Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Filosofía
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A materia e as distintas actividades teórico-prácticas que a integran contribúe á adquisición das competencias xerais e básicas do título recollidas na Memoria. Entre eles destacamos:
Adquirir unha visión teórica e práctica da educación en valores e a práctica da cidadanía en sociedades multiculturales, e sobre todo observar cómo pode incorporarse esta tarefa formativa aos ámbitos profesionais propios da profesión docente.
Analizar as claves pedagóxicas de explicación, interpretación e comprensión da formación para o desenvolvemento moral e cívico e para a construcción da cidadanía.
Aprender a fundamentar, diseñar, aplicar e avaliar proxectos de educación en valores e cidadanía apropiados ás diferentes idades e a distintos campos de intervención.
Tema 1. Educación en valores e valores educativos.
Tema 2. Cidadanía e valores sociopolíticos.
Tema 3. Educación en valores vitais.
Tema 4. Educación en valores medioambientais.
Tema 5. Educación en valores económicos e das organizacións.
Tema 6. Educación en valores da información e da comunicación.
Tema 7. Educación en valores e vocación docente.
Bibliografía Básica:
Bolívar, A. (1998). Educar en valores. Una educación de la ciudadanía. Consejería de Educación de la Junta de Andalucía.
Dolto, Françoise (1971): Psicoanálisis y pediatría, Siglo XXI, Madrid.
Durkheim, Emile (2002): La educación moral, Ediciones Morata, Madrid.
Freud, Sigmund (1967): Tótem y tabú, Alianza Editorial, Madrid.
Kohlberg, Lawrence & Power, F. Clark & Higgins, Ann (1997): La educación moral según Lawrence Kohlberg, Gedisa, Barcelona.
Noddings, Nel (2009): La educación moral. Propuesta alternativa para la educación del carácter, Amorrortu, Buenos Aires.
Peters, R. S. (1984): Desarrollo moral y educación moral, Fondo de Cultura Económica, México.
Piaget, Jean (1977): El criterio moral en el niño, Editorial Fontanella, Barcelona, 3ª ed.
Tuts, M. (2006). Educación en valores y ciudadanía: propuestas y técnicas didácticas para la formación integral. Libros de la catarata.
Vilanou, C.; Collelldemont, E. (coords.) (2001) Historia de la educación en valores. Desclée de Brouwer.
Vinuesa Vilella, M. P. (2002). Construir los valores: currículum con aprendizaje cooperativo. Desclée de Brouwer.
Bibliografía Complementaria:
Bárcena Orbe, F. (1999). La Escuela de la ciudadanía: educación, ética y política. Desclée de Brouwer. (C1: 19-70)
Batallán, G.; Campanini, S. (2007). El “respeto a la diversidad” en la escuela: atolladeros del relativismo cultural como principio moral. Revista de Antropología Social, 16: 159-174.
Bolívar, A. (2004). Ciudadanía y escuela pública en el contexto de diversidad cultural. RMIE, 9 (20): 15-38.
Bolívar, A. (2007). Educación para la ciudadanía. Algo más que una asignatura. Graò.
Bourdieu, P.; Passeron, J.-C. (2009). Los herederos. Los estudiantes y la cultura. Siglo XXI.
Cobo, R. (ed.) (2008). Educar en la ciudadanía. Perspectivas feministas. Catarata del Rey, Rosario; Ortega, Rosario (2007) Violencia escolar: claves para comprenderla y afrontarla. Escuela Abierta, 10: 77-89.
Dietz, G. (2012). Multiculturalismo, interculturalidad y diversidad en educación: una aproximación antropológica. FCE.
Dubet, F. (2008). El declive y las mutaciones de la institución. En M. I. Jociles y A. Franzé (eds.) ¿Es la escuela el problema? Perspectivas socio-antropológicas de etnografía y educación. Trotta. Pp. 217-246.
Everhart, R. (2007). Leer, escribir y resistir. En H. M. Velasco y F. J. García Castaño(eds.) Lecturas de antropología para educadores. El ámbito de la antropología de la educación y de la etnografía escolar. Trotta. Pp. 355- 388.
Guttman, A. (2001). La educación democrática: una teoría política de la educación. Paidós.
Martinez Martín, M.; Hoyos, G. (2004). ¿Qué significa educar en valores hoy? Octaedro.
Ortega Ruiz, P. (2001). La educación moral del ciudadano de hoy. Paidós. Sanmartín Arce, R. (2000). Etnografía de los valores. Teorías de la educación, 12: 129-141.
Payá Sanchez, M. (1997). Educación en valores para una sociedad abierta y plural: aproximación conceptual. Desclée de Brouwer.
Competencias Básicas Infantil e Primaria:
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
Competencias Xerais Infantil:
X3 - Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade que atendan ás singulares necesidades educativas dos estudantes, á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos.
X5 - Reflexionar en grupo sobre a aceptación de normas e o respecto aos demais. Promover a autonomía e a singularidade de cada estudante como factores de educación das emocións, os sentimentos e os valores na primeira infancia.
X7 - Coñecer as implicacións educativas das tecnoloxías da información e a comunicación e, en particular da televisión na primeira infancia.
Competencias Xerais Primaria:
X7 - Colaborar cos distintos sectores da comunidade educativa e da contorna social. Asumir a dimensión educadora da función docente e fomentar a educación democrática para unha cidadanía activa.
X4 - Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade e que atendan á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos que conformen os valores da formación cidadá.
X5 - Fomentar a convivencia na aula e fóra dela, resolver problemas de disciplina e contribuír á resolución pacífica de conflitos. Estimular e valorar o esforzo, a constancia e a disciplina persoal nos estudantes.
A materia e as distintas actividades teórico-prácticas que a integran contribúe á adquisición dás seguintes competencias específicas do título:
Infantil:
E.1. - Comprender os procesos educativos e de aprendizaxe no período de 0-6, no contexto familiar, social e escolar.
E.2. - Coñecer os desenvolvementos da psicoloxía evolutiva da infancia nos períodos 0-3 e 3-6.
E.3. - Coñecer os fundamentos de atención temperá.
E.4. - Recoñecer a identidade da etapa e as súas características cognitivas, psicomotoras, comunicativas, sociais, afectivas.
E.5. - Saber promover a adquisición de hábitos ao redor da autonomía, a liberdade, a curiosidade, a observación, a experimentación, a imitación a aceptación de normas e de límites, o xogo simbólico e heurístico.
Primaria:
E1 - Comprender os procesos de aprendizaxe relativos ao período 6-12 no contexto familiar, social e escolar
E2 - Coñecer as características destes estudantes, así como as características dos seus contextos motivacionais e sociais.
E3 - Dominar os coñecementos necesarios para comprender o desenvolvemento da personalidade destes estudantes e identificar disfuncións.
E4 - Identificar dificultades de aprendizaxe, informalas e colaborar no seu tratamento.
E5 - Coñecer as propostas e desenvolvementos actuais baseados na aprendizaxe de competencia
Competencias transversais infantil e primaria:
T2 - Coñecemento instrumental da lingua galega
T3 – Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación
TRABALLO PRESENCIAL NAS AULAS
Nas aulas impartidas pódese distinguir os seguintes dous tipos:
(1) Aulas expositivas. Presentación por parte da docente dos contidos teóricos da materia. Concentraranse na primeira parte do semestre.
(2) Aulas interactivas.
1. Sesións de seminario interactivo con análise de lecturas, documentais ou películas lectura, co material dispoñible na aula virtual. Os materiais traballados nas aulas interactivas serán ítems avaliables.
2. Sesións de presentación dos proxectos finais.
(3) Actividade titorial. Titorizacións para o seguimento dos contidos teóricos e apoio as lecturas. Titorización de apoio ao traballo grupal desenvolvido ao longo do semestre. Titorización das presentacións finais e recomendación de bibliografía de apoio.
TRABALLO AUTÓNOMO DO ALUNADO
Durante todo o curso o alumnado levará un portafolios grupal con distintas entregas avaliables semanais compostas por:
(1) Preparación das fichas de lectura, cuestionario ou resumo de película para as sesións prácticas. Traballo en grupo.
(2) Preparación da presentación final do proxecto: selección de conceptos, selección bibliográfica, preparación da presentación. Traballo en grupo.
(4) Nas últimas sesións presentaranse os proxectos nunha presentación oral.
(5) Na última sesión farase entrega do portafolios cos ítems avaliables da materia e mais un traballo escrito co proxecto.
Traballo en grupo.
Plataforma Virtual USC.
Materiais de lectura dispoñibles no campus virtual.
O campus virtual será unha ferramenta complementaria á docencia, pero non substituirá en ningún caso a docencia presencial.
1. Avaliación continua.
O carácter práctico e aplicado desta materia obriga á asistencia, participación e implicación nas aulas e ao compromiso coa entrega puntual dos distintos traballos propostos. Polo tanto a avaliación continua é a modalidade preferente:
Asistencia e participación nas aulas.
Traballo diario, entregableis semanais e elaboración do portafolios grupal: 50% da nota final.
Exposición final e entrega do proxecto: 50% da nota final.
A avaliación das presentacións orais farase cunha Rúbrica, previamente accesible no campus virtual, na que se especificarán os criterios de avaliación da mesma e a súa valoración. Os ítems avaliables serán: manexo dos conceptos expostos en clase; argumentación, claridade e coherencia; adecuación da guía aos obxectivos propostos; presentación oral; creatividade e orixinalidade da guía; orixinalidade na presentación; uso de recursos audiovisuais; traballo en grupo e consenso e resolución de dúbidas das compañeiras. Características do proxecto final: Extensión 10-18 páx. Letra TNR. 12pt. Entreliñado 1,5, párrafo xustificado, sen portadas. Contido segundo as pautas do TFG: 1. Resumo. 2. Introdución, diagnóstico ou estado da cuestión. 3. Obxectivos do proxecto. 4. Metodoloxía (materiais, pasos e desenvolvemento, consellos, recursos...). 5. Conclusións. 6. Bibliografía.
Segundo os Estatutos da Universidade, no seu artigo 130.2, o estudantado ten o deber da “asistencia e participación naquelas actividades formativas que se establezan como obrigatorias na programación docente”. A asistencia é obrigatoria, tanto pola Normativa como porque facilita unha mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os alumnos e alumnas poderán solicitar exención oficial de docencia ou ben matricularse na modalidade de dedicación parcial aos seus estudos para facilitar a conciliación. Polo tanto, a ausencia en máis de tres sesións sen xustificar as súas faltas, supón a perda do dereito á avaliación continua e a necesidade de realizar un exame final na fecha oficial fixada.
2. Avaliación non continua.
Exame final: 100%
3. Avaliación de alumnado con exención de docencia ou dispensa da súa asistencia.
O alumnado que teña concedida a exención oficial de docencia ou a dispensa de asistencia a clase (segundo a instrución 1/2017 da Secretaría Xeral) contará con titorización personalizada de maneira que se asegure un adecuado seguimento dos contidos da materia.
A titorización será presencial ou telemática, de acordo coas necesidades en cada caso, e terá unha periodicidade mínima quincenal. A avaliación será de acordo con exercicios e tarefas programadas a ese efecto, que se entregarán nas datas indicadas por medio da aula virtual, o correo electrónico ou presencialmente, segundo o caso.
Avaliación de competencias:
- A avaliación continua permitirá avaliar as competencias básicas 1-3, as competencias xerais 3, 5, 7 de infantil e as 7,4, 5 de primaria; así como manexar as distintas ferramentas propostas e poñer e práctica as actitudes e valores requiridos nesta materia.
- A presentación oral e o deseño do proxecto final permitirá avaliar principalmente as competencias xerais 7,4 e 5 de primaria e 3 e 5 de infantil. Aínda que tamén precisa manexar as outras competencias básicas e xerais. Tamén as competencias específicas serán postas en práctica e as actitudes e valores requiridas nesta materia.
· Horas presenciais semanais: 2 horas (docencia expositiva e interactiva) x 12 semanas lectivas = 38,25 semestrais.
· Horas de titorías de grupo: 2,25 horas
· Aulas expositivas: 18 horas.
· Aulas interactivas: 18 horas.
· Horas non presenciais: 74 horas no semestre.
(1) É obrigatoria a asistencia, participación e implicación nas aulas.
(2) Precísase dun compromiso coa entrega puntual dos distintos traballos propostos.
(3) Non serán aceptadas actitudes irrespectuosas ou discriminatorias de ningún tipo.
(4) Toda a materia está organizada para o traballo en grupo, polo que se requiren habilidades sociais de cooperación, respecto e espírito construtivo.
- Responsabilidade ambiental:
* Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
* Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
* Imprimir as dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
* Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
* Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
- Perspectiva de xénero:
* Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo “rai.usc”.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
- Non se poderá empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non acomodado do mesmo.
- Ter en conta que a ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
- Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica- privacidade-protección-datos
Será de rigorosa aplicación a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións, aprobada no Consello de Goberno do 15 de xuño de 2011: Art. 1.: “A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarse fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes”.
Ana Maria De La Concepcion Rabe
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Correo electrónico
- anamaria.rabe [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Francisco Javier Alcala Rodriguez
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Correo electrónico
- franciscojavier.alcala [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Xoves | |||
---|---|---|---|
16:00-17:00 | Grupo /CLIS_01 + Dobre Grao 3º | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 52 |
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 Primaria + Infantil + Dobre Grao 3º | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 52 |
18:00-19:00 | Grupo /CLIS_03 Infantil | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 52 |
23.05.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 Primaria + Infantil + Dobre Grao 3º | (CAMPUS NORTE) - AULA 12 |
01.07.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 Primaria + Infantil + Dobre Grao 3º | (CAMPUS NORTE) - AULA 13 |