Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Teoría e Historia da Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Lograr un nivel básico e preciso de coñecementos sociolóxicos xerais e da Socioloxía da educación en particular.
- Adquirir unha visión xeral dos principais paradigmas no campo da Socioloxía da educación.
- Desenvolver unha conciencia sociolóxica sobre da importancia do proceso de socialización-educación e dos principais axentes de socialización.
- Recoñecer os feitos relativos á desigualdade social relacionados coa educación.
SOCIALIZACIÓN, CULTURA E EDUCACIÓN
O proceso de socialización: acción social e axentes de socialización (familia, escola, grupo de iguais, medios de comunicación).
Sistemas de estratificación (escravitude, casta, estamento e clase –alta, media,obreira e infraclase–) e desigualdades sociais.
Socialización diferenciada dos xéneros
TEORÍAS SOCIOLÓXICAS E A SÚA INCIDENCIA NA EDUCACIÓN
Teorías sobre a función social da educación.
Teorías da reprodución social e cultural.
Teorías feministas e movemento queer.
SOCIOLOXÍA DA EDUCACIÓN E COÑECEMENTO CIENTÍFICO
Socioloxía da Educación como campo da Socioloxía e dos estudios sociais en Educación.
Metodoloxías para o estudo da sociedade: persoas, institucións e movementos sociais.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
- Bonal, Xavier (1998). Sociología de la educación. Una aproximación crítica a las corrientes contemporáneas.Paidós.
- Fernández Palomares, Francisco (Coord.) (2003). Sociología de la Educación. Pearson.
- Guiddens, Anthony & Sutton, Philip W. (2013). Sociología. Alianza editorial.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
- Bauman, Z. (2007). Vida de consumo. Fondo de Cultura Económica.
- Hooks, bell (2021). Enseñar a transgredir. Capitán Swing.
- Beeden, A. e Van Zyl, M. (eds.) (2016). El libro de la Sociología. Akal.
- Bourdieu, P. (2000). Cuestiones de sociología. Istmo.
- Ernaux, A. (2021). Mira las luces, amor mío. Cabaret Voltaire.
- Fernández Enguita, M. (2012). Cómo nos gusta suspender!: de nuevo sobre el fracaso y el abandono escolar. Cuadernos de pedagogía, 425, 28-33.
- García de León, M. A.; de la Fuente, G. e Ortega, F. (Eds.( (1993). Sociología de la educación. Barcanova.
- Guerrero Serón, A. (1996). Manual de Sociología de la Educación. Sínesis.
- Llomovatte, S. e Kaplan, C. (Coords.) (2005). Desigualdad educativa: la naturaleza como pretexto. Novedades Educativas.
- Louis, E. (2015). Para acabar con Eddy Bellegueule. Salamandra.
- Louis, E. (Dir.) (2015). Pierre Bourdieu: la insumisión como herencia. Nueva Visión.
- Morrow, R. e Torres, C. A. (2002). Las Teorías de la reproducción social y cultural. Editorial Popular.
- Ngozi Adichie, Ch. (2015). Todos deberíamos ser feministas. Litetratura random house.
- Segato, R. (2021). Las estructuras elementales de la violencia. Ensayos sobre género entre la antropología el psicoanálisis y los derechos humanos. Prometeo.
- Vázquez Freire, M. (2000). Nuevos apocalípticos, nuevos integrados. Cuadernos de Pedagogía, 297, 24-27.
Diccionarios
Busquet, Jordi et al. (2019). 262 Conceptos clave de Sociología. UOC.
Caride, J.A. e Trillo, F. (Coords.) (2010). Dicionario galego de Pedagoxía. Galaxia.
EMA (1977). La Antropología. Enciclopedia del Mundo Actual. Editorial Noguer.
Revistas on-line
RASE. Revista da Asociación de Sociología da Educación http://www.ase.es/rase
TEMPORA. Revista de Sociología da Educación http://www.ull.es/publicacións/tempora/
British Journal of Sociology of Education http://www.tandf.co.uk/journals/carfax
Sociology of Education http://www.asanet.org/cs/journals/soe
RES. Revista española de sociología http://www.fes-web.org/publicacións/res/
REIS. Revista española de investigaciones sociológicas. http://www.reis.cis.es/REIS/
COMPETENCIAS DA TITULACIÓN
CB1 - Que o estudantado demostre posuír e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adoita atoparse a un nivel que, se ben apóiase en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangardia do seu campo de estudio.
CG1 - Coñecer e comprender os fundamentos académicos e científicos nos que se sustenta o seu campo formativo e profesional, tendo capacidade para analizar criticamente a natureza das súas teorías, metodoloxías e ámbitos de intervención da Educación Social.
CG2 - Ter capacidade para analizar as realidades sociopolíticas, económicas, educativas, culturais e lingüísticas nas que se desempeña o labor profesional da Educación Social, tanto en termos diagnósticos como prospectivos.
CT3 - Desenvolver unha actitude autocrítica, así como de reflexión, análise e síntese respecto dos coñecementos, tarefas e cometidos nos que participan.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS DA MATERIA
CE1.1 - Comprender os referentes teórico-conceptuales, históricos, comparados, metodológicos e pedagóxicos da Educación Social e das prácticas que nela se promoven.
CE1.2 - Analizar criticamente as realidades socioeconómicas, políticas, educativas e culturais, así como os ámbitos da acción educativa nos que as educadoras e educadores sociais desenvolven o seu labor profesional.
Actividades formativas
Proponse unha metodoloxía baseada nos principios de participación, actividade e aprendizaxe vivencial e razoada; isto é, que fomente a implicación do alumnado no desenvolvemento dos temas propostos.
Nas clases expositivas realizarase unha presentación e explicación dos temas, orientando ao alumnado respecto dos centros de interese nos que conveña profundar o estudo desde o punto de vista documental e bibliográfico.
Nas sesións interactivas desenvolveranse co apoio de textos, materiais audiovisuais, xornalísticos ou científicos, que complementen e amplíen as explicacións. Procurarase a participación do alumnado nos procesos de busca, análise e exposición de ideas ou conclusións para unha mellor aprendizaxe dos conceptos fundamentais da materia. A modo de exemplos poderán ser: comentarios sobre artigos ou libros recomendados, análise de estatísticas sobre variables sociodemográficas, exposición pública da busca e documentación fotográfica sobre algún elemento da vida cotiá.
Nas sesións de clase daranse indicacións para realizar análise de documentos, situacións, contextos ou datos. Farase uso do Campus Virtual para facilitar documentación, instrucións e comunicación entre o alumnado e profesorado da materia.
Na materia prevese o desenvolvemento de, cando menos, unha práctica de campo compartida con outras do curso (visita, encontros con profesionais, celebración de conmemoracións …) na perspectiva dunha actividade interdisciplinar que será abordada e valorada desde cada unha das materias participantes.
A avaliación da materia terá varios compoñentes.
A ponderación no proceso de avaliación é a seguinte:
Tarefas e prácticas de aula. 50%
- Exercicios individuais ou grupais indicados no campus virtual
- Libroforum e reflexión escrita
Exame. 50%
A USC é unha universidade presencial, polo que é obrigatoria a asistencia. Nos casos contemplados na normativa da USC, o alumnado pode solicitar «dispensa»* ou exención da docencia presencial.
Os resultados da avaliación final global configuraranse a partir da suma ponderada das puntuacións que se acaden en todas as actividades. Para superar a materia é preciso obter unha valoración positiva sobre o exercicio de Exame e unha cualificación mínima de 5 puntos (sobre 10) sumando as valoracións dos dous
En todos os casos, mesmo para o alumnado que repita a materia**, os exercicios realizados deben ser entregados en tempo e forma por escrito polo sistema que se indique no Campus virtual.
Os traballos individuais ou grupais das e dos estudantes deberán ser orixinais, e indicar as fontes documentais utilizadas para a súa elaboración. Calquera traballo no que se detecte que foi copiado suporá o suspenso na materia e, de ser o caso, a supresión do dereito a unha segunda oportunidade.
A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, agás nas actividades programadas de forma coordinada.
*DISPENSA OU EXENCIÓN DE ASISTENCIA A CLASE
En atención á instrución reitoral 1/2007 sobre a Dispensa de Asistencia a Clase (http://hdl.handle.net/10347/15644), o alumnado que concurra nas circunstancias que lle permitan obter a dispensa terá que facer os mesmos traballos de curso no tempo e forma que se especifican no Campus virtual para todo o alumnado matriculado. Ademais, naqueles casos que se indiquen como traballos grupais, o alumnado con dispensa poderá realizalos de modo individual. Non terá que realizar tarefas adicionais.
**PERSOAS QUE SE MATRICULEN POR SEGUNDA OU MÁIS VECES
Seguen o programa etablecido como o resto de alumnado da materia.
Traballo persoal do alumnado
Estudo: 40 h
Estudo e elaboración de informes: 30 h
Visualización de materiais complementarios: 20 h
A asistencia a clase é obrigatoria. O estudante necesita asistir a clase para seguir adecuadamente as sesións e explicacións da materia, onde se aprende progresivamente a razoar, argumentar e aplicar o aprendido.
ASISTENCIA A CLASE
Para calquera dúbida consultar a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…). Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilitar unha "mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupo e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa". Para Dispensa da asistencia ver o apartado de avaliación.
Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os alumnos poderán solicitar exención oficial de asistencia (http://hdl.handle.net/10347/15644).
RESPONSABILIDADE AMBIENTAL
Por sentido de coidado e de responsabilidade co ámbito natural e humano, nesta materia esíxese a presentación de traballos a través do campus virtual. No caso excepcional de ser unha entrega en papel, seguiranse as seguintes recomendacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir polas dúas caras do folio en calidade "aforro de tinta".
- Non utilizar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
MODELO DE CITACIÓN
Na realización das prácticas e traballos seguiranse as normas APA -Publication Manual of the American Psychological Association (APA) 7ª ed. APA, 2020-, que se poden consultar no enlace: http://www.apastyle.org. Unha guía resumida en galego pódese atopar na seguinte dirección: https://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/centros/ffp/descar…
OBSERVACIÓNS COMPLEMENTARIAS
- Existe a obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras facilitadas pola Facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade (Lifesize, etc).
- O alumnado deberá empregar o correo electrónico da USC (@rai.usc.es)
- Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo profesorado, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
- Hai que ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
- É obrigatorio o cumprimento da normativa de protección de datos. Ver: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
- Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Antonio Garcia Vinuesa
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Correo electrónico
- a.garcia.vinuesa [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Luns | |||
---|---|---|---|
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_03 (Pérez U - Z) | Galego | AULA 5 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
13:30-15:00 | Grupo /CLIS_01 (A - García P) | Galego | AULA 5 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
Mércores | |||
09:00-10:30 | Grupo /CLIS_02 (García Q - Pérez T) | Galego | AULA 5 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
12:00-13:30 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | Galego | AULA 2-3 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
16.01.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
23.06.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |