Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
O-1 Coñecer a estrutura diacrónica xeral da Historia contemporánea, aínda que con énfase no continente europeo.
O-2 Coñecer os procesos de continuidade e cambio dos dous últimos séculos: políticos, económicos, sociais e culturais
O-3 Entender criticamente os factores/axentes que foron configurando a sociedade contemporánea, e con eles as principais claves explicativas do pasado.
O-4 Coñecer as distintas perspectivas e principais debates historiográficos segundo os períodos e contextos, a fin de poder desenvolver unha actitude crítica e de tomar conciencia de que o saber histórico é unha disciplina en permanente construción.
O-5 Saber analizar o presente de xeito crítico a través da súa perspectiva histórica. As características da sociedade actual teñen raíces no pasado recente; o sistema económico dominante (capitalista) configurouse na súa forma actual ó longo dos séculos XIX e XX; as doutrinas e cosmovisións políticas fundamentais proceden do século XIX (socialismo, liberalismo, nacionalismo…).
As revolucións liberais e a crise do Antigo Réxime. As transformacións económicas. A consolidación da economía capitalista. Ideoloxías e sistemas políticos: O avance do liberalismo, o nacemento da democracia e o nacionalismo. A sociedade de clases e os movementos sociais. Relacións internacionais e expansionismo imperialista. A Iª Guerra Mundial e a reorganización territorial de Europa. A revolución rusa e a evolución da URSS. Economía e sociedade do período de Entreguerras. A crise da democracia e os fascismos. A II Guerra Mundial e as súas consecuencias.
Estes contidos desenvolveranse nos seguintes temas:
1. A fin do Antigo Réxime e as revolucións atlántico-occidentais.
2. Revolución industrial e civilización burguesa.
3. O capitalismo como sistema: relacións de clase, raza, xénero e movementos sociais.
4. Segunda revolución industrial, crise agraria, urbanización, movementos migratorios.
5. Relacións internacionais e Imperialismo: a Paz armada (1871-1914).
6. Primeira Guerra mundial e Revolución rusa.
7. O período de entreguerras: crise da democracia e irrupción do fascismo.
8. A Segunda Guerra mundial e as súas consecuencias. A Guerra Fría.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
ARTOLA, M., PÉREZ LEDESMA, M. (2005), Contemporánea: la historia desde 1776, Madrid: Alianza.
HEFFER, J., SERMAN, W. (1989), De las revoluciones a los imperialismos, Madrid: Akal.
MIRALLES, R., (1996), Equilibrio, hegemonía y reparto. Las relaciones internacionales entre 1870 y 1945. Madrid: Síntesis.
MISHRA, P. (2014). De las ruinas de los imperios. la rebelión contra Occidente y la metamorfosis de Asia, Barcelona: Galaxia Gutenberg.
PAREDES ALONSO, F.J. (2004). Historia Universal Contemporánea. Madrid: Ariel.
PRASHAD, V. (2012). Las naciones oscuras. Una historia del Tercer Mundo. Madrid: Península.
PROCACCI, G.: Historia general del siglo XX, Barcelona, Crítica, 2001.
VILLARES, R., BAHAMONDE, A. (2001). El mundo contemporáneo. Siglos XIX y XX. Madrid: Taurus.
ZAMAGNI, V. (2001). Historia económica de la Europa Contemporánea. Barcelona: Crítica.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
BEEVOR, A. (2012). La Segunda Guerra Mundial. Barcelona: Pasado y Presente.
BOREISZA, J. W. (2002). La escalada del odio. Movimientos y sistemas autoritarios y fascistas en Europa, 1919-1945. Madrid: Siglo XXI.
CASANOVA, J. (2011). Europa contra Europa, 1914-45. Barcelona: Crítica.
COMELLAS, J.L. (2001). Los grandes imperios coloniales. Madrid: Rialp.
DELLA PORTA, D. & DIANI, M. (2015). Los movimientos sociales. Madrid: CIS.
EVANS, R.J. (2007). El Tercer Reich en el poder (1933-1939). Barcelona: Península.
FERGUSON, N. (2003). El imperio británico: cómo Gran Bretaña forjó el mundo. Barcelona: Debate.
FERRO, M. (dir.) (2005). El libro negro del colonialismo. Madrid: La Esfera de los Libros.
FOSTER, J.B. (1999). The Vulnerable Planet: A Short Economic History of the Environment, Monthly Review Press .
FRIEDEN, J. F. (2007). Capitalismo global. El trasfondo económico de la historia del siglo XX. Barcelona: Crítica.
GALBRAITH, J.K. (ed. 1989). El crac del 29. Barcelona: Ariel.
GONZÁLEZ DE MOLINA, M. y TOLEDO, v. (2011). Metabolismos, naturaleza e historia: Hacia una teoría de las transformaciones socioecológicas, Icaria editorial.
HOBSBAWM, E. (1998). Historia del siglo XX. Barcelona: Crítica.
INIESTA, F. (2010). Kuma. Historia del África negra. Barcelona: Bellaterra.
JIAN, C.: La China de Mao y la Guerra Fría, Barcelona, Paidós, 2005.
LÓPEZ GARCÍA, B. (2000). El mundo árabo-islámico contemporáneo. Madrid: Síntesis.
MACMILLAN, M. (2013). 1914. De la paz a la guerra. Madrid: Turner.
McNEILL, J.R. Algo nuevo bajo el sol: Historia medioambiental del mundo en el siglo XX. Madrid: Alianza Editorial.
McNEILL J.R. y ENGELKE, P. (2016). The Great Acceleration: An Environmental History of the Anthropocene since 1945, Belknap Press.
McPHEE, P., (2003). La revolución francesa, una nueva historia, 1789-1799. Barcelona: Crítica.
NUGENT, P. & ASIWAJU, A. I. (1998). Fronteras africanas. Barreras, canales y oportunidades. Barcelona: Bellaterra.
OFFEN, K. (2020). Feminismos Europeos, 1700-1950: Una historia política, Madrid: Akal.
PATEL, R. y MOORE, J.W. (2017). A History of the World in Seven Cheap Things: A Guide to Capitalism, Nature, and the Future of the Planet, Univ. of California Press.
PAXTON, R. O. (2005). Anatomía del fascismo. Barcelona: Península.
PORRAS GALLO, M.I. (2020). La gripe española: 1918-1919. Madrid: Los Libros de la Catarata.
TARROW, S. (2012). El poder en movimiento: los movimientos sociales, la acción colectiva y la política. Madrid: Alianza Ensayo.
WADE, R. A. (2017). 1917. La revolución rusa. Madrid: La Esfera de los Libros.
ZORGBIBE, Ch. (1997). Historia de las relaciones internacionales. Madrid: Alianza.
Xerais e Básicas
CG1 - Asegurar unha formación xeneralista e de carácter integrado sobre os contidos fundamentais dos diversos ámbitos temáticos da Xeografía, o seu desenvolvemento epistemolóxico e os seus métodos de investigación.
CG2 - Coñecer, comprender e interpretar o territorio
CG3 - Interrelacionar o medio físico e ambiental coa esfera social e humana
CG4 - Combinar un enfoque xeneralista con unha análise especializada
CG5 - Interrelacionar os fenómenos a diferentes escalas territoriais
CG6 - Explicar a diversidade de lugares, rexións e localización
CG7 - Comprender as relacións espaciais. Valorar os aspectos culturais na súa interpretación
CG8 - Analizar e interpretar as paisaxes
CG9 - Xerar sensibilidade e interese polos temas territoriais e ambientais.
CB1 Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
CB2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
Transversais
O/A alumno/a será capaz de:
CT2 - Coñecer a diversidade de espazos xeográficos e os aspectos de Xeografía humana, económica e social; Xeografía física e medio ambiente
CT4 - Combinar as dimensións temporal e espacial na explicación dos procesos socioterritoriales
CT5 - Relacionar e sintetizar información territorial transversal
CT8 - Ordenar e sintetizar a información
CT9 - Expoñer e transmitir os coñecementos xeográficos
Específicas
O/A alumno/a será capaz de:
CE1 - Realizar análises integradas do territorio
CE4 - Expresar información cartográficamente
CE6 - Realizar análise e propostas de xestión territorial
CE9 - Realizar diagnoses integradas da acción pública
A tutoría individualizada permitirá aos profesores prestar atención aos alumnos para discutir cuestiones concretas en relación cos temas da programación, despexar dudas ou ampliar a explicación sobre determinados aspectos.
Farase un exame final na data que sinale o calendario oficial elaborado pola Secretaría da Facultade, no que o alumno deberá responder as preguntas relacionadas cos temas do programa, computando o 100% da cualificación final.
Este aspecto depende dun conxunto amplo de factores inherentes ó alumnado (capacidade de lectura, interese pola materia, entusiasmo pola aprendizaxe...).
É fundamental que o alumnado asimile a filosofía e esixencias do sistema de avaliación continua establecido pola nova metodoloxía do EEES, polo que se recomenda:
- Lectura de revistas de cultura.
- Consulta habitual dun dicionario histórico.
- Consulta e lectura das obras recomendadas.
- Consulta de sitios culturais de internet promovidos por institucións de probada solvencia intelectual.
Eduardo Rico Boquete
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Contemporánea
- Teléfono
- 881812735
- Correo electrónico
- eduardo.rico [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
19.12.2024 09:00-11:30 | Grupo de exame | Aula 03 |
16.06.2025 09:30-12:00 | Grupo de exame | Aula 03 |