Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Estudo da lingua galega en uso na información xornalística e na produción audiovisual.
2. Análise dos condicionantes contextuais deste uso.
3. Exploración da lingua galega como ferramenta comunicativa na prensa
4. Aplicación e manexo da lingua galega como recurso creativo na produción audiovisual
CONTIDOS TEÓRICOS
1.1. A diversidade lingüística
1.2. Contacto de linguas e bilingüismo
1.3. Situación sociolingüística de Galicia
TEMA 2. A normalización da lingua galega
2.1. Políticas lingüísticas
2.2. Ideoloxías lingüísticas
2.3. Discursos sociais sobre as linguas
TEMA 3. A variación lingüística
3.1. Variación no tempo, no espazo, na sociedade
3.2. Corrección e adecuación
3.3. Lingua escrita e lingua oral
TEMA 4. A estandarización da lingua
4.1. Criterios na estandarización da lingua galega
4.2. O galego estándar e as variedades dialectais
TEMA 5. A lingua galega na produción audiovisual
5.1. A lingua escrita na produción audiovisual
5.2. A lingua oral na produción audiovisual
CONTIDOS PRÁCTICOS
1. Fonética e fonoloxía do idioma galego. Aspectos ortográficos. Puntuación.
2. O léxico. As interferencias lingüísticas. Fraseoloxía.
3. Morfosintaxe.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
A) TEÓRICOS
Lorenzo Suárez, A. M., Ramallo, F., & Casares Berg, H. (2008). Lingua, sociedade e medios de comunicación en Galicia. Consello da Cultura Galega. http://consellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2008_Lingua-sociedade…
Méndez, L. (2008). O modelo de galego na televisión. En X. R. Freixeiro Mato, M. Ríos Noya & L. Filloy López (Eds.), Lingua e comunicación. IV Xornadas sobre lingua e usos (2008. A Coruña) (pp. 119-134). Universidade. https://ruc.udc.es/dspace/bitstream/handle/2183/8825/CC93art11.pdf?sequ…
Monteagudo, H., Loredo, X., & Vázquez, M. (2016). Lingua e sociedade en Galicia. A evolución sociolingüística 1992-2013. Real Academia Galega.
Monteagudo, H. (2019). Política lingüística en Galicia: de la normalización sin conflicto al conflicto desnormalizador. En J. Giralt Latorre & F. Nagore Laín (Eds.), La normalización social de las lenguas minoritarias. Experiencias y procedimientos para la salvaguarda de un patrimonio inmaterial (pp. 17-55). Prensas de la Universidad de Zaragoza.
Ramallo, F., Rei-Doval, G., & Rodríguez Yáñez, X. P. (Eds.). (2000). Manual de ciencias da linguaxe. Xerais.
Ramallo, F., & Vázquez Fernández, M. (2020). Condiciones del bilingüismo en la Galicia actual. En El español en el mundo. Anuario del Instituto Cervantes 2020 (pp. 211-236). Instituto Cervantes. https://www.academia.edu/44311963/Condiciones_del_biling%C3%BCismo_en_l…
Roca Baamonde, S., Rodríguez Vázquez, A. I., & Pérez Pereiro, M. (2015). Versión orixinal galega: produción e distribución do cinema en linguas minorizadas. En M. Ledo Andión (Coord.), eDCINEMA: Cara ó espazo dixital europeo: o papel das cinematografías pequenas en versión orixinal (pp. 77-111). GEA.
Romero Suárez, B. (2018). Un debate arredor da lingua. En M. Ledo Andión (Coord.), Para unha historia do cinema en lingua galega. 1. Marcas na paisaxe (pp. 143-157). Galaxia.
Veiga, R. (2008). A lingua da ficción audiovisual. En X. R. Freixeiro, M. Ríos & L. Filloy (Eds.), Lingua e comunicación. IV Xornadas sobre Lingua e Usos (pp. 75-93). Universidade da Coruña. https://ruc.udc.es/dspace/bitstream/handle/2183/8829/CC93art7.pdf?seque…
B) PRÁCTICOS
Álvarez, R., & Xove, X. (2002). Gramática da lingua galega. Galaxia.
Castro Figueiras, E. M., & Rodríguez Ricart, M. C. (2022). Breve guía para mellorarmos o uso do galego. Universidade de Vigo / Refachos Edicións. https://www.uvigo.gal/export/sites/uvigo/gal/unidades/slx/_galeria_down…
Hermida Gulías, C. (2004). Gramática práctica. Morfoloxía. Sotelo Blanco.
Sanmartín Rei, G. (Ed.). (2007). Sobre a calidade da nosa lingua. Universidade da Coruña. https://www.udc.es/export/sites/udc/snl/_galeria_down/documentospdf/Lib…
Sanmartín Rei, G. (Ed.). (2012). Criterios para o uso da lingua. Universidade da Coruña. https://www.udc.es/export/sites/udc/snl/_galeria_down/documentospdf/Lib…
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Boullón, A. (2021). La polémica onomástica en Galicia. La ciudadanía y los nombres propios. Onomastica Lipsiensia, 14, 107-128.
Consello da Cultura Galega - Observatorio da Cultura Galega. (2017). Prácticas e actitudes lingüísticas da mocidade en Galicia. Consello da Cultura Galega. http://consellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2017_Practicas-e-acti…
Fernández Rei, E. (2005
CON.1 - Analizar a imbricación da comunicación audiovisual no contexto das industrias culturais.
CON.5 - Coñecer as técnicas e tecnoloxías da documentación, ideación e creación propias da linguaxe audiovisual.
CON.7 - Coñecer as distintas metodoloxías de análises de calquera produto radiofónico, cinematográfico, televisivo ou multimedia.
HAB.1 - Transmitir de maneira idónea contidos audiovisuais destinados a públicos especializados e non especializados.
HAB.2 - Manexar as técnicas de documentación e escritura audiovisuais.
HAB.5 - Analizar, mediante diversas metodoloxías, calquera produto radiofónico, cinematográfico, televisivo ou multimedia.
COM.1 - Deseñar e implementar estratexias de comunicación audiovisual efectiva en distintos medios, soportes e contextos.
COM.4 - Aplicar diversas metodoloxías á análise, á crítica e á historiografía de calquera obra audiovisual ou multimedia.
COM.7 - Aplicar os coñecementos e as habilidades adquiridas dunha forma profesional e ética no ámbito da Comunicación, tendo como referente os principios e valores democráticos e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.
Empregaranse os seguintes tipos de actividades:
- Clase maxistral: sesión expositiva impartida polo/a docente.
- Estudos de casos: análise e exposición de medios, produtos, estratexias ou proxectos de referencia no contexto da materia.
- Debate: discusión organizada sobre un tema ou pregunta.
- Metodoloxía baseada na investigación: modalidade que sitúa o estudantado no rol de investigador/a, executando un proceso de busca, avaliación, síntese e análise.
- Asistencia a conferencias ou outros eventos: presenza en actos de carácter divulgativo nos que interveñen persoas expertas ou asistencia a espazos de divulgación especializada, como exposicións.
Para o alumnado do sistema presencial (sen exención de docencia), a porcentaxe será como segue:
• Probas de coñecementos: 40%
• Actividades de avaliación continua: 10%
• Exercicios prácticos: 50%
Segunda oportunidade:
- Probas de coñecementos: 50%
- Exercicios prácticos: 50%
Para o alumnado con exención de docencia concedida polo centro, a porcentaxe será como segue:
• Probas de coñecementos: 50%
• Exercicios prácticos: 50% (traballo(s) acordado(s) previamente coa profesora ou profesor que deberá(n) entregarse na data do exame final ou con anterioridade a esta).
En ambos os casos, é imprescindible ter aprobada a parte teórica e a parte práctica para superar a materia.
No caso de plaxio ou uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de “Non Presentado”.
• Docencia teórica: 24 horas
• Docencia interactiva: 24 horas
• Titorización en grupo reducido: 3 horas
• Probas de avaliación: 3 horas
• Traballo persoal do alumnado: 96 horas
Os estudantes terán material ó seu dispor no Campus Virtual. A exploración e manexo dos recursos en liña é fundamental.
A materia debe irse estudando conforme se vaia desenvolvendo o temario. É da maior importancia realizar as actividades que se vaian indicando para poder participar nos debates.
As instrucións sobre os traballos/exposicións de aula serán dadas oportunamente.
Diego Rivadulla Costa
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Correo electrónico
- diego.rivadulla.costa [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Martes | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 6 |
Mércores | |||
12:00-13:00 | Seminario 1 | Galego | Aula 6 |
13:00-14:00 | Seminario 1 | Galego | Aula 6 |
Xoves | |||
13:00-14:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 6 |
08.01.2025 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 0 |
09.06.2025 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |