Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Común
Áreas: Dereito Civil
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Dominio da linguaxe xurídica.
- Destreza no manexo dos textos de dereito positivo e na utilización dos instrumentos básicos de interpretación e aplicación das normas.
- Comprensión da realidade plurilexislativa española en materia civil, da existencia en Galicia dun sistema sucesorio propio e do consecuente carácter subsidiario do Código Civil.
- Capacidade de análise crítica das decisións xurisprudenciais e percepción das orientacións actuais en torno aos problemas básicos propios da disciplina.
- Identificación das materias especialmente conflitivas no ámbito do Dereito de Sucesións e dos grandes principios que informan o sistema sucesorio galego fronte ao sistema sucesorio do Código civil (maior liberdade dispositiva formal e material, reforzamento da posición do viúvo, etc....).
PROGRAMA:
Lección 1.- Sucesión mortis causa. 1. Concepto e recoñecemento constitucional. 2. Clases de sucesións. 3. A herdanza. 4. Os sucesores: o herdeiro e o legatario. 5. Momentos do fenómeno sucesorio: apertura da sucesión, vocación e delación da herdanza. 6. Transmisión do ius delationis. 7. Capacidade para suceder. Incapacidades relativas e indignidade. 8. Acrecemento na sucesión mortis causa. 9. O dereito de representación.
Lección 2.- Sistemas de adquisición da herdanza. 1. A herdanza xacente. 2. Aceptación da herdanza. 3. O dereito de deliberar. 4. O beneficio de inventario. 5. Efectos da aceptación. 6. A acción de petición de herdanza.7. Responsabilidade do heredeiro por débedas e cargas da herdanza. 8. Alleación da herdanza. 9. A repudiación. O artigo 1101 do Código civil. 10. A comunidade hereditaria: réxime xurídico.
Lección 3.- A partición da herdanza. 1. Partición: concepto e natureza xurídica. 2. Clases de partición no Código civil e na Lei de Dereito civil de Galicia 3. Operacións particionais: inventario, valoración, liquidación, formación de lotes e adxudicación de bens. 4. A colación. 5. Efectos da partición. 6. Evicción e saneamento. 7. Modificación e ineficacia da partición.
A SUCESIÓN VOLUNTARIA
Lección 4.- A sucesión testada. 1. Testamento: concepto, contido e caracteres. 2. Capacidade para testar. 3. Clases de testamentos. 5. Testamentos comúns: aberto, pechado, hológrafo. 6. O testamento mancomunado. 7. O testamento por comisario. 8. O Rexistro de Actos de Derradeira Vontade.
Lección 5.- Institución de herdeiro. 1. Formas de designación. 2. Substitucións hereditarias: concepto e tipos: as substitucións vulgar, pupilar e exemplar. 3. Substitución fideicomisaria. O fideicomiso de residuo.
Lección 6.- O legado. 1. Elementos persoais e reais do legado. 2. Tipos de legados regulados polo Código civil. 3. A adquisición do legado. 4. A entrega do legado. 5. Responsabilidade do legatario. 6. Ineficacia do legado. 7. O modo testamentario. 8. Disposicións testamentarias especiais na Lei de dereito civil de Galicia.
Lección 7.- Execución testamentaria. 1. A testamentaría: concepto, caracteres e clases. 2. Facultades, deberes, prohibicións e responsabilidade do testamenteiro. 3. Interpretación do testamento: criterios legais, interpretación integrativa e proba extrínseca. 4. Ineficacia do testamento. 5. Nulidade do testamento: causas, acción e efectos. 6. Revogación. 7. Caducidade dos testamentos.
Lección 8. Os pactos sucesorios.- 1. O contrato sucesorio: concepto e clases. 2. A prohibición dos pactos sucesorios no Código civil. 3. A sucesión contractual no Dereito civil de Galicia. 4. Disposicións comúns aos pactos admitidos en Galicia. 5. O pacto de mellora e a mellora de labrar e posuír. 6. O pacto de apartación. 7. O usufruto do cónxuxe viúvo no Dereito civil de Galicia.
A LEXITIMA
Lección 9.- Lexítimas e reservas. 1. As reservas e o dereito de reversión. 2. A lexítima no Código Civil e na Lei de Dereito civil de Galicia: diferenzas. 3. A lexítima dos descendentes no Código civil. A mellora e a delegación da facultade de mellorar. 4. A lexítima dos ascendentes no Código civil. 5. A lexítima do cónxuxe viúvo no Código civil. 6. A lexítima dos descendentes na Lei de Dereito civil de Galicia. 7. A lexítima do cónxuxe viúvo na Lei de Dereito civil de Galicia.
Lección 10.- Cálculo e protección da lexítima. 1. O cálculo da lexítima. 2. A imputación de doazóns, legados e pactos sucesorios. 3. A indispoñibilidade da lexítima. 4 Intanxilibidade cuantitativa: Accións de suplemento e de reducións disposicións e pactos sucesorios inoficiosos. 5. Intanxibilidade cualitativa da lexítima: prohibición de cargas e gravames. 6. O usufruto universal do cónxuxe viúvo como gravame da lexítima. 7. Pagamento en metálico. 8. Preterición. 9. Desherdamento.
SUCESIÓN LEGAL
Lección 11.- A sucesión legal. 1. Sucesión legal, intestada ou ab intestato: concepto e fundamentos. 2. Supostos de apertura da sucesión intestada. 3. Orde de suceder e principios reitores. 4. Sucesión intestada a favor do Estado e das Comunidades Autónomas.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
BERCOVITZ RODRIGUEZ-CANO, Manual de Derecho Civil. Derecho de Sucesiones. Bercal, Madrid. ültima edición
BUSTO LAGO, J. M. (Dir.), ÁLVAREZ LATA, N., PEÑA LÓPEZ, F., Curso de Derecho civil de Galicia, -Colección: Manuales universitarios-, Barcelona, Atelier, 2015.
DÍEZ-PICAZO, L. e GULLÓN, A. Sistema de Derecho Civil. Vol. IV. Derecho de Familia/Derecho de Sucesiones. Tecnos. Madrid, última edición.
LACRUZ BERDEJO, J. L. Elementos de Derecho Civil V. Sucesiones. Dykinson. Madrid, última edición.
LASARTE ÁLVAREZ, C. Principios de Derecho Civil. Tomo VII. Derecho de Sucesiones. Marcial Pons. Madrid, última edición.
RIVAS MARTÍNEZ, J.J. Derecho de Sucesiones: Común y Foral. Dykinson, 2009.
AA. VV. Derecho de Sucesiones y Régimen económico familiar de Galicia: comentarios a los Títulos IX y X y Disposición Adicional Tercera de la Ley de Derecho Civil de Galicia. Colegio Notarial de Galicia, 2007.
AA. VV. Comentarios a la Ley de Derecho Civil de Galicia. Ley 2/2006, de 14 de junio (Coordinados por REBOLLEDO VARELA, Á. L.). Thomson Aranzadi. Cizur Menor (Navarra) 2008.
AA. VV., Tratado de Derecho de Sucesiones. Código Civil y normativa autonómica. Dir. C. Gete-Alonso y Calera. Civitas-Thomson, 2011
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
CARBALLO FIDALGO, M., La legítima en la Ley de Derecho Civil de Galicia, Estudios jurídicos en memoria del Prof. José Manuel Lete del Río. MP: García Rubio (coord). Thomson Civitas, 2009
DÍAZ MARTÍNEZ, ANA, De la herencia yacente a la aceptación tácita : reclamaciones patrimoniales de terceros, Aranzadi, 2010.
ESPEJO LERDO DE TEJADA, M., La legítima en la sucesión intestada en el Código Civil, Pons, 1996.
GARCÍA-BERNARDO LANDETA, A. La legítima en el Código Civil. Colegios Notariales de España, 2006.
GARCÍA RUBIO, M.P, La distribución de toda la herencia en legados. Civitas, 1989
GONZÁLEZ PORRAS, J.M., Manual de sucesión intestada, Tirant lo Blanch, 2011
HERRERO OVIEDO, M., El renacer de los pactos sucesorios, en Estudios de Derecho de Familia y Sucesiones. Editor, Santiago Álvarez González, 2009.
JORDANO BAREA, J.B., Interpretación del testamento. Bosch, 1958
JORDANO FRAGA, F., Indignidad sucesoria y desheredación (algunos aspectos conflictivos de su recíproca interrelación), Comares, 2004.
MADRIÑÁN VÁZQUEZ, M., El derecho de representación en la sucesión testada, Thomson, 2009
NIETO ALONSO, A., Sustitución fideicomisaria de residuo, usufructo testamentario de disposición y donación, La Ley, 2014.
REQUEIXO SOUTO, Pactos de atribución particular "post mortem" : ámbito del artículo 1271, ap. 2.º, del Código Civil, Anuario de derecho civil, t. 65, p. 1745
TORRES GARCÍA, T., La legítima en el Código Civil, en Estudios de Derecho de Familia y Sucesiones. Editor, Santiago Álvarez González, 2009.
TORRES GARCÍA, T./GARCÍA RUBIO, M.ª P., La libertad de testar: El principio de igualdad, la dignidad de la persona y el libre desarrollo de la personalidad en el Derecho de sucesiones, Fundación Coloquio Jurídico Europeo, Madrid, 2014.
- Dominio da linguaxe xurídica, en particular, en materia de Dereito de sucesións.
- Destreza no manexo dos textos de dereito positivo e na utilización dos instrumentos
básicos de interpretación e aplicación das normas.
- Comprensión da realidade plurilexislativa española en materia civil e as súas consecuencias na ordenación das relacións sucesorias.
- Capacidade de análise crítico das decisións xurisprudenciáis e percepción das
orientacións actuais en torno aos problemas básicos propios da disciplina.
- Identificación das materias especialmente conflictivas no ámbito do dereito de sucesións e dos grandes principios que o informan.
- Lograr que o estudante se familiarice cos textos que conteñen o Dereito positivo, en materia de Dereito de sucesións, singularmente con textos legais (en particular co Código civil; pero tamén coa Lei de Axuizamento civil e coa Lei de Dereito civil de Galicia) e as decisións xurisprudenciais e doutrina da DXRN.
- Decatarse da debida relevancia do Dereito civil de Galicia, de xeito salientable, no eido do Dereito de sucesións.
- Aprender as sinaladas diferencias entre o Dereito sucesorio resultante da aplicación do Código civil e da Lei de Dereito civil de Galicia.
- Ter presente a importancia da liberdade de testar no Dereito civil de Galicia e as consecuencias que de aí derivan.
A ensinanza da materia divídese en dous grandes apartados: as clases de expositivas, nas que o profesor/a adquire o principal protagonismo, e as clases interactivas, de carácter práctico, nas que o alumnado realizará e protagonizará exposicións, comentarios, discusións, exercicios e análise de casos.
As clases expositivas terán carácter presencial. O profesor/a explicará na aula os conceptos e procesos básicos da materia, debendo o alumnado, posteriormente, complementar tales explicacións coa utilización dos materiais de traballo e manuais recomendados en cada caso.
Nas clases interactivas, que tamén terán carácter presencial, o alumnado deberá demostrar a adquisición ou posesión de certas competencias que se pretenden avaliar na asignatura. O desenvolvemento das clases interactivas tentará de complementar, de xeito práctico, o visto nas de tipo expositivo. Para elo, o alumnado deberá resolver diferentes exercicios e casos, exporá temas e realizará diferentes aportacións persoais solicitadas polo profesor. Os exercicios e casos serán realizados na aula, de modo síncrono.
O alumnado contará, como apoio complementario á docencia, cun aula virtual, á que poderán acceder tódolos matriculados oficialmente na materia. Esta aula será unha ferramenta de uso obrigado polo alumnado, pois na mesma atopará materiais de diferente tipo, necesarios para a preparación da materia, así como actividades relacionadas coas aulas interactivas.
Os horarios das clases serán os programados e publicados pola facultade, así como as aulas onde se impartirá a docencia.
O profesor/a realizará as titorías no despacho situado la Área de Dereito Civil, de xeito presencial. Excepcionalmente, en casos xustificados e a petición do alumnado, poderían ser realizadas de xeito virtual a través da plataforma Teams.
Co manexo nas clases dos textos legais e da xurisprudencia recaída nestas materias, analizaranse os contidos mínimos da materia, nun intento de trasladar o coñecemento das institucións cunha visión práctica delas. Neste sentido, resaltarase a ausencia de respostas unívocas nas materias máis discutidas e as argumentacións que sosteñen as diversas teses defendibles ante os Tribunais.
Fomentarase a participación agrupando o alumnado e polarizando a súa intervención como representantes das partes en conflito.
Impartiranse técnicas de redacción de documentos característicos das institucións sucesorias, como testamentos, pactos sucesorios ou escrituras particionais
GRUPO A: PROF. ÁNGEL LUIS REBOLLEDO VARELA
Para a comprobación individualizada dos resultados da aprendizaxe do alumnado a avaliación da materia levarase a cabo a través de dúas actuacións: avaliación continua e proba teórico-práctica final. Para un total de 10 puntos da cualificación final, a mesma distribúese do seguinte xeito:
1. A avaliación continua supón o 30% (3 puntos) da cualificación final, e deriva da asistencia as aulas expositivas e intervención activa nas mesmas (10%) e dos traballos e prácticas que se realizarán nas aulas interactivas (20%), valorándose a estrutura dos mesmos e asemade o manexo de bibliografía e xurisprudencia e a exposición oral.
2. A proba final, supón o 70% (7 puntos) da cualificación final, e terá unha parte expositiva na que debe darse resposta ás cuestións que se formulen (40% da nota: 2,8 puntos) e unha parte práctica (60% da nota; 4,2 puntos), consistente, xa na elaboración dun ditame sobre un problema xurídico real, xa na resolución dun caso práctico, xa nun comentario xurisprudencial. Para a realización da proba final o alumnado poderá utilizar todos os textos legais (en formato papel) que estimen convenientes, pero non auxiliarse doutro material bibliográfico.
Para a superación da materia en todo caso é necesario conseguir na proba final unha puntuación mínima de 2,8 sobre 7. En ningún caso poderá superar a materia o alumnado que na proba final deixe algunha pregunta, incluída a parte práctica, en branco o cualificada con 0.
A cualificación final se determinará sumando a nota correspondente á proba final e a obtida na avaliación continua. Para aprobar a materia a suma debe ser 5 ou superior. O alumno/a que non participase nas actividades de avaliación continúa, para superar a materia deberá obter na proba final unha nota mínima de 5 (sobre 7).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación de rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
Para o avaliación en 2ª oportunidade seguiranse os mesmos criterios. Para tal efecto, a cualificación correspondente á avaliación continua ao longo do curso académico considerarase en ambas convocatorias.
RÉXIME PARA O ALUMNADO CON EXENCIÓN DE DOCENCIA:
O 100% da cualificación será a determinada polo exame final. O alumnado poderá asistir ao longo de todo o curso académico ás titorías que precise.
NOTA IMPORTANTE: NORMATIVA DE PERMANENCIA:
Advírtase que segundo a "Normativa sobre permanencia nas titulacións de Grao e Máster" aprobada polo Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela (5 de xuño de 2012): artigo 5.2 "A cualificación dunha convocatoria na que o alumno non se presenta, ou non supera os obxectivos establecidos será de "suspenso", salvo que o estudante non realice ningunha actividade académica avaliable conforme ao establecido na programación ou guía docente, en cuxo caso constará como "non presentado".
_________________________________________________________________________________________
GRUPO B. Prof.ª ANTONIA NIETO ALONSO
A avaliación da materia levarase a cabo a través de dúas actuacións: avaliación continua e proba final.
A avaliación continua suporá o 30% da cualificación final, e consistirá na realización de actividades prácticas diversas, individuais ou en grupo, desenvoltas no curso das aulas interactivas. Valorarase a estrutura e corrección formal das prácticas entregadas, o manexo correcto da xurisprudencia e da doutrina e a capacidade lóxica, discursiva e comunicativa do alumno. Tamén se valorará, xunto á asistencia ás clases, a participación axeitada tanto nas clases expositivas coma nas clases interactivas.
A proba final, na que se avaliará o dominio dos conceptos teóricos adquiridos e a súa aplicación práctica, representará o 70% da nota final. O alumno deberá obter nesta proba una cualificación mínima de 3 puntos (sobre 7) para superar a materia e para que se sume a nota das actividades interactivas.
Non poderá aprobarse a materia cunha pregunta do exame en branco ou cunha cualificación de 0.
A cualificación final determinarase sumando a nota correspondente ao exame final e a obtida na avaliación continua. Para aprobar a materia, a suma debe ser, alomenos de 5. O alumno que non participase nas clases en todo o cuadrimestre debe obter no exame unha nota mínima de 5 (sobre 7).
Esta forma de avaliación é única para a primeira e a segunda oportunidade. A tal efecto, a cualificación correspondente á avaliación continua ao longo do curso académico aplicarase en ambas convocatorias. En posteriores matrículas non se gardarán as notas da avaliación continua.
NOTA IMPORTANTE:
Lémbrase que segundo a "Normativa sobre permanencia nas titulacións de Grao e Master" aprobada polo Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela (5 de xuño de 2012): artigo 5.2: "A cualificación dunha convocatoria na que o alumno non se presenta, ou non supera os obxectivos establecidos será de 'suspenso', salvo que o estudante non realice ningunha actividade académica avaliable conforme ao establecido na programación ou guía docente, en cuxo caso constará como 'non presentado' ". Por tanto, o alumno que entregue algún traballo avaliable ou se presente ao exame será cualificado, de non superar a materia, como suspenso, e só terá a cualificación de non presentado o alumno que non entregue ningún traballo avaliable, nin se presente ao exame.
No caso de exención de docencia, a cualificación corresponderase coa obtida no exame final (100% da nota).
______________________________________________________________________________________
GRUPO C. Prof.ª CARBALLO FIDALGO
A avaliación da materia levaráse a cabo a través de dúas actuacións: avaliación continua e proba teórico-práctica final.
A avaliación continua suporá o 30% da cualificación final, e se baseará na asistencia e participación activa do estudante nas aulas expositivas (10%) e na participación e realización das actividades prácticas desenvoltas nas aulas interactivas (20%). Valoraráse a estrutura e corrección formal das prácticas entregadas, o manexo correcto da xurisprudencia e da doutrina e a capacidade lóxica, discursiva e comunicativa do alumno/a.
A proba final, na que se avaliará o coñecemento das institucións básicas estudadas ó longo do curso, representará o 70% da nota final. Consistirá na formulación de cuestións e o prantexamento dun caso práctico. O alumno/a deberá obter nesta proba una cualificación mínima de 3 puntos para superar a materia.
A cualificación final determinarase sumando a nota correspondente ao exame final e a obtida na avaliación continua. Para aprobar a materia, a suma debe ser 5 ou superior. O alumno/a que non participase nas clases en todo o cuadrimestre debe obter no exame unha nota mínima de 5 (sobre 7). Non poderá aprobarse a materia cunha pregunta do exame en branco ou cunha cualificación de 0.
Esta forma de avaliación é única para a primeira e a segunda oportunidade. A tal efecto, a cualificación correspondente á avaliación continua ao longo do curso académico aplicarase a ambas convocatorias.
En posteriores matrículas non se gardarán as notas da avaliación continua.
Réxime para o alumnado con exención de docencia: O 100% da cualificación será a determinada polo exame final. O alumno/a poderá asistir ao longo de todo o curso académico ás titorías que precise.
Normativa de permanencia: Advírtase que, segundo a "Normativa sobre permanencia nas titulacións de Grao e Máster" aprobada polo Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela o 5 de xuño de 2012 (artigo 5.2), "A cualificación dunha convocatoria na que o alumno non se presenta, ou non s upera os obxectivos establecidos será de "suspenso", salvo que o estudante non realice ningunha actividade académica avaliable conforme ao establecido na programación ou guía docente, en cuxo caso constará como "non presentado".”
______________________________________________________________________________________________
Considéranse necesarias 45 horas de presenza do alumno na aula á que haberá que sumar 67.5 horas de traballo persoal do alumno para resolver os casos prácticos que se formulen, elaborar as presentacións de traballos e preparar o exame.
Para facilitar o estudo desta materia é recomendable contar con coñecementos en materia de Dereito Procesual Civil e Dereito Rexistral, así como ter superado as materias de Introdución ao Dereito Civil e Dereito da persoa, Dereitos Reais, Dereito de Obrigas e Responsabilidade Civil, Dereito de contratos e Dereito de Familia.
Ademais, tamén é recomendable:
- A asistencia regular a clase
- A participación activa dos alumnos na clase
- O estudo diario da materia.
- Utilización do horario de titorías para solucionar dúbidas sobre a explicación teórica e sobre a resolución dos problemas prácticos
É imprescindible dispoñer dos materiais necesarios (manuais, lexislación e xurisprudencia) e asistir ás clases co material lexislativo correspondente á lección impartida.
Angel Luis Rebolledo Varela
- Departamento
- Dereito Común
- Área
- Dereito Civil
- Teléfono
- 881814649
- Correo electrónico
- angelluis.rebolledo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Marta Carballo Fidalgo
Coordinador/a- Departamento
- Dereito Común
- Área
- Dereito Civil
- Teléfono
- 881814654
- Correo electrónico
- marta.carballo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Antonia Nieto Alonso
- Departamento
- Dereito Común
- Área
- Dereito Civil
- Teléfono
- 881814742
- Correo electrónico
- antonia.nieto [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo A - horario de mañá (A-F) | Galego | Aula 5 |
16:30-18:00 | Grupo B - horario de tarde (G-O) | Galego | Aula 3 |
Xoves | |||
15:00-16:30 | Grupo C - horario de tarde (P-Z) | Galego | Aula 5 |
Venres | |||
15:00-16:30 | Grupo C - horario de tarde (P-Z) | Galego | Aula 5 |
05.06.2025 10:00-12:00 | Grupo B - horario de tarde (G-O) | Aula 4 |
05.06.2025 13:00-15:00 | Grupo A - horario de mañá (A-F) | Aula 4 |
05.06.2025 16:00-18:00 | Grupo C - horario de tarde (P-Z) | Aula 4 |
07.07.2025 10:00-12:00 | Grupo B - horario de tarde (G-O) | Aula 1 |
07.07.2025 13:00-15:00 | Grupo A - horario de mañá (A-F) | Aula 1 |
07.07.2025 16:00-18:00 | Grupo C - horario de tarde (P-Z) | Aula 1 |