Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clínicos EEES: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
Áreas: Ciencias Clínicas Veterinarias
Centro Facultade de Veterinaria
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Co estudo da materia Anatomía Patolóxica Xeral Veterinaria pretendemos que o estudantado acade os seguintes obxectivos:
- Coñecer o concepto de lesión e diferencialo de alteración postmortem.
- Adquirir un coñecemento claro dos grandes grupos lesionais (distrofias, disciclias, inflamacións, alteracións do crecemento e tumores) e dos caracteres morfolóxicos (macroscópicos e microscópicos) que serven para a súa identificación e diferenciación.
- Coñecer as causas e consecuencias dos distintos tipos de lesións.
- Comprender os mecanismos polos que se xeran as distintas lesións.
- Conseguir coñecementos básicos do método anatomopatolóxico e da terminoloxía histopatolóxica, permitíndolle describir con precisión os achádegos patolóxicos.
- Aprender a realizar un diagnóstico morfopatolóxico correcto.
CONTIDOS TEÓRICOS:
CAPÍTULO 1: XENERALIDADES
A este capítulo está previsto adicarlle 2 horas.
Tema 1. Anatomía Patolóxica. Concepto e división. Evolución histórica. Obxectivos. Métodos de estudo: a necropsia, a biopsia e a citoloxía. Planificación do curso. Bibliografía.
CAPÍTULO 2: PATOLOXÍA CELULAR E ALTERACIÓNS DO METABOLISMO
A este capítulo está previsto adicarlle 11 horas.
Tema 2. Terminoloxía da Anatomía Patolóxica. Concepto de lesión e tipos de lesións.
Tema 3. Lesión celular: causas, mecanismos xerais e manifestacións morfolóxicas.
Tema 4. A célula adaptada. Autofaxia, atrofia, hipertrofia, hiperplasia, metaplasia, outros conceptos.
Tema 5. Necrose: manifestacións morfolóxicas e evolución. Morte individual: Alteracións postmortem.
Tema 6. Apoptose: manifestacións morfolóxicas, mecanismos e importancia en Patoloxía.
Tema 7. Trastornos do metabolismo dos glúcidos e lípidos. Lipose (por alteración dos depósitos graxos e esteatose) e lipoidose.
Tema 8. Trastorno do metabolismo das proteínas: hialinose intracelular e extracelular, dexeneración fibrinoide, amiloidose, patoloxía do metabolismo dos proteidos (gota úrica) e trastornos da queratinización.
Tema 9. Depósitos de pigmentos. Depósito de pigmentos endóxenos: pigmentos hemoglobinóxenos (porfirinas, hemosiderina e bilirrubina -ictericias-), pigmentos non hemoglobinóxenos (melanina e lipofuscina). Depósito de pigmentos esóxenos.
Tema 10. Trastornos do metabolismo do calcio. Calcificacións patolóxicas: calcificación distrófica e metastásica. Litiase: concepto, tipos, formación, morfoloxía. Pseudoconcrecións.
CAPÍTULO 3: TRASTORNOS DA CIRCULACIÓN
A este capítulo está previsto adicarlle 7 horas.
Tema 11. Conxestión e hiperemia: causas, mecanismo patoxénico, características morfolóxicas e consecuencias.
Tema 12. Hemorraxia. Concepto. Etiopatoxenia. Características morfolóxicas. Clasificación e terminoloxía. Evolución dos focos hemorráxicos. Consecuencias.
Tema 13. Trombose. Concepto e xeneralidades do mecanismo da coagulación sanguínea. Etioloxía. Patoxenia. Morfoloxía. Evolución. Consecuencias.
Tema 14. Coagulación intravascular diseminada (C.I.D.). Shock ou colapso: Patoxenia, lesións e evolución.
Tema 15. Embolia. Concepto. Tipos e vías de embolización. Consecuencias da embolia.
Tema 16. Isquemia e infarto. Concepto. Causas e mecanismos. Morfoloxía. Consecuencias. Evolución. Significado clínico do infarto.
Tema 17. Edema. Concepto xeral. Intercambio de líquidos nos tecidos. Causas e patoxenia do edema. Localizacións. Características anatomopatolóxicas.
CAPÍTULO 4: INFLAMACIÓN E REPARACIÓN
A este capítulo está previsto adicarlle 9 horas.
Tema 18. Inflamación. Concepto e xeneralidades. Causas. Clasificación
Tema 19. Inflamación. Patoxenia (1). Cambios vasculares: alteración do fluxo sanguíneo e alteracións da permeabilidade vascular. Fenómenos leucocitarios: marxinación, migración, quimiotacse, fagocitose
Tema 20. Inflamación. Patoxenia (2). Mediadores da inflamación. Participación das células inflamatorias.
Tema 21. Inflamación aguda. Patróns morfolóxicos: inflamación serosa, inflamación catarral, inflamación fibrinosa, inflamación hemorráxica, inflamación purulenta, inflamación pútrida ou icorosa. Evolución da inflamación aguda.
Tema 22. Inflamación. Patróns morfolóxicos da inflamación crónica: inflamacións granulomatosas. Peculiaridades do tecido inflamatorio segundo a localización.
Tema 23. Reparación. Rexeneración. Patoloxía da cicatrización: fibrose e cirrose.
CAPÍTULO 5: TRASTORNOS DO CRECEMENTO E ONCOLOXÍA
A este capítulo está previsto adicarlle 4 horas.
Tema 24. Alteracións xerais do desenvolvemento. Axenesia, aplasia, hipoplasia, hamartoma, coristoma.
Tema 25. Neoplasia (I). Concepto. Clasificación e terminoloxía. A célula cancerosa.
Tema 26. Neoplasia (II). Benignidade e malignidade tumoral. Características macroscópicas e microscópicas dos tumores benignos e malignos.
Tema 27. Neoplasia (III). O estroma tumoral. A vascularización. Crecemento e metástase.
Tema 28. Neoplasia (IV). Carcinoxénese. Carcinoxénese química. Virus oncóxenos. Causas intrínsecas. Carcinoxénese física.
CAPÍTULO 6: INMUNOPATOLOXÍA
A este capítulo está previsto adicarlle 2 horas.
Tema 29. Reaccións de hipersensibilidade. Concepto e tipos. Manifestacións morfolóxicas e patoxenia nos procesos de hipersensibilidade máis frecuentes nos animais domésticos.
Tema 30. Enfermidades autoinmunes. Manifestacións morfolóxicas das enfermidades autoinmunes máis comúns nos animais domésticos. Inmunodeficiencias.
CONTIDOS PRÁCTICOS:
O contido teórico da materia compleméntase cunha formación práctica que terá lugar segundo o seguinte esquema:
- APX PE : Práctica de encerado (1 hora): principais métodos de diagnóstico utilizados en Anatomía Patolóxica.
. APX C1: Na sesión de Pezas de matadoiro (3 horas) o estudantado realizará a observación, descrición e diagnóstico morfopatolóxico dos distintos tipos de lesións en órganos decomisados en matadoiro.
- APX C2 a C6: Nas sesións de Histopatoloxía básica (distrofias/disciclias, inflamacións I, inflamacións II e neoplasias) utilizaranse preparacións histolóxicas de casos clínicos reais, seleccionados entre os mais importantes, de cada grupo lesional. O estudantado intentará resolver/diagnosticar istos casos, así como as preguntas concretas que se formulen en cada un deles.
. APX C2: Distrofias/disciclias (3 horas): amiloidose/hialinose, esteatose, ictericia, necrose/apoptose, conxestión pasiva e activa, hemorraxias, trombose, infartos, edema, shock.
. APX C3: Inflamacións I (3 horas): inflamación fibrino-purulenta, purulenta, non purulenta crónica, hemorráxico-necrotizante.
. APX C4: Inflamacións II (3 horas): inflamación granulomatosa multifocal e difusa, piogranulomatosa, purulenta crónica.
. APX C5: Neoplasias (3 horas): tumores mesenquimatosos e epiteliais benignos e malignos, mastocitoma/histiocitoma.
. APX C6: “Casos misteriosos” (3 horas): citoloxía e histopatoloxía dos principais grupos de inflamacións e neoplasias.
- APX S1, S2, S3, S4 e S5: Seminarios (1 hora/seminario): descrición de lesións e resolución de casos clínicos relacionados coa materia impartida ata ese intre.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
CHEVILLE, N.F. (2006). Introduction to Veterinary Pathology. 3rd Edition. Blackwell Publishing. Ames. Iowa. USA.
MITCHELL, R.N. and others.(2017) Compendio de Robbins y Cotran: Patología Estructural y Funcional. 9th ed. Barcelona, España: Elsevier, Print. Dispoñible como libro electrónico na Biblioteca da USC.
TIZARD, I.R. (2018). Inmunología Veterinaria. 10ª edición. Elsevier. Dispoñible como libro electrónico na Biblioteca da USC.
ZACHARY, J.F. (2021). Pathologic basis of Veterinary Disease. 7th ed. Ed. Elsevier-Mosby, St. Louis. Missouri, USA. Dispoñible como libro electrónico na Biblioteca da USC (ISBN: 978-0-323-35775-3).
Atlas:
KLATT, E.C. (2007). Robbins y Cotran. Atlas de anatomía Patológica. 1ª edición. Elsevier España. Madrid.
VAN DIJK, J.E., GRUYS, E., MOUWEN, J.M.V.M. (2007). Color atlas of veterinary pathology: general morphological reactions of organs and tissues. 2nd Edition. Saunders-Elsevier,Edinburgh.
Recursos en Internet:
• https://secure.vet.cornell.edu/nst/nst.asp
• http://people.upei.ca/lopez/
• http://people.upei.ca/hanna/
• http://people.upei.ca/smartinson/
• https://diogoguerra.com/resources-veterinary-pathology
• http://seapv.org/index.asp
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
COWELL, R. L. (2009) Diagnóstico citológico y hematológico del perro y el gato. Barcelona: Elsevier, Print. Dispoñible como libro electrónico na Biblioteca da USC.
DAY, M.J. & SCHULTZ, R.D. (2014). Veterinary Immunology. Principles and Practice. 2nd ed. Manson Publishing Ltd. London. UK.
DOMINGUEZ, J.C. (2011). Inspección ante mortem y post mortem en animales de producción. Patología y lesiones. Servet.
EURELL, J.A.C. (2004). Veterinary Histology. Teton New Media.
MEUTEN, D. J. (2017). Tumors in domestic animals. 5th Ed. Willey Blackwell.
SLAUSON D.O., COOPER B.J. (2002). Mechanisms of Disease. A Textbook of Comparative General Pathology 3rd edition. Ed. Mosby, St. Louis. Missouri.
THOMSON, R.G. (2001). Anatomía Patológica General Veterinaria. Acribia. Zaragoza.
Atlas:
BLOWEY, R.W., WEAVER D.A., BLOOD, D.C. (2006). Atlas a color de enfermedades y trastornos del ganado vacuno. 2nd Ed. Madrid. Elsevier.
BUERGELT, C.D.; CLARK, E. G.; DEL PIERO, F (2018). Bovine Pathology: A Text and Color Atlas. Ed. CAB
FERGUSON, H.W. (2006). Systemic pathology of fish: A text and atlas of normal tissues in teleosts and their responses in disease. 2nd Ed., Scotian Press, London, UK.
FERRER, L.M., GARCÍA DE JALÓN, J.A. & DE LAS HERAS, M. (2002). Atlas de patología ovina. Servet.
HERENDA, D. (2019). Colour Atlas of Pig Pathology and Meat Inspection. 2nd Ed. Ed. Pristine Printing
RASKIN, R. E.; & MEYER, D. (2009): Canine and Feline Cytology: A Color Atlas and Interpretation Guide. Saunders (2ª ed).
SMITH, W.J., TAYLOR, D.J. & PENNY, R.H.C. (1990). Atlas en color de patología porcina. Interamericana-McGraw-Hill.
VEGAD, J.L. (2016). A Colour Atlas of Poultry Diseases. Ed. CBS Publishers & Distributors
Recursos en Internet:
• http://www.uco.es/organiza/departamentos/anatomia-y-anat-patologica/atl…
• https://www.fmv.ulisboa.pt/atlas/atlas.htm/
• http://partnersah.vet.cornell.edu/avian-atlas/
• http://fmstream.uab.es/cr-vet/necropsiaaus.html
• http://www.cfsph.iastate.edu/Enfermedades/
• https://davisthompsonfoundation.org/
• http://cal.vet.upenn.edu/projects/pathterm2/menu.htm
• http://vetpath.wordpress.com/
• https://veterinariavirtual.uab.cat/archivopatologia/
• https://www.ncbi.nlm.nih.gov/pubmed/
Competencias Xerais
• GVUSC01. Capacidade de aprendizaxe e adaptación.
• GVUSC02. Capacidade de análise e síntese.
• GVUSC03. Coñecementos xerais sobre a área de traballo.
• GVUSC04. Planificación e xestión do traballo.
• GVUSC05. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
• GVUSC06. Capacidade de traballar de forma autónoma e en equipo.
• GVUSC09. Capacidade de comunicarse en distintos ámbitos.
• GVUSC10. Compromiso ético e asunción de responsabilidades.
Competencias específicas disciplinares (saber):
• CEDVUSC 05. Principios básicos e aplicados da resposta inmune.
• CEDVUSC 07. Coñecemento das alteracións da estrutura e función do organismo animal.
Competencias Específicas Profesionales (saber facer, competencias a día 1):
• D1VUSC 02. Recoller e remitir especímenes co seu correspondente informe.
• D1VUSC 04. Diagnosticar as enfermedades máis comúns, mediante a utilización dos protocolos e técnicas complementarias de diagnóstico.
• D1VUSC 12. Realizar a inspección dos animais ante e post mortem e dos alimentos destinados ao consumo humán.
• D1VUSC 17. Realizar informes técnicos propios das competencias veterinarias.
Competencias Específicas Académicas (querer facer):
• CEAVUSC 01. Analizar, sintetizar, resolver problemas e tomar decisións nos ámbitos profesionais do veterinario.
• CEAVUSC 02. Manter un comportamento ético no exercicio das súas responsabilidades ante a profesión veterinaria e a sociedade.
• CEAVUSC 03. Divulgar a información obtida durante o exercicio profesional do veterinario de forma fluida, oral e escrita, con outros colegas, autoridades e a sociedade en xeral.
• CEAVUSC 04. Buscar e xestionar a información relacionada coa actividade do veterinario.
• CEAVUSC 05. Coñecer e aplicar o método científico na práctica profesional incluíndo a medicina baseada na evidencia.
• CEAVUSC 06. Saber buscar asesoramento e axuda profesionais.
• CEAVUSC 08. Ser consciente da necesidade de manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes das competencias profesionais mediante un proceso de formación permanente.
Competencias transversais
• CTVUSC 01 Capacidade para o razoamento e a argumentación.
• CTVUSC 02 Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada por diversos medios, como información bibliográfica e Internet, e analizala dunha forma crítica.
• CTVUSC 03 Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
• CTVUSC 04 Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, coherente e concisa.
• CTVUSC 05 Habilidade no manexo de TICs.
• CTVUSC 06 Utilización de información en lingua extranxeira.
• CTVUSC 07 Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
Impartiranse 3 sesións expositivas semanais de Anatomía Patolóxica Xeral ó longo do segundo semestre dacordo cos horarios aprobados en Xunta de Facultade. Serán clases maxistrais co apoio das TIC e o emprego sistemático do Campus Virtual, como apoio a docencia, coa participación activa do estudantado.
As sesións interactivas incluirán unha práctica de encerado (APX PE), 5 seminarios (APX S1-S5), unha práctica de observación de lesións macroscópicas de pezas de matadoiro (APX C1), 5 prácticas de histopatoloxía básica programadas (APX C2-C6) e unha titoría (APX T).
Polo tanto, cada estudante debe realizar 6 grupos de prácticas diferentes correspondentes a sesións de 3 horas cada unha:
. 1ª Pezas de matadoiro -APX C1- (3 horas): Realizaranse na Sala de Necropsias (Pavillón 3) e o estudantado deberá ir provisto obrigatoriamente de luvas fortes de látex. Nesta sesión traballaremos con pezas frescas de matadoiro decomisadas. Poñerase especial énfase na mellora das destrezas na descrición das lesións macroscópicas observadas e na elaboración do correspondente informe anatomopatolóxico. Os informes presentaranse de forma oral e escrita e discutiranse coa profesora, facilitando a intervención do resto dos estudantes. A entrega do informe da práctica C1 será no prazo de 3 días lectivos desde a realización da práctica.
. 2ª: Distrofias/disciclias -APX C2- (3 horas)
. 3ª: Inflamacións I -APX C3- (3 horas)
. 4ª: Inflamacións II -APX C4- (3 horas)
. 5ª: Neoplasias-APX C5- (3 horas)
. 6ª: “Casos misteriosos” -APX C6- (3 horas)
Estes 5 grupos de prácticas de Histopatoloxía clínica (2ª a 6ª) terán lugar na Sala de Microscopía Óptica (Pavillón 3). Nestas 5 sesións ilustraranse e completaranse os contidos teóricos da materia, por o que é aconsellable que teñan estudado os conceptos básicos relacionados coa práctica. Para iso utilizaranse casos clínico-patolóxicos reais, a través dos cales poderán adquirir un coñecemento claro dos grandes grupos de lesións e dos caracteres morfolóxicos que serven para a súa identificación e diferenciación, utilizando a terminoloxía adecuada para describir e a linguaxe propia da histopatoloxía. Na sesión “Casos misteriosos” traballarase con citoloxías e correlacionaranse coas súas correspondentes preparacións histopatolóxicas para a adquisición das competencias básicas para o diagnóstico citolóxico clínico.
Ademáis realizarase unha práctica de encerado (APX PE) onde abordaremos os principais métodos de diagnóstico utilizados en Anatomía Patolóxica.
Nos 5 seminarios (APX S1, S2, S3, S4 e S5) traballarase a descripción das lesións e a resolución de casos clínicos relacionados coa materia impartida ata ese intre.
A titoría (APX T) empregarase para a resolución das dúbidas que o estudante poda ter sobre a materia, así como para a valoración de como foi o curso. Realizarase na Sala de Microscopía Óptica (Pavillón 3).
Tódalas tarefas dos estudantes (estudo, traballos, lecturas…) serán orientadas e supervisadas polo persoal académico nas sesións de titoría presencial ou telemática.
Cada estudante debe apuntarse, segundo a súa conveniencia, nos cuadrantes que se colocarán na plataforma virtual da USC.
Na Aula Virtual e á entrada da sala de prácticas, figuran as normas básicas de bioseguridade que o alumnado debe cumprir no recinto; calquera dúbida ó respecto será resolta polo profesorado.
Para o estudo autónomo, cada estudante deberá empregar a bibliografía recomendada e calquera outro material recopilado durante as clases maxistrais e as sesións prácticas.
A avaliación do estudantado incluirá a avaliación continua e a avaliación final dos coñecementos teórico-prácticos.
-A avaliación continua que suporá o 50% da cualificación final constará de 2 partes:
1.- Avaliación continuada durante as sesión expositivas e seminarios (20% da cualificación final): recollerá o traballo persoal do estudante mediante a realización de exercicios escritos –presenciais ou telemáticos-, participación activa na aula, traballos propostos a través do campus virtual da USC. Na súa maioría realizaranse dentro do horario da actividade docente. Poderase propoñer algunha proba asíncrona a través do campus virtual, uhna vez finalizada a correspondente parte teórica, pero cun periodo de entrega amplo.
2.- Avaliación continuada das prácticas: Durante o desenvolvemento das prácticas, realizarase de forma continuada mediante un sistema de rúbrica (30% da cualificación final) a actitude, aptitude, participación activa e a aprendizaxe do estudante ó longo das 6 sesións interactivas programadas de Anatomía Patolóxica Xeral. Importante: Mínimo obrigatorio 5/10 (ou 1,5/3).
A asistencia ás sesións prácticas e seminarios programados será obrigatoria e a súa avaliación será continuada, polo que non procede a dispensa de asistencia ás mesmas.
-A avaliación final dos coñecementos teórico-prácticos suporá un 50% da cualificación final e constará dunha proba teórico-práctica final presencial que consistirá na resposta a preguntas que se realicen sobre o temario e o desenvolvememto das sesións expositivas mediante o sistema de formularios tipo test, de preguntas curtas, e/ou de ensaio, empregando (cando así estea indicado) os adecuados soportes gráficos. Ademais, na proba escrita incluiranse cuestións acerca dos casos clínicos das sesións interactivas. O exame final será obrigatorio e complementario á avaliación continua. É necesario obter un mínimo de 5 puntos (sobre 10) para procedera calcular a nota media final. Nese caso, sumarase a nota da avaliación continua. Se non se aproba o exame final, a nota que se aplicará será a obtidaneste exame, relativizada a dez e non se fará sumatorio coas outras cualificacións (avaliación continua).
NOTA FINAL= (Nota de avaliación de coñecementos teórico-prácticos x 0,5) + (Nota de avaliación continua x 0,5)
A asistencia ás sesións interactivas é OBRIGATORIA e a avaliación será continuada, polo que non procede a dispensa de asistencia ás mesmas. Os/as estudantes que repitan a materia por primeira vez poderán conservar, unicamente durante este curso. a nota de avaliación continua (das prácticas e das sesións expositivas e seminarios) do curso anterior.
No caso de plaxio, fraude ou uso indebido das tecnoloxías durante a realización das diferentes probas e/ou exercicios será de aplicación o recollido no artigo 16 da “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
TRABALLO PRESENCIAL:
Sesións expositivas: 35 horas
Prácticas de encerado: 1 hora
Seminarios: 5 horas
Prácticas clínicas: 18 horas
Titoría: 1 hora
Total horas de traballo presencial: 60 horas
TRABALLO PERSOAL:
Estudo individual: 63 horas
Revisión bibliográfica: 4 horas
Resolución de casos: 18 horas
Outras tarefas propostas polo profesor: 3 horas
Realización de exames: 2 horas
Total horas de traballo persoal do estudante: 90 horas
Total horas traballo estudante: 150 horas.
- Na materia Anatomía Patolóxica Xeral Veterinaria empregamos de maneira regular o campus virtual da USC por o que recomendamos que os estudantes matriculados estén pendentes das modificacións que se produzan no mesmo.
- Asistencia regular ás sesións expositivas e interactivas e ás titorías.
- Utilización do material aportado por o profesorado como guía de estudo.
- Emprego das fontes bibliográficas recomendadas: libros de texto, atlas de imaxes, páxinas Web, artigos científicos…
Asimesmo, de forma xeral recoméndase a utilización daquela bibliografía de acceso electrónico dispoñible na Biblioteca da USC: “A BUSC EN LIÑA” https://busconline.gal.
Ademáis, é posible realizar búsquedas de revistas científicas e libros electrónicos, utilizando as credenciais da USC, a través de Pórtico (http://sfx.bugalicia.org/san/az) e EZproxy (https://www.usc.gal/gl/servizos/biblioteca/utilidades/ezproxy.html), xestionados por BUGalicia.
Para temas concretos, os profesores facilitarán artículos de acceso aberto e/ou recomendarán a búsqueda a través de PubMed ou Google Schoolar entre outros.
Maria Isabel Quiroga Berdeal
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Ciencias Clínicas Veterinarias
- Correo electrónico
- misabel.quiroga [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Sonia Vázquez Rodríguez
Coordinador/a- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Ciencias Clínicas Veterinarias
- Correo electrónico
- sonia.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Ana Maria Bravo Moral
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Ciencias Clínicas Veterinarias
- Correo electrónico
- ana.bravo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
María Victoria Valiño Cultelli
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Ciencias Clínicas Veterinarias
- Correo electrónico
- victoria.cultelli [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución IT e outros
Nerea Gandoy Fieiras
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Ciencias Clínicas Veterinarias
- Correo electrónico
- nerea.gandoy [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral USC_Campus Terra
Martes | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 2 |
Venres | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 2 |
26.05.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
26.05.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
26.05.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
27.06.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
27.06.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |