Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Áreas: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O1. Entender a importancia das emocións no desenvolvemento psicoeducativo.
O2. Desenvolver habilidades para entender, regular e xestionar as emocións dos/as demais.
O3. Desenvolver capacidades para entender, regular e xestionar as emocións nun/ha mesmo/a.
O4. Deseñar e desenvolver pautas educativas que favorezan a expresión emocional e o manexo positivo das emocións.
Emocións (definición; compoñentes das emocións; tipos e funcións).
Intelixencia Emocional (definición; modelos).
Educación Emocional (definición; contidos e procedementos; competencias emocionais; programas de educación).
Desenvolvemento emocional do profesorado.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA PARA EXPOSITIVAS
1. Bisquerra, R. (2005). La educación emocional en la formación del profesorado. Revista interuniversitaria de formación del profesorado, (54), 95-114.
2. Extremera, N., e Fernández-Berrocal, P. (2003). La inteligencia emocional en el contexto educativo: hallazgos científicos de sus efectos en el aula. Revista de educación, 332(12), 97-116.
3. Extremera, N., e Fernández-Berrocal, P. (2004). La importancia de desarrollar la inteligencia emocional en el profesorado. Revista iberoamericana de educación, 33(8), 1-9.
4. Fernández-Berrocal, P., e Extremera, N. (2002). La inteligencia emocional como una habilidad esencial en la escuela. Revista Iberoamericana de educación, 29(1), 1-6.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
1. Acosta, A. (2008). Educación emocional y convivencia en el aula. MEC.
2. Alvarez, M. (2011). Diseño y evaluación de programas de educación emocional. Wolters Kluwer.
3. Baena, G. (2005). Como desarrollar la inteligencia emocional: guía para padres y maestros. Trillas.
4. Bisquerra, R. (2009). Psicopedagogía de las emociones. Síntesis.
5. Bisquerra, R. (2010). Educación emocional en la práctica. ICE Horsori.
6. Bisquerra, R. (coord.) (2011). Educación emocional: propuestas para educadores y familias. Desclée de Brower.
7. Camara, S. (2012). Actividades para el desarrollo de la inteligencia emocional en los niños. Parramón.
8. Fernández, J. (coord.) (2007). Guía para la convivencia en el aula. Wolters Kluwer.
9. Hué, C. (2008). Bienestar docente y pensamiento emocional. Wolters Kluwer
10. Lantieri, L. (2009). Inteligencia emocional infantil y juvenil. Aguilar.
11. López, E. (2011). Educar las emociones en la infancia: reflexión y propuestas prácticas. Wolters Kluwer.
12. López, L. (2007). Relajación en el aula: recursos para la educación emocional. Wolters Kluwer.
13. Martínez, J. A. (2010). Relación de la inteligencia emocional con otras variables personales del alumnado y con los logros académicos. Universidad de la Laguna.
14. Renom, A. (coord.) (2008). Educación emocional: programas para la educación primaria (6-12 años). Wolters Kluwer.
15. Rodríguez, M. A. (2008). Inteligencia emocional y social en el aula. Brief.
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación duna forma profesional e posúan as competencias que soen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
X2 - Deseñar, planificar e avaliar procesos de ensinanza e aprendizaxe, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro. Promover e facilitar os aprendizaxes na primeira infancia, dende unha perspectiva globalizadora e integradora das diferentes dimensións cognitiva, emocional, psicomotora e volitiva.
X4 - Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade e que atendan á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos que conformen os valores da formación cidadanía.
X5 - Fomentar a convivencia na aula e fora dela, resolver problemas de disciplina e contribuír á resolución pacífica de conflitos. Estimular e valorar o esforzo, a constancia e a disciplina persoal nos estudantes. Reflexionar en grupo sobre a aceptación de normas e o respeto as demáis. Promover a autonomía e a singularidade de cada estudante como factores de educación das emocións, os sentimentos e os valores na primeira infancia.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
T3 - Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
E22 - Relacionar a educación co medio, e cooperar coas familias e a comunidade.
E20 - Mostrar habilidades sociais para entender ás familias e facerse entender por elas.
Proponse o desenvolvemento dunha metodoloxía activa e participativa, potenciando o traballo autónomo do alumnado. Tanto as clases expositivas coma as interactivas pretenden situar ao alumnado nun contexto específico do seu desenvolvemento profesional que ten como obxectivo a formación no ámbito da educación emocional.
As actividades co grupo de clase completo terán como obxectivo introducir e explicar o sentido dos temas, clarificar os conceptos importantes, dar unha visión global dos contidos dos diferentes bloques e relacionar coñecementos para promover a significatividade das aprendizaxes. Os materiais empregados nelas estarán a disposición do alumnado no Campus Virtual.
As actividades en grupo mediano teñen como obxectivo favorecer a docencia interactiva, cun peso a miúdo importante do traballo en equipo, favorecendo a cooperación e o intercambio de experiencias. Son adecuadas para un maior protagonismo do alumnado, en ocasións servíndose de recursos audiovisuais e/ou informáticos para buscar información, realizar presentacións, reflexión nos subgrupos, postas en común, e desenvolvendo outro amplo abanico de tarefas diversas relacionadas con métodos como o desenvolvemento de proxectos, estudo de caso, xogo de roles, discusión, etc., ou unha experiencia ou prácticas específicas a desenvolver. Inclúense tamén aquelas actividades nas que se avalíen as aprendizaxes e o ensino en grupos medios.
As actividades en pequeno grupo ou individuais serán preferentemente en grupos de tamaño reducido ou mesmo titorías individuais. Implican unha atención máis personalizada por parte do profesorado, con actividades como a discusión ou comentario de determinados traballos, diálogo sobre cuestións dubidosas ou sobre temas de interese, comentario e orientación sobre lecturas e traballos escritos máis específicos, en función das características e necesidades máis particulares.
Ademais das presentacións escritas elaboradas polo profesorado, o alumnado contará con bibliografía básica online, libre, para o traballo autónomo dos contidos da materia. Todos os materias estarán dispoñibles no Campus Virtual. Asemade, para algún tema específico cargarase algún capítulo da bibliografía complementaria máis relevante.
A cualificación global do alumnado na materia provirá:
-Un 10% da cualificación da participación do alumnado no desenvolvemento da clase.
-Un 50% da cualificación dos traballos individuais realizados sobre os contidos teóricos tratados na materia nas sesións expositivas. É preceptivo ter aprobado esta parte para sumar o resto de cualificacións que contribúen á nota final da materia.
-Un 40% da cualificación do traballo grupal realizado nas sesións interactivas. É preceptivo ter aprobado o traballo realizado nas sesións interactivas para sumar o resto de cualificacións que contribúen á nota final da materia.
Para poder ser avaliada/o na materia, o alumnado deberá ter participado, realizado e presentado, polo menos, un 80% dos traballos obrigatorios requiridos. A non realización das actividades propostas nas sesións expositivas ou nas sesións interactivas levará consigo unha cualificación de "non presentado". Cando non se superen as actividades vinculadas ás sesións expositivas ou ás sesións interactivas, a cualificación que figurará en actas será de "suspenso" co valor numérico máis próximo ao 5 obtido nun ou outro apartado de avaliación. O alumnado que supere as actividades vinculadas ás sesións expositivas pero non teña superada a actividade realizada nas sesións interactivas, na segunda oportunidade será avaliado unicamente desa actividade a través dunha proba práctica a entregar unha semana antes da data oficial do exame. O alumnado que non supere as actividades vinculadas ás sesións expositivas pero teña aprobadas as actividades realizadas nas sesións interactivas poderá presentarse á segunda convocatoria facendo unicamente unha proba específica na data oficial do exame final.
Os traballos individuais ou grupais das/os estudantes deben ser orixinais. A entrega dun traballo copiado suporá o suspenso da materia e a avaliación do/a alumno/a na seguinte convocatoria. A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado en seguintes convocatorias nin para varias materias, agás nas actividades programadas de forma coordinada.
Nos casos que se contemplan na normativa da Facultade, os/as estudantes que teñan solicitada e concedida a exención oficial de docencia ou a dispensa de asistencia realizarán as mesmas probas, actividades, traballos monográficos…. que se programen de forma xeral na Guía Docente, salvo aquelas actividades que necesitan da asistencia continuada á clase. Deste modo, tratamos de asegurar que se cumpran condicións similares de aprendizaxe tanto para o alumnado asistente como non asistente. A cualificación global do alumnado de dispensa/exención na materia procederá:
-Un 50% da cualificación dos traballos propostos nas sesións expositivas. É preceptivo ter aprobado esta parte para sumar o resto de cualificacións que contribúen á nota final da materia.
-Un 50% da cualificación dos traballos propostos nas sesións interactivas. É preceptivo ter aprobado o traballo realizado nas sesións interactivas para sumar o resto de cualificacións que contribúen á nota final da materia.
A materia ten en torno a 35 horas de clases presenciais, distribuídas en actividades en gran grupo (clases expositivas), actividades en grupo mediano en seminarios (clases interactivas), titorías e actividades de avaliación formativa e sumativa.
Estímase que o alumnado deberá dedicar 90 horas de traballo persoal para poder superar a materia, incluíndo 15 horas de lectura de materiais, 35 horas de elaboración de informes e traballos, e 40 horas de estudo.
Recoméndase que o alumnado curse e supere as materias de Psicoloxía do desenvolvemento 0-3 e 3-6 ou Psicoloxía do desenvolvemento 6-12 do Grao correspondente.
Recoméndase o uso das titorías co profesorado, cuxo horario se especificará na Guía docente da materia e no Campus Virtual da mesma.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL (os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual):
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encadernación.
- Imprimir a dúas caras en calidade "aforro de tinta".
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
ASISTENCIA A CLASE:
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES (https://minerva.usc.es/xmlui/handle/10347/13189). Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria.
Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia. Nestes casos, o alumnado debe poñerse en contacto co profesorado para indicar as directrices apropiadas para o cumprimento do programa e superación da materia.
O alumnado vinculado a un programa interuniversitario dispoñerá das convocatorias de exame que teña establecidas a universidade de destino. O réxime de estudos e convocatorias será o da universidade de destino, pero pódense presentar á 1ª ou 2ª convocatoria da USC daquelas materias recollidas no compromiso de estudos ou acordo académico que non superasen na universidade de destino, sempre que teñan unha materia equivalente na súa titulación, e que lle permita a guía docente. Deberán comunicarllo ao coordinador e este informará os profesores responsables das materias (DOGA, 28 de Maio de 2012). Non obstante, para aprobar a materia, polas súas particularidades, deberán realizar unha serie de tarefas que suplirán ás tarefas interactivas e prácticas que o alumnado ordinario necesita para superar a materia, esixíndolles a estes o 80% de tarefas entregadas e aprobadas.
INFÓRMASE AO ALUMNADO QUE:
-En atención aos criterios de igualdade e perspectiva de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Máis información en: https://www.usc.gal/gl/servizos/area/normalizacion-linguistica/mellorar….
-Todas as comunicacións deben realizalas de forma obrigatoria empregando a conta de correo rai.
-Ten que empregar obrigatoriamente as ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade (Lifesize, etc).
-Non pode empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente. O alumnado responsabilízase das consecuencias legais e académicasque podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
-O proceso de ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o alumnado matriculado na materia.
-É obrigatorio o cumprimento da normativa de protección de datos (https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos).
-No caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos/as estudantes e de revisión cualificacións. Máis información: https://minerva.usc.es/xmlui/handle/10347/12984.
Zeltia Martínez López
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Área
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Teléfono
- 881812130
- Correo electrónico
- zeltia.martinez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Ana Nieto Vieites
- Departamento
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Área
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Teléfono
- 881813679
- Correo electrónico
- ananieto.vieites [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución S. Esp. e outros
Martes | |||
---|---|---|---|
17:00-18:00 | Grupo /CLIS_02 Primaria | Castelán, Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 52 |
19:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 Primaria + Dobre Grao 3º | Galego, Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 52 |
20:00-21:00 | Grupo /CLE_02 Primaria + Dobre Grao 3º | Galego, Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
Mércores | |||
17:00-18:00 | Grupo /CLIS_03 Primaria | Galego, Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 03 |
18:00-19:00 | Grupo /CLIS_04 Primaria | Galego, Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 51 |
03.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 Infantil | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
03.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_02 Primaria + Dobre Grao 3º | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
03.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_02 Primaria + Dobre Grao 3º | (CAMPUS NORTE) - AULA 03 |
03.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 Infantil | (CAMPUS NORTE) - AULA 03 |
07.07.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 Infantil | (CAMPUS NORTE) - AULA 13 |
07.07.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_02 Primaria + Dobre Grao 3º | (CAMPUS NORTE) - AULA 13 |