Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Xeografía
Áreas: Xeografía Humana
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Estudar os fundamentos da análise demográfica, atendendo á evolución e distribución espacial da poboación, á mobilidade (natural e migratoria), á proxección e á estrutura.
O estudo xeográfico da poboación: definición, contidos e evolución. Xeografía da poboación, demografía e xeodemografía. Fontes estatísticas. Fontes cualitativas no estudo da poboación. A distribución espacial da poboación no mundo. Principais concentracións demográficas: poboación e grandes aglomeracións urbanas no mundo. Principais fendas demográficas no mundo. Factores que explican a distribución
espazo poboacional. dinámica demográfica. crecemento natural. Natalidade e Mortalidade. A evolución da poboación: A teoría da transición demográfica e outras teorías demográficas. Movementos migratorios: Emigración e Inmigración. Consecuencias dos movementos migratorios. Un mundo en movemento: refuxiados, exiliados, desprazados, apátridas e novas formas de mobilidade. A estrutura demográfica. Estrutura por idade e sexo. Pirámides de poboación. Taxas de actividade económica. Estruturas do fogar. O envellecemento. poboación e actividade económica. Poboación e emprego. O problema da sustentabilidade do estado de benestar. O Debate Poboación e Recursos.
Estes contidos desenvolveranse nos seguintes temas:
Lección 1.- O estudo da poboación. Teorías, políticas e fontes.
Lección 2.- Mobilidade da poboación: natural e migratoria.
Lección 3.- Estructura da poboación.
Lección 4.- A distribución espacial da poboación e do poboamento.
Lección 5.- Proxeccións da poboación.
Organizarase unha saída de campo si os recursos dispoñibles o permiten.
Desenvolveránse actividades de innovación docente ApS (Apredizaxe por Servizo).
MANUAL DA MATERIA:
Vegara, A, & D'Entremont, A. Introducción al análisis demográfico. Un enfoque para urbanistas. Madrid. Centro de Esudios Urbanos.
Bibliografía:
ABELLÁN, A. et al.: La población del mundo. Madrid, Ed. Síntesis.
REQUES VELASCO, P.: Geodemografía. Santander, Universidad de Cantabria
RUBIO BENITO, Mª T.: Estado actual de la población. Teoría y práctica. Madrid, UNED
THUMERELLE, P.J.: Las poblaciones del mundo. Madrid, Ed. Cátedra.
DAVID, O.: La population mondiale: répartition, dynamique et mobilité. Paris, Armand Colin.
ENTREMONT, A. d': Diez temas de demografía. Madrid, Ed. Internacionales Universitarias.
GUILLON, M. e SZTOKMAN, N.: Géographie mondiale de la population. Paris, Ellipses.
HORNBY, W.F. & JONES, M.: An introduction to population geography. Cambridge, University Press
NOIN, D.: Géographie de la population. Paris, Masson.
PISON, G.: La démographie mondiale. Paris, Rue des écoles
PUYOL, R. et al.: Los grandes problemas actuales de la población. Madrid, Ed. Síntesis.
WOODS, R.: Population analysis in Geography. London, Longman.
Na aula facilitarase bibliografía específica para cada tema
O obxectivo principal é que o alumno obteña o coñecemento dos conceptos da materia, das fontes de información e que aprenda a realizar e a empregar diferentes índices e taxas, que lle permitan afianzar os coñecementos teóricos e que poida aplicalos con posterioridade.
Xerais e Básicas
CG1 - Asegurar unha formación xeneralista e de carácter integrado sobre os contidos fundamentais dos diversos ámbitos
temáticos da Xeografía, o seu desenvolvemento epistemológico e os seus métodos de investigación.
CG2 - Coñecer, comprender e interpretar o territorio
CG3 - Interrelacionar o medio físico e ambiental coa esfera social e humana
CG4 - Combinar un enfoque xeneralista cunha análise especializada
CG5 - Interrelacionar os fenómenos a diferentes escalas territoriais
CG6 - Explicar a diversidade de lugares, rexións e localizacion
CG7 - Comprender as relacións espaciais. Valorar os aspectos culturais na súa interpretación
CG8 - Analizar e interpretar as paisaxes
CG9 - Xerar sensibilidade e interese polos temas territoriais e ambientais
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
Transversais
CT3 - Coñecer os principios da ordenación do territorio
CT4 - Combina dimensións temporais e espaciais na explicación dos procesos socio-territoriais
CT7 - Xestionar a complexidade
CT5 - Relacionar e sintetizar información territorial transversal
CT6 - Xerar acordos en equipos interdisciplinares
CT8 - Ordenar e sintetizar información
CT9 - Presentar e transmitir coñecemento xeográfico
Específicas
CE2 - Coñecer as técnicas de traballo de campo e captura de datos no campo
CE3 - Empregar sistemas de información xeográfica
CE7 - Realizar análises e propostas de xestión ambiental
CE4 - Expresar información cartográficamente
CE5 - Preparar e interpretar información estatística
CE6 - Realizar propostas de análise e xestión territorial
CE8 - Xestionar a localización de servizos e actividades
CE9 - Realizar diagnósticos integrados de acción pública
Na parte teórica se traballarán os coñecementos conceptuais básicos; e na parte práctica a partir da experiencia de innovación docente universitaria XEOPLANNING, que promove a capacidade de innovación e a creatividade entre o/a alumno/a, amais de metodoloxías de ApS Aprendizaxe por Servizo.
Empréganse e foméntanse as Novas Tecnoloxías da Comunicación e da Información, a utilización de Internet e de software básico. Ademais de recursos documentais bibliográficos, fotográficos e cartográficos que facilitará o profesor.
A Titoría personalizada será presencial en horario oficial no despacho do profesor e non presencial a través de correo electrónico carlos.ferr%C3%A1s [at] usc.es (carlos.ferrás[at]usc[dot]es) ou videoconferencia previa solicitude.
Empregaranse técnicas de ensinanza semipresencial a través da Aula Virtual da USC.
O temario desenvolverase da maneira máis equilibrada, combinando a docencia presencial (clases expositivas, interactivas e titorías) coa non presencial, orientada mediante bibliografía, todo iso complementado cunha parte práctica (gráficos, mapas, textos, etc.).
Potenciarase a innovación, creatividade e as habilidades informacionais a través de Internet.
Pontenciarase a aprendizaxe autónoma e colaborativa do alumnado.
Programarese un calendario de entregas de informes e traballos.
Habilitarase un sistema de avaliación continua a partir dun Programa de Avaliación (PEC). Consistirá na elaboración de traballo obrigatorio tutorizado que serán entregados según un calendario prefixado. A superación deste programa permitirá obter os créditos da materia coa calificación conseguinte.
A avaliación dependerá do rendemento mostrado polo alumno ao longo do curso en todas as actividades levadas a cabo. Basearase na programación dun calendario de entrega de informes e traballos a través da Aula Virtual.
Entrega de informes e prácticas: 60%
Exame teórico final: 40%
No caso de que sexa concedida oficialmente a dispensa de asistencia ás aulas, o alumnado terá que entregar todos os informes e traballos programados de acordo coas indicacións do profesor.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A asignatura consta de 6 créditos ECTS, repartidos equilibradamente entre clases expositivas, interactivas e titorías, con desenvolvemento de prácticas. O alumno deberá dedicar a cada unha destas actividades a parte alícuota do total de créditos do curso.
Asistencia a clase con participación. Consulta de bibliografía. Realización das actividades que se programen. Acudir ás titorías para resolver as dúbidas.
Carlos Ferras Sexto
Coordinador/a- Departamento
- Xeografía
- Área
- Xeografía Humana
- Teléfono
- 881812704
- Correo electrónico
- carlos.ferras [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 07 |
Venres | |||
11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 07 |
04.06.2025 15:30-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 08 |
09.07.2025 15:30-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 09 |