Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioloxía Funcional
Áreas: Fisioloxía Vexetal
Centro Facultade de Física
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Dar unha visión global da Bioloxía que permita a todo o alumnado, independentemente dos coñecementos previos que posúan, entender coa maior facilidade aqueles aspectos da súa carreira máis relacionados cos seres vivos.
- Comprender que o estudo da vida é complexo e diverso e que hai que abordar os seus conceptos de xeito interrelacionado, tendo en conta que aínda que se fragmente para os efectos do seu estudo, os sistemas biolóxicos conforman un todo integrado.
Resultados da aprendizaxe:
Con respecto á materia Bioloxía, o alumno demostrará:
- Comprender a importancia da aplicación dos coñecementos da Física na Bioloxía.
- Coñecemento, razoamento e argumentación de conceptos teóricos básicos de Bioloxía.
- Recoñecer as bases moleculares e os niveis de organización que presentan os seres vivos.
- Relacionar a estrutura e función dos principais grupos de biomoléculas e dos principais compoñentes celulares; así como identificar as características da célula como unidade funcional da vida.
- Coñecer, analizar e valorar os procesos de transformación da materia e enerxía que teñen lugar nos seres vivos
1. Introdución á bioloxía. O impacto da física na bioloxía.
2. Breve descrición das principais biomoléculas. Glúcidos, lípidos, proteínas e enzimas, ácidos nucleicos. Análise estrutural.
3. A célula e a organización celular. Estrutura xeral da célula. Estrutura e función dos compoñentes celulares.
4. Bioenerxética e metabolismo. Concepto de metabolismo e redes metabólicas. Obtención e transformación da enerxía polos seres vivos (fotosíntese e respiración).
5. Xenética. Do xene ao fenotipo. Transmisión da información. Biotecnoloxía.
6. Historia da vida. A evolución como un elemento unificador da bioloxía. Procesos e modelos evolutivos.
7. Bioloxía de organismos: multicelularidad e coordinación en plantas e animais. Interacción co medio e transmisión de sinais. Sistema nervioso.
8. Ecoloxía. Conceptos básicos; comunidades, ecosistemas e redes tróficas. O cambio climático.
Bibliografía básica
- Campbell, N. A. e Reece, J.B. (2007). Biología. 7ª ed. Editorial Médica Panamericana.
- Curtis H.; Barnes, N.S.; Schnek, A. e Massarini, A. (2008). Biología. 7ª ed. Editorial Médica Panamericana. [Versión electrónica a través da biblioteca da USC (BUSC): http://sfx.bugalicia.org/san?sid=III:innopac&pid=id=9500605503].
Bibliografía complementaria
- Alberts, B; Bray, D.; Hopkin, K.; Johnson, A.; Lewis, J.; Raff, M.; Roberts, K. e Walter, P. (2011). Introducción a la biología celular. 3ª ed. Editorial Médica Panamericana. [Versión electrónica a través da biblioteca da USC (BUSC):
http://sfx.bugalicia.org/san?sid=III:innopac&pid=id=9786079356934].
- Feduchi, R.; Romero, C.; Yáñez, E. e García-Hoz, C. (2021). Bioquímica. Conceptos esenciales. 3ª ed. Editorial Médica Panamericana. [Versión electrónica a través da biblioteca da USC (BUSC): http://sfx.bugalicia.org/san?sid=III:innopac&pid=id=9788491106814].
- Freeman, S. (2009). Biología. 3ª ed. Editorial Pearson Addison Wesley.
- Sadava, D.; Heller, G.; Orians, G.; Purves, W. e Hillis, D. (2009). Vida: la ciencia de la biología. 8ª ed. Editorial Médica Panamericana.
- Solomon E.P.; Berg, L.R. e Martin D.W. (2008). Biología. 8ª Editorial McGraw-Hill.
Recursos en liña
- A aula virtual incluirá materiais elaborados polos profesores e ligazóns a recursos en liña.
Competencias
Básicas e xerais
CB1 - Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CG3 - Aplicar tanto os coñecementos teóricos-prácticos adquiridos como a capacidade de análise e de abstracción na definición e formulación de problemas e na procura das súas solucións tanto en contextos académicos como profesionais.
Específicas
CE8 - Ser capaz de manexar, buscar e utilizar bibliografía, así como calquera fonte de información relevante e aplicala a traballos de investigación e desenvolvemento técnico de proxectos.
Transversais
CT1 - Adquirir capacidade de análise e síntese.
CT2 - Ter capacidade de organización e planificación.
CT4 - Ser capaz de traballar en equipo.
CT5 - Desenvolver o razoamento crítico.
Activarase un curso na plataforma Moodle do Campus Virtual, ao que se subirá información de interese para o estudante, así como material didáctico.
As clases expositivas impartiranse en grupos grandes durante un total de 32 sesións dunha hora, no horario oficial de clase. Explicaranse os aspectos básicos dos temas que compoñen o programa da materia.
As clases interactivas de seminario impartiranse en grupos reducidos durante 24 sesións dunha hora. Nelas completaranse os coñecementos explicados nas clases expositivas, propoñeranse e resolverán aplicacións da teoría, problemas, exercicios, traballos, etc.
As titorías, previamente concertadas co alumnado, usaranse para aclarar dúbidas e preguntas.
A cualificación final do/a alumno/a será a maior das cualificacións obtida nun dos dous seguintes métodos de avaliación:
- Método 1: avaliación continua (30% da cualificación final) máis exame final (70% da cualificación final).
Avaliación continua: valorarase a participación activa nas clases interactivas de seminarios, así como a avaliación continua mediante diferentes probas escritas. Para que o alumnado teña dereito a que se lle avalíe de forma continuada é obrigatoria a asistencia ao 80% das clases interactivas de seminarios. Para sumar a cualificación obtida na avaliación continua é necesario acadar unha puntuación mínima do 45% na nota do exame final. No caso das persoas que teñan que volver cursar a materia a nota da avaliación continua será gardada durante dous anos consecutivos.
Exame final: valoraranse os coñecementos adquiridos ao longo do curso mediante diferentes tipos de preguntas ata unha nota máxima de 7 puntos.
- Método 2: exame final (100% da cualificación final).
Valoraranse os coñecementos adquiridos ao longo do curso mediante diferentes tipos de preguntas ata unha nota máxima de 10 puntos.
Para superar a materia requírese unha nota igual ou superior ao 50% da nota máxima.
- Clases expositivas: 32 h.
- Clases interactivas de seminario: 24 h.
- Titorías: 4 h.
- Estudo autónomo ou en grupo, resolución de cuestións, lecturas recomendadas e/ou actividades similares, realización de exames: 90 h.
Total: 150 h.
- Asistencia ás clases expositivas e seminarios, así como a realización das tarefas propostas, para manter unha aprendizaxe continuada da materia ao longo do curso.
- Estudo da materia durante todo o curso para unha mellor asimilación da información recibida.
- Manexo da bibliografía recomendada, tanto antes de cada clase, para un mellor seguimento da exposición do/a profesor/a, como despois desta, para completar e corrixir as notas tomadas.
- Todo o anterior deberá complementarse coa utilización das titorías para consultar todas as dúbidas que vaian xurdindo ao estudar a materia.
Yolanda Ferradas Rial
Coordinador/a- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Fisioloxía Vexetal
- Correo electrónico
- yolanda.ferradas.rial [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Nestor Carrillo Barral
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Fisioloxía Vexetal
- Teléfono
- 881814971
- Correo electrónico
- nestor.carrillo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Luns | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 130 |
11:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Galego, Castelán | Aula 6 |
Martes | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 130 |
11:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán, Galego | Aula 6 |
Mércores | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | Aula 130 |
11:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Galego, Castelán | Aula 6 |
Xoves | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 130 |
11:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Galego, Castelán | Aula 6 |
17.12.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 0 |
17.12.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 130 |
17.12.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |
17.12.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 830 |
06.06.2025 09:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 0 |
06.06.2025 09:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |
06.06.2025 09:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 830 |