Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 26 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Público Especial e da Empresa
Áreas: Dereito Mercantil
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Coñecer o ordenamento xurídico que xira ao redor da realidade da empresa e do mercado.
Con esta materia preténdese proporcionarlle ao estudantado de Administración e Dirección de Empresas un conxunto de coñecementos xurídicos que lle sirvan de apoio para a comprensión da realidade complexa que constitúe a Empresa. Tamén se persegue familiarizalos coas variadas figuras xurídicas que habitualmente atoparán no desenvolvemento da súa actividade profesional, en atención a que a dimensión económica da Empresa non pode concibirse de forma separada da súa dimensión xurídica.
-Introdución aos conceptos xurídicos básicos.
-Estudo do estatuto xurídico dos operadores do mercado (empresarios individuais, sociais e outras formas de organización de empresas).
-Estudo do réxime xurídico da actividade empresarial, con atención ás normas de defensa da competencia, normas sobre competencia desleal, normas sobre signos distintivos do empresario e creacións industriais e normas sobre publicidade.
-Análise dos actos e instrumentos xurídicos propios do tráfico mercantil, tales como os contratos mercantís e medios de pago, con especial referencia á normativa sobre a sociedade da información e mais á protección dos consumidores.
-Estudo dos procedementos xurídicos aplicables ás crises empresariais.
Incidencia das tecnoloxías dixitais emerxentes no Dereito da Empresa.
Os bloques de contidos desenvolveranse nas seguintes leccións:
DEREITO DA EMPRESA
INTRODUCIÓN
Lección 1.
1.-Concepto, caracteres e finalidades do Dereito 2.-O Dereito e a súa clasificación. 3.- Norma xurídica e outros conceptos básicos. 4.- Personalidade e capacidade 5.-Persoa física e persoa xurídica.6.-Feito, acto e negocio xurídico. 7.- O contrato.
EMPRESARIO INDIVIDUAL E EMPRESARIO SOCIAL
Lección 2. O empresario individual
1.-O Dereito Mercantil: concepto, carácteres e fontes.2.-O estatuto do empresario.3.-O Rexistro Mercantil.4.-A contabilidade do empresario.
Lección 3. A sociedade mercantil.
1.-Determinación do concepto de sociedade mercantil. 2.-A personalidade xurídica da sociedade mercantil. A sociedade irregular.3.-Tipos de sociedades mercantís. 4.-As sociedades colectivas e comanditarias. 5. A empresa familiar.
Lección 4. As sociedades de capital: A sociedade anónima I
1.-Concepto e características.-2.-Réxime xurídico das accións.-3.- Órganos sociais.-4.-Modificación de estatutos: aumento e redución do capital.
Lección 5. As sociedades de capital: A sociedade anónima II.
1.-Disolución e liquidación.2.-Emisión de obrigas-3.-A sociedade anónima cotizada.-4.-A Sociedade Anónima Europea
Lección 6. As sociedades de capital: A sociedade de responsabilidade limitada I
1.-Concepto e características.-2.-Constitución.-3.-As participacións. 4.- Órganos sociais.
Lección 7. As sociedades de capital: A sociedade de responsabilidade limitada II.
1.-Modificación de estatutos. 2.-Disolución e liquidación.3.-A Sociedade unipersoal.
Lección 8. Modificacións estruturais das sociedades e outras formas sociais
1.-Modificacións estruturais das sociedades. 2.-A sociedade cooperativa galega. 3.-Outras formas sociais.
RÉXIME XURÍDICO DA ACTIVIDADE EMPRESARIAL
Lección 9. Dereito da competencia e Competencia desleal.
1.-Lei de defensa da Competencia (prácticas prohibidas, control de concentracións económicas, órganos). 2.-Lei de Competencia desleal (a cláusula xeral prohibitiva, actos concretos de deslealdade, accións derivadas da competencia desleal). 3 A Lei Xeral de Publicidade.
Lección 10. Dereito da Propiedade Industrial
1.-Patentes de invención. 2.-Os modelos de utilidade. 4.- O deseño industrial. 4.-A marca.
Lección 11. Sociedade da Información e empresa.
1.-A Lei de Servizos da Sociedade da Información.-2.-Páxinas web e empresa.-3.-Nomes de dominio e empresa. 4.-Incidencia das tecnoloxías dixitais emerxentes no Dereito da empresa.5.-A Lei Orgánica de Protección de Datos.
A CONTRATACIÓN MERCANTIL
Lección 12. A contratación mercantil.
1.-Especialidades das obrigas mercantís.-2.-Os contratos mercantís.3.-A defensa do consumidor: a LGDC y U 4.-A contratación mercantil internacional.
Lección 13. Os contratos mercantís I
1.A compravenda mercantil e contratos afíns.2.-Transporte. 3.-Depósito. 4.-Seguro.
Lección 14. Os contratos mercantís II.
1.- Contratos de colaboración (comisión, axencia, concesión, franquicia...) 2.Contratos do mercado de crédito (leasing, factoring, confirming, contratos bancarios...). 3. O mercado de valores.
Lección 15. Contratación electrónica.
1.-Concepto e tipos de contratación electrónica. 2.-Réxime xurídico da contratación electrónica. 3.- Contratos informáticos. 4.-A firma electrónica.
MEDIOS DE PAGO
Lección 16. Medios de pago
1.-Títulos-valores. 2.-Os medios de pago no moderno tráfico mercantil.-3.-As tarxetas e os seus tipos.
Lección 17. Concurso de acredores
1.-A declaración do concurso. 2.-Efectos da declaración do concurso. 3.-Cualificación do concurso. 4.-Terminación do concurso.
Básica
Valpuesta Gastaminza y otros (Cuesta Rute,JM, Dir),Derecho Mercantil para Grados no jurídicos, Huygens,última edición.
Jiménez Sánchez, G. (Coordinador), Lecciones de Derecho Mercantil, Tecnos, última edición.
Jiménez Sánchez, G. (Coordinador), Nociones de Derecho Mercantil, marcial Pons, última edición.
Vidal Portabales, JI., Sociedad de la Información y Empresa, Ed. Comares.
Broseta Pont,M., Manual de Derecho Mercantil, Vol I y II, Ed. Tecnos, última edición.
Complementaria
Sánchez Calero, F., Instituciones de Derecho Mercantil, Vol 1, y 2 Mc Graw Hill, última edición.
Sánchez Calero, Principios de Derecho Mercantil, Mc Graw Hill, última edición.
Uría, R., Derecho Mercantil, Marcial Pons, última edición
C3. Interpretar a contorna histórica social e institucional da empresa.
C7. Identificar ordenamento jurídico que xira ao redor da realidad da empresa e do mercado e as normas legais e fiscais na xestión empresarial.
HD1. Examinar de maneira crítica datos que proveñen de diversas fontes co el fin de adquirir coñecementos adicionais e utilizaros para solucionar problemas e tomar decisións.
HD2. Comunicar oralmente e/o por escrito de forma efectiva, con precisión y claridade, co propósito de transmitir concoñecementos, metodoloxías, datos, resultados, dificultades e solucións.
HD4. Desenvolver a habelencia para a autoaprendizaxe.
CP9. Actuar con responsabilidade ética y con respecto polos dereitos e deberes fundamentais, a igualdade de xénero, adiversidade e os valores democráticos.
CP10. Avaliar o impacto social, económico e medioambiental da actividade empresarial.
-Clase maxistral.
-Estudos de caso. Análises de situación reais co fin de que o estudantado poida aplicar os coñecementos adquiridos.
-Seminario. Sesión interactiva e grupal para o traballo guiado polo docente, especialmente enfocado na resolución de exercicios, análises de textos e casos.
A metodoloxía aplicable ao ensino descansa en dous bloques:
A) Bloque teórico (sesións expositivas). Orientado a proporcionar os fundamentos teóricos imprescindibles para o desenvolvemento da actividade profesional na empresa.
B) Bloque práctico (sesións interactivas). Orientado a conxuntar a teoría e a práctica, aplicando os coñecementos adquiridos nas explicacións teóricas.
As actividades realizadas polos estudantes ao longo do cuadrimestre contarán ata un 30% na nota final. As actividades serán determinadas por cada profesor (por exemplo, presentación de traballos, preparación e participación nas sesións de traballo, nas que se prestará especial atención á capacidade expositiva, capacidade de razoamento e emprego da terminoloxía xurídico-mercantil); poderá realizarse unha proba para a avaliación destas actividades. A avaliación completarase cun exame final presencial (70% da nota), que poderá ser de tipo test ou de preguntas de desenvolvemento. No exame de segunda oportunidade poderá gardarse a nota da parte práctica (só para o curso actual).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico do estudantado e de revisión das cualificacións.
O estudantado con exención de docencia realizará aun exame final, que poderá incluir un caso práctico. Supoñerá o 100% da nota
A asistencia á clase non terá valoración ningunha.
Os alumnos repetidores avaliaranse por un exame final, que poderá incluir un caso práctico. Supoñerá o 100% da nota.
Docencia presencial: 50 horas. Traballo persoal do estudante: 99. Titoría en grupo reducido: 1
Recoméndase a consulta do Código de Comercio e das Leis Complementarias (Lei de Sociedades Anónimas, Lei de Sociedades de Responsabilidade Limitada, Lei de Cooperativas, Lei de Ordenación do Comercio Polo Miúdo, Lei Cambiaria e do Cheque, LSSI y CE, etc.).
Na estruturación da materia, tanto no que se refire á configuración de obxectivos coma á programación, prestouse especial atención ao feito de que os futuros Graduados en Administración e Dirección de Empresas contan unicamente con 6 créditos para procurar unha axeitada formación xurídica. Así mesmo, tomouse en consideración o amplo espectro de saídas profesionais, dato que obriga a concibir a materia como un espazo de formación que deberá completarse a través de créditos optativos.
Maria Pilar Bello Martin-Crespo
- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito Mercantil
- Teléfono
- 881811592
- Correo electrónico
- mp.bello [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Jose Ignacio Vidal Portabales
Coordinador/a- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito Mercantil
- Teléfono
- 881811586
- Correo electrónico
- joseignacio.vidal [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Ángel Fernández-Albor Baltar
- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito Mercantil
- Teléfono
- 881814702
- Correo electrónico
- angel.fernandez-albor [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Maria Carmen Gonzalez Ferro
- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito Mercantil
- Correo electrónico
- mdelcarmen.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Martes | |||
---|---|---|---|
09:30-11:00 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula B |
Mércores | |||
09:30-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A |
12:30-14:00 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula B |
16:30-18:00 | Grupo /CLE_03 | Galego | Aula A |
Xoves | |||
15:00-16:30 | Grupo /CLE_03 | Galego | Aula A |
Venres | |||
09:30-11:00 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula B |
11:00-12:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A |
01.06.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula A |
01.06.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A |
01.06.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_06 | Aula A |
01.06.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A |
01.06.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_04 | Aula A |
01.06.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula A |
01.06.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A |
01.06.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_05 | Aula A |
01.06.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLE_03 | Aula A |
01.06.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_04 | Aula B |
01.06.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula B |
01.06.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula B |
01.06.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_05 | Aula B |
01.06.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula B |
01.06.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLE_03 | Aula B |
01.06.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula B |
01.06.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_06 | Aula B |
01.06.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula B |
13.07.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula 08 |
13.07.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 08 |
13.07.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_06 | Aula 08 |
13.07.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 08 |
13.07.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_04 | Aula 08 |
13.07.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 08 |
13.07.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 08 |
13.07.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_05 | Aula 08 |
13.07.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLE_03 | Aula 08 |
13.07.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_05 | Aula A |
13.07.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLE_03 | Aula A |
13.07.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula A |
13.07.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_06 | Aula A |
13.07.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A |
13.07.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_04 | Aula A |
13.07.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A |
13.07.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula A |
13.07.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A |