Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
Áreas: Medicina Preventiva e Saúde Pública
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1. Comprender o concepto de saúde e coñecer os seus determinantes.
2. Analizar o pensamento do alumnado sobre a saúde.
3. Profundar sobre os determinantes da saúde e valorar as súas repercusións sobre a saúde humana.
4. Coñecer os principais factores de risco que afectan á saúde e saber evitalos.
5. Coñecer as medidas máis adecuadas para a promoción da saúde.
6. Entender o concepto actual de educación para a saúde e coñecer os seus obxectivos.
7. Analizar o pensamento do alumnado sobre a educación para a saúde.
8. Valorar o papel da educación para a saúde na escola e a súa repercusión na promoción de estilos de vida saudábeis.
9. Coñecer e valorar materiais de educación para a saúde en escolares relacionados cos estilos de vida (nutrición, actividade e descanso, medio ambiente, hixiene...).
10. Valorar o papel da educación para a saúde na escola e a súa repercusión na comunidade.
11. Coñecer os obxectivos, contidos curriculares e criterios de avaliación de educación para a saúde da educación infantil.
12. Coñecer conceptos para estar en condicións de contribuír á planificación dos menús escolares tanto dentro coma fóra do comedor escolar.
13. Coñecer os casos de desviacións alimentarias na escola.
14. Coñecer os principios da hixiene persoal.
15. Coñecer o método de actuación ante un brote de pediculose.
16. Valorar e coñecer a aplicación dos principios do descanso e das necesidades de sono.
17. Valorar e coñecer o método de organización da actividade escolar.
18. Recoñecer problemas de identidade sexual entre o alumnado.
19. Coñecer o modo de instaurar actitudes preventivas ante futuras situacións de risco derivadas de futuras prácticas sexuais.
20. Valorar a instauración de actitudes positivas para a saúde cara a futuras situacións de consumo de tabaco, alcohol e outras drogas.
21. Valorar a instauración de medidas preventivas fronte aos accidentes e infeccións e infestacións na aula.
22. Valorar medidas de detección de situacións de maltrato infantil e, máis especificamente, do acoso escolar.
23. Coñecer a actuación fronte aos casos de acoso escolar.
PROGRAMA TEÓRICO
CONTIDO DAS CLASES EXPOSITIVAS
Bloque I: CONCEPTOS DE SAÚDE. A SAÚDE INFANTIL
Tema 1. A SAÚDE E OS SEUS DETERMINANTES. HISTORIA NATURAL DA ENFERMIDADE.
Concepto de saúde e enfermidade. Principais determinantes da saúde. Enfermidades transmisibles e non transmisibles. Historia natural da enfermidade. Niveis de prevención. Saúde pública
Tema 2. CRECEMENTO E DESENVOLVEMENTO. CARACTERÍSTICAS FISIOLÓXICAS NA INFANCIA.
Etapas e indicadores de crecemento. Crecemento e desenvolvemento.
Bloque II. A EDUCACIÓN PARA A SAÚDE
Tema 3. PROTECCIÓN E PROMOCIÓN DA SAÚDE. EDUCACIÓN PARA A SAÚDE.
Promoción e protección da saúde, educación para a saúde. Métodos e medios para educar en saúde. Importancia dos pais.
Bloque III. HÁBITOS E ESTILOS DE VIDA SAUDABLES NA INFANCIA
Tema 4. ALIMENTACIÓN E NUTRICIÓN.
Conceptos alimentación e nutrición, funcións e clasificación dos alimentos, alimentación nas diferentes etapas.
Tema 5. LIMPEZA E HIXIENE PERSOAL.
Coidados de hixiene. Hixiene bucodental, do cabelo, de mans, postural
Tema 6. ACTIVIDADE E DESCANSO.
Actividade física, fatiga e descanso. Trastornos do soño. Hixiene do soño.
Tema 7. ADQUISICIÓN DOUTROS HÁBITOS DE VIDA SAUDABLES.
Rol de xénero, identidade e orientación sexual. Educación sexual. Consumo de sustancias. Uso de novas tecnoloxías.
Bloque IV. PROBLEMAS DE SAÚDE NA ESCOLA
Tema 8. SEGURIDADE INFANTIL. Seguridade física do neno: accidentes e infeccións na escola. Seguridade psíquica: malos tratos, abusos sexuais, acoso escolar.
Tema 9. PROBLEMAS DE SAÚDE NA IDADE INFANTIL
Principais problemas de saúde na infancia. Detección precoz de problemas visuais e auditivos. Desordes alimentarios. Problemas da columna vertebral.
CONTIDOS DAS CLASES INTERACTIVAS
Ao longo das clases interactivas traballaranse, desde un punto de vista práctico, os seguintes contidos:
A saúde e os seus determinantes.
Avaliación de casos prácticos de crecemento.
Prevención e promoción da saúde. Educación para a saúde. Hixiene.
Temas de interese en alimentación. Publicidade de produtos alimentarios.
Trastornos do sono.
Educación sexual na infancia.
Maltrato e acoso escolar.
Problemas de saúde. Accidentes.
Bibliografía básica:
- Alfaro, M., Barona, P., Cerdán, M.R., Fernández, E., Fierro, A., García, M.M …. Vázquez, M.E. (2019). Guía de ayuda para centros docentes. Manejo práctico de los problemas de salud pediátricos más frecuentes. Consejos para el profesorado y los cuidadores escolares (2ª ed.). Madrid: Asociación Española de Pediatría de Atención Primaria.
- Aranceta, J., Pérez, C., Serra, M., Iraeta, I., Bellido, A., Barinagarementeria, A., Fernández, A. (2007). Alimentación saludable. Guía para el profesorado. Madrid: Ministerio de Educación y Ciencia (CIDE) y Ministerio de Sanidad y Consumo.
- Gil Verona, J.A. (1999). Problemas médicos en la escuela y su entorno (2ª ed.). Madrid: Editorial Panamericana.
- Hernández Morales, G. e Jaramillo, C. (2003). La educación sexual de la primera infancia. Guía para madres, padres y profesorado de Educación Infantil. Madrid: Secretaría Gral. de Educación y Formación Profesional. Ministerio de Educación, Cultura y Deporte.
- Salleras L. (1985). Educación Sanitaria. Principios, métodos, aplicaciones. Madrid: Ediciones Díaz de Santos S.A.
- Salvador, T. e Suelves, J.M. Ganar salud en la escuela. Guía para conseguirlo. Madrid: Ministerio de Educación y Ministerio de Sanidad y Política Social. DL: M41.925-2009. http://www.aesan.msc.es/AESAN /web/nutricion/nutricion.shtml
- Tojo, R. e Leis, R. (2002). Menús saudables no comedor escolar. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Secretaría Xeral.
- Xunta de Galicia. Protocolo de atención en urxencias sanitarias e atención educativa ao alumnado con enfermidade crónica. Edita: Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Depósito legal: C 1354-2018. https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/content_type/learningo…
- Xunta de Galicia. Protocolo educativo para a prevención, detección e tratamento do acoso escolar e ciberacoso. Edita: Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Depósito legal: C 586-2018. https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/content_type/learningo…
Bibliografía complementaria
- Abad, M.A., Abad, C., Díaz, P., Díaz, E., Gracia, J., Hidalgo, M.I. …. Ugarte, R. (2011). Guía de práctica clínica sobre trastornos del sueño en la infancia y adolescencia en atención primaria. Madrid: Ministerio de Sanidad.
- Abenza, J.L., Azorit, A., Ballester, S., Ballesteros, J.M., Belmonte, S., Del Barrio, L. …. Zancajo, A. (2010). Documento de consenso sobre la alimentación en los centros educativos. 2010. Consejo Interterritorial del Sistema Nacional de Salud.
- Aznar Laín, S. e Webster, T. (2006). Actividad física y salud en la infancia y la adolescencia. Guía para todas las personas que participan en su educación. Madrid: Ministerio de Educación y Ciencia (CIDE) y Ministerio de Sanidad y Consumo.
- FAO. Guía Metodológica para la Enseñanza de la Alimentación y Nutrición. FAO. En: http://www.fao.org/3/am283s/am283s00.pdf
- Labrador, F., Requesens, A. e Helguera, M. Guía para padres y educadores sobre el uso seguro de Internet, móviles y videojuegos. Madrid: Defensor del menor de la comunidad de Madrid, fundación Galadium y Caja Madrid Obra Social.
- Piédrola, G. e cols (ed). (2008). Medicina Preventiva y Salud Pública (11ª ed.). Barcelona: Elsevier Masson.
COMPETENCIAS XERAIS
Para citar estas competencias seguimos a enumeración correspondente á ficha da materia:
G.1.- Coñecer os obxectivos, contidos curriculares e criterios de avaliación da Educación Infantil
G.2.- Promover e facilitar as aprendizaxes na primeira infancia, desde unha perspectiva globalizadora e integradora das diferentes dimensións cognitiva, emocional, psicomotora e volitiva.
G.8.- Coñecer fundamentos de dietética e hixiene infantís. Coñecer fundamentos de atención temperá e as bases e desenvolvementos que permiten comprender os procesos psicolóxicos, de aprendizaxe e de construción da personalidade na primeira infancia.
G.9.- Coñecer a organización das escolas de educación infantil e a diversidade de accións que comprende o seu funcionamento. Asumir que o exercicio da función docente tense que ir perfeccionando e adaptando aos cambios científicos, pedagóxicos e sociais ao longo da vida.
G.11.- Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellora o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovelo nos estudantes.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
Para citar estas competencias seguimos a enumeración correspondente á ficha da materia:
E.15. Coñecer os principios básicos dun desenvolvemento e comportamento saudables.
E.16. Identificar trastornos no soño, a alimentación, o desenvolvemento psicomotor, a atención e a percepción auditiva e visual.
E.17. Colaborar cos profesionais especializados para solucionar os devanditos trastornos.
E.18. Detectar carencias afectivas, alimenticias e de benestar que perturben o desenvolvemento físico e psíquico adecuado dos estudantes.
COMPETENCIAS BÁSICAS MECES
Para citar as competencias básicas do Marco Español de Cualificaciones para la Educación Superior (MECES) seguimos a enumeración correspondente á ficha da materia:
B.1. Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
B.2. Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B.3. Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B.4. Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
Por último cítanse seguindo a enumeración correspondente á ficha da materia as Competencias transversais para todas as titulacións de Grao da USC:
T.1.- Coñecemento instrumental de linguas estranxeiras.
T.2.- Coñecemento instrumental da lingua galega.
T.3.- Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
Os tipos de actividades que se levarán a cabo serán en gran grupo, en grupo mediano e en grupo pequeno ou individuais e as competencias a adquirir en cada unha destas actividades son:
Actividades en gran grupo: clases presenciais de tipo expositivo con participación dos alumnos nas que deben saber interpretar datos relevantes que lles permitirán reflexionar sobre os contidos da materia e emitir xuízos en relación cos mesmos: G.1, G.2, G.8 E.15, E.16, E.18, B.1, B.3, T.1, T.2
Actividades en grupo mediano. Resolución de problemas. Traballos prácticos como a elaboración de propostas, exposición dos traballos prácticos: G.8, G.9, G.11, E.15, E.17 B.2, B.3, B.4, T.1, T.2, T.3
Actividades en pequeno grupo: Orientación de traballos tutelados e titorías: G.8, G.15, B.2, T.2.
ACTIVIDADES EN GRAN GRUPO.
Son clases expositivas nas que o profesor ten un maior protagonismo, pero potenciarase en todo momento a participación dos alumnos/as. Realízanse con todo o grupo clase e están dirixidas á exposición de contidos, novos conceptos e ideas coa bibliografía de base á que poderán recorrer os alumnos/as. Poderase expoñer material audiovisual, procurarase interrelacionar diferentes conceptos ou temáticas etc. O programa da materia establece 16 clases expositivas de 1,5 horas cada unha ao longo do curso académico. Subirase a aula virtual material complementario en PDF que facilitará ao alumno/a a comprensión e traballo das clases.
ACTIVIDADES EN GRUPO MEDIANO.
Son clases interactivas, nas que se desenvolve especialmente o traballo en equipo, favorecendo a cooperación e o intercambio de experiencias. Son adecuadas para un maior protagonismo do alumnado, en ocasións servíndose de recursos audiovisuais e/ou informáticos para buscar información, realizar comentarios de textos ou material audiovisual, realizar presentacións, reflexión nos subgrupos, postas en común de ideas e traballos, desenvolvemento de proxectos, debates, etc. Plantexanse 16 clases interactivas de 1,5 horas de duración cada unha.
Durante as actividades de grupo mediano os alumnos/as descubrirán e traballarán nas aplicacións prácticas dos conceptos teóricos e coñecementos adquiridos nas clases expositivas en grupo grande. É nestas actividades onde traballarán a capacidade de procura, lectura e interpretación de información teórica de tal modo que saiban discernir con seguridade a información relevante e verídica na que basearse para a toma de decisións na súa vida profesional. Esixiralles traballar en colaboración tendo que poñerse de acordo a pesar de poder partir de diferentes puntos de vista, aprender a ceder sen deixar de participar, e a esixir compromiso por parte dos compañeiros no traballo.
Consistirán en:
- Iniciar ao alumnado na análise crítica da información obtida na clase expositiva e en lecturas.
- Dar ao alumnado a oportunidade de investigar problemas que el mesmo se plantexe sobre o dito nas clases teóricas, estimulando así a súa curiosidade.
- Crear unha contorna que facilita a comunicación tanto entre alumnos/as como de alumno/a con profesor.
- Aclarar dúbidas sobre determinados problemas.
- Sintetizar diversas experiencias e datos.
- Propoñer pequenas investigacións, traballos en grupo que faciliten o desenvolvemento das súas capacidades de observación, análise e síntese
- Resumir os contidos relacionados cunha temática determinada.
- Establecer liñas de actuación, plans de traballo, protocolos… en simulacións partindo dos coñecementos teóricos adquiridos.
- Traballar e debater en pequeno grupo, analizando as lecturas propostas, desenvolvendo os programas-guías que se proporcionen.
- Facilitar a análise dos resultados de traballos prácticos, lecturas, etc.
- Elaborar presentacións audiovisuais onde se recollan as conclusións en consenso do grupo.
- Facilitar o desenvolvemento e mellora da capacidade de expresión e transmisión de información tan importante na futura profesión dos alumnos/as.
En ocasións poderase entregar o material de traballo na clase interactiva a través do campus virtual, previamente á clase, de modo que o alumno/a poida ter o tema traballado e opinións formadas respecto diso. Isto permitirá axilizar a clase e profundar máis no tema para tratar. Sempre que se entregue material para o alumno/a previamente á clase, dito material virá acompañado dunha serie de cuestións sobre as que centrarse e reflexionar, de modo que o alumno/a poderá realizar unha reflexión crítica e traer ideas propias sobre o tema para tratar na clase.
Así mesmo, para as clases interactivas, poderase dar uso a varias ferramentas de Moodle como os foros, para fomentar os debates e intercambio de ideas, as tarefas, para realizar as diferentes actividades propostas nas mesmas, os exercicios ou cuestionarios a través da ferramenta cuestionarios, os cuestionarios con posibilidade de revisión utilizaranse para fomentar a aprendizaxe autónoma do alumnado… Manterase a combinación de traballos individuais e en grupo.
ACTIVIDADES EN PEQUENO GRUPO OU INDIVIDUAIS. (Titorías)
Con obxecto de desenvolver actividades de orientación, dinamización e titoría do traballo dos estudantes: orientación para a realización de traballos, preparación de exposicións, procura e selección de material bibliográfico, revisión de prácticas ou problemas, consulta de dúbidas, etc.
ASISTENCIA A CLASE
Segundo a normativa da USC, a asistencia a clase é obrigatoria.
Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os alumnos/as poderán solicitar a dispensa oficial da asistencia a clase. Neste caso poranse en contacto co docente durante as dúas primeiras semanas do semestre para fixar un plan de traballo específico da materia que constará dunha serie de actividades e cuestionarios a entregar durante o curso.
ALUMNADO CON DIVERSIDADE FUNCIONAL
O alumno/a que presente calquera tipo de diversidade funcional ou dificultade para un seguimento diario da materia, sexa esa dificultade permanente ou temporal, deberá xustificar esa situación mediante un documento expedido polo servizo acreditado pola USC a estes efectos e informar do seu caso ao docente correspondente dentro das dúas primeiras semanas do semestre, a fin de que ambas partes poidan acordar a maior brevidade o plan de traballo do estudante na materia e, si é preciso, facer as adaptacións curriculares e/ou avaliativas pertinentes, de tal xeito que o estudante en cuestión puidese sacar adiante a materia indicada.
O obxectivo é que os alumnos/as non só adquiran os coñecementos necesarios para superar a materia, se non que poidan resolver os problemas ou dúbidas que lles xurdan ao longo do seu futuro profesional da forma máis autónoma e coa maior seguridade posible.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Non se aceptará como traballo aquel entregado noutra materia, a non ser que previamente acordarase por parte dos docentes, realizar un traballo colaborativo entre materias.
1. PARTICIPACIÓN NA AULA
A participación do alumno/a nas clases interactivas terán un peso do 5% na nota final.
Non se poderá puntuar este apartado si o alumno/a non asiste ao 70% das clases interactivas
2. PROBAS ESPECÍFICAS
O exame final será complementario á avaliación continua, e pode incluír preguntas tipo test, preguntas curtas e/ou tema. É necesario obter polo menos o 45% da nota máxima no exame para que poida facer media cos demais apartados e polo tanto optar a superar a materia. O peso deste exame na nota final será do 55%.
3. INFORMES ESCRITOS E OURAS PRODUCCIÓNS
Os cuestionarios tipo test e outros materiais escritos producidos nas clases interactivas polos alumnos/as serán avaliados e o seu peso será do 35% sobre a nota final. Estes traballos poderán ser tanto en grupo como individuais. Para ser avaliados deberán entregarse en tempo e forma.
4. PRESENTACIÓNS ORAIS
As presentacións orais dos traballos realizados durante as clases interactivas serán avaliados, e o seu peso será o 5% da nota global da materia.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN DO APRENDIZAXE
A avaliación do alumno/a realizarase en función dos seguintes apartados:
1. Participación na aula: 5%
2. Probas específicas: Exame final: 55%
3. Informes escritos e outras produccións:35%
4. Presentacións orais: 5%
Para poder facer media co resto dos apartados e poder optar a superar a materia será preciso obter polo menos un 50% da puntuación máxima no exame final.
CASUÍSTICAS NA AVALIACIÓN
Segunda oportunidade: O alumnado que non supere a materia na primeira oportunidade e se presente en xullo, manterá as cualificacións dos apartados 1, 3 e 4 da avaliación, tendo que facer unicamente a proba específica, é dicir, o exame final. Non se admitirán novos traballos, actividades nin exposicións para xullo.
O alumnado repetidor deberá poñerse en contacto co docente durante as horas de titoría nas dúas primeiras semanas do semestre para valorar a necesidade dun plan de traballo e avaliación específico. Prioritariamente integrarase nas actividades comúns da materia seguindo, por tanto, a casuística xeral de avaliación.
Alumnos/as con dispensa de asistencia a clase: o exame escrito terá un peso do 70% da nota final, mentres as actividades e cuestionarios realizados durante curso terán un peso do 30%.
-TEMPO DE ESTUDO PARA AS ACTIVIDADES PRESENCIAIS:
Clases expositivas: 24 horas
Clases interactivas: 24 horas
Titorías: 3 horas
Total horas: 51
TEMPO DE ESTUDO DE TRABALLO AUTÓNOMO:
Clases expositivas: 33,5 horas
Clases interactivas: 45,0 horas
Titorías: 19,0 horas
Exámenes: 1,5 horas
Total horas: 99
A preparación da materia poderá facerse en base os guións que o alumno/a recolla durante as actividades expositivas na aula e en base aos diversos materiais e documentos que o profesor achegará para a realización das actividades en gran grupo e en grupo mediano.
A bibliografía recomendada é primordial e serve para a realización de informes escritos e outras producións, así como para poder aclarar as dúbidas que poidan presentarse o estudar os temas.
A avaliación extraerase da valoración das competencias alcanzadas polo alumno/a: na súa participación na aula, nas probas específicas, nos informes escritos e outras producións, así como nas súas presentacións orais.
A materia impártese nos dous idiomas oficiais da comunidade autónoma.
Lucía Moure Rodríguez
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Teléfono
- 982821001
- Correo electrónico
- lucia.moure.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo /CLIS_03 | Castelán | Aula 21 |
10:30-12:00 | Grupo /CLIS_02 | Castelán | Aula 21 |
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula 21 |
13:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 22 |
04.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 24 |
04.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 29 |
11.07.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 29 |