Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Teoría e Historia da Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Analizar as posibilidades e límites da intervención pedagóxica nos centros penitenciarios.
- Avaliar as necesidades socio-educativas dos/as delincuentes institucionalizados.
- Identificar as discriminacións por razón de xénero no sistema penitenciario.
- Estudar programas de intervención socioeducativa neste contexto.
- Analizar o rol e o ámbito profesional do pedagogo/a en institucións penitenciarias.
- O contexto penitenciario: historia dos establecementos penitenciarios, tipos e características.
- A dimensión educativa na lexislación penitenciaria.
- Perfil socio-educativo da poboación penitenciaria.
- A muller interna nos centros penitenciarios.
- A intervención pedagóxica no ámbito penitenciario.
- Competencia social e inserción.
- A formación laboral nos centros penitenciarios.
- Os programas socio-culturais no medio penitenciario.
- A xestión educativa da diversidade cultural nos centros penitenciarios.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Lorenzo Moledo, M. (1997). La delincuencia femenina en Galicia: la intervención pedagógica. Xunta de Galicia.
Negredo López, L. (2019). Intervención y tratamiento de delincuentes en prisión y medidas alternativas. Síntesis.
Revista de Educación. (2013). La educación en instituciones penitenciarias. Historia, políticas públicas y buenas prácticas, Nº 360. Monográfico. https://sede.educacion.gob.es/publiventa/revista-de-educacion-n-360-la-…
Revista Galega de Educación (2014). O reto de aprender nos cárceres. Número 59. Monográfico. https://issuu.com/revistagalegadeeducacion/docs/rge_59_completa
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Añaños-Bedriñana, F. (Dir.). (2017). En prisión: realidades e intervención socioeducativa y drogodependencias en mujeres. Narcea.
Garrido, V., (1993). Técnicas de tratamiento para delincuentes. Centro de Estudios Ramón Areces.
Garrido, V., e Martínez Francés. M. D. (Eds.). (1998). Educación social para delincuentes. Tirant lo Blanch.
Garrido, V. (2005). Manual de intervención educativa en readaptación social. Vol. 1 Fundamentos de intervención. Tirant lo Blanch.
Garrido V., López, M. J., e Alba, J. L. (2005). Manual de intervención educativa en readaptación social. Vol.2 Los programas de pensamiento prosocial. Tirant lo Blanch.
Garrido, V., Stangeland, P., e Redondo, S. (2006). Principios de Criminología. Tirant lo Blanch.
Gil, F. (2010). La perspectiva pedagógica en las prisiones. Revista Española de Pedagogía, 68(245), 49-66.
López-Latorre, M. J., Garrido, V., e Ross, R. (2001). Avances en el programa de pensamiento prosocial. Tirant lo Blanch.
Lorenzo Moledo, M., Quiroga-Carrillo, A., e García-Álvarez, J. (2022). Competencias transversales y empleabilidad. Un reto para la pedagogía penitenciaria. Revista Complutense de Educación,33(2), 2022, 191-200.
Páxinas web de interese
https://www.institucionpenitenciaria.es/es/web/home/inicio
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS
CB1 - Que os/as estudantes demostraran posuír e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e encóntrase a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT7 - Demostrar profesionalidade integrando teoría e práctica.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CE1.3 - Diagnosticar as necesidades educativas de desenvolvemento educativo das persoas e das organizacións.
CE2.2 - Deseñar medios e recursos educativos adaptados e contextualizados ás necesidades educativas.
CE3.1 - Desenvolver estratexias e aplicar técnicas para promover a participación e a dinamización de grupos en diferentes contextos educativos.
CE3.2 - Aplicar e desenvolver estratexias e técnicas de orientación en procesos educativos e formativos.
CE4.1 - Avaliar plans, programas, proxectos, procesos de ensinanza-aprendizaxe e medios e recursos educativos e formativos.
A docencia estruturarase de xeito que se propicie a participación activa do alumnado nos contidos da materia. Para elo, introducirase aos/ás alumnos/as nos distintos temas a partir fundamentalmente da exposición da profesora e do traballo en grupo, onde o alumnado pasa a ter un papel fundamental na dinámica de ensino-aprendizaxe, analizando e discutindo diferentes aspectos da materia.
De forma máis concreta, as actividades de ensino-aprendizaxe propostas nesta materia son:
- Exposición, aclaración e discusión do programa.
- Introdución e exposición da profesora sobre os distintos temas.
- Traballo en grupo con materiais que serán entregados previamente (prácticas de aula).
- Traballo de grupo final sobre os/as olvidados no sistema penitencario ou, si os permisos correspondentes o permiten, desenvolvemento dun proxecto de ApS .
- Recensión da novela As malas mulleres de Marilar Aleixandre.
- Na medida das posibilidades, xestionarase unha visita ao Centro Penitenciario de Teixeiro e a participación de algún/algunha profesional do medio penitenciario.
O alumnado con exención de docencia ou dispensa debe pórse en contacto coa profesora nun prazo de 15 días dende o comezo das clases para deseñar o plan de traballo.
Asemade, farase uso do Campus Virtual para informar ao alumnado sobre aquelas cuestións que afecten á materia, e tamén para aloxar documentación.
A avaliación recollerá todas as dimensións do proceso de ensino-aprendizaxe de forma conxunta:
- Realización dunha proba ao remate do cuadrimestre.
- Valoración do traballo en grupo final e da recensión.
- Valoración dos traballos recollidos nas sesións de clase e, no caso da dispensa, traballo monográfico individual.
Para superar a materia é preciso ter superadas a proba final, o traballo de grupo final, e a recensión así como ter entregadas as prácticas de aula que son todas obrigatorias.
En termos da avaliación continua, realizarase un seguimento da evolución das aprendizaxes do alumnado (programación de entregas, listaxes de participación, etc.) empregando as canles institucionais (Microsoft Teams e Campus Virtual) e, no seu defecto, a través das titorías e o seguimento presencial na aula.
Os traballos individuais ou grupais deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia na correspondente convocatoria. Para efectos avaliativos un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, salvo que se programasen de forma coordinada. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos/as estudantes e de revisión das cualificacións.
A non asistencia impedirá a superación da materia tanto na oportunidade ordinaria do cuadrimestre, como na oportunidade da recuperación.
A cualificación final da materia calcularase tendo en conta que a proba final suporá o 60% da nota final, o traballo en grupo final o 30% e a recensión 10%.
Considerando a Instrución 1/2017, da Secretaría Xeral da USC, e o Acordo da Xunta de facultade do 22 de abril de 2016, o alumnado que teña concedida exención de docencia, ou dispensa, será avaliado nas mesmas condicións que o alumnado asistente. Ademais, deberá realizar un traballo monográfico previamente acordado coa profesora.
Clases expositivas: presentación, explicación de temas Aula 20h
Estudo e traballo do alumno/a 30h
Prácticas de seminario: análise de textos Seminario - Laboratorio 10h
Prácticas de seminario: estudio de casos Seminario -Laboratorio 10h
Traballo en grupo/recensión 30h
Titorías de traballo de curso (presenciais individuais e en grupo) 5.5h
Avaliación Aula 2h
a) Asistencia ás clases.
b) Realizar as lecturas previas dos materiais cando o indica a profesora.
c) Ler os apuntamentos cada día e expor as dúbidas á profesora sen demora, nas clases ou nas titorías.
d) Desenvolver unha actitude reflexiva ao redor da materia, e construír os piares dun corpo de coñecementos sobre o campo socioeducativo.
e) Coidar a exposición, redacción e claridade de contidos nas probas escritas, nas actividades e nos exercicios en grupo.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
Se o/a docente da materia solicita a entrega en papel, debe cumprir os seguintes requisitos:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade "aforro de tinta".
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
ASISTENCIA A CLASE
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES (https://cutt.ly/Vb9VQQP). Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria.
CORREOS ELECTRÓNICOS
En todo o proceso de comunicación mediante correo electrónico profesoras-alumnado, empregarase exclusivamente o enderezo da USC (@rai.usc.es). O alumnado debe establecer as medidas que lle permitan ter un seguimento actualizado deste medio de comunicación.
EMPREGO DAS FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS
Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
PROCESO DE ENSINO-APRENDIZAXE
O ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
USO DO MÓBIL
Queda restrinxido o uso de teléfono móbil na aula (presencial ou telemática) ao seu emprego como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polas/os docentes, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo, en cumprimento da normativa de protección de datos (https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos).
NORMATIVA APA
Na realización das prácticas e traballos seguiranse as normas APA -Publication Manual of the American Psychological Association (APA). 7ª ed. que se poden consultar no seguinte enlace: http://www.apastyle.org
Unha guía resumida en castelán pódese atopar na seguinte dirección: https://cutt.ly/Vb9BN8E
PERSPECTIVA DE XÉNERO
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: https://cutt.ly/wb9NEzs
PROTECCIÓN DE DATOS Lémbrase a obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Maria Del Mar Lorenzo Moledo
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813758
- Correo electrónico
- mdelmar.lorenzo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
16:30-18:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | Galego | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
18:00-19:30 | Grupo /CLIS_01 (A - Z) | Galego | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
20.12.2024 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 2-3 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
17.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |