Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Teoría e Historia da Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Analizar e estudar as cuestións relevantes relacionadas coa xestión socio-educativa da diversidade cultural no ámbito local.
2. Avaliar as principais dimensións implicadas na análise e tratamento da diversidade cultural no ámbito local.
3. Estudar técnicas e procedimentos para mellorar a xestión da convivencia nos contextos locais.
4. Analizar e avaliar programas e proxectos relacionados coa xestión socio-educativa da diversidade cultural no ámbito local.
1. Educación Social, diversidade cultural e desenvolvemento local: cuestións introductorias
2. Xestión da inmigración e da diversidade cultural en clave de desenvolvemento local: as bases lexislativas
3. Inmigración e desenvolvmento político-social nos municipios
4. As axencias da sociedade civil no desenvolvemento local e na xestión da diversidade cultural.
5. Proxectos de desenvolvemento educativo intercultural na comunidade local.
6. Formación de profesionais para a xestión da diversidade cultural na
Administración Local.
7. Mediación social e cultural no ámbito local.
8. Deseño e avaliación de programas de educación e diversidade cultural.
BÁSICA
Santos Rego, M.A. (dir.) (2012). Inmigración y Administración local. La gestión socioeducativa. Netbiblo.
COMPLEMENTARIA
Aguado, V. (2007) Ciudadanía europea, protección social y dependencia: el impacto en el mundo local. En VV.AA. (Cols.), Inmigración y gobierno local. Experiencias y retos (pp. 39-52). Fundación CIDOB
Alemán Bracho, C. (2010) Servicios sociales e inmigración en el contexto de crisis económica en España. En Aja, E., Arango, J. y Oliver, J. (Eds.), La inmigración en tiempos de crisis (pp. 148-163). Anuario de la inmigración en España. Fundación CIDOB/Diputación de Barcelona.
Andres Juste, P. (2004) Inmigración y derechos sociales. Una introducción al marco legal de los servicios sociales para los inmigrantes, Revista de Derecho Migratorio y Extranjería, noviembre, 267-295.
Aparicio, R. y Tornos, A. (2004). Buenas prácticas de integración de los inmigrantes (estudio exploratorio en la Comunidad de Madrid, Cataluña, Andalucía y Comunidad de Murcia). Instituto Universitario de Estudios sobre Migraciones. Universidad de Comillas.
Brugué, Q. y Gomá, R. (1998). Gobiernos locales y políticas públicas. Ariel.
Bruquetas, M. (2008). Los municipios grandes y medianos como actores clave delas políticas de integración en los países bajos. Zapata-Barrero, R. y Pinyol, G. (Eds.), Los gestores del proceso de inmigración. Actores y redes en España y Europa (pp. 67-91). Fundación CIDOB
Camós, I. (2007). La participación de los gobiernos locales en las políticas de inmigración: las competencias municipales en materia de inmigración, en VARIOS, Inmigración y gobierno local. Experiencias y retos (pp. 25-37). Fundación CIDOB.
CRID (2001). Municipio y diversidad. Estrategias, políticas y servicios municipales para la integración de personas inmigrantes no comunitarias. Consorcio de Recursos para la integración de la Diversidad.
Escola Galega de Administración Pública (EGAP) (2007). Administración pública e estranxeiría: necesidades formativas e boas prácticas. Santiago de Compostela: EGAP.
Fauser, M. (2008). Autoridades locales e integración política en ciudades de nueva inmigración: los casos de Madrid y Barcelona. En Zapata-Barrero, R. y Pinyol, G. (Eds.), Los gestores del proceso de inmigración. Actores y redes en España y Europa (pp. 131-148). Fundación CIDOB.
FEMP (2008). Guía del concejal de educación. Manual de consulta para gobernantes y técnicos. FEMP.
Fernández, B. y Touriño, A. (2006). Políticas e modelos de integración da estranxeiría: as políticas locais de inmigración en Galicia. En Gómez Rodríguez, M.L. (coord.), Familia e interculturalidade. Xunta de Galicia.
GTME (2007). Guía ADCE para Ayuntamientos sobre Diversidad Cultural y Educación. Ayuntamiento de Rivas-Vaciamadrid.
Llorens, T. (2008) Ayuntamientos, políticas de ciudadanía e inmigración, en García, J. y Lacomba, J. (eds.), La inmigración en la sociedad española. Una radiografía multidisciplinar (pp. 875-885). Bellaterra.
López de la Riva, F. (2004) Nacionalidad y ciudadanía, un esfuerzo de síntesis, en Ibarra, J.L.; De la Riva, F.; y Garrido, L. (coords.), Ciudadanía y derechos fundamentales: extranjería (pp. 79-116). Consejo General del Poder Judicial.
A) COMPETENCIAS XERAIS
Promover e desenvolver accións educativas e/ou socioeducativas en diferentes contextos institucionais e comunitarios, no traballo directo con persoas e colectivos, así como o asesoramento, mediación, xestión, organización, coordinación, acompañamento e avaliación das iniciativas nas que se interveña.
Que os/as estudantes teñan demostrado posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e que se soe atopar a un nivel que, se ben se apoia en libros de textos avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
Proxectar a formación téorica e metodolóxica en iniciativas e prácticas educativas que den resposta ás necesidades e demandas sociais, en diferentes contextos e realidades, en por si e/ou en colaboración con outros axentes da sociedade.
B) COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
Deseñar, desenvolver e avaliar plans, programas, proyectos e actividades de intervención socioeducativa nos contextos locais.
Promover e desenvolver actuacións educativas orientadas a dinamizar a participación das persoas na sociedade, minimizando as situación de risco ou dependencia e maximizando ou seus potenciais de inclusión e autonomía. Tendo un especial significado neste logro a atención á diversidade, a igualdade de xénero, e os valores da cultura de paz e a sostenibilidade.
Identificar académica e profesionalmente aos educadores/as sociais como profesionais da educación con función e tarefas diferenciadas respecto doutros profesionais de educación e da acción-intervención social.
Promover e desenvolver actuacións educativas orientadas a dinamizar a participación das persoas na sociedade, minimizando as situación de risco ou dependencia e maximizando os seus potenciais de inclusión e autonomía.
Valorar e axustar a súa práctica profesional ás exixencias e compromisos deontolóxicos da Educación Social.
Facer uso de estratexias, procedementos, medios, técnicas, métodos, etc. que posibiliten unha intervención educativa directa con persoas e colectivos afectados polas distintas problemáticas ou circunstancias sociais
Que os/as alumnos/as sexan capaces de analizar cuestións relevantes relacionadas coa diversidade cultural no ámbito local.
Que os/as estudantes coñezan as dimensión principais implicadas na análise e tratamento da diversidade cultural dende unha perspectiva local.
Que os/as estudantes estén en condición de deseñar novos espazos nos que sexa posible desenvolver accións de carácter intercultural nos marcos de vida local.
C) COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
Relacionarse con outras persoas ou grupos, con especial énfase no traballo en equipo e na colaboración con outros/as profesionais.
Implicarse activamente na resolución de problemas e na toma de decisión
Manter unha permanente actitude de formación e actualización respecto do seu desempeño profesional, así como das realidades afectadas pola súa práctica.
Actividades expositivas: presentación, explicación dos puntos principais dos temas
Prácticas de aula -seminario vinculadas a cada un dos temas
Traballos individuais e grupais e outras actividades (saídas de campo, conferencias de especialistas...)
Titorías individuais, grupais ou virtuais de traballo de curso
Todas as actividades desenvoltas axudarán ao alumnado a comprender os referentes teórico-conceptuais, lexislativos, metodolóxicos e pedagóxicos da educación social e do seu perfil profesional. Este coñecemento parcelarase en contido teórico, actividades de aula e/ou seminario que contribuirán a que se asente o contido teórico explicado en cada un dos temas. Pola súa parte, as actividades grupais e outras actividades permitirán ao alumnado adquirir habilidades e competencias relativas ás relacións inter e intrapersoais e grupo (traballo en equipo), colaboración con outros profesionais para implicarse activamente na resolución de problemas e na toma de decisións axustadas ao perfil profesional.
As actividades de titoría e avaliación contribuirán ao logro das competencias sinaladas.
A aula virtual empregarase co fin de favorecer o proceso de ensino-aprendizaxe.
Realización e presentación de traballos individuais e/ou grupais, que terán un valor máximo do 30% da nota final
Proba obxectiva que deberá facilitar a identificación do nivel de logro dos obxectivos e competencias relacionados coa parte teórica do programa, terá un valor máximo do 70% da nota final.
O alumnado terá que ter superada cada unha das dimensións/partes das que conste a avaliación para superar a materia.
Os traballos individuais ou grupais deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia na correspondente convocatoria. Para efectos avaliativos un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, salvo que se programasen de forma coordinada.
Na realización das prácticas e traballos seguiranse as normas APA -Publication Manual of the American Psychological Association (APA). 7ª ed., que se poden consultar no seguinte enlace: http://www.apastyle.org
O alumnado con exención de docencia ou dispensa, segundo corresponda, deberá comunicarlle esta situación á profesora coa maior brevidade posible. Para superar a materia deberá realizar certas actividades complementarias que deberán acordadas ao principio do cuadrimestre.
Actividades expositivas: 24h
Prácticas de aula -seminario: 24h
Traballos individuais e grupais e outras actividades: 92h
Titorías individuais, grupais ou virtuais de traballo de curso: 4h
Avaliación: 6h
Total: 150h
A USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesión de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia.
Os/as alumnos repetidores/as ou non presentados/as avaliaranse seguindo os criterios que se establezan en cada curso académico.
ASISTENCIA A CLASE
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES
(https://minerva.usc.es/xmlui/bitstream/handle/10347/13189/XA0830.PDF?se…).
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da USC, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia.
En relación ao alumnado que ten Dispensa de Asistencia seguirase o procedemento establecido na Instrución 1/2017 sobre a dispensa de asistencia a clase que, pode consultarse na web da Facultade (http://www.usc.es/gl/centros/cc_educacion/dispensa_asistencia_clase.html)
O alumnado deberá comentar persoalmente coa profesora da materia esta circunstancia na primeira semana de clase se xa se ten constancia da concesión da mesma.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia o estudantado debe ter en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encadernación
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que no teñan referencia directa cos temas desenvoltos
IGUALDADE DE XÉNERO
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: https://assets.usc.gal/sites/default/files/paragraphs/mor…
COMUNICACIÓN POR E-MAIL CO PROFESORADO
-O estudantado debe empregar necesariamente o correo electrónico da USC (@rai.usc.es).
-Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
PROTECCIÓN DE DATOS
Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia. A normativa de refencia pode ser consultada no seguinte enlace: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
OUTRAS CUESTIÓNS RELEVANTES
-Non se poderá empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
Diana Priegue Caamaño
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813906
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Kateline De Jesus Brito Tavares
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813890
- Correo electrónico
- kateline.brito [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Mércores | |||
---|---|---|---|
12:00-13:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 4 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
13:30-15:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | AULA 4 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
Xoves | |||
12:00-13:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 4 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
13:30-15:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | AULA 4 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
23.05.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
30.06.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 17 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |