Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Edafoloxía e Química Agrícola
Áreas: Edafoloxía e Química Agrícola
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O temario desta disciplina está especificamente deseñado para o alumnado que cursa o Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio, polo que se centra naqueles aspectos da Xeoloxía Ambiental que non se tocan noutras materias da súa carreira.
Unha vez finalizado o curso, o alumno debe ser capaz de identificar os riscos xeolóxicos aos que se pode ver sometida unha determinada rexión e de establecer pautas de ordenación do territorio que permitan evitar que o fenómeno catastrófico chegue a producirse ou, cando menos, que diminúan as consecuencias deses acontecementos.
Por outra banda, o alumno tamén deberá saber identificar os posibles recursos xeolóxicos existentes nunha zona e, ademais, avaliar algunhas das consecuencias que a explotación deses recursos podan orixinar no medio.
Concepto de Recurso Xeolóxico. Recursos minerais e rocas industriais. A auga como recurso. O solo como recurso. Recursos enerxéticos. O patrimonio xeolóxico. Estratexias sostibles na explotación dos recursos. Concepto de Risco Xeolóxico. Risco sísmico. Actividade volcánica. Movementos en masa. Inundacións. Procesos costeiros. Identificación e avaliación dos riscos xeolóxicos. Prevención e control dos riscos xeolóxicos
Estes contidos desenvolveranse nos seguintes temas:
CLASES TEÓRICAS:
1.- Introdución e conceptos básicos. Definición e historia da xeoloxía ambiental. Método de traballo en xeoloxía ambiental. A Terra como sistema. Interaccións entre sistemas. Ciclos.
2.- Recursos: Concepto de recurso xeolóxico. Recursos renovables e non renovables. Concepto de reserva. Estratexia sostible dos recursos renovables e dos non renovables.
3.- Recursos minerais: Recursos metálicos e non metálicos. Procesos que orixinan xacementos minerais. Métodos de investigación de xacementos minerais. Explotación de xacementos minerais e impacto causado por esa explotación.
4.- Rochas industriais: Pedras de construción e rochas ornamentais. Áridos. Cementos e formigóns. Arxilas para ladrillos. Vidros e asbestos. Regulación das actividades extractivas.
5.- A auga como recurso: Ciclo e distribución da auga. O subministro da auga a partir de: cursos fluviais, transvases, pantanos, lagos, desalinización, augas subterráneas. Impacto causado pola extracción de auga. As augas termais como recurso xeolóxico.
6.- O solo como recurso: Factores de formación, compoñentes, propiedades, tipoloxía e distribución. Os solos e as actividades humanas.
7.- Recursos enerxéticos: Tipos de fontes de enerxía. Enerxías fósiles (carbón e petróleo). Enerxía subministrada pola auga (hidroeléctrica, ondaxe, mareas, xeotérmica). Enerxía solar. Enerxía eólica. Enerxía nuclear. Biomasa e biocarburantes.
8.- Recursos científicos e paisaxísticos: O patrimonio xeolóxico.
9.- Riscos xeolóxicos: Concepto de risco. Efectos primarios, secundarios e terciarios dun risco. Valoración do risco. Concepto e tipos de riscos xeolóxicos.
10.- O risco volcánico: Distribución dos volcáns. Índices de explosividade. Impactos dos volcáns. Previsión vulcanolóxica. Identificación e valoración do risco volcánico. Planificación do territorio volcánico.
11.- O risco sísmico: Distribución dos terremotos. Orixe dos terremotos. Tipos de ondas sísmicas. Magnitude e intensidade dun terremoto. Precursores sísmicos. Perigos dun terremoto. Maremotos e tsunamis. Medidas de seguridade. Mapa de prioridades de risco sismotectónico.
12.- Movementos en masa I: Subsidencia e colapso. “Creep” e solifluxión.
13- Movementos en masa II: Escorregamento. Clasificación dos escorregamentos. Factores que inflúen na estabilidade das ladeiras. Síntomas do risco de escorregamento. Prevención e control dos esgorregamentos.
14.- Enchentes: Orixe das enchentes. Efectos das enchentes. Factores ambientais que inflúen nas avenidas. Estratexias para previr as enchentes e para reducir as perdas que orixinan.
15.- Procesos costeiros: Dinámica do mar. Procesos de erosión costeira. Estratexias de estabilización costeira.
CLASES INTERACTIVAS:
- Minerais industriais: identificación e usos.
- Rochas industriais: identificación e usos.
- Preparación e seguimento dun traballo sobre os riscos e os recursos xeolóxicos dunha zona determinada que se presentará ao finalizar o curso.
- Itinerario de campo para observar aspectos relacionados coa Xeoloxía ambiental.
Bibliografía básica:
- BENNET, M.R. & DOYLE, P. 1997. Environmental Geology. Geology and the human environment. John Wiley & sons , New York. - CRAIG, J.R.; VAUGHAN, D.J. e SKINNER, B.J. 2007. Recursos de la Tierra: Origen, uso e impacto ambiental. Pearson Prentice Hall. Madrid.
- KELLER, E.A. e BLODGETT, R.H. 2007. Riesgos naturales. Pearson Prentice Hall. Madrid.
- PIPKIN, B.; TRENT, D.D. e HAZLETT, R. 2005. Geology and the environment. Thomson. USA.
- TARBUCK, E.J. e LUTGENS, F. K. 2005. Ciencias de la Tierra: una introducción a la geología física. Pearson Prentice Hall. Madrid.
Bibliografía complementaria
- BOLT, B.A. 1993. Terremotos. Ed. Reverté Serie Reverté Ciencia y Sociedad.
- COATES, D.R. 1981. Environmental Geology. John Wiley & Sons, Inc.
- GARCIA GUINEA, J. e MARTÍNEZ FRIAS, J. 1992. Recursos minerales de España, CSIC, Madrid.
- I.G.M.E. 1987. Riesgos Geológicos. Serie Geología Ambiental.I.G.M.E.Madrid.
- MONTGOMERY, C.W. 1995. Environmental Geology. Wm. C. Brown Publishers. Chicago.
- MURCK, B.W. e SKINNER, B.J. 1999. Geology Today: Understanding our Planet . John Wiley and Sons, New York.
- MURCK, B. W., SKINNER, B. J. e PORTER, S.C. 1995. Environmental Geology, John Wiley & Sons, New York.
- NUHFER et al. 1997. Guía ciudadana de los riesgos geológicos. I.C.O.G. Madrid.
- PLUMMER, C.C. e McGEARY, D. 1985. Physical Geology. Wm. C. Brown. Dubuque, Iowa.
- WATSON, J. 1983. Geology and Man: An introduction to applied earth science. George Allen & Unwin Ltd.
Bibliografía clases interactivas:
- BLATT, H. 1994. Laboratory exercises in Environmental Geology. Wm. C. Brown Pub. Dubuque, Iowa.
- ZUMBERGE, J.H. and RUTFORD, R.H. 1988. Laboratory manual . Physical Geology. Wm. C. Brown Pub. Dubuque, Iowa.
- Mapas geológicos de escalas 1:50.000 y 1:200.000 del I.G.M.E.
- Mapas de rocas industriales de escala 1:200.000 del I.G.M.E.
- Mapas geotécnicos de escala 1.200.000 del I.G.M.E..
Competencias
Básicas e Xerais
CG1 - Asegurar unha formación xeneralista e de carácter integrado sobre os contidos fundamentais dos diversos ámbitos temáticos da Xeografía, o seu desenvolvemento epistemolóxico e os seus métodos de investigación.
CG2 - Coñecer, comprender e interpretar o territorio
CG3 - Interrelacionar o medio físico e ambiental coa esfera social e humana
CG4 - Combinar un enfoque xeneralista cunha análise especializada
CG5 - Interrelacionar os fenómenos a diferentes escalas territoriais
CG6 - Explicar a diversidade de lugares, rexións e localización
CG7 - Comprender as relacións espaciais. Valorar os aspectos culturais na súa interpretación
CG8 - Analizar e interpretar as paisaxes
CG9 - Xerar sensibilidade e interese polos temas territoriais e ambientais
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
Transversais
CT2 - Coñecer a diversidade de espazos xeográficos e os aspectos da Xeografía humana, económica e social; Xeografía física e medio ambiente
CT3 - Coñecer os principios da Ordenación do territorio
CT4 Combinar as dimensións temporal e espacial na explicación dos procesos socioterritoriais
CT5 - Relacionar e sintetizar información territorial transversal
CT6 - Xerar acordos en equipos interdisciplinares
CT7 - Xestionar a complexidade
CT8 - Ordenar e sintetizar a información
Específicas
CE2 - Coñecer as técnicas de traballo de campo e de captura de datos sobre a terreo
CE3 - Utilizar Sistemas de Información Xeográfica
CE4 - Expresar información cartograficamente
CE6 - Realizar análise e propostas de xestión territorial
CE7 - Realizar análise e propostas de xestión ambiental
- Teoría. Desenvolverase ao longo do cuadrimestre asignado, cunha media de una ou dúas horas por tema, agás o tema 1 cuxa explicación estenderase durante 3. Como ferramentas complementarias, utilizaranse medios audiovisuais e buscaranse exemplos do medio natural galego relacionados cos temas de estudo, fomentando a participación e a discusión por parte do alumnado.
- Clases interactivas. Centradas na identificación de minerais e rocas industriais, así como na realización do traballo práctico obrigatorio que pretende ser unha aplicación dos coñecementos teóricos adquiridos polo alumnado ao longo do curso.
A materia inclúe unha práctica de campo, para observar aspectos relacionados coa Xeoloxía Ambiental, a realizar nas datas oficiais, na que se aplicarán os contidos teóricos sobre o terreo.
Para facilitar a preparación e seguimento de todas as actividades por parte do alumnado, empregarase a aula virtual na plataforma Moodle do campus virtual da USC e MS Teams.
Exame, cuxa cualificación representará o 50% da nota final.
Realización de cuestionarios a través do Campus Virtual sobre as prácticas realizadas que representarán o 10% da cualificación.
Elaboración, entrega e presentación (ao final do curso) do traballo práctico que suporá o 40% da cualificación
Na 2ª Oportunidade, poderase concorrer soamente coa parte suspensa (Exame ou Traballo práctico).
No caso de que sexa concedida oficialmente dispensa de asistencia ás aulas, o alumnado terá que facer un traballo específico, acordado coa profesora.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de Avaliación do Rendemento Académico dos Estudantes e de Revisión de Cualificacións.
Tempo de estudo e traballo persoal
Horas presenciais:
- Docencia teórica en aula: 32h
- Docencia práctica en aula e/ou campo: 10h
- Prácticas de laboratorio ou de informática: 6h
- Titorías: 3h
- Exame: 2 h
Horas non presenciais de estudo individual e preparación do exame final (60h), de elaboración do traballo (40 h)
Total: 153 h
Recomendacións para o estudo da materia
- Asistencia e participación activa nas clases teóricas e prácticas
- Consulta da bibliografía recomendada
- Facer uso das titorías para resolver dúbidas
Teresa Maria Taboada Rodriguez
Coordinador/a- Departamento
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Área
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Teléfono
- 881813289
- Correo electrónico
- teresa.taboada [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
15:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 14 |
Martes | |||
17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 14 |
Mércores | |||
17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 14 |
23.01.2025 18:30-21:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 08 |
26.06.2025 18:00-20:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 09 |