Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia
Áreas: Arqueoloxía
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O obxectivo principal da materia é achegar ao alumnado á lexislación internacional, nacional e autonómica específicas sobre o patrimonio histórico-arqueolóxico, así como formalo na lectura crítica e aplicación práctica deste conxunto normativo. Tratarase a figura do arqueólogo como xestor do patrimonio arqueolóxico nas súas distintas facetas e ámbitos de actuación. Deste xeito, o alumnado deberá adquirir a capacidade para aplicar a normativa administrativa á hora de redactar e executar un proxecto de intervención, preparar documentación técnica de diversa índole, iniciar distintos procesos administrativos ou interactuar coas distintas administracións públicas e axentes sociais en relación coa xestión do Patrimonio Cultural, así como emitir valoracións críticas de actuacións patrimoniais segundo a normativa vixente; emitir informes denuncia; ou coñecer os procesos de elaboración de expedientes de incoación de bens patrimoniais como Bens de Interese Cultural (BIC).
A materia centrarase en que o alumnado se aproxime ás fontes do Dereito e da normativa que regula a xestión patrimonial e arqueolóxica e que coñezan os principais fitos da lexislación internacional, estatal e autonómica en materia de Patrimonio Histórico-Arqueolóxico. Así mesmo, débense informar da tipoloxía patrimonial, medidas de fomento e sistema sancionador, do procedemento de protección, e do organigrama para a súa xestión.
Os contidos teóricos distribúense en 6 temas:
Tema 1: Conceptos básicos
Tema 2: Institucións e lexislación sobre o Patrimonio Cultural
Tema 3: Xestión do Patrimonio Cultural: os bens e o coñecemento sobre eles
Tema 4: Xestión do Patrimonio Cultural: as administracións e institucións involucradas
Tema 5: Xestión do Patrimonio Cultural: lexislación sectorial
Tema 6: Xestión do Patrimonio Cultural: protección penal
Estes contidos compleméntanse con catro sesións -seminarios- destinadas a coñecer problemáticas reais en relación coas leis que regulan a actividade arqueolóxica e na xestión patrimonial en diferentes ámbitos da man de especialistas na materia.
Os contidos prácticos consistirán na elaboración de diferentes proxectos arqueolóxicos. Tamén está programada unha saída de campo para realizar nunha única xornada a convir co alumnado. Se non se obtivese financiación para as prácticas de campo, substituiranse por outras prácticas complementarias nunha localización na que o alumnado poida desprazarse polos seus medios.
Bibliografía especializada:
Alonso Ibáñez, Mª del R. 1992. El Patrimonio Histórico. Destino público y valor cultural. Civitas S.A. Madrid.
Ballart, J. 1997. El Patrimonio Histórico y Arqueológico: valor y uso. Ariel. Barcelona. 1997.
Ballart, José y J. Tresserras. Gestión del Patrimonio Cultural. Ariel. Barcelona. 2001.
Catalogación del Patrimonio Histórico. Cuadernos VI. Instituto Andaluz del Patrimonio Histórico. Sevilla. 1996.
Barreiro, D., Varela-Pousa, R. 2017. La nueva ley de Patrimonio Cultural de Galicia: una lectura crítica. Nailos, 4: 163-191
Campillo Garrigós, R. 1998. La gestión y el gestor del patrimonio cultural. Ed. KR. Murcia.
Conservación Arqueológica. Cuadernos III. Instituto Andaluz del Patrimonio Histórico. Sevilla. 1994.
Castro Allegue, F. 2004. O ordenamento xurídico dos bens culturais na Comunidade autónoma de Galicia. Xunta de Galicia. Santiago de Compostela.
Jimeno, A., Val, J.M. y Fernández, J. 1993. Inventarios y Cartas Arqueológicas. Actas del Homenaje a Blas Taracena (Soria, 1991). Junta de Castilla y León. Valladolid.
Pérez-Juez Gil, A. Gestión del Patrimonio arqueológico. Ariel. Barcelona. 2006.
Querol. Mª A. y Martínez, B. 1996. La Gestión del Patrimonio Arqueológico en España, Alianza Editorial. Madrid.
Querol, Mª A. 2010. Gestión del patrimonio. Cultural. Akal. Madrid.
Rodríguez Temiño, I. 2003. Arqueología urbana en España. Ariel. Barcelona.
Marco legal:
C.A. GALICIA
Lei 5/2016 do 4 de maio do patrimonio cultural de Galicia <https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0…>
LEI 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia <https://www.xunta.gal/dog/Publicados/1995/19951108/Anuncio5996_gl.html>
DECRETO 199/1997, do 10 de xullo, polo que se Regula a Actividade Arqueolóxica na Comunidade Autónoma de Galicia <https://www.xunta.gal/dog/Publicados/1997/19970806/Anuncio9666_gl.html>, Coa redacción dada pola corrección de erros publicada no D.O.G. de 213, de 4 de novembro de 1997 <https://www.xunta.gal/dog/Publicados/1997/19971104/AnuncioC0BE_gl.html>.
ESTADO ESPAÑOL
LEY 16/1985, de 25 de junio, del Patrimonio Histórico Español.
< https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534>
UNESCO
1990. Carta para la Protección y la Gestión del Patrimonio Arqueológico del ICOMOS. Lausanne.
< https://www.icomos.org/images/DOCUMENTS/Charters/arch_sp.pdf >
CONSELLO DE EUROPA
1969. Convenio europeo para Protección del Patrimonio Arqueológico. Londres.
www.coe.int / <https://rm.coe.int/CoERMPublicCommonSearchServices/DisplayDCTMContent?d…>
1992. Convenio europeo para la Protección del Patrimonio Arqueológico de Europa. LaValette (Malta). www.coe.int / <https://ge-iic.com/files/Cartasydocumentos/1992_La_Valetta.pdf >
UNIÓN EUROPEA
1988. Resolución del Patronato Europeo sobre la Conservación del Patrimonio Arquitectónico y Arqueológico de la Comunidad Europea. (D.O.C.E. nº C 309/423-427 de 5-12-1988) <https://publications.europa.eu/es/publication-detail/-/publication/c2e2…>
Básicas:
(CB-1) Que os e as estudantes demostren unha comprensión sistemática dun campo de estudo e o dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados con devandito campo;
(CB-2) Que os e as estudantes demostren a capacidade de concibir, deseñar, poñer en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación con seriedade académica;
(CB-3) Que o estudantado teña a capacidade de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos;
(CB-4) Que os e as estudantes sexan capaces de realizar unha análise crítica, avaliación e síntese de ideas novas e complexas;
(CB-5) Que os e as estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
Específicas:
(CE-1) Elaboración da Tese de doutoramento. Isto implica o coñecemento e uso, por parte do/a alumno/a, das regras que rexen a elaboración de tese de doutoramento, no ámbito de humanidades, isto é, unha expresión correcta na linguaxe elixida, a adecuada exposición e ordenación dos argumentos, o uso correcto das notas como instrumento para, entre outras cousas, recoñecer as débedas científicas contraídas, evitándose así cometer plaxio.
(CE-2) Preparación e redacción de informes históricos e arqueolóxicos.
(CE-3) Xestión de coleccións e museos.
(CE-4) Asesoramento en planes directores, planes especiais, traballos arqueolóxicos, etc.
(CE-5) Xestión cultural.
(CE-6) Dirección de actividades de prospección e de escavación arqueolóxica
Transversais
(CT-1) Utilizar bibliografía e ferramentas de procura de recursos bibliográficos
xenerais e específicos, que inclúe o acceso por Internet, vendo as súas enormes
posibilidades e potenciando a capacidade discriminatoria do alumno sobre os seus contidos.
(CT-2) Xestionar de forma óptima o tempo de traballo e organizar os recursos
dispoñibles, establecendo prioridades, camiños alternativos e identificando erros na toma de decisións._
(CT-3) Potenciar a capacidade de traballo en equipo, en contornas cooperativos, pluridisciplinares ou de alto nivel competitivo.
As actividades docentes combinarán o ensino de nocións teóricas mediante clases maxistrais coa transmisión de contidos prácticos a través de seminarios de especialización e aulas prácticas.
As primeiras desenvolverán os contidos temáticos do programa, utilizándose os recursos tecnolóxicos dispoñibles (audiovisuais e informáticos). Prestarase especial atención ao marco legal polo que se regula a actividade arqueolóxica e aos distintos axentes involucrados tanto na súa xestión como na protección do patrimonio cultural.
O apartado práctico da materia impleméntase mediante a análise de varios casos de estudo e tarefas relacionadas coa xestión do patrimonio arqueolóxico. O obxectivo é que o alumnado, coa axuda do profesorado, coñeza a lexislación vixente e explore a súa aplicación na resolución de diversas problemáticas arqueolóxicas e na xestión ordinaria do patrimonio arqueolóxico. Así mesmo, os e as alumnas deberán poñer en práctica os coñecementos e destrezas adquiridos de forma autónoma mediante a realización dun traballo que desenvolva situacións relacionadas coa práctica arqueolóxica (denuncia dun espolio ou atentado contra o patrimonio, elaboración dun guión de expediente de declaración de BIC, elaboración dun proxecto arqueolóxico, etc.).
En horario oficial, diversos especialistas impartirán seminarios complementarios. Estes seminarios permitirán aos alumnos e ás alumnas profundar nalgúns aspectos do programa e achegar experiencias reais na xestión e protección do patrimonio arqueolóxico. Habitualmente, as temáticas tratadas son:
- Protección legal do Patrimonio Arqueolóxico.
- Xestión do Patrimonio Arqueolóxico nas administracións públicas e impacto das distintas leis sectoriais na xestión do patrimonio cultural.
- Actividade arqueolóxica na empresa privada, convenios sectoriais e impacto das obras públicas na conservación do Patrimonio Arqueolóxico.
- Patrimonio Arqueolóxico subacuático.
No caso de que algún dos conferenciantes non puidese impartir no devandito horario, buscaríase unha alternativa axeitada para o alumnado.
Así mesmo, realizaranse prácticas de campo nunha data acordada co alumnado, no caso de que non sexa posible realizala en horario de clase.
As titorías resolverán as dúbidas dos e das alumnas con respecto aos contidos ofrecidos na materia, orientarano na utilización da bibliografía especializada e guiarano na elaboración do traballo práctico da materia. Supoñen, ademais, un seguimento do seu proceso de aprendizaxe.
A materia é presencial, e utilizarase a aula virtual como marco de desenvolvemento da mesma, colgándose nela recursos útiles ao estudantado.
Ao comezo do cuadrimestre no que se imparte a materia entregarase ao alumnado a través da aula virtual un dossier máis amplo da mesma que inclúa un cronograma completo e unha guía para a realización das prácticas.
Saída de campo: visita da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, en San Caetano, en data a convenir co alumnado.
A avaliación será continua mediante o seguimento do traballo do alumnado na aula, as saídas de campo, os seminarios e as titorías, así como na entrega e/ou exposición dos traballos.
Na segunda convocatoria, de xullo, o alumnado terá que realizar o mesmo tipo de probas realizadas a longo do curso para a avaliación continua.
En caso de dispensa oficial, examinarase ao alumnado cos mesmos criterios aplicados á docencia presencial.
Sistema de cualificación: expresado mediante cualificación final numérica de 0 a 10 segundo a lexislación vixente (Real Decreto 1125/2003 de 5 de setembro; BOE 18 de setembro).
O art. 16 da Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes (DOG 21 de xullo de 2011) establece o seguinte: “A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba exixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes”. Tal e como se define no artigo 42 do Regulamento polo que se establecen as normas de convivencia da Universidade de Santiago de Compostela e de conformidade co disposto no artigo 11. g) da Lei de convivencia universitaria, aplicaranse as sancións previstas pola normativa. Entre os comportamentos premeditados tendentes a falsear os resultados dun exame ou traballo inclúense o plaxio e o emprego non consentido de ferramentas de Intelixencia Artificial.
ACTIVIDADES PRESENCIAIS (HORAS PRESENCIAIS DO ALUMNO)
Clases maxistrais: 4.5
Clases prácticas: 6
Seminarios: 6
Visitas/saídas: 6
Avaliación: 1
Titorías: 1,5
TOTAL PARA 3 CRÉDITOS ECTS 25
TRABALLO DO ALUMNADO (HORAS DE TRABALLO DO/A ALUMNO/A)
Estudo autónomo (individual ou en grupo): 10
Estudo de casos e resolución de problemas: 15
Preparación do traballo: 20
Outras tarefas asignadas polo profesor: 5
TOTAL PARA 3 CRÉDITOS ECTS: 50
Recoméndase a asistencia a clases e utilizar o tempo de titorías para realizar consultas sobre bibliografía e dúbidas sobre outras cuestións que teñan que ver coa materia e a elaboración do traballo persoal.
Recoméndase a lectura dos seguintes documentos:
Lei 5/2016 de 4 de maio do Patrimonio Cultural de Galicia
LEY 8/1995, de 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia.
LEY 16/1985, de 25 de junio, del Patrimonio Histórico Español.
DECRETO 199/1997, do 10 de xullo, polo que se Regula a Actividade Arqueolóxica na Comunidade Autónoma de Galicia, Coa redacción dada pola corrección de erros publicada no D.0.G. de 213, de 4 de novembro de 1997.
UNESCO
1990. Carta para la Protección y la Gestión del Patrimonio Arqueológico del ICOMOS. Lausanne.
CONSEJO DE EUROPA
1969. Convenio europeo para Protección del Patrimonio Arqueológico. Londres.
www.coe.int
1992. Convenio europeo para la Protección del Patrimonio Arqueológico de Europa. LaValette (Malta). www.coe.int
UNIÓN EUROPEA
1988. Resolución del Patronato Europeo sobre la Conservación del Patrimonio Arquitectónico y Arqueológico de la Comunidad Europea. (D.O.C.E. nº C 309/423-427 de 5-12-1988)
O alumnado debe coñecer o uso básico de paquetes ofimáticos xerais —como Microsoft Office ou Libre Office—. De igual xeito, debe familiarizarse co Campus Virtual da USC e co software colaborativo estándar da mesma, Microsoft Teams.
Mario Cesar Vila
- Departamento
- Historia
- Área
- Arqueoloxía
- Correo electrónico
- mario.cesar [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Jose Carlos Sanchez Pardo
Coordinador/a- Departamento
- Historia
- Área
- Arqueoloxía
- Teléfono
- 881812561
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mario Pereiro Fernandez
- Departamento
- Historia
- Área
- Arqueoloxía
- Correo electrónico
- mario.pereiro [at] usc.es
- Categoría
- Posdoutoral Xunta
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 15 |
05.06.2025 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 15 |
02.07.2025 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 15 |