Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica da Expresión Musical
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Coñecer e comprender os modelos, principios de deseño e estrutura dos proxectos na educación musical.
2. Coñecer as principais propostas pedagóxicas de educación musical.
3. Coñecer e reflexionar sobre o currículo de música e o perfil do mestre/a de música.
4. Deseñar e por en práctica propostas de intervención educativa que fomenten a percepción, a expresión e a creación musical.
Os contidos que se traballan nesta materia son os seguintes:
Bloque I – Proxectos en educación
•Concepto, tipos e estrutura.
•Deseño, implementación e avaliación de proxectos.
Bloque II – A música no currículo escolar
•Obxectivos, contidos e criterios de avaliación.
•Principais propostas de educación musical.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Arias, A., Arias, D., Nazava, A., & Rial, D. (2009). O traballo por proxectos en infantil, primaria e secundaria. Xunta de Galicia. http://www.edu.xunta.es/ftpserver/portal/DXC/9002463-Proxectos_Web.pdf
Díaz, M. y Giráldez, A. (coords.) (2007). Aportaciones teóricas y metodológicas a la educación musical.Graó.
Majó, F. & Baqueró, M. (2014). 8 ideas clave. Los proyectos interdisciplinarios. Graó.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Akoschky, J. (1988). Cotidiáfonos. Instrumentos sonoros realizados con objetos cotidiános. Ricordi.
Botella Nicolás, A.M. & Ramos Ramos, P. (2020). El aprendizaje basado en proyectos en el aula de música: una revisión sistemática. Per musi, 40, 1-15.
Durán, D. (2017). Aprendizaje entre iguales en música. Eufonía, 72, 7-12.
Gillanders, C. & Candisano Mera, J.A. (2011). Métodos y modelos de educación musical. Música y Educación, 8, 62-72.
Gillanders, C., Tojeiro Pérez, L., y Candisano Mera, J.A. (2022). Música y desarrollo sostenible: tejiendo redes en el aula. Peter Lang.
Hemsy de Gainza, V. (1964). La iniciación musical del niño. Ricordi.
Pascual Mejía, P. (2002). Didáctica de la música para primaria. Prentice Hall.
Patton, A. (2012). Work that matters. The teacher’s guide to project-based learning. Paul Hamlyn Foundation.
Santos Rego, M.A., Sotelino Losada, A. & Lorenzo Moledo, M. (2015). Aprendizaje-servicio y misión cívica de la universidad. Una propuesta de desarrollo. Octaedro.
Schafer, M.R. (1994). Hacia una educación sonora. Pedagogías Musicales Abiertas.
XERAIS
CX1 - Coñecer as áreas curriculares da Educación Primaria, a relación interdisciplinar entre elas, os criterios de avaliación e o corpo de coñecementos didácticos ao redor dos procedementos de ensino e aprendizaxe respectivos.
CX2 - Deseñar, planificar e avaliar procesos de ensino e aprendizaxe, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro.
CX10 - Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovelo entre os estudantes.
BÁSICAS
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
ESPECÍFICAS
CE54 - Comprender os principios que contribúen á formación cultural, persoal e social desde as artes.
CE55 - Coñecer o currículo escolar da educación artística, nos seus aspectos plástico, audiovisual e musical.
CE57 - Desenvolver e avaliar contidos do currículo mediante recursos didácticos apropiados e promover as competencias correspondentes nos estudantes.
CE56 - Adquirir recursos para fomentar a participación ao longo da vida en actividades musicais e plásticas dentro e fóra da escola.
TRANSVERSAIS
T1 - Coñecemento instrumental de linguas estranxeiras.
T2 - Coñecemento instrumental da lingua galega.
T3 - Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
As clases expositivas consistirán na presentación do marco teórico da materia. Nestas sesións os estudantes presentarán os seus traballos sobre as lecturas do curso que estarán a súa disposición na aula virtual.
Durante o cuadrimestre levaranse a cabo 3 proxectos. A participación nos proxectos é obrigatoria. O proxecto de tutoría entre iguais implica a asistencia durante dúas semanas á materia de Música na educación primaria nalgún dos horarios das sesións interactivas da mesma. O grupo deberá poñerse de acordo para que todos os CLIL desta materia (Música na educación primaria) poidan contar coa presencia dalgún estudante que cursa a materia de Procesos e proxectos didácticos en educación musical.
Cando os presupostos do centro así o permitan, realizaranse saídas didácticas ou experiencias de ApS.
Utilizarase a aula virtual da USC como canle de traballo obrigatorio e complementario á docencia. Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
- Proba específica: 20% da nota final
- Informe escrito e outras producións: 80% da nota final (20% informe individual e 60% traballo grupal-proxectos-).
-
Para superar a materia é necesario a participación nos tres proxectos propostos durante o curso (60%).
Convocatoria Xullo
O alumnado que non supere a materia na primeira convocatoria ordinaria, terá que realizar novamente a proba específica e presentar tódolos traballos realizados durante o curso, tendo en conta as observacións para a súa mellora, ampliación ou adaptación.
O alumnado con exención de docencia ou dispensa terá que entregar os mesmos traballos que o alumnado que asiste a nivel presencial (80%) e realizar o exame sobre os contidos traballados nas clases (20%). Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
O alumnado repetidor deberá poñerse en contacto co coordinador da asignatura nos 15 primeiros días do semestre correspondente para concretar o plan de traballo e o sistema de avaliación.
Total horas traballo presencial na aula: 38,5 h
Total horas traballo persoal do alumno/a : 74 h
Total: 112,5h
- Asistencia ás sesións de clase.
- Compromiso e responsabilidade no traballo.
- Tratar de resolver as dúbidas e as dificultades que xurdan dende un primeiro momento nas propias clases ou nas titorías.
- Ser responsable e non esquecer as datas dos traballos ou actividades plantexadas polo profesorado e grupos de traballo.
- Utilizar os recursos da propia Facultade (biblioteca, aulas) para o estudo e para a ampliación dos propios coñecementos.
• Para o desenvolvemento da actividade docente desta materia farase uso do Campus Virtual da USC.
• Segundo a normativa da USC sobre presencialidade, é obrigatoria a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase. Nos casos considerados na normativa do Centro, os alumnos poderán solicitar exención oficial de docencia debendo informar ó docente desta situación a mesma semana en que se solicite coa fin de concretar o seu plan de traballo e a avaliación da materia. O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…).
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Ver tamén a Instrución Nº1/2017, da Secretaría Xeral, sobre a dispensa da asistencia a clase en determinadas circunstancias.
• En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia ter en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa aos temas desenvolvidos.
•Perspectiva de xénero: en atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo de aula como nos traballos académicos encomendados.
•É obrigatorio o uso da conta de correo rai e das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
•Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
•Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
• Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos
https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Carol Jean Gillanders
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Musical
- Teléfono
- 881812063
- Correo electrónico
- carol.gillanders [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Xoves | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 07 - MÚSICA |
13:00-14:00 | Grupo /CLIS_01 (A - Z) | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 07 - MÚSICA |
23.01.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |
18.06.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |