Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Xeografía
Áreas: Xeografía Física
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
• Coñecer os principais conceptos teóricos que relacionan Xeomorfoloxía e Patrimonio Natural.
• Comprender a relación entre Patrimonio Natural, Xeomorfoloxía e coñecemento científico.
• Coñecer a multiplicidade dos patrimonios xeomorfolóxicos, xeodiversidade e lugares de interese xeolóxico/xeomorfolóxico (LIGs).
• Coñecer o Patrimonio Natural e Xeomorfoloxía en dous contextos diferenciados: xeoturismo e educación.
• Saber analizar e avaliar a susceptibilidade de degradación: fraxilidade, vulnerabilidade e protección dos espazos xeomorfolóxicos patrimonializables.
• Identificar, valorar e analizar a Xeoconservación, Xeoparques e Parques xeolóxicos / xeomorfolóxicos.
• Concepción do Patrimonio e espazos xeomorfolóxicos.
• Multiplicidade dos patrimonios xeomorfolóxicos, xeodiversidade e lugares de interese xeolóxico/xeomorfolóxico (LIG).
• Relación entre o patrimonio xeomorfolóxico e o coñecemento científico.
• O patrimonio xeomorfolóxico en dous contextos diferenciados: xeoturismo e educación.
• A susceptibilidade de degradación: fraxilidade, vulnerabilidade e protección dos espazos xeomorfolóxicos patrimonializables.
• Xeoconservación, Xeoparques e Parques xeolóxicos-xeomorfolóxicos.
Os contidos da materia desenvolveranse nos seguintes bloques temáticos:
Tema 1. Patrimonio Xeomorfolóxico como Patrimonio Natural. Xeodiversiade e Xeositios
Tema 2. Espazos xeomorfolóxicos singulares: Perspectiva estética e científica
Tema 4. Educación, Xeoconservación e Xeoturismo: Xeoparques
Tema 5. Deseño de aplicación de metodoloxías para analizar espazos xeomorfolóxicos dende unha perspectiva patrimonial
Brilha, J. (2015) Inventory and Quantitative Assessment of Geosites and Geodiversity Sites: A Review. Geoheritage, doi:10.1007/12371-
014-0139-3.
Carcavilla, L.; Durán, J.J.; García-Cortés, A.; López-Martínez, J. (2009) Geological heritage and geoconservation in Spain: Past, present,
and future. Geoheritage, 1: 75–91.
García-Cortés, Á., Vega, J., Carcavilla, L., Díaz-Martínez, E. (2019) Bases conceptuales y metodología del inventario español de lugares de
interés geológico (IELIG). Instituto Geológico y Minero de España, Madrid.106 p.
Gray M (2004) Geodiversity. Valuing and conserving abiotic nature. John Wiley & Sons, West Sussex.
Serrano E.; Ruíz-Flaño, P. (2007) Geodiversidad: Concepto, evaluación y aplicación territorial. El caso de Tiermes Caracena (Soria). Boletín
de la Asociación de Geografos Españoles, 45: 79–98.
A. Básicas e Xerais
CG1 - Asegurar unha formación xeneralista e de carácter integrado sobre os contidos fundamentais dos diversos ámbitos temáticos da Xeografía, o seu desenvolvemento epistemolóxico e os seus métodos de investigación.
CG2 - Coñecer, comprender e interpretar o territorio
CG3 - Interrelacionar o medio físico e ambiental coa esfera social e humana
CG4 - Combinar un enfoque xeneralista con unha análise especializada
CG5 - Interrelacionar os fenómenos a diferentes escalas territoriais
CG6 - Explicar a diversidade de lugares, rexións e localización
CG7 - Comprender as relacións espaciais. Valorar os aspectos culturais na súa interpretación
CG8 - Analizar e interpretar as paisaxes
CG9 - Xerar sensibilidade e interese polos temas territoriais e ambientais
CB1 - Que os estudantes demostren posuírr e comprender coñecementos nun área de estudo que parta da base da educación secundaria xeral, e se soa encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúa tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vanguardia do seu campo de estudo
CB2 - Que os estudantes apliquen os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posuan as competencias que soen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes podan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores con un alto grado de autonomía
B. Transversais
CT1 - Coñecer a historia e pensamento da disciplina xeográfica
CT2 - Coñecer a diversidade de espazos xeográficos e os aspectos de Xeografía humana, económica e social; Xeografía física e medio ambiente
CT3 - Coñecer os principios da Ordenación do territorio
CT4 - Combinar as dimensións temporal e espacial na explicación dos procesos socioterritoriais
CT7 - Xestionar a complexidade
CT5 - Relacionar e sintetizar información territorial transversal
CT6 - Xerar acordos en equipos interdisciplinares
CT8 - Ordenar e sintetizar a información
CT9 - Expor e transmitir os coñecementos xeográficos
C. Específicas
CE2 - Coñecer as técnicas de traballo de campo e de captura de datos sobre o terreo
CE3 - Utilizar Sistemas de Información Xeográfica
CE7 - Realizar análises e propostas de xestión ambiental
CE4 - Expresar información cartograficamente
CE5 - Elaborar e interpretar información estatística
CE6 - Realizar análises e propuestas de xestión territorial
Co obxectivo de facilitar e racionalizar a impartición da asignatura a docencia articúlase en:
• Clases expositivas nas que se fará a explicación dos contidos teóricos. Trátase dunha actividade presencial na aula.
• Clases interactivas nas que as actividades serán prácticas relacionadas cos contidos teóricos da materia. Estas clases serán aproveitadas tamén para o debate e a defensa dos traballos en público, tanto individuais coma grupais.
• A docencia incluirá polo menos unha Práctica de Campo na que se levará a cabo explicacións e aplicación de técnicas e ferramentas para analizar e avaliar a susceptibilidade de degradación do Patrimonio Xeomorfolóxico. Será realizada nas datas indicadas no calendario oficial. A asistencia á Práctica de Campo é obrigatoria, salvo xustificación. Sempre que sexa posible realizaranse outras saídas de campo na contorna de Santiago de Compostela.
• Sesións de TITORÍAS, destinadas a: prestar apoio na realización de tarefas, titoría en grupos reducidos, resolver dúbidas persoais ou outras actividades que o profesor considere oportunas. Realizaranse de forma presencial no despacho do profesor e/ou mediante a plataforma MS Teams.
• TRABALLO AUTÓNOMO do alumnado, que consistirá en: estudio, elaboración e redacción de traballos, preparación de presentacións ou outras actividades.
• Campus Virtual. Utilizarase a Aula Virtual da USC a través da aplicación Moodle, como ferramenta de comunicación cos estudantes, ofrecéndolles información da programación docente e materiais complementarios para o estudo da materia.
A avaliación da aprendizaxe consistirá en:
A) Avaliación contínua: Seguimento na entrega de prácticas nas que se recolle a metodoloxía e resultados obtidos na aplicación dos distintos traballos/informes (70%).
É imprescindible a presenza activa do alumnado nas actividades que se propoñan. A falta de implicación - non asistir, sen xustificación, a un mínimo dun 80% das sesións programadas ou non presentar as actividades demandadas – poderá implicar a exclusión deste proceso avaliativo e deberá superar a materia mediante probas específicas (exámes e presentación de traballos finais) de carácter individual a determinar no seu momento.
O proceso avaliativo contempla a suma de:
A.1. Traballo/os individuais: Terán un peso dun 35% na cualificación final. O alumnado deberá abordar por escrito distintas reflexións en relación coa materia. Estarán encamiñadas a demostrar a comprensión crítica e a resolución de problemas derivados da posta en práctica da materia.
A.2. Traballo/os en grupo: Terán un peso dun 35% na cualificación final. Encamiñados ao deseño de actividades relacionadas coa aplicación dos métodos e técnicas de estudo do Patrimonio Xeomorfolóxico. Os grupos contarán coa guía do profesor. Deben levarse a cabo de forma cooperativa, quen non colabore no grupo será apartado e terá que acadar ese 30% nunha proba específica sobre os contidos da materia.
B) Control da asistencia a clase e a Práctica de Campo, así coma a memoria sobre o traballo de campo realizado (30 %).
C) Na 2ª Oportunidade, o alumnado que deba superar a avaliación manterá as mesmas condicións. Debendo superar as ponderacións naquelas tarefas que supuxeron o suspenso na primeira oportunidade. O alumnado que non se presente na primeira oportunidade e, polo tanto, sen porcentaxes doutros traballos, terá que realizar unha proba, cun peso na cualificación final dun 60%, e un traballo final específico cun peso dun 40%. No caso de ter que recorrer a novas convocatorias, continuará o mesmo sistema, pero será preciso tratar o tema previamente, e de forma individualizada, entre o alumnado afectado e o/a docente.
D) No caso de que sexa concedida oficialmente a dispensa de asistencia ás aulas, o alumnado terá que facer un traballo específico, acordado co profesorado.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de Avaliación do Rendemento Académico dos Estudantes e de Revisión de Cualificacións.
A asignatura consta de 6 créditos repartidos equilibradamente entre teoría, práctica e actividade académicamente dirixida non presencial na aula. O alumno deberá dedicar a parte alícuota do total de créditos do curso, e en función das súas necesidades persoais para un coñecemento axeitado da materia.
Dado o caracter práctico da materia, e o caracter progresivo e secuencial dos contidos, é indispensable a asistencia ás clases e a saída de campo.
Recoméndase encarecidamente cursar os Cursos de Competencias en Información ofertados pola Biblioteca Universitaria:
(https://www.usc.gal/gl/servizos/biblioteca/servizos/competencias.html)
-. Non existirá unha separación clara entre as clases expositivas e as interactivas. Intercalaranse explicacións teóricas por parte do profesor/a, cando sexa pertinente e tamén se buscará a participación continuada do alumnado.
-. As saídas de campo son de gran importancia. Cando menos, se fará unha que abrangue o día completo. Sempre e cando sexa posible, tentarase programar a saída en colaboración con outros membros do profesorado, que imparten outras materias.
Manuela Costa Casais
Coordinador/a- Departamento
- Xeografía
- Área
- Xeografía Física
- Correo electrónico
- manuela.costa [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Mércores | |||
---|---|---|---|
19:00-21:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 06 |
Venres | |||
17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 06 |
04.06.2025 12:00-14:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 08 |
09.07.2025 12:00-14:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 09 |