Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
O propósito do curso de Microeconomía I é analizar como xorde o mercado dun determinado produto e como funciona dito mercado cando, en particular, é de tipo competitivo. Para facer con rigor esta análise, temos que estudar a xénese da demanda e a xénese da oferta que caracterizan o mercado de calquera produto. Polo tanto, unha parte do curso estará dedicada a estudar que hai detrás da demanda (as decisións de consumo que toman os fogares) e outra a estudar que hai detrás da oferta, e dicir, o comportamento das empresas á hora de producir. Estas decisións individuais, que os axentes económicos adoptan con criterios de racionalidade e obxectivos ben definidos, son as que dan orixen a un determinado mercado no que se determina o prezo (de equilibrio). E, a súa vez, este prezo serve como mecanismo coordinador das decisións de consumo e produción individuais, de xeito que tanto consumidores como produtores acadan os seus respectivos obxectivos e asignan de forma óptima os recursos (escasos) dos que dispoñen. A comprensión destas cuestións permite analizar tamén, e con carácter rigoroso, o impacto de diferentes políticas públicas de carácter económico (impostos, subsidios, controis de prezos, etcétera) sobre as decisións de consumo e de produción.
1. A restrición presupostaria dos consumidores nunha contorna estática.
2. As preferencias dos consumidores e a súa representación.
3. Como elixen os consumidores.
4. Variacións no entorno do consumidor e impacto no equilibrio.
5. Medindo o benestar dos consumidores.
6. A tecnoloxía das empresas e a súa representación.
7. Os custos de produción das empresas.
8. Mercado de competencia perfecta e eficiencia.
9. O comportamento dos consumidores nunha contorna estática cando a súa renda é endóxena.
10. Como elixen os consumidores nunha contorna dinámica.
Básica:
• Antelo, M. (2022). La génesis de los mercados: teoría y práctica. Madrid: Pirámide. ISBN: 978-84-36847-39-0.
Complementaria:
• Gracia, E.; R. Pérez (2004). Cuestiones Tipo Test de Microeconomía Intermedia. Prentice Hall.
• Reboredo, J.C. (2022). Microeconomía: Teoría y cuestiones tipo test, Madrid: Pirámide. ISBN: 978-84-368-3720-9.
• Varian, H. (2015). Microeconomía intermedia (9ª edición). Barcelona: A. Bosch. ISBN: 978-84-941076-3-4.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS:
A1 – Entender as implicacións da escaseza e a asignación de recursos, o sistema de prezos, a teoría do consumo e da produción, o equilibrio competitivo e a eficiencia económica.
D7 – Entender que hai detrás da demanda e da oferta coa utilización de ferramentas formais e gráficas para representar os correspondentes modelos.
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS:
CB1 – Que os estudantes posúan coñecementos nunha área de estudo que, basicamente, utiliza ferramentas matemáticas da educación secundaria xeral.
CB2 – Que saiban aplicar dunha forma profesional o corpo de coñecementos adquiridos e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da resolución de problemas numéricos e a interpretación en clave económica dos resultados acadados.
CB3 – Que teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (de carácter microeconómico) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole económica, social e/ou ética.
CB4 – Que teñan a capacidade de transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 – Que desenvolvan as habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
CG1 – Que adquiran os coñecementos que definen á Administración e Dirección de Empresas como disciplina científica, incluíndo as súas teorías, historia, métodos, técnicas e áreas de aplicación, a un nivel que se apoia nas publicacións máis avanzadas e inclúe algúns dos aspectos máis relevantes que están na vangarda do coñecemento neste campo.
CG2 – Que saiban elaborar e defender argumentos sobre cuestións económicas a un nivel xeral, así como resolver problemas sobre estas cuestións, facendo uso dos seus coñecementos sobre a realidade empresarial e as teorías, os modelos e os métodos científicos propios.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS:
CT1 – Análise e síntese.
CT3 – Comunicación oral e escrita.
CT4 – Xestión da información.
CT5 – Coñecementos de tecnoloxía da información relativos ao ámbito de estudo.
CT6 – Resolución de problemas.
CT7 – Toma de decisións.
CT8 – Razoamento crítico.
CT9 – Autonomía na aprendizaxe.
CT10 – Traballo en equipo.
CT11 – Traballo en equipo de carácter interdisciplinar.
CT12 – Habilidades nas relacións interpersoais.
CT13 – Sentido ético.
CT14 – Adaptación á contorna e ao cambio.
CT15 – Coñecemento doutras culturas e costumes, e traballo nun contexto internacional.
CT16 – Sensibilidade cara a problemas sociais e ambientais.
CT17 – Negociación e tratamento de conflitos.
CT18 – Iniciativa e espírito emprendedor.
CT19 – Creatividade e capacidade innovadora.
CT20 – Xestión por obxectivos.
CT21 – Xestión de proxectos.
CT22 – Desenvolvemento da calidade.
CT23 – Estimulación intelectual.
COMPETENCIAS ESPECIFICAS
A1 - A escasez e a asignación de recursos, o sistema de prezos, teorías do consumo e da produción, equilibrio competitivo, mercados competitivos e eficiencia económica.
D7 - Entender as institucións económicas como resultado e aplicación de representacións teóricas ou formais acerca de como funciona a economía
O alumnado debe manexar con suficiencia o coñecemento básico dos conceptos relacionados co consumo (para entender de onde xorde a demanda de calquera produto), a produción (para entender de onde xorde a oferta de calquera produto) e o funcionamento dos mercados competitivos a nivel microeconómico (para entender a dinámica destes mercado e as súas propiedades en termos de benestar). En particular, debe ser capaz de analizar o comportamento do consumidor de acordo coa análise da utilidade ordinal, dominando os conceptos de utilidade, relación marxinal de substitución e maximización da utilidade, e deducir a curva de demanda individual e de mercado. Así mesmo, debe coñecer a representación da tecnoloxía de produción dunha empresa e os principios que caracterizan a tecnoloxía a curto e longo prazo, comprendendo, e sendo capaz de aplicar, os conceptos de rendementos factoriais, rendementos a escala, e de relacionalos cos conceptos de custo a curto e a longo prazo. Por último, o alumnado debe ser capaz de entender como funciona un mercado cando, en particular, ten estrutura de competencia perfecta. O obxectivo final é que ao remate do curso o alumnado teña adquirido capacidade analítica suficiente para relacionar os modelos abstractos estudados na materia con situación reais, identificando os problemas e suxerindo posibles solucións tratando de explicar os efectos das posibles medidas de política económica
Por ser un plan de estudos en extinción, a materia non ten docencia. O estudantado terá dereito ás titorías seguindo as indicacións que poidan aparecer na Aula Virtual para resolver dúbidas e solucionar problemas de aprendizaxe.
O sistema de avaliación consistirá nun exame final dos contidos da materia, realizado nas datas establecidas no calendario oficial, e que suporá o 100% da cualificación.
A materia ten 6 ECTS equivalentes a 150 horas.
A materia de Microeconomía I caracterízase polo seu contido analítico e conceptual. Polo tanto, é preciso manexar un certo número de conceptos dentro dunha serie de modelos matemáticos de ecuacións. Por exemplo, que é, e como se representa, unha función dunha ou de varias variables, como se deriva parcial e totalmente unha función, como se determina o máximo ou o mínimo dunha función con unha ou varias restricións, etcétera. É frecuente que algúns o algunhas estudantes se atopen con certas dificultades na comprensión da materia polo grao de abstracción e razoamento lóxico que require, pero sobre todo pola dificultade que teñen para entender e utilizar as ferramentas básicas ás que nos referimos. Para superar estes atrancos, e tendo en conta a situación do plan en extinción, recoméndase un estudo ordenado e metódico, seguindo o libro "La génesis de los mercados: teoría y práctica" (referenciado na bibliografía básica), que permitirá unha aprendizaxe progresiva dos conceptos e técnicas.
Para os casos de realización fraudulenta do exame final será de aplicación o recollido na normativa de avaliación do rendemento académico do estudantado e de revisión de cualificacións.
Manel Antelo Suarez
- Departamento
- Fundamentos da Análise Económica
- Área
- Fundamentos de Análise Económica
- Teléfono
- 881811535
- Correo electrónico
- manel.antelo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
05.06.2026 09:00-12:00 | Grupo de exame | Aula 08 |
05.06.2026 09:00-12:00 | Grupo de exame | Aula A |
02.07.2026 16:00-19:00 | Grupo de exame | Aula 09 |
02.07.2026 16:00-19:00 | Grupo de exame | Aula A |