Para a obtención do título é obrigatoria a realización dun Traballo Fin de Grado (TFG) de 6 créditos ECTS, consistente nun proxecto ou traballo orixinal individual a realizar en calquera das liñas temáticas oferecidas anualmente polo departamento, no cal se acreditarán os coñecementos, competencias e destrezas adquiridas durante os anos de estudo.
Os TFG, incluirán, como mínimo, tarefas de procura e revisión bibliográfica, leitura e integración de información, elaboración de resultados relevantes, redacción, e presentación e defensa do traballo. Estarán orientados á avaliación das competencias asociadas á titulación como: capacitar para a procura, xestión, organización e interpretación de datos relevantes, normalmente da súa área de estudo; emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas destacados de índole social, científica, tecnolóxica ou ética, e que facilite o desenvolvemento dun pensamento e xuízo crítico, lóxico e creativo.