Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 14 Clase Expositiva: 4 Clase Interactiva: 18 Total: 36
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
Áreas: Comercialización e Investigación de Mercados
Centro Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Desenvolver a capacidade para aplicar os conceptos, principios e estratexias de marketing.
- Desenvolver coñecementos e capacidades para tomar decisións relacionadas coas accións comerciais sobre produto, prezo, distribución e comunicación
- Ser capaz de deseñar, implantar e avaliar un plan de marketing
- Ser capaz de gestionar estratexias comerciais utilizando ferramentas e canles online
- Prezo, produto e oferta
- O mix de comunicación en internet
- Internet como canle de distribución
Bibliografía básica:
- Armstrong, G.; Kotler, P.; Merino, M.J; Pintado, T.; Juan, J.M. (2011): Introducción al marketing. Ed. Pearson
- Rodríguez-Ardura, I. (2020). Marketing digital y comercio electrónico, 2ª ed. Pirámide
- Santesmases Mestre, M. (2018): Fundamentos de marketing, 2ª ed. Pirámide
Bibliografía complementaria:
Baena, V.; Moreno, M.F. (2010): Instrumentos de marketing. Decisiones sobre producto, precio, distribución, comunicación y marketing directo. Ed. UOC.
Esteban, A.; Mondéjar, J.A. (coordinadores) (2013): Fundamentos de marketing. Ed. ESIC.
García, M.D. (2008): Manual de marketing. Ed. ESIC.
Kotler, P.T. y Armstrong, G. (2018). Principios de Marketing, Pearson Ed. (17ª edición).
Martín-Santana, J.D.; Olarte, C.; Reinares-Lara, P.; Samino-García, R. (2019). Gestión de la comunicación: un enfoque integral. ESIC Editorial.
Sainz de Vicuña Ancín, J.M. (2024): El plan de marketing en la práctica. Esic, 25ª Edición, Madrid
Santesmases, M. (2012): Marketing : conceptos y estrategias, Pirámide, 6ª edición, Madrid
Vázquez, R.; Trespalacios, J.A. (Direc.) (2005): Marketing: Estrategias y aplicaciones sectoriales. Ed. Thomson-Cívitas.
C4. Definir a estratexia comercial da empresa
C9. Analizar información relevante para a toma de decisións empresariais
HD2. Xestionar información procedente de distintas fontes que permitan adquirir novos coñecementos e aplicalos para responder a retos, resolver problemas e tomar decisións.
HD4. Traballar en equipo, compartindo e pondo en común os coñecementos, integrando distintas formulacións, mostrando habilidades de negociación, resolución de conflitos e intelixencia emocional.
CP9. Abordar os problemas e retos desde diferentes perspectivas con capacidade para adaptarse a situacións e realidades novas
A metodoloxía baséase no traballo individual do estudante sobre a base dos recursos didácticos propostos polo profesorado. Este traballo individual consistirá fundamentalmente na revisión e estudo dos materiais que o profesorado propoña para abordar cada unidade temática e a resolución autónoma dos casos prácticos, exercicios ou proxectos suxeridos en cada tema.
Todo o material didáctico, incluídos os casos prácticos e outros recursos complementarios, estarán dispoñibles para o estudante no Campus Virtual.
O traballo autónomo do estudiantado será guiado polo profesorado nas horas destinadas a tutorías. Fixarase unha hora de tutoría semanal de cuxo horario se informará a través do Campus virtual ao comezo do curso. A asistencia a estas tutorías é de carácter voluntario para o estudante. As tutorías levarán a cabo a través da plataforma MS Teams.
A avaliación desta materia será mediante un exame final de contido teórico/práctico.
O exame, que será en todo caso presencial, cubrirá todo o programa da materia e terá un peso do 100% na cualificación final.
Para os casos de REALIZACIÓN FRAUDULENTA DE EXERCICIOS Ou PROBAS será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións da USC.
AVALIACIÓN DE RESULTADOS DE APRENDIZAXE:
Exame final: C4, C9, HD2, CP9
O tempo de estudo recomendado e as actividades docentes desta materia distribúense do modo seguinte:
- Docencia virtual asíncrona: 36h
- Tutorías virtuais asíncronas: 14h
- Exame: 4h
- Horas de traballo autónomo (estudo autónomo por parte do estudante): 58,5h
É recomendable que o estudiantado traballe sobre a materia ao longo do curso, leve ao día os conceptos teóricos e procure a súa aplicación práctica a través dos exercicios propostos. Ademais, resulta conveniente a comunicación co profesorado mediante a utilización das tutorías persoais.
25.05.2026 18:00-21:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario 1 |
29.06.2026 18:00-21:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario 1 |