Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
DESCRITOR DA MATERIA
-----------------------------
A materia aborda os principais procesos e factores históricos que incidiron na configuración actual de España:
(1) A Revolución liberal: a construción do Estado moderno e mais da Administración liberal na España do século XIX. A ordenación territorial do Estado.
(2) As ideoloxías e sistemas políticos en lideira na España dos séculos XIX e XX: liberalismo, carlismo, republicanismo, dereita autoritaria e colectivismos
(3) A construción da economía de mercado e da sociedade industrial
(4) A evolución da cuestión nacional: construción da identidade española e xénese e evolución dos nacionalismos subestatais
(5) O papel do Golpe de 1936, a Guerra Civil e Ditadura franquista na configuración actual de España
OBXECTIVOS
---------------
O/A alumno/a haberá coñecer:
(O-1) A estrutura diacrónica xeral da historia contemporánea de España.
(O-2) Os procesos de continuidade e mudanza ao longo dos dous últimos séculos —políticos, económicos, sociais e culturais—, incluíndo as variábeis e peculiaridades territoriais que conformaron a España contemporánea.
(O-3) Os factores e axentes que configuraron a sociedade española contemporánea, e canda eles as principais claves explicativas do pasado.
(O-4) As diversas perspectivas e principais debates historiográficos segundo os períodos e contextos, coa fin de poder desenvolver unha actitude crítica e de tomar consciencia de que o saber histórico é unha discipliña en permanente construción.
Resultados da aprendizaxe
---------------
Coñecer a crise do Antigo Réxime e a difícil implantación da nova orde liberal.
Coñecer o sistema político da Restauración: modernización e resistencias.
Coñecer a crise da Restauración e a Ditadura de Primo de Rivera.
Coñecer a II República: o advenimiento dun Estado democrático e social.
Coñecer a Guerra Civil e a ditadura franquista.
Coñecer a Transición e a consolidación da democracia en España.
A guerra antinapoleónica e as Cortes de Cádiz. Absolutismo e Liberalismo. A implantación do réxime liberal. A sociedade do século XIX. Ideoloxías e sistemas políticos: democracia, republicanismo, rexionalismos, carlismo. O ensaio democrático do Sexenio revolucionario. A España da Restauración. Modernización económica e as transformacións sociais. A crise da Restauración e a ditadura de Primo de Rivera. A II República. A
Guerra Civil. O franquismo: liñas xerais. A Transición e consolidación democráticas
Estes contidos desenvolveranse nos seguintes temas:
PRESENTACIÓN
TEMA 1. A CRISE DO ANTIGO RÉXIME
-Guerra antinapoleónica e revolución política
-Cortes de Cádiz, Constitución de 1812 e afrancesados
-Fernando VII: absolutismo e liberalismo
TEMA 2. A CONSOLIDACIÓN DO ESTADO LIBERAL
-Rexencias de Mª Cristina e do xeneral Espartero
-Reinado de Isabel II
-O Sexenio revolucionario
-Evolución económico-social: o movemento obreiro e mais a conflitividade campesiña
-A construción do Estado nacional e os seus límites
TEMA 3. RESTAURACIÓN BORBÓNICA E DITADURA DE PRIMO DE RIVERA
-Constitución de 1876 e sistema turnista
-Nacionalismo español, rexionalismos e nacionalismos subestatais
-Guerra colonial e crise de 1898
-O reinado constitucional de Alfonso XIII
- A guerra de Marrocos e a crise da Monarquía
-A ditadura de Primo de Rivera
TEMA 4. II REPÚBLICA
- Instauración e funcionamento do sistema democrático republicano
- Crise económica e políticas públicas na década de 1930
- Cambios sociais e culturais no período republicano
TEMA 5. GOLPE DE ESTADO E GUERRA
- O golpe de Estado de xullo de 1936
- A violencia masiva na retagarda e na postguerra
- A guerra
TEMA 6. A DITADURA FRANQUISTA
- Instauración e funcionamento do réxime franquista
- A violación sistémica dos dereitos humanos na ditadura
- Evolución económica, deriva social e cultural
- Oposición e movilización social baixo o franquismo
TEMA 7. A TRANSICIÓN E OS FUNDAMENTOS DA ESPAÑA ACTUAL
- A configuración política do final do franquismo e a Constitución de 1978
- Evolución e funcionamento do sistema democrático actual
- Cambios sociais e culturais desde a Transición até os nosos días
- Ciclos económicos dos últimos corenta anos: burbullas e crises
Bibliografía básica
-------------------------
FUSI, J.P. e PALAFOX, J., España 1808-1996. El desafío de la modernidad, Madrid: Espasa Calpe, Madrid.
ESDAILLE, Ch. J. e TUSELL, J., Época contemporánea: 1808-2004. Vol. 6 de Historia de España dirigida por John Lynch, Barcelona: Crítica, 2007.
CARRERAS, A. e TAFUNELL, X., Historia económica de la España contemporánea, Barcelona: Crítica, 2003.
PRO, J. La construcción del Estado en España, Alianza, 2019.
SHUBERT, A., Historia social de España (1800-1990), Madrid: Nerea, 1991.
VARELA SUANZES-CARPEGNA, J., Política y Constitución en España (1808-1978), Madrid: Centro de Estudios Políticos y Constitucionales, 2007
Bibliografía complementaria
--------------------------------------
TEMA 1
FUENTES, J. F., El fin del Antiguo Régimen (1808-1868). Política y sociedad, Madrid: Síntesis, 2007.
SÁIZ, C. e VIDAL, J., El fin del Antiguo Régimen: 1808-1868. Economía, Madrid: Síntesis, 1996.
TEMA 2
COMÍN, F. (ed.), 150 años de historia de los ferrocarriles españoles, Madrid: Anaya, 1998.
NADAL, J., e CARRERAS, A. (coord.), Pautas regionales de la industrialización española (siglos XIX-XX), Barcelona: Ariel, 1990.
TEMA 3
BERNAL, A.M. e PAREJO, A., La España liberal (1868-1913). Economía, Madrid: Síntesis, 2001.
BARRIO ALONSO, A., La modernización de España (1917-1939). Política y Sociedad, Madrid: Síntesis, 2004.
FUENTES CODERA, M., España y la Primera Guerra Mundial, Madrid: Akal, 2014.
PAN MONTOJO, J. (coord.), Más se perdió en Cuba, Madrid: Alianza, 2006.
GONZÁLEZ CALLEJA, E., La España de Primo de Rivera, Madrid: Alianza, 2005.
SUÁREZ CORTINA, M., La España liberal (1868-1917). Política y sociedad, Madrid: Síntesis, 2006.
VILLARES, R., e MORENO LUZÓN, J., Restauración y dictadura, Barcelona/Madrid: Crítica, 2009.
TEMA 4
GONZÁLEZ CALLEJA, E et al. La Segunda República española. Barcelona: Pasado y Presente, 2015
JACKSON, G. La República española y la guerra civil, 1931-1939, Madrid: Crítica, 1995
LÓPEZ VILLAVERDE, A. L., La Segunda República Española (1931-1936), Madrid: Sílex, 2017.
PAREJO BARRANCO, A. e SÁNCHEZ PICÓN, A., La modernización de España (1914-1939): Economía, Madrid: Síntesis, 2007.
TEMA 5
GRAHAM, H., Breve historia de la guerra civil, Madrid: Espasa-Calpe, 2006.
MIGUEZ MACHO, A. La genealogía genocida del franquismo : Violencia, Memoria e Impunidad, Madrid, Abada, 2014
NÚÑEZ SEIXAS, X. M., ¡Fuera el invasor! Nacionalismo y movilización bélica durante la guerra civil española, 1936-1939, Madrid: Marcial Pons, 2006.
PRESTON, P. El holocausto español. Odio y extermino en la Guerra Civil y después. Barcelona, Debate, 2011
TEMA 6
BABIANO, J., GÓMEZ, G., MIGUEZ, A. e TÉBAR, J. Verdugos impunes. El franquismo y la violación sistémica de los derechos humanos, Barcelona: Pasado y Presente, 2018.
CAZORLA, A., Miedo y progreso: Los españoles de a pie bajo el franquismo, 1939-1975, Madrid: Alianza, 2015.
RICHARDS, M., Historias para después de una guerra: memoria, política y cambio social en España desde 1936, Barcelona: Pasado&Presente, 2014.
RIQUER, B. de, La dictadura de Franco, Barcelona/Madrid: Crítica/Marcial Pons, 2010.
TEMA 7
NÚÑEZ SEIXAS, X. M. (coord..), España en democracia, 1975-2011, Barcelona/Madrid: Crítica/Marcial Pons, 2017.
PÉREZ LEDESMA, M., e I. SAZ (eds.), Del franquismo a la democracia, 1936-2013, Madrid/Zaragoza: Marcial Pons, 2015.
POWELL, Ch., España en democracia, 1975-2000, Barcelona: Plaza & Janés, 2002.
Básicas
CB1 Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
CB2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
Xerais
CX1 Asegurar unha formación xeneralista e de carácter integrado sobre os contidos fundamentais dos diversos ámbitos temáticos da Xeografía, o seu desenvolvemento epistemológico e os seus métodos de investigación.
CX2 Coñecer, comprender e interpretar o territorio
CX3 Interrelacionar o medio físico e ambiental coa esfera social e humana
CX4 Combinar un enfoque xeneralista cunha análise especializada
CX5 Interrelacionar os fenómenos a diferentes escalas territoriais
CX6 Explicar a diversidade de lugares, rexións e localizacion
CX7 Comprender as relacións espaciais. Valorar os aspectos culturais na súa interpretación
CX8 Analizar e interpretar as paisaxes
CX9 Xerar sensibilidade e interese polos temas territoriais e ambientais
Transversais
CT2 Coñecer a diversidade de espazos xeográficos e os aspectos de Xeografía humana, económica e social; Xeografía física e medio ambiente
CT4 Combinar as dimensións temporal e espacial na explicación dos procesos socioterritoriales
CT5 Relacionar e sintetizar información territorial transversal
CT8 Ordenar e sintetizar a información
CT9 Expoñer e transmitir os coñecementos xeográficos
Específicas
CE1 Realizar análises integradas do territorio
CE4 Expresar información cartográficamente
CE6 Realizar análise e propostas de xestión territorial
CE7 Realizar análise e propostas de xestión ambiental
Esta materia xa non contará con aulas presenciais, de xeito que os alumnos a prepararán a partir dalgún dos manuais indicados contando co apoio do profesor responsable mediante a asistencia a titorías e a comunicación por correo electrónico.
A avaliación constará dun exame con dez preguntas curtas (un punto cada unha).
150 horas
Porse en contacto co profesor ó comezo do curso para planificar a preparación da materia.
1. Analizar e comprender, non memorizar.
2. Desenvolver a capacidade de relación dos acontecementos e das dinámicas sociais, políticas e económicas no espazo e no tempo.
En caso de fraude académica, tal e como se define no artigo 42 do Regulamento polo que se establecen as normas de convivencia da Universidade de Santiago de Compostela e de conformidade co disposto no artigo 11. g) da Lei de convivencia universitaria, aplicaranse as sancións previstas pola normativa. Entre os comportamentos premeditados tendentes a falsear os resultados dun exame ou traballo inclúense o plaxio e o emprego non consentido de ferramentas de Intelixencia Artificial
Miguel Cabo Villaverde
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Contemporánea
- Teléfono
- 881812580
- Correo electrónico
- miguel.cabo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
22.05.2025 16:00-18:30 | Grupo de exame | Aula 03 |
02.07.2025 15:30-18:00 | Grupo de exame | Aula 03 |