Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Física Aplicada, Química Física, Botánica, Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
Áreas: Física Aplicada, Química Física, Botánica, Zooloxía
Centro Facultade de Veterinaria
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Coñecemento básico da morfoloxía, bionomía e sistemática de animais e plantas de interese veterinario. Coñecemento dos procesos químicos básicos, así como das bases físicas dos procesos biolóxicos e as súas aplicacións nas ciencias veterinarias.
CcFf. ZOOLOXÍA
Clases expositivas:
1. - Conceptos xerais.
Morfoloxía, bionomía e sistemática dos animais de interese veterinario. Filoxenia, sistemática e concepto de especie. Reino Animalia. Modelos de organización. Tipos de simetría e cavidades corporais. (CcFf- Zooloxía. Expositiva: 3:30 h).
2. – Diversidade animal. Estudo dos taxons máis relevantes.
Deseño corporal e funcións básicas de Esponxas, Cnidarios ( medusas, anemones e corais), Platihelmintos ( planarias, doias e tenias), Nematodos, Anélidos (miñocas de terra, sambesuga e poliquetos), Artrópodos (crustáceos, arácnidos e insectos), Moluscos (caracois, bivalvos e cefalópodos), Cordados (peixes, anfibios, réptiles, aves e mamíferos). (CcFf-Zooloxía. Expositiva: 4:30 h).
Clases interactivas:
Clase de Titoría: Introdución á práctica 1 e normas do laboratorio (CcFf- Zooloxía T1: 30 min).
Prácticas de laboratorio (LB):
1. - Observación de Protozoos e animais de charcas de auga doce. (CcFf- Zooloxía LB1: 1:30 h).
2. - Disección do Mexillón (Mytilus galloprovincialis). (CcFf- Zooloxía LB2: 1:30 h).
3. - Disección da Miñoca de terra (Eisenia andrei). (CcFf- Zooloxía LB3: 1:30 h).
4. - Disección da Cigala (Nephrops norvegicus). (CcFf- Zooloxía LB4: 1:30 h).
5. - Disección da Abella do mel (Apis mellifera). (CcFf- Zooloxía LB5: 1:30 h).
6. - Disección da Troita arcoiris (Oncorhynchus mykiss). (CcFf- Zooloxía LB6: 1:30 h).
CcFf. BOTÁNICA
Clases expositivas:
1. Conceptos xerais.
Principais grupos de organismos. Dominios e Reinos: Protistas, Fungos e Plantas. Características xerais e clasificación. (CcFf-Botánica. Expositiva: 3 h).
2. Diversidade das plantas.
Morfoloxía externa e bioloxía reprodutiva das plantas: Plantas sen sementes. Plantas con sementes: Gimnospermas e Angiospermas, características xerais e clasificación, estudo dos taxons de interese veterinario. (CcFf-Botánica. Expositiva: 3 h).
Clases interactivas:
Clase de Titoría (T): Introdución á práctica 1: Normas de Laboratorio. Realización do Traballo da parte de Botánica: Temas e normas: organización do contido, avaliación (CcFf-Botánica T1: 30 min).
Prácticas de laboratorio (LB):
1. Plantas: Estudo da morfoloxía externa. Organización e estruturas reprodutoras (CcFf-Botánica LB1: 2 h).
2. Plantas. Anxiospermas Dicotiledóneas (Fabáceas e Asteráceas) (CcFf-Botánica LB2: 2 h).
3. Plantas. Anxiospermas Monocotiledóneas (Poáceas) (CcFf-Botánica LB3: 2 h).
CcFf. QUÍMICA
Clases expositivas:
Tema 1. Estrutura das moléculas orgánicas e forzas intermoleculares.
Electronegatividade. Conceptos básicos sobre a ligazón química. Ligazón covalente. Xeometría molecular. Hibridación de orbitais atómicos. Polaridade de ligazóns e de moléculas. Clases de compostos orgánicos segundo os grupos funcionais. Forzas intermoleculares. (CcFf-Química. Expositiva: 2.5 h).
Tema 2. Equilibrio acedo-base e redox.
Acedos e bases. Pares conxugados acedo-base. Equilibrio de autoionizazón e produto iónico da auga. Constante de acidez e basicidade. Fortaleza dos acedos e das bases. Concepto de pH. Cálculo do pH de disolucións de acedos e bases. Grao de disociación. Propiedades acedo-base dos sales. Efecto do ión común en reaccións acedo-base. Disolucións reguladoras de pH. Oxidantes e reductores. Potenciales de electrodo. (CcFf-Química. Expositiva: 3.5 h).
Clases interactivas:
Prácticas de encerado (PE): Clases prácticas dedicadas á resolución de exercicios e problemas (CcFf-Química PE1: Tema 1, 1 h; Tema 2, 2 h)
Clase de Titoría (T): Dedicarase á aclaración de dúbidas relacionadas cos boletíns de problemas. (CcFf-Química T1: 30 min).
Prácticas de Laboratorio (dúas sesións de prácticas, 6 h en total): Nas Prácticas desenvolveranse actividades prácticas, experimentais e de control orientadas á aplicación, consolidación e avaliación da aprendizaxe dos contidos explicados e traballados no programa teórico.
Programa de Prácticas (LB):
Práctica 1. Operacións de laboratorio: Pesada e balanzas. Material volumétrico. Preparación de disolucións. Medida do pH. Indicadores e papel indicador. (CcFf-Química LB1: 3 h).
Práctica 2. Preparación de disolucións reguladoras. Comprobación da súa capacidade de regulación do pH (CcFf-Química LB2: 3 h).
CcFf. FÍSICA
Clases expositivas:
Nocións de Biomecánica. (CcFf-Física Expositiva: 2 h)
Bases físicas do funcionamento do sistema circulatorio nos mamíferos. (CcFf-Física Expositiva: 2 h)
Nocións de Biocalorimetría. Metabolismo animal. (CcFf-Física Expositiva: 2 h)
Clases interactivas:
Clase de Titoría (T): Dedicarase a consolidar coñecementos sobre os conceptos analizados nas clases expositivas, en base ás preguntas que expoña o alumnado. (CcFf-Física T1: 30 min).
Seminario (S): Utilizarase para analizar casos prácticos complementarios aos expostos durante as clases expositivas. (CcFf-Física S1: 1 h).
Prácticas de laboratorio (LB): Cada grupo terá unha sesión introdutoria de 1 hora de duración. Despois deberán realizar tres prácticas das seis organizadas de que dispoñerán:
Práctica 1.- Centro de gravidade dun animal. Distribución de carga en patas dianteiras e traseiras (CcFf-Física LB: 2 h).
Práctica 2.- Métodos de determinación de densidades (CcFf-Física LB: 2 h).
Práctica 3.- Uso de manómetros e efecto Venturi (CcFf-Física LB: 2 h).
Práctica 4.- Viscosidade dun alimento líquido e control de calidade (CcFf-Física LB: 2 h).
Práctica 5.- Calorimetría, calor específica de líquidos e sólidos (CcFf-Física LB: 2 h).
Práctica 6.- Circuítos de corrente continua. Manexo do polímetro (CcFf-Física LB: 2 h).
(dependendo da dispoñibilidade de material, poden realizarse cambios nestes contidos).
CcFf- ZOOLOGÍA
Básica:
- HICKMAN C.P., ROBERTS, L.S. & HICKMAN, F.M. Principios integrales de Zoología. Interamericana, Madrid, 18ª ed., 924 pp., 2021.
Complementaria:
- BARNES, R.D. Zoología de los Invertebrados. Interamericana, 4ª ed., México, 1157 pp. 1996.
- DE LA FUENTE, J.A. Zoología de Artrópodos. Interamericana McGraw Hill, México, 805 pp., 1994.
- McGAVIN, G.C. Entomología esencial. Ariel, Barcelona, 350 pp., 2002.
- SOLOMON, E.P., BERG, L.R., MARTIN, D.W. & VILLEE, C. Biología de Villée. Interamericana McGraw Hill, 8ª ed., México, 1193 pp., 2008.
- TELLERÍA, J.L., Zoología evolutiva de los Vertebrados. Síntesis, Madrid, 1988.
- YOUNG, J.Z., La vida de los Vertebrados. Omega, Barcelona, 660 pp. 1985.
CcFf- BOTÁNICA
- CURTIS, H., BARNES, N. S. Biología. 7ª ed. Ed. Panamericana. Buenos Aires. 1010 pp. 2008.
- DÍAZ VIZCAÍNO, E.A. 2011. Morfoloxía e bioloxía reprodutiva das plantas. Unidade Didáctica 4. Universidade de Santiago de Compostela. Disponible en:
http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/snl/dinamizacion/des…
- IZCO, J., BARRENO, E., BRUGUÉS, M., COSTA, M., DEVESA, J.A., FERNÁNDEZ, F., GALLARDO, T., LLIMONA, X., PRADA, C., TALAVERA, S., VALDÉS, B. Botánica. McGraw Hill Interamericana, Madrid, 781 pp. 2004.
- NABORS, M. W. Introducción a la Botánica. Pearson Educación. Madrid. 712 pp. 2006.
- PURVES, W.K., SADAVA, D., ORIANS, G.H., HELLER, C. H. Vida. La ciencia de la Biología, 6ª ed. Panamericana. Buenos Aires. 1133 pp. 2005.
- RAVEN, P.H., EVERT, R.F. & EICHCHORN, E.E. Biología de las plantas, 2 tomos. Reverté, Barcelona, 1991.
- SOLOMON, E.P., BERG, L.R., MARTIN, D.W. & VILLEE, C. Biología. Interamericana McGraw Hill, 8ª ed., México, 1193 pp., 2008.
- STRASBURGER, E. e col. Tratado de Botánica. 9ª ed. Omega. Barcelona. 2004.
Prácticas:
-AIRA, M.J, VÁZQUEZ, R.A., IZCO, J. (Eds.). Manual de prácticas de Botánica. Laboratorio y campo. Servizo de Publicacións e intercambio científico. Universidade de Santiago de Compostela, 385p. 2014.
- AIZPURU, I., ASEGINOLAZA, C., URIBE-ECHEBERRÍA, P.M., URRUTIA, P. , ZORRAKIN, I. Claves ilustradas de la Flora del País Vasco y territorios limítrofes. Servicio Central de Publicaciones del Gobierno Vasco. Vitoria, 830p. 1999.
CcFf- QUÍMICA
Básica:
- R. Chang, K. A. Goldsby, “Química”, 11a Ed., México, McGraw-Hill, 2013.
Complementaria:
- R. H. Petrucci, W. S. Harwood, G. F. Herring, “Química General”, Madrid, Pearson Educación, 2007
CcFf- FÍSICA
Básica:
- CROMER, A.H. Física para las Ciencias de la Vida. Ed. Reverté, 2007.
- ORTUÑO ORTÍN, M. Física para Biología, Medicina, Veterinaria y Farmacia. Ed. Crítica, 1996
- KANE, J.W.; STERNHEIM, M.M. Física. Ed Reverté, 2007.
Complementaria:
- GIANCOLI, D.C. Física. Principios y Aplicaciones. Ed Prentice Hall Mexico, 2007.- HEWITT, P.H. Física Conceptual. Pearson. Addison Wesley, 2004.
- McDONALD, S.C.G.; BURNS, D.M. Física para las Ciencias de la Vida y de la Salud. Fondo Educativo Iberoamericano, 1989.
- STROTHER, G.K. Física Aplicada a las Ciencias de la Salud. Ed McGraw-Hill, 1981.
XERAIS PARA A MATERIA
Competencias xerais:
• GVUSC01. Capacidade de aprendizaxe e adaptación.
• GVUSC02. Capacidade de análise e síntese.
• GVUSC03. Coñecementos xerais sobre o área de traballo.
• GVUSC04. Planificación e xestión do traballo.
• GVUSC05. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
• GVUSC06. Capacidade de traballar de forma autónoma e en equipo.
Competencias específicas disciplinares (saber):
• CEDVUSC 01. Coñecemento xenérico dos animais, do seu comportamento e as bases da súa identificación.
• CEDVUSC 02. Estrutura e función dos animais sans.
• CEDVUSC 04. Bases físicas, químicas e moleculares dos principais procesos que teñen lugar no organismo animal.
Competencias específicas profesionais (saber facer):
• D1VUSC 03. Realizar técnicas analíticas básicas e interpretar resultados clínicos, biolóxicos e químicos.
• D1VUSC 16. Aplicar os métodos de identificación individual dos animais.
Competencias específicas académicas (querer facer):
• CEAVUSC 08. Ser consciente da necesidade de manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes das competencias profesionais mediante un proceso de formación permanente.
Competencias transversais:
• CTVUSC 01. Capacidade para o razoamento e a argumentación.
• CTVUSC 02. Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada por diversos medios, como
información bibliográfica e Internet, e analizala dunha forma crítica.
• CTVUSC 03. Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
• CTVUSC 05. Habilidade no manexo das TICs.
• CTVUSC 06. Utilización de información en lingua estranxeira.
• CTVUSC 07. Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
As clases impartiranse de maneira presencial e nelas explicaranse os contidos establecidos no programa da materia con axuda do encerado e os medios audiovisuais que se consideren oportunos.
As prácticas de laboratorio servirán para ilustrar os contidos teóricos da materia e estarán orientadas fundamentalmente a que o estudante adquira habilidades e experiencia práctica.
As prácticas de laboratorio ( LB) de CcFf- Zooloxía realizaranse no laboratorio de prácticas do Departamento de Zooloxía (Pavillón 3, 1º piso baixo). Facultade de Veterinaria.
As prácticas de laboratorio (LB) de CcFf-Botánica realizaranse nos laboratorios de prácticas de Botánica (Pavillón 4, planta 2ª (4D 214, local 77) e 3ª inferior, (4D 311, local 113)). Facultade de Veterinaria.
As prácticas de laboratorio (LB) de CcFf-Química impártense nos laboratorios da Facultade de Ciencias. (O número do laboratorio está por determinar).
As prácticas de laboratorio (LB) de CcFf-Física realizaranse no Laboratorio de prácticas de Física Aplicada da Facultade de Ciencias.
No conxunto de prácticas realizarase a observación, descrición e identificación de especies de animais e plantas; así como ensaios para a obtención de variables químicas e físicas; todas elas requieren do manexo de instrumental e equipamento de laboratorio, para a habilidade relacionada co obxectivo de aprendizaxe da competencia 2 a día 1 da Federación de Veterinarios Europeos “Entender os métodos de investigación científica, a contribución da investigación básica e aplicada á ciencia e a aplicación do principio das 3R (substitución, redución, refinamento)”.
Todas as tarefas do estudante (estudo, traballos, lecturas) serán orientadas polo persoal académico en titorías que poderán ser de tipo presencial ou realizarse a través dos medios da USC-virtual.
En todos os casos, utilizaranse as ferramentas dispoñibles na USC-virtual para facilitar aos alumnos do material necesario para o desenvolvemento da materia (presentacións, apuntamentos, textos de apoio, bibliografía, vídeos, etc.) e para establecer unha comunicación fluída profesor-alumno.
A materia divídese en catro disciplinas (Física, Química, Botánica e Zooloxía), cada unha dos cales presenta contidos teóricos e prácticos. A nota final da materia será a media das obtidas nas catro disciplinas, sempre que en cada unha delas obtéñase como mínimo un 4, sobre un máximo de 10 puntos. En caso contrario, a nota final será inferior a un 4.
A avaliación de cada disciplina farase a partir dos seguintes elementos:
- Un exame final presencial que consistirá nunha proba escrita con cuestións teóricas (en Zooloxía e en Botánica) e teórico-prácticas (en Física e en Química). Ese exame supoñerá na nota un máximo de 6 puntos sobre 10.
- Avaliación continua, que se desagrega como segue:
Á asistencia e aproveitamento das Prácticas de Laboratorio (de realización obrigatoria) corresponderalle un máximo de 1.5 puntos sobre 10.
Os restantes 2.5 puntos sobre 10 corresponderán á asistencia a clase, participación e aproveitamento das actividades lectivas, e á avaliación dos seguintes traballos e cuestionarios:
- CcFf-Zooloxía: seis cuestionarios, a realizar na aula Virtual, fora do horario de clase e de modo asincrónico, sobre os contidos das prácticas. O prazo para a súa realización iniciarase tras a finalización de cada práctica e a súa duración será de 15 min cada un.
- CcFf- Botánica: Presentación dun traballo (10%). A realizar nos primeiros 30-45 días do curso. Presentación dun Informe-cuestionario (9%). Elabórase e entrega en cada sesión práctica. Cuestionario sobre teoría, preparatorio do exame (6%). A realizar fora do horario de clase e de xeito asincrónico, na primeira quincena de decembro.
- CcFf-Química: dous cuestionarios telemáticos, un correspondente a cada tema desta materia, a realizar na aula Virtual da materia, fora do horario de clase e de modo asincrónico. Estes cuestionarios terán unha duración de entre 45 e 60 minutos, e aplicaranse aproximadamente dúas semanas despois de terminar de impartir a materia (teoría, exercicios e problemas) correspondente a CcFf-Química.
- CcFf- Física: ao finalizar as clases, deberán presentar un “traballo de clase”, que consistirá na resolución completa dos casos prácticos que se expuxeron nas clases expositivas. Poderá complementarse a avaliación continua con algún cuestionario en liña antes do exame, a realizar fora do horario de clase e de modo asincrónico.
No conxunto de prácticas, a realización e a presentación dos cuestionarios e informes serán avaliados, seguindo os criterios anteriormente explicados e dispoñibles no campus virtual, para a superación das prácticas. A superación destas actvidades será imprescindible para aprobar a materia. No caso de ser superadas terán un valor de ata o 40% da avaliación final da materia.
No caso de suspenso, poderase, nunha titoría baixo solicitude, realizar unha revisión do traballo realizado e presentar de novo os informes antes de 15 días do exame da convocatoria e futuras convocatorias durante os seguintes cinco cursos. Para os/as alumnos/as que haxan superado a actvidade nos cinco cursos anteriores manteráselles a cualificación do seu momento. Para garantir a contribución á competencia 2, non se admite dispensa a estas prácticas.
No conxunto de prácticas, a realización e a presentación dos cuestionarios e informes serán avaliados, seguindo os criterios anteriormente explicados e dispoñibles no campus virtual, para a superación das prácticas. A superación destas actvidades será imprescindible para aprobar a materia. No caso de ser superadas terán un valor de ata o 40% da avaliación final da materia.
No caso de suspenso, poderase, nunha titoría baixo solicitude, realizar unha revisión do traballo realizado e presentar de novo os informes antes de 15 días do exame da convocatoria e futuras convocatorias durante os seguintes cinco cursos. Para os/as alumnos/as que haxan superado a actvidade nos cinco cursos anteriores manteráselles a cualificación do seu momento. Para garantir a contribución á competencia 2, non se admite dispensa a estas prácticas.
A nota de cada disciplina = Nota exame final sobre 10 · 0.6 + Nota prácticas sobre 10 · 0.15 + Nota do resto da avaliación continua sobre 10 · 0.25.
Para que se aplique esa fórmula será necesaria unha nota mínima de 4 sobre 10 puntos no exame final e na nota de prácticas das catro disciplinas. En caso contrario, a cualificación da disciplina afectada será = 0.6 · nota exame final sobre 10. Se este valor fose igual ou superior a 4, a cualificación da disciplina sería 3.9.
Aos alumnos repetidores preservaráselles a cualificación das disciplinas aprobadas durante os cinco cursos de duración do Grado.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recolleito na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
En base á Instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral nesta materia non se concede dispensa, por ser necesaria a asistencia a tódalas actividades de xeito presencial.
Tratase dunha materia de 6 créditos, polo que o traballo máximo do alumno non lle debe ocupar mais de 150 horas totais.
Traballo presencial na aula:
- Clase Expositiva: 26 h.
- Prácticas de laboratorio (LB): 28 h
- Prácticas de encerado (PE): 3h
- Seminario (S): 1 h
- Titorías de grupo (T): 2 h
Total traballo presencial= 60 horas
Traballo persoal do estudante:
- Estudo individual: 42 h.
- Elaboración de memoria das prácticas: 2h.
- Elaboración de traballos e cuestionarios: 12 h
- Revisión bibliográfica: 6 h.
- Asistencias a charlas e outras actividades recomendadas: 3 h.
- Resolución de problemas: 12,5 h.
- Presentacións orais 2 h
- Realización de exames: 10,5 h
Total horas traballo persoal do estudante= 90 h
Total horas: 150 h
Recoméndase revisar e actualizar os coñecementos de Bioloxía, Matemáticas, Física e Química adquiridos nos estudios de E.S.O. e Bacharelato.
Maria Celia Besteiro Rodriguez
- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Zooloxía
- Teléfono
- 982822309
- Correo electrónico
- celia.besteiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Teresa Cornide Paz
- Departamento
- Botánica
- Área
- Botánica
- Correo electrónico
- teresa.cornide [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Escola Universitaria
Jose Antonio Rodriguez Añon
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Física Aplicada
- Teléfono
- 881814005
- Correo electrónico
- ja.rodriguez.anon [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Jorge Proupin Castiñeiras
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Física Aplicada
- Correo electrónico
- xurxo.proupin [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Eugenio Anselmo Rodriguez Nuñez
Coordinador/a- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Física Aplicada
- Correo electrónico
- eugenio.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Elvira Antonia Diaz Vizcaino
- Departamento
- Botánica
- Área
- Botánica
- Correo electrónico
- elvira.diaz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Francisco Angel Meijide Del Rio
- Departamento
- Química Física
- Área
- Química Física
- Teléfono
- 982824083
- Correo electrónico
- francisco.meijide [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Adolfo Manuel Outeiro Rodriguez
- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Zooloxía
- Correo electrónico
- adolfo.outeiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Paz Ondina Navarret
- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Zooloxía
- Correo electrónico
- mapaz.ondina [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Jorge Antonio Carrazana Garcia
- Departamento
- Química Física
- Área
- Química Física
- Teléfono
- 982824132
- Correo electrónico
- jorge.carrazana [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Catarina Varela Dopico
- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Zooloxía
- Correo electrónico
- catarina.varela [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral en Formación
Daniel Irimia Yáñez
- Departamento
- Botánica
- Área
- Botánica
- Correo electrónico
- daniel.irimia.yanez [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Ángel Vidal Vidal
- Departamento
- Química Física
- Área
- Química Física
- Correo electrónico
- angel.vidal.vidal [at] usc.es
- Categoría
- Posdoutoral_outros
Luns | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /TI-ECTS06 | Galego, Castelán | Aula 3 |
13:00-14:00 | Grupo /TI-ECTS10 | Castelán, Galego | Aula 3 |
13:00-14:00 | Grupo /TI-ECTS11 | Galego, Castelán | Aula 3 |
13:00-14:00 | Grupo /TI-ECTS08 | Castelán, Galego | Aula 3 |
13:00-14:00 | Grupo /TI-ECTS09 | Galego, Castelán | Aula 3 |
13:00-14:00 | Grupo /TI-ECTS01 | Galego, Castelán | Aula 3 |
13:00-14:00 | Grupo /TI-ECTS13 | Castelán, Galego | Aula 3 |
13:00-14:00 | Grupo /TI-ECTS03 | Castelán, Galego | Aula 3 |
13:00-14:00 | Grupo /TI-ECTS14 | Galego, Castelán | Aula 3 |
13:00-14:00 | Grupo /TI-ECTS04 | Galego, Castelán | Aula 3 |
13:00-14:00 | Grupo /TI-ECTS07 | Galego, Castelán | Aula 3 |
13:00-14:00 | Grupo /TI-ECTS12 | Galego, Castelán | Aula 3 |
13:00-14:00 | Grupo /TI-ECTS02 | Galego, Castelán | Aula 3 |
13:00-14:00 | Grupo /TI-ECTS05 | Galego, Castelán | Aula 3 |
Martes | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 3 |
11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 3 |
Mércores | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | Aula 3 |
Xoves | |||
13:00-14:00 | Grupo /TI-ECTS06 | Castelán, Galego | Aula 3 |
13:00-14:00 | Grupo /TI-ECTS07 | Galego, Castelán | Aula 3 |
13:00-14:00 | Grupo /TI-ECTS11 | Castelán, Galego | Aula 3 |
13:00-14:00 | Grupo /TI-ECTS01 | Castelán, Galego | Aula 3 |
13:00-14:00 | Grupo /TI-ECTS12 | Galego, Castelán | Aula 3 |
13:00-14:00 | Grupo /TI-ECTS02 | Galego, Castelán | Aula 3 |
13:00-14:00 | Grupo /TI-ECTS14 | Castelán, Galego | Aula 3 |
13:00-14:00 | Grupo /TI-ECTS04 | Castelán, Galego | Aula 3 |
13:00-14:00 | Grupo /TI-ECTS05 | Galego, Castelán | Aula 3 |
13:00-14:00 | Grupo /TI-ECTS09 | Castelán, Galego | Aula 3 |
13:00-14:00 | Grupo /TI-ECTS10 | Galego, Castelán | Aula 3 |
13:00-14:00 | Grupo /TI-ECTS08 | Galego, Castelán | Aula 3 |
13:00-14:00 | Grupo /TI-ECTS13 | Galego, Castelán | Aula 3 |
13:00-14:00 | Grupo /TI-ECTS03 | Galego, Castelán | Aula 3 |
Venres | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | Aula 3 |
08.01.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
08.01.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
08.01.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
30.06.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
30.06.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |