Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 26 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Aplicada
Áreas: Economía Aplicada
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O obxectivo central da materia é que o estudantado adquira uns coñecementos que lle permitan entender o funcionamento da economía mundial actual, comprendendo os aspectos fundamentais da análise estrutural en economía e as pautas de formación do sistema económico mundial. Asemade, aspírase a que o estudantado aprenda a analizar a economía mundial cos instrumentos propios dunha metodoloxía sistémica, que saiba interpretar as súas características e tendencias actuais no marco contextual dos movementos cíclicos e cambios estruturais, así como as relacións clave que están detrás dos modelos de acumulación.
Para cumprir con estes obxectivos, abórdase unha análise concreta e detallada de certos temas chave da realidade económica mundial actual. Por un lado, afóndase na comprensión das características e cambios estruturais da economía mundial e da súa evolución recente, centrada no crecemento económico e os seus límites. Por outro lado, estúdanse ámbitos concretos das relacións económicas internacionais, como o comercio mundial e o investimento estranxeiro directo, así como o papel das institucións económicas internacionais que forman parte do seu marco regulador.
O programa desta materia terá continuidade coa materia Estrutura económica mundial II, onde se afonda noutros temas da economía mundial, como o sistema monetario e financeiro internacional, a problemática do desenvolvemento, a sustentabilidade e a integración económica.
Tema 1. O enfoque estrutural aplicado ao estudo da economía mundial.
1.1. A Ciencia económica como ciencia social.
1.2. O enfoque estrutural aplicado ao estudo da Economía Mundial.
Tema 2. Estrutura económica.
2.1.- As relacións estruturais.
2.2.- Os sistemas económicos.
Tema 3. Dinámica económica.
3.1.- Leis e efectos da dinámica económica capitalista.
3.2.- Estrutura económica mundial actual.
Tema 4. Fontes e límites do crecemento económico mundial.
4.1.- Fenómenos demográficos actuais e as súas implicacións na economía mundial.
4.2.- A sustentabilidade e o crecemento económico mundial.
4.3.- As disparidades na xeración de coñecemento e a innovación.
Tema 5. Comercio mundial: características, tendencias estruturais e marco regulador.
5.1.- O debate do librecambismo e o proteccionismo na economía mundial actual.
5.2.- Características estruturais e tendencias do comercio mundial.
5.3.- O marco regulador do comercio mundial: características e problemática actual.
Tema 6. Investimento estranxeiro directo, empresas multinacionais e cadeas globais de valor.
6.1.- O investimento estranxeiro directo: conceptualización e tipoloxía.
6.2.- Teorías explicativas do investimento estranxeiro directo.
6.3.- Empresas multinacionais e investimento estranxeiro directo.
6.4.- Cadeas Globais de Valor.
Bibliografía básica:
Alonso, J. A. (dir.) (2023): Lecciones sobre economía mundial: introducción al desarrollo y a las relaciones económicas internacionales, 11ª edición, Cizur Menor (Navarra): Civitas Thomson Reuters.
Martínez, J.; Vidal, J.M. (2003): Economía mundial, 2ª edición, Madrid: McGraw-Hill.
Palazuelos, E. (dir.) (2015): Economía Política Mundial, Madrid: Ediciones Akal.
Bibliografía complementaria:
Beiras, X.M. (2003): “Permanencia y cambio estructural en la mundialización”, en Rallo, A. (ed.): Un mundo para todos. Otra globalización es posible, Icaria Más Madera, 43-70.
Cairó i Céspedes, G. (coord.) (2020): Economía Mundial. Deconstruyendo el capitalismo global, Barcelona: Publicacions i Edicions de la Universitat de Barcelona.
Gandoy, R.; Díaz-Mora, C. (2017): "Cadenas globales de valor: en el punto de mira de la política comercial proteccionista", Información Comercial Española 896, 43-58.
García, J.M.; Durán, G.; Sánchez, A. (Coord.) (2013): Estructura económica y relaciones internacionales, Madrid: Garceta.
Gómez, P.J. (coord.) (2017): La economía mundial. Enfoques críticos, Madrid: Catarata.
Guerrero, D. (2007): “Competencia y monopolio en el capitalismo”, en Martínez, J. y Sánchez, R. (eds.): El futuro imposible del capitalismo, Icaria y Antrazyt, 115-148.
Guzmán, J. (2005): “El rol de la ética en la ciencia económica”, Información Comercial Española 823, 11-27.
Hinkelammert, F.J. (2018): Totalitarismo del mercado. El mercado capitalista como ser supremo, Editorial Akal.
Krugman, P. (2008): El retorno de la economia de la depresion y la crisis actual, Editorial Crítica.
Krugman, P. (2017): “Crises: The price of globalisation?” en Gangopadhyay, P. (ed.): Economics of Globalisation, London: Routledge, 31-50.
Martínez, A.; Orlandini, A.; Herrero, S. (2011): “Crisis, cambio global y energía”, Revista de Economía Mundial 29, 263-284.
Medialdea, B.; Sanabria, A. (2013): “La financiarización de la economía mundial: hacia una caracterización”, Revista de Economía Mundial 32, 195-227.
Muñoz, C.; Rapún, M.; Iráizoz, B. (2020): Introducción a la economía aplicada. Magnitudes y cuentas económicas, 6ª edición, Navarra: Civitas, Thomson Reuters.
Piketty, T. (2014): El Capital en el siglo XXI, Madrid : Fondo de Cultura Económica.
Requeijo, J. (2025): Economía Mundial, 7ª edición, Madrid: McGraw-Hill.
Rodrik, D. (2012): La paradoja de la globalización, Antoni Bosch Editor.
Sampedro, J.L. (2002): El mercado y la globalización, Barcelona: Ediciones Destino
Stiglitz, J.E. (2020): Capitalismo progresista. La respuesta a la era del malestar, Editorial Taurus.
Trinidad Requena, A.; Barros Rodríguez, F.; Soriano Miras, R.M. (2023): La economía global localizada entre los lugares de producción y consumo, Centro de Investigaciones Sociológicas.
Esta bibliografía poderá ser complementada con referencias adicionais específicas e outros documentos e materiais de apoio, que estarán dispoñibles preferentemente a través da Aula Virtual. En todo caso, priorizarase o uso de materiais e recursos de libre acceso dispoñibles na rede.
C4. Comprender a contorna económica e social (internacional, nacional, rexional ou local), os procesos de desenvolvemento económico e o papel das institucións económicas.
C6. Coñecer os fundamentos teóricos e tendencias da economía internacional e os principais conceptos necesarios para entender as relacións económicas internacionais.
C10. Comprender os elementos clave para unha economía que sexa social e ambientalmente sustentable.
HD2. Manexar a comunicación oral e escrita de forma precisa e clara para transmitir coñecementos, resultados, problemas e solucións.
HD3. Traballar en equipo, compartindo e poñendo en común os coñecementos, integrando distintas formulacións.
HD4. Desenvolver capacidade para a aprendizaxe autónoma.
CP1. Asesorar sobre situacións concretas da economía (internacional, nacional ou rexional), de sectores e empresas desta.
CP4. Elaborar estudos e informes sobre cuestións económicas, cun alto grao de autonomía e obter deles conclusións útiles para a comprensión e resolución de problemas de índole económica.
A ensinanza da materia desenvolverase a través de actividades de docencia expositiva (clase maxistral) e de docencia interactiva (debates, presentación oral na aula, seminario, traballos individuais ou en equipo) en grupos reducidos, todas elas de carácter presencial.
Para ese fin, un soporte esencial está constituído pola Aula Virtual da materia, na que o estudantado pode encontrar: i) a programación cronolóxica detallada das actividades, co contido previsto para cada unha das sesións de docencia expositiva e interactiva; ii) as presentacións para cada clase de docencia expositiva; iii) as instrucións das actividades a realizar e os materiais para traballar en cada unha das sesións de docencia interactiva (publicacións, datos estatísticos, vídeos,...); iv) as publicacións, tanto da bibliografía básica como da específica para cada tema, que estean dispoñibles en formato electrónico.
As titorías terán lugar esencialmente de modo presencial, complementadas coa resolución de dúbidas a través do foro da Aula Virtual e o correo electrónico institucional.
O sistema xeral de avaliación da aprendizaxe é mixto, e combina as seguintes dúas metodoloxías de avaliación:
- Avaliación final dos coñecementos adquiridos, a través dunha proba (exame), que se celebra na data oficial de exames sobre os contidos da materia. Esta proba terá un peso na cualificación final do 70%.
- Avaliación continua dos coñecementos e competencias adquiridas a nivel práctico nas probas e/ou actividades que se programen nas clases interactivas. A asistencia participativa valorarase como un factor máis na avaliación continua. A avaliación continua terá un peso na cualificación final do 30%.
Para poder sumar as puntuacións de ambas avaliacións e optar á superación da materia é requisito imprescindible acadar unha puntuación mínima na proba de avaliación final (exame) do 40% do seu valor. En caso de non cumprir este requisito, a nota final da convocatoria só reflectirá a nota obtida na avaliación continua.
Cumprido o requisito anterior, o aprobado da materia obtense a partir dunha nota mínima de 5 puntos (50% da puntuación máxima).
O estudantado que teña superado a materia e tamén o curso de Competencias en Información (CI) que se imparte dende a Biblioteca, verá incrementada a nota final en 0,5 puntos.
A dispensa de asistencia está regulada polo Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster. Nesta materia, o estudantado con dispensa de asistencia, será avaliado de acordo co seguinte sistema:
- Realización dunha proba final de coñecementos (exame) que incluirá preguntas sobre calquera aspecto que forme parte dos contidos da materia. Esta proba realizarase na data oficial de exames e terá un peso do 70% na cualificación final.
- Realización dun traballo ou caderno de actividades a realizar polo estudantado, segundo as indicacións que estableza o profesorado ao inicio do curso, co obxecto de desenvolver aspectos prácticos da materia. O traballo ou caderno de actividades deberase entregar con carácter previo á data oficial de exame da materia, podendo ser requirida a súa presentación oral e defensa ante o profesorado, se este o considera necesario. Esta parte terá un peso do 30% na cualificación final.
No caso do estudantado repetidor que o solicite en tempo e forma, este poderase acoller ao mesmo sistema de avaliación que o estudantado con dispensa de asistencia. Para que este cambio no sistema de avaliación teña efecto, o estudantado repetidor deberá comunicar esta opción a través do correo electrónico institucional ao profesorado responsable do grupo de docencia que lle corresponda, na primeira semana de clase. En caso de non comunicalo en tempo e forma, será avaliado polo sistema xeral.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico do estudantado e de revisión de cualificacións.
Estímase que, para preparar adecuadamente a materia, o estudantado debe dedicar en torno a 99 horas de traballo persoal autónomo. A estimación deste tempo medio é orientativa e virá modificada fundamentalmente pola atención e participación nas actividades da aula e as complementarias, a base de coñecementos e a actitude e aptitude de cadaquén.
A continuación indícase a distribución do tempo de dedicación que require a preparación da materia:
Docencia teórica (presencial): 24 horas
Docencia interactiva de seminario (presencial): 26 horas
Titorización en grupo reducido (presencial): 1 hora
Traballo persoal do estudantado: 99 horas
Tempo total de docencia, estudo e traballo persoal: 150 horas
Ademais da asistencia a clase e utilización do material, lecturas e recomendacións que se fagan ao longo do curso, recoméndase que o estudantado dedique o tempo persoal adecuado ás súas capacidades e coñecementos para asentar os contidos e realizar os traballos e tarefas que, no seu caso, se demanden.
Gonzalo Rodriguez Rodriguez
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881811559
- Correo electrónico
- gonzalo.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Oscar Rodil Marzabal
Coordinador/a- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881811657
- Correo electrónico
- oscar.rodil [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Alexandre Vecino Aguirre
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881811591
- Correo electrónico
- alexandre.vecino [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
09:30-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 30 |
17:00-18:30 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 30 |
Xoves | |||
09:30-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 30 |
15:00-16:30 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 30 |
Venres | |||
09:30-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 30 |
16:30-18:00 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 30 |
26.05.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_05 | Aula 09 |
26.05.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 09 |
26.05.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_06 | Aula 09 |
26.05.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula 09 |
26.05.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 09 |
26.05.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 09 |
26.05.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_04 | Aula 09 |
26.05.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 09 |
26.05.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula A |
26.05.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A |
26.05.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_04 | Aula A |
26.05.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_05 | Aula A |
26.05.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A |
26.05.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A |
26.05.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_06 | Aula A |
26.05.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula A |
15.07.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 09 |
15.07.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 09 |
15.07.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_04 | Aula 09 |
15.07.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_05 | Aula 09 |
15.07.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 09 |
15.07.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 09 |
15.07.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_06 | Aula 09 |
15.07.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula 09 |
15.07.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_06 | Aula A |
15.07.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula A |
15.07.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A |
15.07.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula A |
15.07.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A |
15.07.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_04 | Aula A |
15.07.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_05 | Aula A |
15.07.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A |