Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
Áreas: Filoloxía Inglesa
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Ofrecer ó alumnado os principios teóricos e técnicas prácticas para o seu desenvolvemento como futuros profesores de lingua inglesa en Educación Infantil.
- Examinar as similitudes e diferenzas no estudo da primeira e segunda lingua.
- Examinar o papel que xogan as novas tecnoloxías no ensino da lingua inglesa.
- Familiarizar ó alumnado coas novas técnicas de aprendizaxe de linguas: Marco Común Europeo de Referencia (CEFR) e Portfolio Europeo das Linguas (ELP).
- A adquisición e aprendizaxe do inglés como segunda lingua.
- Teorías sobre a aprendizaxe da lingua materna.
- Teorías da aprendizaxe da segunda lingua.
- Novas tendencias e enfoques no ensino-aprendizaxe do inglés. O Marco común europeo para o ensino e a aprendizaxe das linguas (MECR). The European Language Portfolio (ELP).
- Desenvolvemento e presentación dun ‘lesson plan’ / proxecto.
Bibliografía básica:
Brown, H. D. (1994). Principles of Language Learning and Teaching. Prentice Hall Regents
Cant, A. & Superfine, W. (1997). Developing Resources for Primary. Richmond
Collie, J. & Slater, S. (1994). Cambridge Skills for Fluency. Speaking 2. C.U.P.
Council of Europe. (2001). The Common European framework for the Teaching and Learning of Languages. Cambridge University Press.
Bibliografía complementaria:
Doff, A.& Becket, C. (1999). Cambridge Skills for Fluency. Listening 2. C.U.P.
Eastwood, J. (2006). Oxford Practice Grammar (Intermediate) with Key and CD Rom. O.U.P.
Ellis, R. (2004). The Study of Second Language Acquisition. Oxford University Press.
Harmer, J. (1994). How to Teach English. Longman.
Lightbown, P. M.& Spada, N. (1993). How Languages are Learned. O.U.P.
Murphy, R. (2004). English Grammar in Use. C.U.P.
Phillips, S. (1994). Young Learners. O.U.P.
Redman, S. (1997). English Vocabulary in Use (Pre-intermediate and Intermediate). C.U.P.
Skehan, P. (1989). Individual Differences in Second Language Acquisition. Edward Arnold.
Slattery, M.& Willis, J. (2001). English for Primary Teachers. A Handbook of Activities and Classroom Language. O.U.P.
Swan, M. & Walter, C. (1997). How English Works. A Grammar Practice Book with Answers. O.U.P.
Vale, D.& Feunteun, A. 1998. Enseñanza de inglés para niños. Guía de formación para profesores. C.U.P.
BÁSICAS E XERAIS:
G2 - Promover e facilitar as aprendizaxes na primeira infancia, desde unha perspectiva globalizadora e integradora das diferentes dimensións cognitiva, emocional, psicomotora e volitiva.
G6 - Coñecer a evolución da linguaxe na primeira infancia, saber identificar posibles disfuncións e velar pola súa correcta evolución. Abordar con eficacia situacións de aprendizaxe das linguas en contextos multiculturais e multilingües. Expresarse oralmente e por escrito e dominar o uso de diferentes técnicas de expresión.
G11 - Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellora o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovelo nos estudantes.
CB1 - Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
TRANSVERSAIS
T1 - Coñecemento instrumental de linguas estranxeiras.
ESPECÍFICAS
E.44. - Coñecer e dominar técnicas de expresión oral e escrita.
E.47. - Coñecer o proceso de aprendizaxe da lectura e a escritura e o seu ensino.
E.48. - Afrontar situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multilingües.
E.52. - Ser capaz de fomentar unha primeira aproximación a unha lingua estranxeira.
- Clases expositivas: As clases expositivas estarán dedicadas ó desenrolo de competencias relacionadas co proceso de ensino-aprendizaxe de unha lingua estranxeira en Educación Infantil.
- Os seminarios servirán para realizar tarefas relacionadas co aprendido nas clases expositivas e para a práctica das 4 destrezas en lingua inglesa. Tamén terán lugar nestas clases as presentacións orais do alumnado.
- Aula Virtual: Debates, exercicios e tests.
- Traballos escritos: Elaboración e presentación na clase de unha ‘Teaching Unit’/Project a entregar ó remate do semestre.
- * As clases serán impartidas preferentemente en inglés.
No caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido no art. 16 da Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións:
“A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba exixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarse fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes”.
Exame: 40% da cualificación final.
Proxecto final: 30% da cualificación final.
Tarefas encomendadas: 30% da cualificación final.
Poderanse obter puntos extra (5%) por participación activa na clase e asistencia.
Convocatoria extraordinaria de xullo: a avaliación será igual que na primeira convocatoria, EXCEPTO para os estudantes que non entregaran o proxecto e/ou as tarefas encomendadas, que terán que presentar un proxecto (40%) e facer o exame final (60%).
O alumnado con exención de docencia/alumnado con dispensa e os que repitan a materia serán avaliados cun proxecto final (40% de la nota final) e un exame (60% de la cualificación final).
Horas expositivas: 38.5
Traballo individual: 74
Total horas de traballo individual: 112,5
Asistencia regular e participación.
Aínda que non existen pre-requisitos oficiais para esta materia, recoméndase posuír un nivel de inglés intermedio (CEFR B1 ou Cambridge PET).
1. Responsabilidade medioambiental:.
• Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
• Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
• Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
• Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
• Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
• Os traballos presentaranse preferentemente a través da aula virtual.
2. En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace:
http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
3. Non se contestará ningún correo que proceda dunha conta non institucional. Os/as alumnos/as que desexen contactar coas profesoras deberán facelo utilizando a súa conta de correo da USC.
4. Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade (Lifesize, etc).
5. Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas por cada docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo. Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
6. Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos.
Sara González Bernárdez
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Correo electrónico
- saragonzalez.bernardez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Luis Ahmed Sanchez Arrocha
- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Correo electrónico
- luisahmed.sanchez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Lector/a
Martes | |||
---|---|---|---|
19:00-20:00 | Grupo /CLE_01 + Dobre Grao 3º | Inglés | (CAMPUS NORTE) - AULA 51 |
20:00-21:00 | Grupo /CLIS_01 + Dobre Grao 3º | Inglés | (CAMPUS NORTE) - AULA 51 |
27.05.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 + Dobre Grao 3º | (CAMPUS NORTE) - AULA 12 |
03.07.2025 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 + Dobre Grao 3º | (CAMPUS NORTE) - AULA 13 |