Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Áreas: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
• Coñecer e analizar críticamente os enfoques actuais acerca do TDAH, as súas implicacións sobre o desenvolvemento psicolóxico e os procesos de aprendizaxe na aula.
• Coñecer e analizar criticamente os enfoques actuais acerca dos TEA, e as súas implicacións sobre os procesos de inclusión e aprendizaxe na aula.
• Coñecer, seleccionar e saber aplicar estratexias e ferramentas para a detección precoz, a análise contextual e a avaliación de necesidades educativas asociadas aos trastornos do desenvolvemento (TDAH/TEA).
• Coñecer e valorar criticamente diferentes modelos e estratexias de intervención educativa dirixidos ao alumnado con TDAH ou dificultades para a regulación do comportamento.
• Coñecer e valorar criticamente diferentes modelos e estratexias de intervención educativa dirixidos ao alumnado con TEA
• Deseñar, implementar e avaliar programas de intervención adaptados ás necesidades educativas do alumnado con trastornos no desenvolvemento (TDAH/TEA), adaptándoos ás particularidades de cada caso e en consonancia cos principios de normalización e inclusión.
Bloque I: Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade (TDAH)
Tema 1. Actualización conceptual: O TDAH e as súas implicacións educativas.
1.1 Antecedentes e evolución conceptual
1.2 Aspectos evolutivos: da infancia á vida adulta
1.3 TDAH e outras dificultades asociadas
1.4 As causas do TDAH: bases neurobiolóxicas, procesos cognitivos e factores de risco psicosocial.
1.5 Detección e avaliación no ámbito educativo.
Tema 2. O TDAH na aula: estratexias e programas de intervención.
2.1. Intervención no ámbito comportamental
2.2. Intervención nos procesos de aprendizaxe
2.3. Intervención no ámbito socioemocional: programas e estratexias para o desenvolvemento da autoestima, a motivación e as habilidades sociais
Bloque II: Trastornos do Espectro Autista (TEA)
Tema 3. Actualización conceptual: os TEA e as súas implicacións educativas.
3.1 Do trastorno autista á noción de "espectro autista". Criterios diagnósticos.
3.2 Curso evolutivo en TEA.
3.3 O TEA e as súas causas: bases neurobiolóxicas e teorías cognitivas.
3.4 Detección e avaliación no ámbito educativo.
Tema 4. Os TEA na aula: programas e estratexias de intervención en TEA.
4.1 Intervención no ámbito da comunicación, a linguaxe e a cognición social.
4.2 Intervención no ámbito comportamental: estratexias para o manexo de condutas disruptivas e disfuncionales na aula.
4.3 Intervención nos procesos de aprendizaxe: estruturación do entorno, adaptacións curriculares, tipos de apoios e estratexias específicas de ensino-aprendizaxe.
Bibliografía básica
López, C. (2014). TDAH y Trastornos del Comportamiento en la infancia y la adolescencia. Pirámide.
López, M. D. e Polo, M. T. (2015). Trastornos del desarrollo infantil (2ª ed.) Pirámide.
Macià, D. (2012). TDAH en la infancia y la adolescencia. Pirámide.
Miranda, A. (2011). Manual práctico de TDAH. Síntesis.
Bibliografía complementaria
Alcantud, F. (Coord.) (2013). Trastornos del Espectro Autista. Detección, diagnóstico e intervención temprana. Pirámide.
Alcantud, F (2007). Intervención psicoeducativa en niños con Trastornos Generalizados del Desarrollo. Pirámide.
Barkley, R. (2011). Niños hiperactivos: Cómo comprender y atender sus necesidades especiales. Paidós.
Baron-Cohen, S. (2010). Autismo y Síndrome de Asperger. Alianza.
Fiuza, M. e Fernández, P. (2014). Dificultades de Aprendizaje y Trastornos del Desarrollo. Pirámide.
Happé, F. (2007). Introducción al autismo. Alianza.
Howlin, P., Barón-Cohen, S. e Hadwin, J. (2006). Enseñar a los niños autistas a comprender a los demás. Guía práctica para educadores. CEAC.
Martín, P. (2005). El Síndrome de Asperger: ¿excentricidad o discapacidad social? Alianza.
Martos, J., Ayuda, R., Freire, S., González, A. e Llorente, M. (2017). Trastornos del Espectro Autista de Alto funcionamiento. Otra forma de aprender. CEPE.
Miranda, A., Amado, L. e Jarque, S. (2001). Trastorno por déficit de atención con hiperactividad. Una guía práctica. Aljibe.
Monfort, M. (2008). En la Mente II: cómo decirlo. Entha.
Monfort, M. e Monfort, I. (2001). En la mente. Un soporte para el entrenamiento de habilidades pragmáticas en niños. Entha.
Orjales, I. (2014). Déficit de Atención con Hiperactividad. Manual para padres y educadores (18ª ed.). CEPE.
Orjales, I. e Polaino, A. (2004). Programa de intervención cognitivo-conductual para niños con déficit de atención con hiperactividad (10ª ed.). CEPE.
Ripoll, J. C. e Hualde, M. Y. (2013). Alumnos distraídos, inquietos e impulsivos (TDA-H): estrategias para atender su tratamiento educativo en educación primaria. CEPE.
Riviere, A. (2001). Autismo: orientaciones para la intervención educativa. Trotta.
Soutullo C. (2018). Convivir con niños y adolescentes con trastorno por déficit de atención e hiperactividad (TDAH) (3ª ed.). Editorial Médica Panamericana.
Sussman, F. (2006). Talkability: People skills for verbal children on the autism spectrum. The Hanen Centre.
Valdez, D. (2021). Autismo. Intervenir desde el desarrollo. Machado libros.
Básicas
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
Xerais
G4- Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade e que atendan á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos que conformen os valores da formación cidadá.
Específicas
E6-Identificar e planificar a resolución de situacións educativas que afectan a estudantes con diferentes capacidades e distintos ritmos de aprendizaxe.
E12-Abordar e resolver problemas de disciplina
Transversais
T3- Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
T4- Competencia informacional.
Proponse o desenvolvemento dunha metodoloxía activa e eminentemente práctica, onde se combinarán as introducións teóricas e ilustracións pertinentes a cargo do profesor coa participación dos alumnos a través de diversos traballos de clase en pequenos grupos. Estes poderán consistir, por exemplo, en comentario de textos, visualización e análise de material audiovisual, estudo de casos, análise de diferentes programas ou modelos de intervención educativa en TDAH ou TEA, e deseño de novas propostas de intervención a través da presentación de supostos prácticos. A aula virtual empregarase como apoio para o intercambio de información, documentación, e traballos, entre o alumnado e o profesorado da materia.
Valorarase o rendemento e as aprendizaxes adquiridas a través dunha combinación entre actividades de avaliación formativa e de avaliación sumativa. Deste modo, espérase que o alumno/a demostre un dominio non só declarativo senón tamén procedemental e actitudinal dos contidos, mediante a análise de exemplos e a articulación de relacións entre conceptos.
En termos xerais, a cualificación procederá da:
• Participación nas distintas actividades de clase e presentacións orais (10%).
• Realización dos de cinco traballos prácticos obrigatorios en pequeno grupo (40%).
• Proba individual escrita (50%).
Para superar a materia será necesario aprobar a proba escrita, de tal maneira que a cualificación dos traballos prácticos e a participación en clase só se sumará unha vez supérese a devandita proba
Para obter unha valoración positiva da materia será preciso ter realizadas, en prazo, todas as actividades de avaliación.
Os traballos individuais ou grupais deberán ser orixinais. A entrega dun traballo copiado supoñerá o suspenso da materia e a avaliación do alumnado na seguinte convocatoria. Para efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, agás nas actividades programadas de xeito coordinado.
Se seguirá o mismo sistema de avaliación para as distintas oportunidades contempladas no calendario académico.
Na segunda oportunidade (convocatoria oficial de xullo), o alumnado que teña superado a proba individual escrita pero non os traballos prácticos en pequeno grupo, debe poñerse en contacto previamente co profesorado da materia e será avaliado desa parte a través dunha proba práctica que debe entregar na data oficial do exame. O alumnado que teña superado os traballos prácticos en pequeno grupo pero non a proba individual escrita deberá facer a proba individual escrita na data oficial do exame. O alumnado que non teña superado ningunha destas dous partes da materia deberá realizar as dúas actividades indicadas (proba práctica, e proba individual escrita).
Os/as estudiantes repetidores ou non presentados se avaliarán segundo os criterios establecidos en cada cada curso académico.
O alumnado con exención oficial de docencia/dispensa de asistencia a clase terá que poñerse en contacto co profesorado da materia para tener unha titoría co mesmo nos quince días seguintes da concesión da exención/dispensa para presentar a documentación pertinente e acordar o plan de traballo a desenvolver ao longo do semestre. O sistema de avaliación da aprendizaxe para dito alumnado será o mesmo que para o resto do alumnado matriculado na materia, coa excepción da participación nas distintas actividades de clase e as presentacións orais (que non se terán en conta para a avaliación). No seu caso, a calificación procederá da realización dos traballos prácticos en pequeno grupo (ou individualmente, cun peso dun 50%) e a proba individual escrita (cun peso dun 50%).
Actividades presenciais:
Gran grupo: 18 horas
- Clases expositivas
- Presentación de material de apoio audiovisual
- Debates guiados
- Avaliación escrita
Grupo reducido (seminario): 18 horas
- Lectura e discusión de documentos
- Estudo de casos
- Análise de material audiovisual
- Análise de programas de intervención
- Deseño de propostas a partir de supostos prácticos
Pequeno grupo (titorías): 2,5 horas
TOTAL HORAS PRESENCIAIS: 38,5
Actividades non presenciais: horas de traballo autónomo do estudante
- Estudo, lectura e elaboración de traballos
- Busca de información
- Resolución de casos prácticos
- Preparación de presentacións orais, debates, etc.
- Preparación de proba escrita
TOTAL HORAS NON PRESENCIAIS: 74
Dado o carácter especializado desta materia e a súa situación no plan de estudos, é esencial que o alumno/a estableza relacións cos coñecementos propios das materias de formación básica "Dificultades de aprendizaxe e Trastornos do desenvolvemento", Deseño, desenvolvemento e innovación curricular "Psicoloxía do desenvolvemento 6-12", e "Psicoloxía da Educación".
É importante que o alumno/a se implique dende o principio na dinámica de traballo que se seguirá na materia (asistencia, lectura dos textos, elaboración de pequenos traballos grupales en clase, etc.). Ademais, debe facer un estudo comprensivo, non memorístico, que dea lugar á organización e o establecemento de relacións entre conceptos. Recoméndase, ademáis,que o alumno/a faga uso dos horarios de titorías para recibir o apoio necesario e as directrices que faciliten tanto o estudo da materia coma a elaboración dos traballos que se indiquen. As titorías terán lugar os martes en horario de 9 a 14, e os venres en horario de 11 a 12, no despacho 5.07 da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte).
ASISTENCIA A CLASE:
O Conselo de Goberno do 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES (https://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasi…).
Nesta expóñense os beneficios da asistencia a clase, ao mesmo tempo que se recorda que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria.
Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/ás poderán solicitar exención oficial de docencia/dispensa de asistencia a clase.
CALIDADE FORMAL DOS TRABALLOS:
Na realización das prácticas e traballos seguiranse as normas APA -Publication Manual of the American Psychological Association (APA). 7ª ed. Washington: APA, 2019-, que se poden consultar no enlace: https://apastyle.apa.org/
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL:
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia ter en conta as seguintes indicacións:
- Os traballos deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encadernación.
- Imprimir a dúas caras en calidade "aforro de tinta".
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO:
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace:
https://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/servizos/oix/desca…
O alumnado deberá utilizar obrigatoriamente o correo electrónico da USC (@rai. usc.es) na sua comunicación co profesorado.
O alumnado deberá utilizar obrigatoriamente as ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade (Lifesize, etc.)
Non se poderá utilizar o teléfono móbil, salvo cando se utilice como instrumento de traballo seguindo as instrucción dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases/tutorías) é un proceso privado, como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
É obrigatorio o cumprimento da normativa de protección de datos,
https://www.usc.es/gl/normativa/protecciondatos/index.html
Vanessa Blanco Seoane
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Área
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Teléfono
- 881813744
- Correo electrónico
- vanessa.blanco [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Venres | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLIS_02 (Fe - Pe) | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 25 |
10:00-11:00 | Grupo /CLIS_03 (Pi - Z) | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 32 |
12:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 (A - Fa) + Dobre Grao 4º | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 25 |
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) + Dobre Grao 4º | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 03 |
21.01.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) + Dobre Grao 4º | (CAMPUS NORTE) - AULA 13 |
19.06.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) + Dobre Grao 4º | (CAMPUS NORTE) - AULA 23 |