Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Teoría e Historia da Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Esta materia contribúe á formación dos/as estudantes nas competencias vinculadas á Pedagoxía Social. Trátase, por tanto, dunha materia que pretende favorecer a consecución dos seguintes obxectivos:
1. Comprender o alcance científico e a relevancia disciplinar da Pedagoxía Social no tempo-espazo curricular das Ciencias da Educación e das Ciencias Sociais, así como na formación pedagóxica (xeral e/ou especializada) dos estudantes na súa condición de futuros/as graduados/as en Educación Social; do que se desprende o logro dun saber suficiente acerca dos seus fundamentos terminolóxicos, epistemolóxicos, conceptuais e temáticos.
2. Adquirir os coñecementos teóricos e as capacidades de análise, reflexión e síntese -a nivel persoal e colectivo- que se precisan para unha formación sistemática neste campo, procurando integrar os coñecementos que xa posúen os/as estudantes, complementando a súa formación teórico-práctica noutras materias ou experiencias formativas.
3. Promover actitudes de estudo que posibiliten unha formación permanente e autocrítica, favorecendo o desenvolvemento dun autoconcepto realista en cada alumno/a en relación cos coñecementos e competencias que adquira. Preténdese compatibilizar o traballo individual co colectivo en grupos de diferente composición, mediante unha participación activa e continuada no seo do grupo-aula.
4. Proxectar a materia e as súas achegas científicas, metodolóxicas e profesionais no currículo formativo dos Graduados en Educación Social, procurando que dean resposta ás súas necesidades e expectativas académicas. De igual xeito, deberán converxer coas funcións sociais que se atribúen á Universidade na cualificación e desenvolvemento profesional dos/as estudantes.
5. Incrementar a identificación e o desenvolvemento das competencias socioprofesionais dos/as educadores/as sociais na sociedade -propias e compartidas con outros axentes educativos e sociais-, posibilitando unha reflexión colectiva sobre como se concretan nas distintas áreas ou ámbitos da acción-intervención socioeducativa: nas Administracións Públicas, nos Servizos Sociais, nos equipos multiprofesionais, nas organizacións non gobernamentais, nos movementos cívicos, nos equipamentos educativos e culturais, etc.
O desenvolvemento teórico-conceptual, científico e disciplinar da materia concreta os seus contidos nos seguintes bloques temáticos:
- A identidade da Pedagoxía Social: perspectivas científicas, disciplinar e profesional no contexto das Ciencias Sociais e da Educación.
- A Educación Social como obxecto de estudo da Pedagoxía Social.
- A construción histórico-comparada da Pedagoxía-Educación Social: antecedentes, orixe e desenvolvemento.
- Teoría e teorías na Pedagoxía-Educación Social: modelos paradigmáticos de encadramento e racionalidade teórica.
- Problemáticas, áreas e ámbitos específicos da acción-intervención socioeducativa.
- Os espazos profesionais da Pedagoxía-Educación Social.
- Dimensións políticas e axiolóxica da Pedagoxía-Educación Social: a cidadanía como proxecto e traxecto pedagóxico-social.
- Temas e prácticas transversais para o quefacer dos profesionais da Educación Social.
Básica:
Caballo Villar, M. B., Candia Durán, F. X., Caride Gómez, J. A., e Meira Cartea, P. Á. (1997). 131 conceptos clave de educación social.
Caride, J. A. (2005). Las fronteras de la Pedagogía Social: perspectivas científica e histórica. Gedisa.
Petrus, A. (1997). Pedagogía Social. Ariel.
Melendro, M.; De Juanas, A. e Rodríguez Bravo, E. (2018). Pedagogía Social. Retos y escenarios para la acción socioeducativa. UNED.
Complementaria:
Belando, M.R., Lucio-Villegas, E. e Luque, D. (2023). Pedagogía y educación social. Síntesis.
Caride, J.A. e Vieira, R. (2023) (Coords.). Historias da Educación Social no contexto iberoamericano. Monográfico. Sarmiento. Revista galego-portuguesa de historia da educación. https://revistas.udc.es/index.php/sarmiento
Colectivo JIPS (2018). Desafíos para la Educación Social en tiempos de cambio. Propuestas de trabajo para la intervención socioeducativa. Aljibe.
Cuadernos de Pedagogía (2003). Tema del mes “Otros ámbitos educativos: la Educación Social”, nº 321, pp. 47-76.
Del Pozo, F. (comp.) (2018). Pedagogía social en Iberoamérica: fundamentos, ámbitos y retos para la acción socioeducativa. Universidad del Norte.
Educación Social. Revista de intervención socioeducativa (2018). Monográfico “25 años de Educación Social”, nº 70, pp. 5-181.
García Molina, J. (coord.) (2003). De nuevo, la Educación Social. Dykinson.
García Molina, J. (2003). Dar (la) palabra: deseo, don y ética en educación social. Gedisa.
López Martín, R. (2000). Fundamentos políticos de la Educación Social. Madrid: Síntesis.
March, M. X. e Orte, C. (coords.) (2014). La Pedagogía Social y la escuela: los retos de la institución escolar en el siglo XXI. Octaedro.
Revista de Educación (2005). Monográfico "Educación Social", nº 336, pp. 7-139.
Románs, M.; Petrus, A. e Trilla, J. (2000). De profesión educador(a) social. Paidós.
Sáez Carreras, J. (coord.) (2007). Pedagogía Social y Educación Social. Historia, profesión y competencias. Pearson Prentice Hall.
Úcar, X. (2016). Pedagogías de lo social. UOC.
UNESCO (2015). Repensar la educación. ¿Hacia un bien común universal? UNESCO. https://unesdoc.unesco.org/ark:/48223/pf0000232697
Páxinas web de interese:
http://www.eduso.net
https://recyt.fecyt.es/index.php/PSRI/index
https://www.raco.cat/index.php/EducacioSocial
https://sips-es.blogspot.com/
BÁSICAS E XERAIS
CB1 - Que os estudantes teñan demostrado posuír e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e soe atoparse a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CX1. Coñecer e comprender os fundamentos académicos e científicos en que se sustenta o seu campo formativo e profesional, tendo capacidade para analizar criticamente a natureza das súas teorías, metodoloxías e ámbitos de intervención da Educación Social.
CX2. Ter capacidade para analizar as realidades sociopolíticas, económicas, educativas, culturais e lingüísticas en que se desempeña o labor profesional dos educadores sociais, tanto en termos diagnósticos como prospectivos.
CX4 Promover e desenvolver accións educativas e/ou socioeducativas en diferentes contextos institucionais e comunitarios, no traballo directo con persoas e colectivos, así como no asesoramento, mediación, xestión, organización, coordinación, acompañamento e avaliación das iniciativas nas que interveñan.
CX6. Estar en condicións de tomar decisións relativas á mellora da súa formación e da práctica profesional, con pleno respecto aos principios deontolóxicos a que se remite a Educación Social, tendo como soporte os valores cívicos e os dereitos humanos.
TRANSVERSAIS
CT3. Desenvolver unha actitude autocrítica, así como de reflexión, análise e síntese respecto dos coñecementos, tarefas e misións en que participan.
ESPECÍFICAS
CE1.1. Comprender os referentes teórico-conceptuais, históricos, comparados, metodolóxicos e pedagóxicos da Educación Social e das prácticas que nela se promoven.
CE1.6. Identificar académica e profesionalmente aos educadores sociais como profesionais da educación, con funcións e tarefas diferenciadas respecto doutros profesionais da educación e da acción-intervención social.
Tratará de favorecer a máxima congruencia posible na explicación e comprensión da materia, dentro e fóra da aula, nos planos individuais e colectivo, valorando os principios de: contextualización, flexibilidade, participación, actividade e aprendizaxe experiencial.
Para tal fin, nos tempos lectivos da materia desenvolveranse múltiples iniciativas e procesos metodolóxico-didácticos que, no fundamental, concrétanse en:
- Sesións expositivas e interactivas por parte do profesorado e/ou do alumnado, relativas a contidos de natureza teórica-conceptual, previamente determinados no Programa e que serán incorporados ó campus virtual da materia.
- Realización de seminarios monográficos, que neste curso académico toman como soporte os contidos do apartado "temas e prácticas transversais para o quefacer dos profesionais da Educación Social".
- Sesións tipo "forum" (vídeo, libro, disco…) que tomen como referencia problemáticas específicas da Pedagoxía-Educación Social, en diversos contextos e suxeitas a diferentes perspectivas de análise.
- Dinámicas de traballo grupal, dentro e fóra da aula, a partir da presentación anticipada de textos para a súa lectura, de documentos audiovisuais (vídeo-conferencias, vídeos didácticos, experiencias...), de casos prácticos, etc., poñendo especial énfase no papel dos/as educadores/as sociais no seu tratamento teórico e / ou aplicado.
- Realización de distintas actividades de implicación e participación continuada nos contidos da materia: simulacións, lectura e recensión de libros, elaboración de mapas conceptuais, estudo de casos, redacción de ensaios, prácticas avaliativas, consulta e análise de páxinas Web ou doutros soportes mediáticos, presentación de novidades bibliográficas, organización de "mesas redondas" con profesionais en activo, etc.
- A proposta de actividades na matería terá en conta as necesidades e o ritmo de desenvolvemento dentro da materia e a coordinación coas materias do semestre.
- Realización de titorías de seguimento (presenciais, virtuais, individuais e/ou de grupo).
A materia contará cun dossier documental básico que sirva de apoio e reforzo aos contidos traballados nas clases, tanto de carácter expositivo como interactivo. Así mesmo, os textos estarán dispoñibles na aula virtual; que servirá como espazo de traballo para a difusión de información e materiais, envío de avisos, etc.
Complementariamente, convén apuntar que o uso da Aula Virtual da materia será de especial relevancia, debendo entenderse como unha ferramenta de apoio, a cal proporcionará unha contorna virtual cos recursos necesarios para favorecer os procesos de ensino-aprendizaxe e unha boa integración da docencia.
A USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, cada alumno/a poderá solicitar exención/dispensa oficial de docencia.
Todas as actividades propostas, individuais e/ou colectivas serán avaliadas, de forma que o sistema de avaliación da aprendizaxe poda ser definido en función das seguintes características: formativo, continuo, cooperativo e/ou integral. Como tal, afectará ós obxectivos formulados, ós contidos tratados, á metodoloxía e actividades desenvolvidas polo profesorado e o estudantado, ós recursos didácticos, ás competencias e destrezas procuradas, etc. Nesta perspectiva prevese:
- Elaboración e entrega de traballos escritos individuais e grupais (orientados á lectura e presentación de ensaios, comentarios críticos, recensión de libros, etc.), que representarán o 60% da nota final da materia.
- Realización dun exercicio escrito final, coincidindo coas datas que se establezan no calendario oficial de exames da Facultade. Terá unha formulación diversificada no tipo de preguntas e posibles respostas, sen que a súa realización comporte o uso de material de consulta. O seu peso específico equivale a un máximo do 40% da nota final da materia.
O alumnado con exención/dispensa de docencia deberá realizar as seguintes actividades:
- Un Portafolio de evidencias, a partir dos documentos de traballo dispoñibles na aula virtual e seguindo as pautas do profesorado, que terá un peso final na materia do 60%.
- Exercicio escrito final (40% da nota final), que terá unha formulación diversificada no tipo de preguntas e posibles respostas, sen que a súa realización comporte o uso de material de consulta.
Para obter unha valoración positiva na materia (desde aprobado ata matrícula de honra), deberán estar realizadas e entregadas en prazo todas as actividades de avaliación especificadas anteriormente. Será preceptivo obter unha cualificación de aprobado no exame para proceder á suma do resto de actividades. Estes criterios manteranse en todas as convocatorias do curso académico.
Os traballos individuais ou grupais dos/as estudantes deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá un suspenso da materia e a avaliación do alumno ou alumna na seguinte convocatoria; segundo se recolle na Normativa de avaliación do rendemento dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A efectos avaliativos, un mesmo traballo non poderá ser utilizado para varias materias, excepto naquelas actividades programadas de forma coordinada.
Actividades presenciais (51 horas):
- Clases Expositivas: 24 horas.
- Clases Interactivas: 24 horas.
- Titorías: 3 horas.
Traballo persoal do estudante (99 horas):
- Estudo: 40 horas.
- Realización de traballos prácticos: 43 horas.
- Titorías e Avaliación: 16 horas.
A complexidade terminolóxica, conceptual, metodolóxica e praxeolóxica que caracteriza a materia, en función dos seus obxectivos e contidos, aconsella un traballo continuado na mesma, procurando desde o inicio unha implicación-participación activa nas distintas actividades que se desenvolvan, moitas delas orientadas á avaliación. En particular, recoméndase:
- Unha lectura detida, reflexiva e crítica do Programa da materia nos seus diversos apartados para un adecuado seguimento da mesma.
- Realizar e presentar nos prazos que se determinen as actividades asociadas á dinámica de clase, de xeito individual e grupal, reflectida nos traballos escritos que se indiquen. Trátase, en síntese, de manter unha vinculación continuada cos ritmos que se deriven dos procesos de ensino-aprendizaxe promovidos na materia e nas sesións de aula, especialmente as que reciben a denominación de "interactivas".
- Tomar e facer operativas decisións que posibiliten unha axeitada organización no tempo, compatibilizando os requirimentos desta materia cos das demais; por exemplo: na composición e desenvolvemento dos grupos de traballo, na lectura anticipada de textos que hai que comentar en determinadas sesións de clase, na elaboración "continuada" de anotacións conducentes á redacción da memoria autoavaliativa a presentar ao finalizar a materia, na consulta e valoración de materiais ou recursos (páxinas web, revistas, informes…), etc.
- Realizar lecturas complementarias de libros ou publicacións (entre as que cómpre destacar as Revistas especializadas) que sexan recomendadas polas profesoras, que a xeito de Léxicos, manuais, etc., posibilitan unha comprensión globalizada dos contidos da materia e dos seus significados para a formación académica e profesional na Pedagoxía-Educación Social.
- Facer uso das titorías -xa sexa a nivel individual ou colectivo, en pequenos grupos- como un dereito dos estudantes asociados a unha mellora significativa das súas posibilidades de aprendizaxe, personalizando as súas opcións metodolóxicas e pedagóxicas cunha perspectiva diferencial e diferenciadora segundo intereses, expectativas, problemáticas específicas, etc.
ENTREGA DE TRABALLOS:
Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
ACTIVIDADES DE CAMPO:
É posible que no desenvolvemento da materia se realice, de ser viable, unha práctica de campo compartida con outras materias do curso (visita, encontros con profesionais, conmemoracións) na perspectiva dun traballo interdisciplinar que será realizado e valorado desde cada unha das materias participantes.
ASISTENCIA A CLASE:
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES
(http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…)
A USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia. No que atinxe á dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias, atenderanse as normas ditadas na instrución núm. 1/2017, da Secretaría Xeral da USC. Ao respecto, pode consultarse a información correspondente no seguinte enlace: http://www.usc.es/gl/centros/cc_educacion/dispensa_asistencia_clase.html
PROTECCIÓN DE DATOS e COMUNICACIÓN ACADÉMICA:
O ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
O alumnado debe empregar necesariamente o correo electrónico da USC (@rai.usc.es), na súa comunicación vía email co profesorado.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL:
Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
-Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
-Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
-Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
-Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO:
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
Recomendamos a Guía para o emprego dunha linguaxe inclusiva da USC (2018). https://xornalistas.gal/web/uploads/novas_adxuntos/adxunto/fa5/5c013549…
EMPREGO DO MÓBIL:
Queda restrinxido o emprego do teléfono móbil na aula á súa utilización como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polos docentes, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun uso non axeitado do mesmo.
FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS
Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
Jose Antonio Caride Gomez
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813754
- Correo electrónico
- joseantonio.caride [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Laura María Varela Crespo
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813748
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Antonio Garcia Vinuesa
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Correo electrónico
- a.garcia.vinuesa [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo /CLIS_01 (A - Fernández P) | Galego | AULA 14 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
10:30-12:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | Galego | AULA 9 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
13:30-15:00 | Grupo /CLIS_02 (Fernández Q - P) | Galego | AULA 14 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
Xoves | |||
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_03 (Q - Z) | Galego | AULA 14 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
21.01.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
26.06.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 17 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |