Ir o contido principal

Master Universitario de Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Artes e Humanidades
Ámbito de coñecemento
Historia, arqueología, geografía, filosofía y humanidades.
Centro(s)
Facultade de Xeografía e Historia
Praza da Universidade, 1, 15703
Santiago de Compostela
881812585 (Conserxaría)
881812589 (Decanato)
zhisdeca [at] usc.gal
Campus
Santiago de Compostela
Coordinador/a
Miguel Carrero Pazos
Contacto
miguel.carrero [at] usc.es

Este Máster é unha oferta única no sistema universitario de Galicia e singular en España. Este máster interuniversitario, impártese xunto coa Universidade de Vigo e a Universidade de A Coruña, en colaboración co Incipit-CSIC, e ten un dobre perfil, profesionalizante e investigador. Na súa concepción ten como obxectivo formar aos alumnos para afrontaren actividades arqueolóxicas reguladas pola normativa vixente na Comunidade Autónoma de Galicia. Así entre outros: prospeccións, sondaxes, escavacións arqueolóxicas, xestión e identificación de materiais, así como a aplicación de diferentes técnicas arqueométricas e as novas tecnoloxías neste ámbito de coñecemento.

Duración: 1 ano académico
Código RUCT: 4317354
Número de ECTS: 60
Número prazas: 25

Decano/a ou director/a do centro:
MARCO VIRGILIO GARCIA QUINTELA

Coordinador-a do título:
Miguel Carrero Pazos
miguel.carrero [at] usc.es

Linguas de uso:
Castelán, Galego

Universidade coordinadora:
Universidade de Santiago de Compostela

Universidade(s) participante(s):
Universidade de Santiago de Compostela Universidade da Coruña Universidade de Vigo

Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
Orde do 16/06/2020 (DOG do 1/07/2020)

Data de publicación no BOE:
23/04/2021

Data da última acreditación:
18/05/2020

Condicións de terminación:

Obrigatorias: 21
Optativas: 24
Prácticas externas OB 6
Traballo fin de máster: 9
Total: 60

Este mestrado contempla dúas especialidades:

-Especialidade en Arqueoloxía
-Especialidade en Historia do Mundo Clásico

Para obter o título cunha especialidade o alumno deberá cursar un mínimo de 18 créditos optativos do correspondente módulo da especialidade elixida. Se non cumpre este requisito Se non cumpre este requisito poderá titularse no Mestrado en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade sen especialidade.

Prospección arqueolóxica

  • P5103101
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Procesado e xestión da evidencia arqueolóxica

  • P5103103
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Paleoambiente e arqueoloxía

  • P5103105
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Lexislación e xestión da actividade arqueolóxica

  • P5103106
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Patrimonio arqueolóxico e sociedade

  • P5103107
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Escavación arqueolóxica

  • P5103109
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Iniciación á investigación en arqueoloxía e ciencias da antigüidade

  • P5103110
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Ocupación do territorio no Noroeste peninsular

  • P5103201
  •  
  • Optativo
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Arqueoloxía pública

  • P5103202
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Etnoarqueoloxía e arqueoloxía experimental

  • P5103205
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Tecnoloxías xeoespaciais en arqueoloxía

  • P5103206
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Cultura material pre e protohistóricas

  • P5103207
  •  
  • Optativo
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Cultura material romana e tardoantiga

  • P5103208
  •  
  • Optativo
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Necrópoles e restos humanos

  • P5103216
  •  
  • Optativo
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Arqueoloxía de Mesopotamia

  • P5103217
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Técnicas instrumentais e cronolóxicas en arqueoloxía

  • P5103218
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Arqueoloxía da paisaxe

  • P5103221
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Cultura material medieval e moderna

  • P5103222
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Arqueobotánica

  • P5103223
  •  
  • Optativo
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Zooarqueoloxía

  • P5103224
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

A romanización en occidente

  • P5103210
  •  
  • Optativo
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Fontes literarias para a historia do mundo clásico

  • P5103214
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Formas políticas da antigüidade grecorromana

  • P5103219
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Historia da arte grega

  • P5103220
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Epigrafía latina

  • P5103225
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Historia das relixións antigas

  • P5103226
  •  
  • Optativo
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Historia antropolóxica do mundo antigo

  • P5103227
  •  
  • Optativo
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Traballo Fin de Máster

  • P5103108
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Traballos Fin de Grao e Máster
  •  
  • 9 créditos

Prácticum

  • P5103209
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Prácticas en Empresas de Grao e Máster
  •  
  • 6 créditos

O máster vai dirixido a aqueles estudantes de calqueira titulación de grao que desexen profundizar na arqueoloxía como profesión e /ou investigación.

En termos xerais, os grupos de interese a que se destina o título son persoas coa intención de desenvolver estudos sobre arqueoloxía, o mundo clásico ou a prehistoria (en xeral, ou especificamente da Gallaecia), con certas aptitudes lingüísticas tanto para leren textos noutras linguas como para se expresaren na súa propia, e un certo coñecemento xeral do proceso histórico. En concreto, o perfil de acceso estará aberto a licenciados ou graduados de todas as ramas de coñecemento porque a experiencia dinos que pode haber interese tamén pola arqueoloxía/historia desde ámbitos científicos (químicos, edafólogos, etc.), cuxa formación previa resulta moi útil para os estudos do mestrado. Inclusive os alumnos procedentes do grao en Historia teñen unha escasa formación en arqueoloxía/prehistoria/historia antiga, de modo que consideramos que debemos manter o perfil xeral.

Condicións de terminación:

Obrigatorias: 21
Optativas: 24
Prácticas externas OB 6
Traballo fin de máster: 9
Total: 60

A comisión académica designa un titor para cada 3 alumnos. O titor oferece asesoramento académico en canto ás opcións e a orientación do proxecto académico e profesional, apoio na identificación e mellora en aspectos da formación dos estudantes que o requiran así como para a elección de tema e titor de TFM.

Ademais da xornada de inauguración, o apoio e orientación aos estudantes canalízase por dúas vías: por unha banda, cada ano, desígnanse dous representantes -normalmente, a finais de setembro xa se produciu a súa designación-, que forman parte da comisión académica, de maneira que poden obter toda a información e canalizaren todas as queixas ou dificultades que vaian xurdindo.

Así mesmo, as universidades poñen a disposición do estudantado información sobre o seu funcionamento, sobre os aspectos administrativos, académicos, de xestión e de participación nas estruturas de goberno.

Os servizos con que conta cada unha das universidades son os que se detallan a continuación: A USC, dentro de todos os servizos a disposición da comunidade universitaria. conta cos seguintes directamente relacionados cos servizos de apoio ao alumnado:

-Área de Cultura
-Área de Orientación Laboral e Emprego
-Área de Tecnoloxías da Información e das Comunicacións (ATIC)
-Gabinete de Comunicación
-Oficina de Igualdade de Xénero
-Servizo de Normalización Lingüística
-Servizo de Participación e Integración Universitaria
-Servizo de Relacións Exteriores (SRE)
-Oficina de Información Universitaria: é o servizo que a universidade pon a disposición da comunidade universitaria e das persoas alleas á mesma, coa finalidade de canalizar e dar resposta ás demandas informativas sobre a súa organización, funcionamento e actividades. Con carácter xeral, informa sobre trámites e xestións dos procedementos académicos e de extensión universitaria e colabora na súa difusión, tanto no contorno máis inmediato como organizando ou participando en feiras e eventos de carácter educativo.

Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con:

  • A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación.
  • A supresión gradual da impartición da docencia.
  • Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que faciliten aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e doutro plan.

Acceso

Poderán acceder ás ensinanzas oficiais de máster:
1. As persoas que estean en posesión dun título universitario oficial español.
2. Aquelas que teñan un título expedido por unha institución de educación superior do EEES que faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de máster.
3. Os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao EEES sen necesidade de homologación dos seus títulos, previa comprobación pola Universidade de que os ditos títulos acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios españois e que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de posgrao.

Admisión

Modalidade: con límite de prazas e criterios xerais

Titulacións por orde de preferencia:

1º) Graduados ou licenciados en Historia, Xeografía e Historia, e Historia da Arte.
2º) Resto de titulacións universitarias

As prazas vacantes en calquera das tres universidades poden ser asignadas polas dúas restantes.

Información actualizada en cada convocatoria de matrícula

Modalidade: con límite de prazas e criterios xerais

Titulacións por orde de preferencia:

1º) Graduados ou licenciados en Historia, Xeografía e Historia, e Historia da Arte.
2º) Resto de titulacións universitarias

As prazas vacantes en calquera das tres universidades poden ser asignadas polas dúas restantes.

Información actualizada en cada convocatoria de matrícula

-Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de seren orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
-Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
-Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarense á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
-Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións (e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan) a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
-Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en grande medida autodirixido ou autónomo.

-Que os estudantes demostren unha comprensión sistemática dun campo de estudo e o dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados con devandito campo.
-Que os estudantes demostren a capacidade de concibir, deseñar, poñer en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación con seriedade académica.
-Que os estudantes realicen unha contribución a través dunha investigación orixinal que amplíe as fronteiras do coñecemento desenvolvendo un corpus substancial, do que parte mereza a publicación referenciada a nivel nacional ou internacional.
-Que os estudantes sexan capaces de realizar unha análise crítica, avaliación e síntese de ideas novas e complexas.
-Que os estudantes saiban comunicarse cos seus colegas, coa comunidade académica no seu conxunto e coa sociedade en xeral sobre as súas áreas de coñecemento.
-Que se lles supoña capaces de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance tecnolóxico, social ou cultural dentro dunha sociedade baseada no coñecemento.
-Que os estudantes demostren ao longo da investigación capacidade para establecer relacións mutuas entre os tres eixes principais que configuran o programa: histórico, arqueolóxico-artístico e lingüístico-literario.
-Que sexan capaces de relacionar a cultura clásica coa doutros períodos históricos.
-Que sexan capaces de abrir vías de especialización novedosas no ámbito dos estudos arqueolóxicos.
-Que a súa formación avanzada contribúa ao desenvolvemento cultural europeo a través da correcta transmisión e interpretación crítica do patrimonio histórico e cultural do mundo clásico.

-Ser capaz de colaborar na xestión de coleccións e museos.
-Ser capaz de levar a cabo tarefas de colaboración e de asesoramento en plans directores, plans especiais, traballos arqueolóxicos, etc.
-Ser capaz de participar activamente na organización de tarefas de xestión cultural.
-Adquirir as capacidades necesarias para dirixir actividades de campo, de prospección e de excavación arqueolóxica e de tratamento e estudo de materiais e mostras.
-Ser capaz de preparar e redactar informes históricos e arqueolóxicos, adaptándose ao tipo de actividade que se desenvolva.

-Utilizar bibliografía e ferramentas de procura de recursos bibliográficos xerais e específicos, que inclúe o acceso por Internet, vendo as súas enormes posibilidades e potenciando a capacidade discriminatoria do alumno sobre os seus contidos.
-Xestionar de forma óptima o tempo de traballo e organizar os recursos dispoñíbeis, estabelecendo prioridades, camiños alternativos e identificando erros na toma de decisións.
-Potenciar a capacidade de traballo en equipo, en contornos cooperativos, pluridisciplinares ou de alto nivel competitivo.

Mobilidade

Actualmente a Universidade de Santiago de Compostela colabora nos programas Sócrates-Erasmus , Erasmus Mundus e Sicue, que complementa con varios programas que pretenden fomentar a mobilidade dos membros da comunidade universitaria con universidades de América, Asia, Australia e Suiza.

As facultades contan coa colaboración de varios profesores/as que actúan como coordinadores académicos, e cuxa función é tutorizar e asistir nas súas decisións académicas aos estudantes propios e de acollida.

A selección dos candidatos lévaa a cabo, para cada convocatoria ou programa, unha comisión de selección, composta polo decano ou decana, o vicedecano ou vicedecana responsábel de programas de intercambio, o/a responsábel da UAGCD e os/as coordinadores académicos, de acordo con criterios de baremación previamente establecidos, que teñen en conta o expediente académico, unha memoria e, de ser o caso, as competencias en idiomas que esixe a Universidade de destino.

A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):

Portal Internacional

Prácticas

A cuarta edición do Mestrado en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade contempla prácticas externas obrigatorias, que se desenvolverán durante un mes. O seu carácter formativo apóiase en torno a dous eixos:

1.- Articular teoría e práctica através da aproximación global aos problemas e situacións, poñendo en xogo os coñecementos conseguidos através das distintas materias do plan de estudos.
2.- Reflexionar sobre a acción permitindo unha aprendizaxe reflexiva, alén da mera acción.

As prácticas sitúan o alumnado en escenarios profesionais reais que favorecen a adquisición de coñecemento e posta en práctica das habilidades e destrezas necesarias na súa futura inserción laboral. Polo tanto, en cada caso o estudantado realizará tarefas e aprenderá metodoloxías de acción relacionadas coa institución seleccionada.

O alumno debe entregar un informe-memoria, cumprindo o calendario estabelecido, onde explique o traballo realizado durante as prácticas. Contará cun titor profesional do programa, que realizará un informe de avaliación de cada estudante que realice as prácticas na súa empresa. Por outro lado, o titor académico da USC que lle corresponda avaliará, tendo en conta a memoria e o informe do titor profesional, o traballo de cada estudante.

O Traballo de Fin de mestrado (TFM) consistirá na elaboración por parte do estudante, de forma individual, dun traballo, memoria ou estudo orixinal en que se integren e desenvolvan os coñecementos, capacidades, competencias e habilidades adquiridos durante os estudos realizados no máster.

Incluirá, como mínimo, tarefas de procura e revisión bibliográfica, lectura e integración de información, elaboración de resultados relevantes, redacción, e presentación e defensa do traballo. Estará orientado á avaliación das competencias asociadas á titulación como: capacitar para a procura, xestión, organización e interpretación de datos relevantes, normalmente da súa área de estudo; emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas destacados de índole social, científica, tecnolóxica ou ética, e que facilite o desenvolvemento dun pensamento e xuízo crítico, lóxico e creativo.

A extensión do TFM non deberá superar as 20.000 palabras (unhas 50 páxinas a espazo e medio), sen contar bibliografía nin anexos. O TFM deberá adecuarse aos temas tratados nas materias do máster. O alumno deberá demostrar que é capaz de facer un uso adecuado da bibliografía especializada.

Unha treintena de profesores van impartir as diferentes materias do master. O profesorado deste máster ten unha recoñecida experiencia docente e investigadora de prestixio nacional e internacional no seu respectivo ámbito, axustado ao perfil das materias que imparte. O noso profesorado pertence a grupos de investigación consolidados (EcoPast, Sincrisis, Territorio e Biodiversidade, Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio, Grupo Interdisciplinar de Patrimonio Cultural y Geológico, ...) e implicados na docencia no master, que desenvolven liñas de investigación relacionadas cos contidos do Máster e, teñen traxectorias docentes e investigadoras axustadas ao perfil das materias que configuran a oferta docente do programa.

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

Oferta

IN01
Prazas ofertadas

Número de prazas ofertadas para cada curso académico.

Info da escala: Número enteiro

25

25

25

25,0

25,0

25,0

Matrícula

IN02
Matrícula

Número de estudantes matriculados nun curso académico sen contabilizar aos estudantes de programas de mobilidade incoming.

Info da escala: Número enteiro

25

27

25

20,0

24,0

30,0

IN03
Matrícula de acceso

Número de estudantes que se matriculan nun plan de estudos por primeira vez. Inclúe ao alumnado que traslada o seu expediente, que accede por validación parcial de estudos estranxeiros ou que se adapta desde plans en extinción.

Info da escala: Número enteiro

20

18

19

19,0

17,0

15,0

IN04
Matrícula de novo ingreso por preinscrición

Número de estudantes que se matriculan no primeiro curso dun plan de estudos por primeira vez, é dicir, sen contar aos estudantes que acceden a través de validación parcial de estudos estranxeiros, traslados ou adaptacións desde plans en extinción.

Info da escala: Número enteiro

20

18

19

19,0

17,0

15,0

IN05
Variación da matrícula de novo ingreso por preinscrición

Taxa de variación relativa da matrícula de novo ingreso por preinscrición.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

25

-10

5,56

-

-10,53

-

Perfil de entrada

IN06
Nota media de acceso por preinscrición

Nota media de acceso por preinscrición dos estudantes que inician estudos. Determina o perfil de entrada.

Info da escala: Número racional con dous decimais. O rango vai desde 0 ata o valor máximo que se pode obter en cada curso académico para a preinscrición (algúns valores históricos foron 10,00 puntos, 12,00 puntos ou 14,00 puntos).

-

-

-

6,9046

7,314

7,1871

IN08
Porcentaxe de estudantes estranxeiros sobre matriculados

Porcentaxe de estudantes estranxeiros sobre estudantes matriculados, sen contabilizar aos estudantes matriculados en programas de mobilidade incoming.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

4

7,41

12

10,0

4,17

10,0

IN09
Porcentaxe de estudantes nacionais de fóra de Galicia sobre matriculados

Porcentaje de estudiantes nacionales de fuera de Galicia sobre estudiantes matriculados, sin contabilizar los estudiantes matriculados en programas de movilidad incoming.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

20

22,22

8

10,0

20,83

20,0

IN13
Porcentaxe de matriculados que son titulados da USC

Número de estudantes matriculados no máster que son egresados da USC.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

-

-

-

65,0

45,83

56,67

Adecuación á demanda

IN12
Tasa de ocupación

Número de estudantes de novo ingreso por preinscrición dividido entre as prazas ofertadas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

-

-

-

76,0

68,0

60,0

Indicador

2020-2021

2021-2022

2022-2023

Mobilidade allea

IN18
Porcentaxe de estudantes recibidos pola USC de programas de mobilidade sobre o total de matriculados

Número de estudantes recibidos na USC nesa titulación procedentes doutras universidades (programas de mobilidade) dividido entre o número de estudantes matriculados no título.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

0,0

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

IN22
Porcentaxe de estudantes egresados nun curso académico que ao longo dos seus estudos realizou as prácticas en empresas e institu

Relación porcentual entre os egresados dun título nun curso académico que ao longo dos seus estudos realizaron prácticas en empresas e institucións, sobre o total de estudantes egresados nese título e nese mesmo curso académico.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

78,57

85,71

100

100,0

100,0

100,0

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

Abandono

IN41
Taxa de abandono RD 1393/2007

Relación porcentual entre os estudantes dunha cohorte de novo ingreso que deberon obter o título no ano académico anterior e que non se matricularon nin nese curso académico nin no anterior.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

25

5

0

-

10,53

11,76

Avaliación

IN36
Taxa de avaliación

Relación porcentual entre o número total de créditos ordinarios aos que se presentaron os estudantes e o número total de créditos ordinarios matriculados.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

92,38

95,17

91,56

84,56

82,31

87,65

Duración media dos estudos

IN38
Duración media dos estudos

Duración media (en anos) na que os estudantes tardan en superar os créditos correspondentes ao plan de estudos.

Info da escala: Número racional con dous decimais

1,29

1,38

1,33

1,0909

1,5714

1,7647

Eficiencia dos titulados

IN53
Taxa de eficiencia (rendemento dos egresados

Relación porcentual entre o número total de créditos que superou un estudante ao longo da titulación na que egresou e o número total de créditos nos que se matriculou.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

95,92

95,24

94,86

100,0

92,11

86,29

Estudantes por grupo

IN32
Media de alumnos por grupo de docencia interactiva

Relación entre o número de alumnos matriculados e o número de grupos de docencia interactiva.

Info da escala: Número racional con dous decimais

11,98

9,92

10,38

11,3462

10,2692

8,5769

IN55
Media de alumnos matriculados en materias obrigatorias e de formación básica por grupo de teoría (expositivas)

Relación entre o número de alumnos matriculados en materias obrigatorias materias de formación básica e o número de grupos de teoría desas materias.

Info da escala: Número racional con dous decimais

-

18,14

18,86

19,7143

17,8571

14,7143

IN56
Media de alumnos matriculados en materias optativas por grupo de teoría (expositivas)

Relación entre o número de alumnos matriculados en materias optativas e o número de grupos de teoría desas materias.

Info da escala: Número racional con dous decimais

-

6,53

6,88

8,2632

7,4737

6,3158

Éxito

IN35
Taxa de éxito

Relación porcentual entre o número total de créditos ordinarios que superaron os estudantes e o número total de créditos ordinarios aos que se presentaron.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

11,27

11,7

99,16

98,8

98,7

98,66

IN50
Taxa de éxito dos egresados

Relación porcentual entre o número total de créditos que superou un estudante ao longo da titulación na que foi egresado e o número total de créditos aos que se presentou.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

95,92

95,24

94,86

100,0

100,0

99,13

Graduación

IN37
Taxa de graduación

Relación porcentual entre os estudantes que finalizaron os estudos no tempo previsto no plan de estudos ou nun ano académico máis e a súa cohorte de ingreso. Amosa información sobre o grao de eficacia do alumnado e da institución con relación á súa actividade académica.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

75

90

94,44

-

73,68

70,59

Rendemento

IN34
Taxa de rendemento

Relación porcentual entre o número total de créditos ordinarios que superaron os estudantes e o número total de créditos ordinarios en que se matricularon.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

90,17

95,17

90,79

83,54

81,23

86,47

Satisfacción

IN19
Satisfacción dos estudantes coas prácticas externas

Valoración media da enquisa de satisfacción dos estudantes coas prácticas externas.

Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00

-

-

-

4,0

4,69

4,4167

IN20
Satisfacción dos titores profesionais coas prácticas externas

Valoración media da enquisa de satisfacción dos titores profesionais coas prácticas externas.

Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00

2,93

2,90

-

8,5

-

-

IN23
Satisfacción dos egresados coa información pública dispoñible

Valoración media da enquisa de satisfacción dos egresados coa información pública dispoñible.

Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00

2,93

2,90

-

-

-

-

IN33
Grao de satisfacción dos egresados cos servizos

Valoración media das preguntas relativas á satisfacción cos servizos da enquisa de egresados.

Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00

2,87

4,33

-

-

-

-

IN42
Grao de satisfacción xeral dos egresados coa titulación

Valoración media das preguntas relativas á satisfacción coa titulación da enquisa de egresados.

Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00

2,74

3,98

-

-

3,55

2,83

IN46
Satisfacción do alumnado coa docencia recibida

Valoración media da enquisa de satisfacción do alumnado coa docencia recibida.

Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00

3,99

4,1

3,91

3,89

4,3

4,0

IN47
Satisfacción do profesorado coa docencia impartida

Valoración media da enquisa de satisfacción do profesorado coa docencia impartida.

Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00

3,83

4,16

3,87

3,4709

4,1189

4,0663

IN48
Taxa de resposta na enquisa de satisfacción

Porcentaxe de resposta na enquisa de satisfacción por parte do alumnado.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

40

-

66,67

52,381

16,6667

20,0

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

IN24
Porcentaxe de Persoal Docente e Investigador (PDI) con sexenios

Relación porcentual entre o PDI con sexenios e o PDI total con docencia no título e que pode ter sexenios

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100

100

100

100,0

91,67

100,0

IN25
Porcentaxe de PDI doutor sobre o PDI total

Relación porcentual entre o PDI doutor e o PDI total con docencia no título.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100

100

100

100,0

100,0

100,0

IN26
Porcentaxe de PDI funcionario sobre o PDI total

Relación porcentual entre o PDI funcionario e o PDI total con docencia no título.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

81,82

81,82

76,92

66,67

83,33

91,67

Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.07.2024.