Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1.- Coñecer os principais referentes teóricos e metodolóxicos da análise de realidades sociais e da avaliación inicial/diagnóstica.
2.- Saber deseñar estudos de análises de realidades socioeducativas, tendo en conta a especificidade do obxecto.
3.- Saber deseñar estudos de avaliación inicial/diagnóstica.
4.- Desenvolver un pensamento crítico sobre os contidos teóricos e propostas metodolóxicas desenvolvidas na materia.
5.-Mostrar unha actitude de rigor científico á hora de realizar as tarefas correspondentes coa análise e diagnóstico socioeducativos.
6.-Apreciar a importancia que ten a avaliación das realidades socioeductaivas, principalmente, ao servizo da mellora da calidade das intervencións socioeducativas.
1. MARCO CONCEPTUAL
. Concepto de análise da realidade socioeducativa, funcións, momentos e ámbitos.
. Concepto de diagnóstico socioeducativo, finalidades, accións chave e fases e niveis fundamentais.
. Outros termos afíns.
2. NECESIDADES SOCIOEDUCATIVAS
. Concepto e compoñentes.
. Principais tipoloxías e indicadores.
. Concepto de avaliación de necesidades, proceso e técnicas de identificación de necesidades socioeducativas e procedementos e criterios na priorización de necesidades.
3 . RECOLLIDA DE DATOS NA ANÁLISE E DIAGNÓSTICO DE REALIDADES S.E.
. Proceso de recollida e uso dos datos na análise e diagnóstico S.E.
. Aspectos xerais sobre técnicas e instrumentos de recollida de datos en realidades S.E.
. Exemplos de técnicas e instrumentos de recollida de datos para a análise e diagnóstico en diferentes ámbitos de intervención socioeducativa.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Ballesteros Velázquez, B. (2019). Investigación social desde la practica educativa. UNED.
Granados, P. & Mudarra, Mª. J. (2010). Diagnóstico en educación social. Sanz Torres.
Rubio, M. J. & Varas, J. (2011). Análisis de la realidad social. CCS.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Aguilar, Mª J. & Ander-Egg, E. (1995). Diagnóstico social. Lumen. https://www.researchgate.net/publication/31701512_Diagnostico_social_co…
Ander-Egg, E. (2000). Técnicas o procedimientos para recoger datos y obtener información [Cómo realizar la investigación en comunidades de ámbito bien de limitado]. En Autor, Metodología y práctica del desarrollo de la comunidad (pp.158-161). Grupo Editorial Lumen.
Ander-Egg, E. (2011). Aprender a investigar. Nociones básicas para la investigación social. Editorial Brujas. https://abcproyecto.files.wordpress.com/2013/06/ander-egg-aprender-a-in…
Ballesteros, B. & de Lara, E. (2007). Métodos de investigación en Educación Social. UNED.
Benzanilla, J. M. (2011). Sociometría. Un método de investigación psicosocial. PEI Editorial. https://www.researchgate.net/publication/299526834_Socimetria_Un_metodo…
Castillo, S. & Cabrerizo, J. (2011). Procedimientos, técnicas e instrumentos para la evaluación de la intervención socioeducativa. En Autores, Evaluación de la intervención socioeducativa: agentes, ámbitos y proyectos (pp.177-227). UNED. https://www.academia.edu/29163789/Evaluaci%C3%B3n_de_la_intervenci%C3%B…
Ceballos, E. (2006). Dimensiones de análisis del diagnóstico en educación: el diagnóstico del contexto familiar. RELIEVE, 12, 33.47. https://ojs.uv.es/index.php/RELIEVE/article/view/4244/3861
Corbetta, P. (2007). Metodología y técnicas de investigación social. McGraw Hill. https://luisdoubrontgschool.files.wordpress.com/2021/04/corbetta-metodo…
De la Riva, F. (2003). Metodologías de análisis de la realidad global y local. Col. A fuego lento. https://plataformavoluntariado.org/wp-content/uploads/2018/10/a-fuego-l…
Fernández Prados, J. S. (2000). Sociología de los grupos escolares: sociometría y dinámica de grupos. Universidad de Almería. https://nanopdf.com/download/sociologia-de-los-grupos-escolares-sociome…
Mena, A. M. & Méndez, J. M. (2009). La técnica de grupo de discusión en la investigación cualitativa. Aportaciones para el análisis de los procesos de interacción. Revista Iberoamericana de Educación, 49(3). https://rieoei.org/historico/deloslectores/2859Manriquev2.pdf
Pérez Campanero, Mª P. (1991). Cómo detectar las necesidades de intervención socioeducativa. Narcea.
Consonte ao establecido na ficha da materia incluída na Memoria do título, as competencias oficiais de referencia neste caso son as seguintes:
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS
CB1. Que os e as estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CG2. Ter capacidade para analizar as realidades sociopolíticas, económicas, educativas, culturais e lingüísticas nas que se desempeña o labor profesional dos educadores sociais, tanto en termos diagnósticos como prospectivos.
CG3. Aplicar os coñecementos teóricos e metodolóxicos necesarios para a planificación e avaliación das súas intervencións educativas, atendendo ás circunstancias, necesidades, problemáticas e expectativas nas que se insire, en relación aos suxeitos cos que traballa e ás dinámicas sociais das que participan.
CG4. Promover e desenvolver accións educativas e/ou socioeducativas en diferentes contextos institucionais e comunitarios, no traballo directo con persoas e colectivos, así como no asesoramento, mediación, xestión, organización, coordinación, acompañamento e avaliación das iniciativas nas que interveñan.
CG5. Elaborar, xestionar e/ou facer uso directo dos recursos documentais, metodolóxicos e materiais que comporte o desenvolvemento da súa profesión e que poderán concretarse na redacción e difusión de informes, utilización de estratexias e métodos educativos, equipamentos e infraestruturas, etc.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT3. Desenvolver unha actitude autocrítica, así como de reflexión, análise e síntese respecto dos coñecementos e tarefas nos que participan.
A metodoloxía empregada diríxese a favorecer a adquisición das competencias indicadas, propiciando que o alumnado se implique activamente na comprensión crítica dos contidos e na realización das tarefas prácticas programadas.
Nas sesións expositivas presentaranse os contidos fundamentais con apoio de materiais seleccionados que faciliten a comprensión, dándose a posibilidade de abrir a partición para a discusión sobre os temas abordados na clase.
As clases prácticas realizaranse en sesións interactivas de seminario nas que o alumnado traballará sempre en grupo e interactivamente os contidos correspondentes a partir da análise de documentos, manexo de técnicas e instrumentos, e resolución de situacións prácticas. Estes grupos conformaranse na primeira sesión interactiva. En sucesivas sesións os equipos de traballo disporán con antelación das indicacións e materiais para ir realizando as tarefas prácticas (tres) segundo o programado. Recoméndase que cada grupo de traballo dispoña polo menos dun dispositivo electrónico para poder desenvolver as tarefas encomendadas.
As actividades de traballo autónomo inclúen, basicamente, o estudo individual do material bibliográfico básico e complementario que se indique, e a realización das actividades sinaladas para as sucesivas sesións interactivas.
No desenvolvemento da materia utilizarase a plataforma virtual da USC como contorna de apoio asíncrono ao proceso de ensino-aprendizaxe, podendo atopar na aula virtual os seguintes elementos:
- Repositorio de materiais de consulta e de estudo: documentos bibliográficos de apoio, temario exposto nas clases expositivas, instrucións e recursos de apoio para a elaboración das prácticas a desenvolver nas sesións interactivas, e aqueloutros recursos necesarios para o seguimento da materia por parte de todo o alumnado (en réxime ordinario ou con exención de docencia).
- Ferramentas de comunicación co alumnado, tanto individual como grupal: empregaranse a mensaxería e os foros, principalmente.
- Espazo de entrega/realización de tarefas programadas para a realización grupal e/ou individual: a entrega/realización de actividades prácticas programadas e aqueloutras actividades que se poidan establecer (exercicios prácticos, actividades de avaliación, etc.), será realizada a través da activación de tarefas a través da aula virtual. Excepcionalmente, podería utilizarse o correo electrónico institucional para a entrega de traballos prácticos.
De ser o caso, na materia poderase contemplar a posibilidade de desenvolver, cando menos, unha práctica de campo compartida con outras materias do curso (visitas, encontros con profesionais, celebración de conmemoracións) na perspectiva dunha práctica interdisciplinar que será abordada e valorada desde cada unha das materias participantes.
A avaliación terá primariamente un propósito formativo (avaliación continua) -ao longo de todo o semestre- en base principalmente á observación das actividades grupais do alumnado desenvoltas fundamentalmente nas clases interactivas.
Na avaliación global da materia tomarase en consideración:
1. - O desempeño nunha proba, que terá un carácter teórico-práctico. Este terá un valor do 50% da nota.
A proba terá lugar na data e hora oficial. Non se cambiará a data da proba a ningún estudante, salvo nos casos contemplados na Normativa sobre Avaliación do Rendemento Académico da USC ou outras situacións sobrevidas e reguladas pola USC.
2. -As actividades prácticas en grupo propostas polo profesor (tres prácticas), que serán e desenvoltas total ou parcialmente nas clases interactivas. Terán un valor do 50% da nota (P1: 0,75 ptos.; P2: 0,75 ptos.; P3: 3,5 ptos.)
3. De darse o caso, a participación activa nalgunha tarefa eventual na aula poderá acadar ata un valor de 0,25 puntos.
Será preciso superar todas as partes para aprobar a materia.
Tamén para aprobar, será requisito imprescindible asistir ao 80% das clases da materia. Non se recollerán prácticas fóra das datas sinaladas. Só nos casos en que a ausencia sexa debida a algunha das razóns contempladas na normativa citada, que o estudante deberá xustificar documentalmente, se lle permitirá realizar a práctica con posterioridade e entregala, sempre que cumpra o prazo que se lle indique.
Para obter unha valoración positiva na materia, haberá que ter realizadas e entregadas en prazo todas as actividades de avaliación especificadas.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
XULLO
O/a estudante que non cumpra o requisito de asistencia, deberá entregar todas as prácticas e realizar a proba individual na oportunidade de xullo. O/a estudante que suspenda a proba individual en maio poderá repetila en xullo. O/a estudante que tendo asistido ao 80% das sesións non obtivera a metade da puntuación asignada á parte práctica, deberá realizar as tarefas prácticas que se lle indiquen e entregalas na data da proba de xullo. O/a estudante que non aprobara a parte práctica en maio poderá presentala en xullo.
EXENCIÓN DE DOCENCIA, DISPENSA DE ASISTENCIA E OUTRAS CASUÍSTICAS
O alumnado con exención de docencia concedida será avaliado co mesmo sistema de avaliación que o resto de alumnado. Unha vez concedida a exención o alumno ou a alumna debe pórse en contacto co profesor para establecer un plan de seguimento das clases expositivas.
O alumnado con dispensa de asistencia a clase concedida (Instrución 1/2017, da Secretaría Xeral) será avaliado co mesmo sistema de avaliación que o resto de alumnado. Unha vez concedida a dispensa o alumno ou a alumna debe pórse en contacto co profesor para establecer un plan de seguimento.
Outros casos Xustificados-acreditados, serán tratados como o alumnado con exención de docencia ou dispensa de asistencia, salvo que se vexa afectada a parte práctica.
SOBRE OS TRABALLOS ACADÉMICOS
Os traballos dos estudantes deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia e a avaliación do alumno ou alumna na seguinte convocatoria.
A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, agás nas actividades programadas de forma coordinada.
Así mesmo, na realización dos traballos/prácticas seguiranse as normas APA -Publication Manual of the American Psychological Association (APA). 7ª ed. Washington: APA, 2019-, que se poden consultar no seguinte enlace: https://apastyle.apa.org
Datas de exames: no calendario oficial.
A modo de referencia aproximada:
(a) Para preparación individual das prácticas (14 horas)
(b) Para elaboración dos traballos en equipo (32 horas)
(c) Para estudo (45 horas)
• Asistencia regular ás clases expositivas e interactivas, ou, de ser o caso, seguimento regular da materia a través da aula virtual.
• Apoio na titoría presencial/virtual de xeito regular.
• Consulta e estudo dos materiais recomendados polo profesor da materia.
• Realización e participación activa nas actividades prácticas.
• Traballo do alumno/a dun modo progresivo para acadar a comprensión da materia.
COMUNICACIÓN
Miguel A. Nogueira Pérez. Teléfono: 881813816 // correo electrónico: miguelanxo.nogueira [at] usc.es (miguelanxo[dot]nogueira[at]usc[dot]es)
Para contacto con el docente por correo electrónico será imprescindible utilizar o enderezo electrónico de dominio rai.usc
Horario de titorías: exposto no despacho, na aula virtual e na páxina web da Facultade.
Será obrigatorio o uso das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365 e outras facilitadas pola Facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola Universidade.
Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
O proceso de ensino-aprendizaxe (clases/titorías) é privado, entendendo como tal un proceso de comunicación e intercambio entre o docente e o estudantado matriculado na materia.
ASISTENCIA A CLASE
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES (https://minerva.usc.es/xmlui/bitstream/10347/13189/1/XA0830.PDF).
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, o alumnado poderá solicitar exención oficial de docencia.
PROTECCIÓN DE DATOS
Será obrigatorio cumprir coa normativa vixente na USC para a protección de datos (https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos).
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
En relación cos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia, todos serán entregados en formato dixital.
PERSPECTIVA DE XÉNERO
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recomendase facer uso da linguaxe non sexista tanto na docencia como nos traballos académicos encomendados (memorias, proxectos...). Pode obterse información ao respecto no enlace: https://assets.usc.gal/cdn/ff/QKcBDjOX5QgeJQkeVe81BaV8Ho1…
Tamén se utilizarán outras medidas para aplicar o enfoque de xénero na docencia das prácticas, tales como o recoñecemento e consideración das situacións particulares das alumnas, a promoción dun clima de interaccións igualitario, a organización paritaria de grupos sempre que sexa posible, a visibilización das achegas científicas e técnicas das mulleres na materia e das propias alumnas e a introdución do xénero como categoría de análise dos traballos do alumnado.
GUÍA PRÁCTICA DO ESTUDANTADO
Recoméndase consultar a Guía Práctica do Estudantado, que contén referencias ás programacións, avaliacións, etc. accesible na páxina: https://assets.usc.gal/sites/default/files/paragraphs/moreinfo/2020-10/…
PLAXIO E USO INDEBIDO DAS TECNOLOXÍAS NA REALIZACIÓN DE TAREFAS OU PROBAS
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Miguel Ángel Nogueira Pérez
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Teléfono
- 881813816
- Correo electrónico
- miguelanxo.nogueira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo /CLIS_03 (Q - Z) | Galego | AULA 17 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
10:30-12:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | Galego | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A - Fernández P) | Galego | AULA 17 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
13:30-15:00 | Grupo /CLIS_02 (Fernández Q - P) | Galego | AULA 17 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
15.01.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
23.06.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |