Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Áreas: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Centro Facultade de Psicoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Preténdese que o alumnado chegue a:
a) Coñecer a secuencia dos logros evolutivos dende o nacemento ate o final da infancia nos ámbitos biosociais, cognitivo, lingüístico e socio emocional.
b) Apreciar as diferencias individuais con respecto ao desenvolvemento normativo dos/as nenos/as.
c) Manexar as diferentes aproximacións á avaliación do desenvolvemento infantil.
d) Valorar a diversidade cultural en relación ao desenvolvemento humano.
e) Adquirir costumes de estudo, de análise crítica e de discusión de argumentos que promovan a construción de coñecementos por parte do alumno/a.
f) Aprender a forma de exposición sintética de resultados obtidos nunha investigación ou nunha observación.
PROGRAMA TEÓRICO
BLOQUE I. OS INICIOS DO DESENVOLVEMENTO: DA CONCEPCIÓN AO NACEMENTO.
TEMA 1. O DESENVOLVEMENTO ANTES DO NACEMENTO.
1. O desenvolvemento prenatal, un "modelo" para pensar no desenvolvemento posterior.
2. Fases do desenvolvemento prenatal.
3. Factores que afectan ao desenvolvemento embrionario e fetal.
4. Diagnóstico prenatal.
TEMA 2. O NACEMENTO E AS PRIMEIRAS CONDUTAS DO RECÉN NADO.
1. O proceso de nacemento.
2. Os estados do recén nado.
3. Os reflexos no recén nado.
4. Avaliación do neonato.
BLOQUE II. DESENVOLVEMENTO PSICOLÓXICO NA PRIMEIRA INFANCIA: ASPECTOS NORMATIVOS, DETERMINANTES E AVALIACIÓN.
TEMA 3. DESENVOLVEMENTO FíSICO E PSICOMOTOR.
1. Desenvolvemento físico.
2. Desenvolvemento psicomotor.
3. Factores que afectan ao desenvolvemento físico e psicomotor.
TEMA 4. DESENVOLVEMENTO COGNITIVO.
1. O período sensoriomotor: seis etapas do desenvolvemento cognitivo.
2. Procesos cognitivos básicos: sensorial-perceptivo, atención e memoria.
TEMA 5. DESENVOLVEMENTO DA COMUNICACIÓN E DA PRIMEIRA LINGUAXE.
1. Introdución ao desenvolvemento da linguaxe.
2. Principais teorías sobre o desenvolvemento da linguaxe.
3. Factores que inflúen na adquisición da linguaxe.
4. Etapas no desenvolvemento inicial da linguaxe.
5. Alteracións e variabilidade na adquisición da linguaxe. Signos de alarma.
6. O papel dos/das adultos/as: a fala maternal.
TEMA 6. O DESENVOLVEMENTO SOCIOAFECTIVO.
1. O apego.
2. O desenvolvemento emocional.
3. Os inicios do coñecemento de si mesmo/a.
4. O desenvolvemento social: as primeiras interaccións.
BLOQUE III. DESENVOLVEMENTO PSICOLÓXICO NOS ANOS PREESCOLARES E ESCOLARES: ASPECTOS NORMATIVOS, DETERMINANTES E AVALIACIÓN.
TEMA 7. DESENVOLVEMENTO FÍSICO E PSICOMOTOR.
1. A curva de crecemento despois dos dous anos.
2. Progresos madurativos cerebrais.
3. O control do corpo e da actividade psicomotriz.
4. O esquema corporal: construción e compoñentes.
5. Establecemento da dominancia lateral.
6. A evolución do xesto gráfico e o desenvolvemento da grafomotricidade.
TEMA 8. DESENVOLVEMENTO COGNITIVO.
1. A intelixencia preoperatoria.
2. O pensamento operacional concreto.
3. A aproximación ao procesamento da información.
TEMA 9.DESENVOLVEMENTO DA LINGUAXE.
1. Desenvolvemento fonolóxico.
2. Desenvolvemento morfolóxico e sintáctico.
3. Desenvolvemento léxico e semántico.
4. Desenvolvemento pragmático.
5. Desenvolvemento do discurso conectado: máis alá da oración.
6. Signos de alarma no desenvolvemento da linguaxe.
TEMA 10. COÑECEMENTO DUN MESMO/A E DESENVOLVEMENTO SOCIO-EMOCIONAL.
1. Coñecemento dun mesmo/a: autoconcepto, autoestima, factores de protección/risco
2. Avances no desenvolvemento emocional: emocións ambivalentes, autoregulación, emocións reais e manifestas.
PROGRAMA DE PRÁCTICAS:
Práctica de campo 1: Clasificación de comportamentos e actividades de xogo en función dos estereotipos sexuais.
Práctica de campo 2: Evolución e funcións da amizade na infancia.
Práctica de campo 3: Como mellorar a psicomotricidade a través dos contos en nenos e nenas de preescolar.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
Bergen,K.S. (2004). Psicología del Desarrollo. Infancia y Adolescencia.6ª edición. Madrid: Panamericana.
Berko Gleason, J., y Ratner, J. B. (Eds.). (2010). Desarrollo del lenguaje. 7ª edición. Madrid: Pearson.
Cantón Duarte,J., Cortés Arboleda, R., Cantón Cortés, D. (2011). Desarrollo socioafectivo y de la personalidad. Madrid: Alianza Editorial.
Enesco, I. (Coord.) (2003). El desarrollo del bebé. Cognición, emoción y Afectividad. Madrid: Alianza.
Golinkoff, R. y Hirsh-Pasek, K. (2001). Como hablan los bebés: La magia y el misterio del lenguaje durante los tres primeros años de vida. México: Oxford México.
Karmiloff, K. y Karmiloff-Smith, A. (2005). Hacia el Lenguaje: Del feto al Adolescente. Madrid: Morata.
Lafuente, M.J.y Cantero, M.J. (2010). Vinculaciones afectivas: apego, amistad y amor. Madrid: Pirámide.
López, F., Etxebarria, I., Fuentes, M. J. y Ortiz, M. J. (Coords.) (2005). Desarrollo afectivo y social. Madrid: Pirámide.
Mariscal, S. y Giménez-Dasí, M. (2017). Desarrollo temprano: Cognición, afectos y relaciones sociales (0-6). Madrid: Paraninfo.
Palacios, J., Marchesi, A. y Coll, C. (Comps.) (2007). Desarrollo psicológico y educación. Vol. 1 Psicología evolutiva. Madrid: Alianza.
Shaffer, D. R. y Kipp, K. (2007). Psicología del desarrollo. Infancia y Adolescencia. México: Thomson.
Tomasello, M. (2019). Becoming human: a theory of ontogeny. Cambridge (MA): Harvard University Press.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
Berger, K.S. (2007). Psicología del desarrollo. Infancia y adolescencia. Madrid: Editorial Médica Panamericana.
Berk, L. E. (2004). Desarrollo del niño y del adolescente.Madrid: Prentice-Hall.
Bermejo, V. (1994). Desarrollo cognitivo. Madrid: Síntesis.
Cantón, J. y Cortés, M. R. (2000). El apego del niño a sus cuidadores. Madrid: Alianza.
Conde, J. L. y Viciana, V. (1997). Fundamentos para el desarrollo de la motricidad en edades tempranas. Málaga: Aljibe.
Córdoba, A. I.,Descals, A. y Gil, M.D. (Coords.) (2006). Psicología del desarrollo en la edad escolar. Madrid: Pirámide.
Delval, J. (2004). El desarrollo humano. Madrid: Siglo XXI.
Hoff, E. (2013). Language Development. 3rd edition. Belmont: Wadsworth.
Fernández, J. (1988). Nuevas perspectivas en el desarrollo del sexo y el género. Madrid: Pirámide.
Gilibrand, R., Lam, V., & O'Donnell, V. L. (2016). Developmental Psychology. 2nd Edition. Harlow: Pearson Education.
Gimenenz-Dasi, M. y Mariscal,S. (2008). Psicología del dearrollo. Desde el nacimiento a la primera infancia. Barcelona: Mc Graw Hill.
López, F. (2008). Necesidades en la infancia y en la adolescencia: respuesta familiar, escolar y social. Madrid: Pirámide.
Muñoz, A. (Coord.)(2010). Psicología del desarrollo en la etapa de educación infantil. Madrid: Pirámide.
Owens, R. E. (2011). Desarrollo del lenguaje. Madrid: Pearson-Prentice-Hall.
Rowland, C. (2014). Understanding Child Language Acquisition. New York: Routledge.
Santrock, J. W. (2010). Child Development. Thirteenth Edition. New York: McGraw Hill.
Serra, M., Serrat, E., Solé, R., Bel, A. y Aparici, M. (2000). La adquisición del lenguaje. Barcelona: Editorial Ariel.
Tomás A.D. (Coord.) (2006). Psicología del desarrollo en edad escolar. Madrid: Pirámide.
Tomasello, M. (2007). Los orígenes culturales de la cognición humana. Buenos Aires: Amorrortu.
Vasta, R., Haith, M. M. y Miller, S. A. (2001). Psicología infantil. Barcelona: Ariel.
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS:
CB1 - Que os/as estudantes demostraron posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e que normalmente se atopa nun nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, tamén inclúe algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os/as estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que normalmente se demostran mediante a elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro do seu área de estudo.
CB3 - Que os/as estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro do seu área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os/as estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os/as estudantes desenvolveran aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
CG1 - Que teñan capacidade para abordar a súa actividade profesional e formativa dende o respecto ao Código Deontolóxico do psicólogo, que inclúe, entre outros máis específicos, os principios do respecto e a promoción dos dereitos fundamentais das persoas, a igualdade entre as persoas, os principios de accesibilidade universal e deseño para todos e os valores democráticos e dunha cultura de paz.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS:
CT1 - Capacidade de síntese.
CT2 - Capacidade de resolución de problemas e toma de decisións.
CT3 - Capacidade de traballo en equipo e colaboración con outros/as profesionais.
CT4 - Capacidade de autocrítica.
CT5 - Capacidade de comunicación.
CT6 - Capacidade de desenvolvemento e mantemento actualizado das competencias, destrezas e coñecementos propios da profesión.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS:
CE1 - Demostrar coñecementos e comprensión das funcións, características, contribucións e limitacións dos distintos modelos teóricos da Psicoloxía.
CE2 - Demostrar coñecementos e comprensión das leis básicas dos distintos procesos psicolóxicos.
CE3 - Demostrar coñecementos e comprensión dos procesos e etapas principais do desenvolvemento psicolóxico ao longo do ciclo vital nos seus aspectos de normalidade e anormalidade.
CE9 - Saber identificar as características relevantes do comportamento dos individuos, grupos, organizacións e contextos mediante os métodos, técnicas e instrumentos propios da avaliación psicolóxica.
CE10 - Saber promover a saúde e a calidade de vida, a través dos métodos propios da profesión, nos individuos, grupos, comunidades e organizacións nos distintos ámbitos e contextos: educativo, clínico e de saúde, laboral e organizacional, grupal e comunitario.
CE11 - Saber seleccionar e administrar técnicas e instrumentos propios e específicos da Psicoloxía.
CE14 - Saber elaborar informes psicolóxicos en distintos ámbitos de actuación, dirixidos aos destinatarios/as e a outros/as profesionais.
CE15 - Saber axustarse ás obrigas deontolóxicas da Psicoloxía.
A metodoloxía docente está estreitamente relacionada cos procesos de ensinanza/aprendizaxe e, polo tanto, debe planificarse de forma que conduza á consecución das competencias formuladas para a materia. Para iso, propoñemos unha metodoloxía activa e reflexiva, que combine as actividades individuais e grupais, e promova a resolución construtiva das dificultades que xurdan na aprendizaxe da materia. Esta metodoloxía esixe tanto unha análise teórica como unha aproximación práctica aos contidos, polo que os métodos que se inclúen responden a unha serie de modalidades de ensinanza que se reparten entre un horario presencial obrigatorio, de asistencia ás clases, e un horario non presencial ou de traballo autónomo por parte do alumnado.
O alumnado disporá previamente dunha guía didáctica de cada un dos temas, na que se especifican detalladamente as competencias e os obxectivos a acadar, os contidos a traballar, as prácticas a realizar e a bibliografía que se recomenda consultar. Así mesmo, inclúese unha serie de actividades relacionadas con ditos contidos que guiarán ao alumnado cara a unha mellor comprensión destes.
A nosa proposta docente contempla:
1. Clases expositivas. Teñen por obxectivo presentar unha visión actualizada dos datos e conceptos que configuran cada un dos temas. Na medida do posible tratarase de fomentar a discusión colectiva na aula, de xeito que se potencie a construción de significados comúns. De forma previa ao inicio de cada tema, entregarase a través do Campus Virtual o PowerPoint correspondente a cada tema. Ao final de cada tema farase un breve resumo dos aspectos máis relevantes nel tratados.
2. Clases prácticas. O programa de prácticas que se presenta garda unha estreita relación co programa teórico e estas sesións son de asistencia obrigatoria. As tres prácticas propostas constitúen o ámbito idóneo onde o alumnado terá a posibilidade de familiarizarse coa aplicación dalgúns dos instrumentos de avaliación máis característicos desta disciplina, aproximarse ao uso dalgunhas das metodoloxías máis utilizadas para a recollida de datos evolutivos, observación de pautas evolutivas in situ e realización de informes. En cada sesión de prácticas describirase e explicarase con detalle cada unha delas, así como o tipo de informes que deberán presentar os/as alumnos/as. Con anterioridade ao comezo destas sesións, os/as estudantes terán á súa disposición (a través do Campus Virtual) material, información e lecturas que se necesitan para a súa realización. Do total de prácticas presentadas, o alumnado deberá realizar e entregar DÚAS PRÁCTICAS (unha será a práctica 3, e a outra poderá escollerse entre a 1 e a 2). O alumnado que non asista ás sesións interactivas na súa totalidade nin presente os informes das dúas prácticas non poderá superar a materia. Os/as estudantes deberán acudir necesariamente o día e hora no que está convocado o grupo ao que foron asignados/as pola facultade. Só excepcionalmente se poderá cambiar de grupo contando coa autorización previa das profesoras.
A través do Campus Virtual comunicaranse todas as novidades respecto da materia, polo que é moi importante que os/as estudantes revisen o seu enderezo electrónico da USC.
A avaliación da materia levarase a cabo desde unha dobre perspectiva: formativa ou continua e sumativa, co seguinte tipo de probas:
1. Exames teóricos tipo test nos que se avaliarán os coñecementos adquiridos polos/as alumnos/as cun peso non superior ao 75%. Para a avaliación dos coñecementos adquiridos haberá dúas probas de avaliación formativa ou continua, que achegarán un 40% da cualificación final (20% cada unha), e un exame final (a realizar na data oficial da 1ª oportunidade) que contribuirá cun 35% á cualificación final total. É NECESARIO TER APROBADAS AS 3 ACTIVIDADES MENCIONADAS POR SEPARADO PARA SUMAR O RESTO DAS CUALIFICACIÓNS E PODER SUPERAR A MATERIA (isto aplícase para as dúas oportunidades). Un caso excepcional é o daqueles alumnos ou alumnas que teñan aprobadas as dúas avaliacións formativas e suspendan o exame final da primeira oportunidade: neste caso, este alumnado poderá recuperar o citado exame final na 2ª oportunidade (é dicir, en xullo), sempre que estean aprobadas as dúas avaliacións formativas realizadas durante o curso. Tamén excepcionalmente, aqueles/as estudantes que xustificasen debidamente a súa ausencia a unha das avaliacións formativas, poderán realizar nunha data fixada polas profesoras esa avaliación (neste caso, o exame será de pregunta curta).
2. Dous informes de prácticas que deben presentar os/as alumnos/as, e que terán un peso non superior ao 25% da cualificación total (12,5% cada un). É preceptivo ter aprobada esta parte para sumar o resto das cualificacións que contribúen á nota final da materia. Na corrección destas actividades valorarase especialmente o grao de claridade e organización conceptual acadado polo/a estudante. Tamén se terá en conta a presentación dos informes de prácticas dentro dos prazos e datas establecidas.
Para poder superar a materia é necesario superar todas as partes que a compoñen. É dicir, é requisito indispensable:
a) Ter aprobado o exame final (obter polo menos 1,75 puntos sobre 3,5).
b) Ter aprobadas as dúas avaliacións formativas (obter polo menos 1 punto sobre 2 en cada unha delas).
c) Ter aprobadas as prácticas (obter polo menos 0,625 sobre 1,25 en cada un dos informes). A puntuación das prácticas só se sumará se o exame final e as avaliacións formativas están aprobadas.
*Estes requisitos aplícanse tanto para a primeira como para a segunda convocatoria.
Os traballos individuais ou grupais dos/as estudantes deben ser orixinais. A entrega dun traballo copiado suporá o suspenso da materia e a avaliación do/da alumno/a na seguinte convocatoria. Para efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado en convocatorias seguintes nin para varias materias, excepto nas actividades programadas de forma coordinada.
A nota das prácticas (sempre que estea aprobada) conservarase durante dous cursos.
Nos casos que se contemplan na normativa da facultade, os/as estudantes que teñan solicitada e concedida a exención oficial de docencia ou a dispensa de asistencia deberán realizar as mesmas probas, actividades, traballos monográficos... que se programen de forma xeral na Guía Docente, admitíndose unicamente a dispensa para as clases expositivas, pero non para a asistencia e realización das prácticas propostas. A cualificación global do alumnado con dispensa/exención na materia procederá, polo tanto, da seguinte maneira: 75% exames (40% 2 formativas e 35% exame final), 25% informes de prácticas (coa excepción de que poderán realizarse de forma individual). Sendo requisito para superar a materia ter aprobadas todas as partes que a compoñen.
O alumnado repetidor e/ou con situacións especiais (ex. alumnado con NEAE que precise algunha adaptación) debe poñerse en contacto coas profesoras durante a primeira semana de clase.
Realización fraudulenta de exercicios ou probas:
Segundo a Normativa de avaliación do rendemento académico do alumnado e de revisión de cualificacións (aprobada en Consello de Goberno o 15 de xuño de 2011 e modificada o 5 de abril de 2017), a realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o/a estudante infractor/a. Considérase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación, e sen citar os autores e as fontes.
A materia ten ao redor de 55 horas de clases presenciais, distribuídas en actividades en gran grupo (clases expositivas), actividades en grupo mediano en seminarios (clases interactivas), tutorías e actividades de avaliación formativa e sumativa.
Estímase que o alumnado deberá dedicar 95 horas de traballo persoal para poder superar a materia, incluíndo 12 horas de lectura de materiais, 33 horas de elaboración de informes e traballos, e 50 horas de estudo.
Coñecementos básicos relacionados coa natureza e funcionamento dalgúns procesos cognitivos e afectivos básicos e as aproximacións metodolóxicas básicas para a investigación en Psicoloxía.. En calquera caso, esta materia debe cursarse necesariamente con posterioridade á materia de Psicoloxía do Desenvolvemento e da Educación, na que se aportan os fundamentos teóricos e metodolóxicos da disciplina.
Recomendacións: É importante que o/a alumno/a se implique dende o principio na dinámica e funcionamento que se seguirá na materia (asistencia, lectura dos textos, elaboración das prácticas, etc.). Ademais, debe facer un estudo comprensivo, non memorístico, que dea lugar a unha organización clara dos conceptos.
HORARIO DE TITORÍAS
-Profesora Mª Fernanda Páramo (Coordinadora): despacho nº 49, 1ª planta do módulo A.
Luns: 12:00-14:00 horas.
Mércores: 12:00-14:00 horas.
-Profesora Ana Nieto Vieites: despacho nº 32A, 1ª planta do módulo A.
Luns: 11:30-14:30 horas.
Martes: 11:30-14:30 horas.
1. Asistencia a clase: O programa da materia axustarase ao especificado no Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e mestrado da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024.
Pódese obter máis información ao respecto na seguinte ligazón: https://minerva.usc.gal/entities/publication/bfb797a8-db23-4a8e-a8a9-6d…
2. Responsabilidade medioambiental:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas no canto de encadernación.
- Usar as dúas caras do papel e, no caso de impresión, facelo en calidade de “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non fagan referencia directa aos temas desenvolvidos.
3. Perspectiva de xénero: Recoméndase o uso dunha linguaxe inclusiva e non sexista, tanto no traballo habitual da aula como nos traballos académicos. Pódese obter máis información na seguinte ligazón: https://assets.usc.gal/sites/default/files/documents/2023-10/linguaxe_n…
4. É obrigatorio o uso do correo RAI.
5. É obrigatorio o uso das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365 e outras ferramentas facilitadas pola Facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
6. Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo como instrumento de traballo seguindo as indicacións da docente. O alumnado será responsable das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun uso non axeitado do mesmo.
7. Proceso de ensino-aprendizaxe (clases / titorías): Trátase dun proceso privado e, polo tanto, así debe entenderse a comunicación e o intercambio de información entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
8. É de obrigado cumprimento a normativa de protección de datos: https://www.usc.gal/gl/politica-privacidade-proteccion-datos
María Fernanda Páramo Fernández
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Área
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Teléfono
- 881813727
- Correo electrónico
- mfernanda.paramo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Ana Nieto Vieites
- Departamento
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Área
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Teléfono
- 881813679
- Correo electrónico
- ananieto.vieites [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución S. Esp. e outros
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-10:15 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 2 |
10:15-11:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 1 |
01.06.2026 09:30-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 2 |
01.06.2026 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
01.06.2026 09:30-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 3 |
01.06.2026 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
01.06.2026 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |
01.06.2026 09:30-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 6 |
01.06.2026 09:30-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 7 |
01.06.2026 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 7 |
01.07.2026 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
01.07.2026 09:30-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 3 |
01.07.2026 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |
01.07.2026 09:30-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 6 |
01.07.2026 09:30-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 7 |
01.07.2026 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 7 |