Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Clínicos EEES: 6 Total: 118.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
Áreas: Produción Animal
Centro Facultade de Veterinaria
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A Mellora Xenética é a aplicación da ciencia xenética aos rendementos dos animais domésticos. O estudante de Veterinaria debe adquirir coñecementos sobre:
- A natureza xenética dos caracteres de importancia económica, ademais da definición dun obxectivo de selección que tenderá a maximizar a rendibilidade económica mediante a contribución ao incremento da eficiencia produtiva. Un dos primeiros pasos dentro da organización dun programa de mellora xenética debe ser a toma de datos necesarios para alcanzar os obxectivos programados e coñecer os parámetros xenéticos de interese da poboación que se deben mellorar.
- A predición do valor xenético dun individuo a partir dos seus datos ou dos seus parentes. A finalidade da valoración xenética será a de identificar os mellores animais, portadores dunha combinación de xenes apropiada que se espera que transmitirán aos seus descendentes.
- A definición do esquema de selección que pretenderá a difusión dos mellores animais en toda a poboación mediante o uso de novas tecnoloxías reprodutivas.
- A base xenética da resistencia as enfermidades.
- A implicación da mellora xenética no benestar e a saúde dos animais.
- A conservación de recursos xenéticos animais coñecendo as motivacións xenético-produtivas, científicas e culturais que a xustifican.
PROGRAMA TEÓRICO:
TEMA 1.- INTRODUCIÓN. 1h.
TEMA 2.- ESTIMACIÓN DE PARÁMETROS XENÉTICOS. 2h.
TEMA 3.- RESISTENCIA A ENFERMIDADES. 2h.
TEMA 4.- CONTROL XENÉTICO E AMBIENTAL DAS ENFERMIDADES HEREDITARIAS. 1h.
TEMA 5.- MARCADORES XENÉTICOS MOLECULARES. 1h.
TEMA 6.- BIOTECNOLOXÍA E MELLORA XENÉTICA ANIMAL: SELECCIÓN XENÓMICA. 2h.
TEMA 7.- MELLORA XENÉTICA EN GANDO VACÚN DE LEITE. 3h.
TEMA 8.- MELLORA XENÉTICA EN GANDO VACÚN DE CARNE. 2h.
TEMA 9.- MELLORA XENÉTICA EN GANDO OVINO E CAPRINO. 2h.
TEMA 10.- MELLORA XENÉTICA EN GANDO PORCINO. 3h.
TEMA 11.- MELLORA XENÉTICA DE AVES. 2h.
TEMA 12.- MELLORA XENÉTICA DE COELLOS. 1h.
TEMA 13.- MELLORA XENÉTICA EN ACUICULTURA 1h.
TEMA 14.- A CONSERVACIÓN DE RECURSOS XENÉTICOS 1h.
TEMA 15.- IMPLICACIÓNS DA MELLORA XENÉTICA NO BENESTAR E SAÚDE DOS ANIMAIS 2h.
PROGRAMA DE PRÁCTICAS:
PRÁCTICA 1: CSA LB1
Supostos prácticos sobre o control da consanguinidade. Introdución ao BLUP e a súa utilización para predicir valores xenéticos. 4h. Aula de informática.
PRÁCTICA 2: CSA LB2.
Interpretación de cartas xenealóxicas e catálogos de sementais.
Búsqueda e interpretación de información sobre valores xenéticos e índices de selección multicarácter. 4h. Aula de informática.
PRÁCTICA 3: CSA LB3
Programas de apareamento. 4 h. Aula de informática.
PRÁCTICA 4: CSA LB4
Mellora xenética en avicultura. 4h. Aula de informática e Laboratorio da Área de Produción Animal.
PRÁCTICA 5: CSA C1
Cualificación morfolóxica, toma de datos para as avaliacións xenéticas. 4h. Práctica a desenvolver na Granxa Campus Terra
PRÁCTICA 6: CSA C2
Probas de testaxe de sementais bovinos de aptitude láctea e cárnica. Visita ao Centro de Testaxe e Laboratorio de Xenética molecular. Visita a una granxa de reprodutoras pesadas 6h. Práctica a desenvolver en Xenética Fontao S.A.e nunha granxa de reprodutoras.
Básica
BLASCO, A. 2021. "Mejora genética animal". Ed. Síntesis. SA.
CABALLERO-RÚA, A.2017. “Genética cuantitativa”. Ed.Síntesis SA.
CONAFE. Confederación nacional de frisona española.
https://www.conafe.com/
http://sinbad.conafe.com/IndicesGen/Docs/evaluaciones_Metodologia_y_req…
http://sinbad.conafe.com/IndicesGen/Docs/evaluaciones_Metodologia_Genom…
ICAR (International Committee for Animal Recording) www.icar.org
FALCONER, D.S. y T.F.C. MACKAY. 2001. “Introducción a la Genética Cuantitativa”. Ed. Acribia.
LOPOLD R. 2009. “Animal genetics (Animal Science, Issues and Professions)”. Nova Science Pub.
NICHOLAS, F.W. 2010. “Introduction to veterinary genetics”. Ed. Wiley-Blackwell
OLDENBROEK, K; WAAIJ, L. 2014. "Texbook animal breeding: animal breeding and genetics for BSc students". Wageningen University. https://library.wur.nl/WebQuery/wurpubs/524548
TELO DA GAMA, L. 2024. "Mejoramiento genético animal". Ed. Acribia. SA.
Complementaria
European Federation of Animal Science. http://www.eaap.org/
FAO. http://www.fao.org/
GJIEDREM, T. 2005. “Selection and Breeding Programs in Aquaculture”. Springer.
Goatmap database. http://locus.jouy.inra.fr/cgi-bin/lgbc/mapping/common/intro2.pl?BASE=go…
Khatib. H. 2014. “Molecular and Quantitative Animal Genetics”. Wiley-Blackwell
Manexo de caprinos. http://www.capritec.com.br/
National Center of Biotechnology Information. www.ncbi.nlm.nih.gov/
OMIA: Online Mendelian Inheritance in Animals. https://omia.org/home/
Quantitative Genetic Resources. http://nitro.biosci.arizona.edu/zbook/book.html
SANCHEZ-RODRÍGUEZ, M. 2012. "Valoración morfológica del ganado caprino". Servet.
Software Tools for Animal Gene Mapping. http://animalgene.umn.edu/
VARONA-AGUADO, L. 2020. "Guías prácticas en producción porcina. Mejora genética". Servet.
Xenética de Poboacións. http://158.109.215.191/base/base.asp?sitio=geneticapoblaciones&anar=ini…
Recoméndase a utilización dos recursos de internet tanto básicos como complementarios especificados no apartado de Bibliografía, así como aquela bibliografía de acceso electrónico dispoñible en la Biblioteca da USC A BUSC EN LIÑA https://busconline.gal. Tamén, a través de pórtico (http://sfx.bugalicia.org/san/az) y EZproxy (https://ezbusc), xestionados por BUGalicia
XENÉRICAS (GVUSC):
GVUSC01.- Capacidade de aprendizaxe e adaptación.
GVUSC02.- Capacidade de análise e síntese.
GVUSC03.- Coñecementos xerais sobre a área de traballo.
GVUSC05.- Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
DISCIPLINARES (CEDVUSC):
CEDVUSC01.- Coñecemento xenérico dos animais, do seu comportamento e das bases da súa identificación.
CEDVUSC03.- Cría, mellora, manexo e benestar dos animais.
CEDVUSC04.- Bases físicas, químicas e moleculares dos principais procesos que teñen lugar no organismo animal.
CEDVUSC10.- Coñecer as técnicas aplicables aos animais domésticos, incluíndo aquelas con influencia directa sobre a saúde animal e humana.
CEDVUSC 11.- Coñecemento das bases do funcionamiento e optimización dos sistemas de producción animal e vexetal y as súas repercusións sobre o medio ambiente.
PROFESIONAIS (D1VUSC):
D1VUSC11.- Valorar e interpretar os parámetros produtivos e sanitarios dun colectivo animal, considerando os aspectos económicos, ambientais e de benestar, buscando a súa optimización.
D1VUSC15.- Asesoramento e xestión, técnica e económica, de empresas de ámbito veterinario nun contexto de sostibilidade.
D1VUSC16.- Aplicar os métodos de identificación individual dos animais.
D1VUSC17.- Realizar informes técnicos propios das competencias veterinarias.
ACADÉMICAS (CEAVUSC):
CEAVUSC01.- Analizar, sintetizar, resolver problemas e tomar decisións nos ámbitos profesionais do veterinario.
CEAVUSC02.- Manter un comportamento ético no exercicio das súas responsabilidades diante da profesión veterinaria e da sociedade.
CEAVUSC03.- Divulgar a información obtendo durante o exercicio profesional do veterinario de forma fluída, oral e escrita, con outros colegas, autoridades e a sociedade en xeral
CEAVUSC08.- Ser consciente da necesidade de manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes das competencias profesionais mediante un proceso de formación permanente.
TRANSVERSAIS (CTVUSC):
CTVUSC01.- Capacidade para o razoamento e a argumentación.
CTVUSC02.- Capacidade para obter información axeitada, diversa e actualizada por diversos medios, como información bibliográfica e Internet, e analizala dunha forma crítica.
CTVUSC03.- Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CTVUSC04.- Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, coherente e concisa.
CTVUSC05.- Habilidade no manexo das TICs.
CTVUSC07.- Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos
1. Sesións expositivas (26 clases expositivas de 50 minutos de duración) con apoio das TIC e con emprego sistemático do Campus Virtual como soporte da docencia.
2. Sesións Interactivas: 100% de presencialidade. Visitas activas (CSA C1 e CSA C2) (10 horas) e prácticas de ordenador (CSA LB1, CSA LB2, CSA LB3 e CSA LB4) (16 horas).
É obrigatorio o cumprimento das normas de seguridade e hixiene da materia para as súas prácticas.
3. Titorías (CSA T): As titorías serán fundamentalmente de carácter presencial.
A aprendizaxe da materia divídese en cinco compoñentes:
- Teoría: clases expositivas e participativas de explicación dos principais conceptos da materia.
- Supostos prácticos: clases participativas coa finalidade de interpretar informes.
- Visitas activas a desenvolver na Granxa Campus Terra (CSA C1), no Centro de Testaxe de Xenética Fontao e granxas colaboradoras (CSA C2), cunha explicación práctica das actividades que alí se desenvolven e realización de prácticas sobre os contidos impartidos.
- Prácticas na aula de informática (CSA LB1-LB4): clases prácticas co uso do ordenador para ter acceso ás fontes de información e utilización de ferramentas informáticas.
Os contidos teóricos fundamentais desenvolveranse en clases expositivas, complementando a docencia con sesións interactivas, onde se ampliarán de forma práctica as materias descritas no apartado de Contidos da presente Guía.
É importante que o alumnado elabore o seu propio caderno de apuntes sobre a materia, con toda a información dispoñible (material didáctico que se facilitará de cada tema, apuntes recollidos nas clases e ampliados coa información complementaria, así como información obtida das clases prácticas).
As sesións interactivas de prácticas estimulan a actividade do alumno, a aplicación dos coñecementos proporcionados nas clases expositivas, así como o traballo e a discusión no grupo. As prácticas iniciaranse fixando os obxectivos da práctica, dando as directrices para o seu seguimento.
Na visita activa á granxa docente Campus Terra, a práctica consistirá na avaliación morfolóxica de animais, co fin de obter datos para a estimación dos valores xenéticos. Na visita activa ao Centro de testaxe/Laboratorio de Xenética molecular e á granxa avícola realizarase unha explicación das actividades alí desenvolvidas, cun seguimento dos procedementos de produción e distribución de material xenético e análise xenómico.
A titoría, ben presencial ou telemática, é unha técnica docente que representa un gran beneficio para a ensinanza, tanto para a resolución das dúbidas que o alumno ten sobre a materia, como para a orientación sobre a elaboración dos traballos propostos nas sesións prácticas.
O material didáctico utilizado ponse a disposición do alumno a través do Campus Virtual da USC.
A efectos de potenciar a avaliación contínua e testar o aproveitamento de cada sesión práctica, realizarase unha proba de avaliación en cada unha das prácticas realizadas(proba tipo test, con respostas múltiples ou verdadeiro/falso, ou resolución de problemas prácticos ou unha combinación de ambos). En todos os casos, a avaliación contínua realizarase dentro do horario da actividade docente, con entrega dos traballos ou probas realizadas ao remate da sesión.
No caso de prácticas onde o alumno teña que realizar un traballo autónomo, avaliarase o produto individual da devandita actividade, podendo incluír na avaliación a exposición de resultados. No caso de probas ou supostos prácticos a desenvolver en grupo, a nota do traballo presentado será a mesma para todos os compoñentes do grupo.
O conxunto de probas de avaliación contínua terá un peso do 30% da nota final.
Ao remate das sesións teóricas e prácticas, realizarase un exame final.
Para asistir ao mesmo é necesario asistir ao 100% das sesións prácticas.
A materia impartida, tanto en clases teóricas como en prácticas, é susceptible de entrar no exame final.
O exame final constará dunha proba mixta con preguntas de respostas múltiples ou preguntas curtas de desenvolvemento. Terá un peso do 70% da nota final. Este exame aprobarase superando o 50% do valor do exame. Nese caso, sumarase a nota da avaliación contínua. Se non se aproba o exame final, a nota que se aplicará será a obtida neste exame, relativizada a dez e non se fará sumatorio coas outras cualificacións.
As prácticas considéranse actividades docentes de asistencia obrigatoria para todos os alumnos, con independencia de que o alumno as teña xa realizadas en anos anteriores, podendo ser convalidadas aquelas que teña aprobadas, mantendo a nota do ano anterior. A cualificación da avaliación contínua, no caso de obter un mínimo de aprobado, só se conservará durante o seguinte ano ao da obtención da primeira cualificación.
Non se concederán dispensas de asistencia a clase.
Traballo presencial no Aula:
- Clases maxistrais: 26 h.
- Visitas Activas: 10 h.
- Prácticas de ordenador: 16 h.
- Titorías en grupos reducidos ou individualizadas: 1h.
- Total de horas de traballo presencial: 53 h.
Traballo persoal d@ estudante
- Estudo individual: 47h
- Resolución de casos/problemas 10h
- Realización de exames: 2,5h
- Total de horas de traballo persoal d@ estudante: 59,5h
Total Traballo d@ Estudante: 112,5horas
- Asistir a todas as actividades da materia tanto teóricas como prácticas.
- Empregar as titorías para aclarar dúbidas sobre os contidos desenvolvidos nas clases.
- Facer uso das novas tecnoloxías dispoñibles: USC Virtual ou correo electrónico que axudan a mellorar a docencia.
- Dedicar o tempo semanal previsto para cada contido de forma organizada e sistemática.
- Consultar a bibliografía a medida que se van desenvolvendo os temas e facer uso do resto das ferramentas de consulta (webs, revistas) para ampliar coñecementos nos temas tratados durante o curso.
- Participar activamente no desenvolvemento das actividades docentes, plantexando dúbidas e facendo comentarios construtivos sobre as materias impartidas.
-Revisar os contidos teóricos impartidos antes da realización das prácticas correspondentes, a fin de a docencia práctica sexa máis eficiente.
No caso de plaxio, fraude ou uso indebido das tecnoloxías durante a realización das probas de avaliación, será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico d@s estudantes e de revisión de cualificacións”.
Alejandro Fernandez Fernandez
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Produción Animal
- Correo electrónico
- alejandro.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Ramiro Antonio Fouz Dopacio
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Produción Animal
- Correo electrónico
- ramiro.fouz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Cynthia Lopez Novo
Coordinador/a- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Produción Animal
- Correo electrónico
- cynthia.lopez.novo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución IT e outros
Mércores | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 2 |
Xoves | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 2 |
21.05.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
21.05.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
21.05.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
03.07.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
03.07.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |