Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Xeografía
Áreas: Xeografía Física
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria:
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Resultados da aprendizaxe:
*Introducir aos alumnos/as nos diferentes procesos xeomorfolóxicos.
*Proporcionarlles os fundamentos esenciais que lles permitan comprender a dinámica da superficie da Terra.
*Coñecer os principais conceptos xeomorfolóxicos.
*Comprender a importancia da xeomorfoloxía na construción dos territorios.
Obxectivos e ramas da Xeomorfoloxía. Conceptos básicos en Xeomorfoloxía: axentes, factores e procesos. A estrutura xeolóxica e a súa influencia na configuración do relevo. tectónica global. Os fundamentos tectónicos do relevo. O control litolóxico do modelado. Factores e procesos de meteorización Erosión, transporte e sedimentación. Dinámica e evolución de pendentes. procesos fluviais. procesos glaciares. Procesos e formas periglaciares. Procesos en zonas áridas e semiáridas. Procesos e formas do vento. procesos litorales. O papel antrópico. Riscos de orixe xeomorfolóxica.Cartografía xeomorfolóxica.
Istes contidos desenvolveranse no seguinte Temario:
1.- O obxecto de estudo da xeomorfoloxía: A dimensión dos procesos xeomorfolóxicos.
2.- As formas do relevo.
3.- O cambio ambiental e as suas consecuencias.
4.- O control estrutural e litolóxico das formas do relevo. As accións biolóxicas e bioquímicas. Os procesos de fragmentación mecánicos das rochas. Os procesos de alteración química.
5.-Procesos zonais: glaciares e crionivais; os procesos xeomorfolóxicos nas rexións áridas
6.- Procesos azonais: eólicos, fluviais, costeiros.
7.- Formas, procesos e dinámicas de ladeira. A mobilización de materiais sobre as ladeiras. Os movementos individuaius e en masa.
8.- Os grandes dominios morfoclimáticos.
9.- Dinámica xeomorfolóxica e planificación do territorio: Xeomorfoloxía aplicada.
Contido práctico
1.- Análise das formas do terreo.
2.- Cartografía xeolóxica.
3.- Cartografía xeomorfolóxica.
4.- Análise de depósitos.
5.- Práctica de Campo nas datas do calendario oficial. A asistencia á Práctica de Campo é obrigatoria, salvo xustificación ou aplicación do Plan de continxencia para o desenvolvemento da docencia no curso 2021-22 da USC.
Bibliografía básica
Gutierrez Elorza. M. (2008): Geomorfología. Ed. Prentice Hall. Madrid.
Pedraza Gilsanz, J. (1996): Geomorfología. Principios; Métodos y Aplicaciones. Ed. Rueda. Madrid.
Peña Monné, J.L. (ed.) (1991) Cartografía geomorfológica básica y aplicada. Geoforma Ediciones.
Martin Serrano, A., Salazar, A, Nozal, F & Suarez, A. (2004): Mapa Geomorfológico de España a escala 1:50.000. Guía para su elaboración. IGME. Madrid.
Xeral e Básico
CG1 - Garantir unha formación xeral e integrada sobre os contidos fundamentais dos distintos ámbitos
temas da Xeografía, o seu desenvolvemento epistemolóxico e os seus métodos de investigación.
CG2 - Coñecer, comprender e interpretar o territorio
CG3 - Interrelacionar o medio físico e ambiental co ámbito social e humano
CG4 - Combinar un enfoque xeralista cunha análise especializada
CG5 - Interrelacionar fenómenos a diferentes escalas territoriais
CG6 - Explicar a diversidade de lugares, rexións e localización
CG7 - Comprender as relacións espaciais. Valorar aspectos culturais na súa interpretación
CG8 - Analizar e interpretar paisaxes
CG9 - Xerar sensibilidade e interese polas cuestións territoriais e ambientais
CB1 - Que o alumnado teña demostrado a posesión e comprensión de coñecementos nunha área de estudo baseada na educación secundaria xeral, e que adoita atoparse nun nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos desde a vangarda o seu campo de estudo
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse mediante a elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre cuestións relevantes de carácter social, científico ou ético.
CB4 - Que o alumnado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolveran aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
A docencia articúlase en
- Clases expositivas centradas na explicación de conceptos, técnicas e métodos de traballo.
- Clases interactiva centradas no uso das fontes, técnicas e ferramentas idóneas nos estudos costeiros, incluíndo o uso de cartografía, manexo de SIG e técnicas de laboratorio.
- A materia inclúe polo menos unha Práctica de Campo a realizar nas datas oficiais na que se aplicarán os contidos teóricos sobre o terreo A asistencia ás Prácticas de Campo será obrigatoria, salvo xustificación
A avaliación da aprendizaxe consistirá en:
- Avaliación contínua: Seguimento na entrega de prácticas e informes nos que se recolle a metodoloxía e resultados obtidos na aplicación das distintas técnicas.
É imprescindible a presenza activa do alumnado en todo tipo de actividades que se propoñan. A falta de implicación - non asistir sen xustificación a un mínimo dun 80% das sesións programadas ou non presentar as actividades demandadas – poderá implicar a exclusión deste proceso avaliativo continuo e deberá superar a materia mediante unha proba específica por escrito a realizar nas datas oficiais establecidas pola Facultade de Xeografía e Historia (examen final).
O proceso avaliativo contempla a suma de:
Traballo/os individuais: Terán un peso dun 30% na cualificación final. O alumnado deberá abordar por escrito distintas reflexións en relación coa materia. Non seguirán un modelo tradicional de corte memorístico. Estarán encamiñados a demostrar a comprensión crítica e a resolución de problemas derivados da posta en práctica da materia.
Traballo/os en grupo: Terán un peso dun 30% na cualificación final. Encamiñados ao deseño de actividades relacionadas coa aplicación dos métodos e técnicas de estudo da vexetación acordes co sentido da materia ou a construír os contidos da propia materia. Os grupos contarán coa guía do profesor. Deben levarse a cabo de forma totalmente cooperativa, quen non colabore co grupo será apartado e terá que acadar ese 30% nunha proba específica sobre os contidos da materia.
- Control da asistencia a clase e a/s Prácticas de Campo, así coma a memoria/s sobre o/s traballo/s de campo realizado/s (40 %). O simple feito de asistir ás sesións programadas non será recoñecido como mérito. Terase en conta a participación activa e crítica do alumnado mediante as canles programadas.
- Na 2ª Oportunidade o alumnado que deba superar a avaliación manterá as mesmas condicións. Debendo superar as ponderacións naquelas tarefas que supuxeron o suspenso na primeira oportunidade, podendo variar no seu contido ou plantexamento. O alumnado, que non se presente na primeira oportunidade e, polo tanto, sen porcentaxes doutros traballos, fará un examen escrito de toda a asignatura cun valor dun 100%, nas datas oficiais.
- Avaliación do alumnado que dispoña coa dispensa. No caso de que sexa concedida oficialmente a dispensa de asistencia ás aulas, o alumnado terá que facer un traballo específico, que será acordado co profesorado.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de Avaliación do Rendemento Académico dos Estudantes e de Revisión de Cualificacións.
A asignatura consta de 6 créditos ECTS repartidos equilibradamente entre teoría, práctica e actividade académicamente dirixida non presencial na aula. O alumno deberá dedicar a parte alícuota do total de créditos do curso, e en función das súas necesidades personais para un coñecemento axeitado da materia.
Obervacións
a) Non existirá unha separación clara entre as clases expositivas e as interactivas. Se intercalarán explicacións teóricas por parte do profesor, cando sexa pertinente e tamén se buscará a participación continuada do alumnado.
b) As saídas de campo son de gran importancia nesta materia. Cando menos, se fará unha que abarque o día completo. Sempre e cando sexa posible, tentarase programar a saída en colaboración con outros membros do profesorado, que imparten outras materias.
O tempo de estudio debe de estar en relación á dificultade de aprendizaxe. recoméndase adicarlle a lo menos unha hora por cada hora de clase
Recoméndanse como actividade formativa os cursos de Competencias da Información que oferta a Biblioteca: https://www.usc.gal/gl/servizos/biblioteca/servizos/competencias.html
Marcos Carmelo Valcárcel Díaz
Coordinador/a- Departamento
- Xeografía
- Área
- Xeografía Física
- Teléfono
- 881812676
- Correo electrónico
- marcos.valcarcel [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 06 |
Venres | |||
15:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 06 |
26.05.2025 11:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 08 |
04.07.2025 12:00-14:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 09 |