplicado á contorna das ópticas.
1. lntrodución á actividade económica e empresarial.
2. A administración e dirección da empresa.
3. Análise do mercado, competencia e comportamiento do consumidor.
4. A comercialización, conceptos elementais e mercadotecnia.
5. Estratexia de comunicación e marca persoal.
6. Marketing dixital.
7. A visión financeira da empresa: a información como base para a toma de decisións. Análise económico-financeiro.
8. Xestion laboral e fiscal.
9. Valoración de produtos e operacións financeiras.
10. Decisións de inversión e financiación.
Proporcionarase o material suficiente no Campus Virtual para o estudo e preparación da materia, que será obtido da seguinte bibliografía:
- Vázquez Suárez, L., & Sánchez Gómez, R. (Directors). (2020). Introducción a la gestión de empresas. Pirámide.
- Archel Domench, P., Carrasco del Amo, F., Lizarraga Dallo, F., Sánchez Alegría, S., & Cano Rodríguez, M. (2022). Estados contables: Elaboración, análisis e interpretación (4.). Ediciones Pirámide.
- Centro de Estudios Financieros (2000). Operaciones financieras.
- Kotler, P. (2019). Marketing management (4th European ed.). Pearson.
- Ryan, D. (2017). Understanding digital marketing : marketing strategies for engaging the digital generation (Fourth edition). Kogan Page.
- Zahay, D. L. (2020). Digital marketing management : a handbook for the current (or future) CEO (Second edition.). Business Expert Press.
- Vilaboa, R. (2020). Marketing de impacto en la optica convencional. Editorial Academica Española.
Básicas e xerais
CX1 - Que os estudantes teñan capacidade para abordar a súa actividade profesional e formativa desde o respecto ao código deontolóxico da súa profesión, que inclúe, entre outros máis específicos os principios do respecto e a promoción dos dereitos fundamentais das persoas, a igualdade entre as persoas, os principios de accesibilidade universal e deseño para todos e os valores democráticos e dunha cultura de paz
CB1 - Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grado de autonomía
Transversais
CT1 - Que adquiran capacidade de análise e de síntese
CT2 - Que adquiran capacidade de organización e planificación
CT3 - Que adquiran capacidade de comunicación oral e escrita na lingua nativa
CT4 - Que adquiran o coñecemento dunha lingua estranxeira
CT5 - Que adquiran coñecementos de informática relativos ao ámbito de estudo
CT6 - Que adquiran capacidade de xestión da información
CT7 - Que adquiran capacidade para a resolución de problemas
CT8 - Que adquiran capacidades en tómaa de decisións
CT9 - Que saiban traballar en equipo
CT14 - Que o alumno adquira habilidades para a emisión dun razoamento crítico
CT15 - Que o alumno manteña un compromiso ético
CT16 - Que o estudante sexa capaz de realizar unha aprendizaxe autónoma
CT17 - Que sexan capaces de adaptarse a novas situacións
CT18 - Que sexan creativos
CT22 - Que estean motivados pola calidade
Específicas
CE4 - Que o alumno sexa capaz de reflexionar criticamente sobre cuestións clínicas, científicas, éticas e sociais implicadas no exercicio profesional da Optometría, comprendendo os fundamentos científicos da Óptica-Optometría e aprendendo a valorar de forma crítica a terminoloxía, ensaios clínicos e metodoloxía da investigación relacionada coa Óptica-Optometría
CE5 - Que o alumno sexa capaz de emitir opinións, informes e peritaxes cando sexa necesario
CE6 - Que o estudante poida valorar e incorporar os avances tecnolóxicos necesarios para o correcto desenvolvemento da súa actividade profesional
CE9 - Que o estudante poida ampliar e actualizar as súas capacidades para o exercicio profesional mediante a formación continuada
Durante o desenvolvemento do programa intercalaranse as clases teóricas e prácticas de forma que se complementen os contidos. En xeral, a metodoloxía a empregar consistirá na exposición dos contidos do tema e a aplicación práctica dos mesmos a través do comentario de artigos, análise de casos reais e realización de exercicios (propostos no Campus Virtual).
Consideraranse os seguintes criterios para a cualificación final:
- 50% proba teórico-práctica final, dos temas incluídos no programa da materia
- 50% avaliación continua, nota resultante da entrega de traballos, casos e exercicios propostos ao longo do curso e o grao de participación activa na aula. A explicación de tódalas actividades referentes a avaliación continua, así como a súa ponderación, será definida e explicada na guía docente da materia ao comezo do período lectivo.
O sistema de avaliación será independente da condición de persoa repetidora ou non, e da convocatoria á que se presente. Aqueles estudantes exentos de asistencia por dispensa oficial realizarán un exame na data oficial optando ao 100% da nota.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Horas presenciais: 35
Horas non presenciais:70
Non é necesario contar con coñecementos empresariais previos, sendo a asistencia continuada de notoria importancia para a comprensión e posta en práctica dos novos conceptos.
Partir dunha visión global e de interconexión, facilita a comprensión da materia. O temario e a súa posta en práctica é un continuo, polo que se aconsella ler a unidade didáctica antes da súa explotación.
É recomendable contar con certa práctica no manexo de follas de cálculo (Office365).
O idioma empregado na aula será o galego, sen prexuízo do emprego doutras linguas cando a bibliografía así o requira.
Recoméndase o uso continuado do campus virtual, xa que este será o eixo de todas as actividades a realizar na materia; así como de MS Teams si fose preciso para realizar titorías.
Manuel Rieiro García
Coordinador/a- Departamento
- Economía Financeira e Contabilidade
- Área
- Economía Financeira e Contabilidade
- Correo electrónico
- manuel.rieiro.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Sugey De Jesus Lopez Perez
- Departamento
- Economía Financeira e Contabilidade
- Área
- Economía Financeira e Contabilidade
- Correo electrónico
- sugeydejesus.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Mércores | |||
---|---|---|---|
09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 1 |
22.01.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
30.06.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Salón de Actos |