Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Edafoloxía e Química Agrícola, Historia
Áreas: Edafoloxía e Química Agrícola, Arqueoloxía
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Os obxectivos desta materia son formar ao alumnado nos aspectos mais importantes da coñecida como arqueoloxía da morte, e dicir, os contextos de necrópoles. Os depósitos funerarios e as necrópoles son dun gran valor para o estudo do pasado xa que i) trátase de depósitos pechados que ofrecen fiabilidade sobre o seu contexto, ii) soen conter materiais intactos e con frecuencia inclúen restos humanos. O patrimonio arqueolóxico funerario e o estudo dos restos humanos de contextos arqueolóxicos e forenses proporcionan información de interese sumo sobre aspectos tales como o estilo de vida, a saúde ou a clase social. Ademais, estes conxuntos están moi influenciados pola cultura, economía e ambiente da poboación á que pertenceron. O alumnado traballará cara a cara cos restos das persoas que constituíron as sociedades pasadas.
Os obxectivos concretos son:
- Introducir aos conceptos teóricos e prácticos relacionados cos depósitos funerarios, isto inclúe a descrición dos tipos de necrópoles e tumbas e entender as peculiaridades propias das cremacións e inhumacións.
- Coñecer como se traballa no campo e no laboratorio, aproximarnos ás metodoloxías novas.
- Introducir ao estudo dos restos óseos humanos dende unha visión ampla e adquirindo competencias para poder desenvolver unha actividade profesional nun contexto funerario
- Coñecer o Necrosol ou solos formados pola interacción cos restos humanos, aprender a caracterizalos nas súas propiedades físico-químicas.
- Traballar de maneira práctica con casos reais, aproximándonos ás características da vida das poboacións e á tafonomía.
- Tipos de necrópoles e tipos de tumbas
- Descrición dun depósito funerario
- O traballo de campo e de laboratorio – aprender a escavar e rexistrar unha tumba
- Anatomía ósea humana básica
- Número mínimo de individuos, sexo e idade
- Premortem, perimortem e postmortem. Violencia interpersoal.
- Análise de cremacións
- O paradoxo osteolóxico
- A saúde: introdución á paleopatoloxía, la paleopatoloxía na arte.
- Estudo da dieta e da mobilidade
- Os solos de necrópoles
- A tafonomía e a diaxénese
- Depósitos funerarios singulares: as momias e o contexto forense. Esqueletos humanos e museos. Ética.
•Aufderheide AC, and Rodríguez-Martín C. 1998. The Cambridge encyclopedia of human paleopathology: Cambridge University Press.
•Bass WM. 2005. Human Osteology. A laboratory and field manual: Missouri Archaeological Society.
•Botella MC, Aleman I, and García CJ. 2001. Marcas en los huesos humanos. In: Campillo D, editor. Introducción a la paleopatología. Barcelona: Bellaterra. p 408-420
•Brothwell DR. 1987. Desenterrando huesos. La excavación, tratamiento y estudio de restos del esqueleto humano. Mexico: Fondo de Cultura Económica.
•Buikstra JE, and Ubelaker DH, editors. 1994. Standards for data collection from human skeletal remains: proceedings of a seminar at the Field Museum of Natural History, organized by Jonathan Haas. Fayetteville, Ark: Arkansas Archeological Survey Research Series.
•Isidro Llorens A, and Malgosa Morera A. 2003. Paleopatología: la enfermedad no escrita. Barcelona: Masson.
•Katzenberg MA, and Saunders S. 2008. Biological anthropology oh the human skeleton. New Jersey Wiley-Liss.
•Lopez-Costas O. 2015. Taphonomy and burial context of the Roman/post-Roman funerary areas (2nd to 6th centuries AD) of A Lanzada, NW Spain. Estudos do Quaternário, APEQ 12:55-67.
•López-Costas O, Müldner G, and Martínez Cortizas A. 2015. Diet and lifestyle in Bronze Age Northwest Spain: the collective burial of Cova do Santo. Journal of Archaeological Science 55(0):209-218.
•López-Costas O, and Sánchez Pardo JC. 2016. Antropología física, arqueología y desigualdad social en las necrópolis medievales de Galicia: hacia una visión de conjunto. In: Quirós Castillo JA, editor. Demografía, paleopatologías y desigualdad social en el Noroeste Peninsular en época medieval: Documentos de arqueología medieval n10. Universidad del País Vasco. p 43-62.
•Márquez-Grant N, Rissech C, Lopez-Costas O, Alemán I, and Caro Dobón L. 2011. Spain/España. In: Márquez-Grant N, and Fibiger L, editors. The Routledge Handbook of Archaeological Human Remains and Legislation: an international guide to laws and practice in the excavation, study and treatment of archaeological human remains. London: Routledge, Taylor and Francis group. p 423-438.
•Murphy EM (ed). 2008. Deviant burial in the archaeological record. Oxford: Oxbow Books.
•Sprague, R. 2005. Burial Terminology: A Guide for Researchers. AltaMira Press. Lanham.
•Ubelaker DH. 2003. Enterramientos humanos. Excavación, análisis, interpretación. Donostia: Sociedad de Ciencias Aranzadi Zientzi Elkartea.
•Wood JW, Milner GR, Harpending HC, Weiss KM, Cohen MN, Eisenberg LE, Hutchinson DL, Jankauskas R, Česnys G, Katzenberg MA et al. 1992. The Osteological Paradox: problems of inferring prehistoric health from skeletal samples (and comments and reply). Current Anthropology 33(4):343-370
Competencias específicas
CE-1. Elaboración da tesis de doutoramento. Implica o coñecemento e emprego, por parte do alumno, das regras que rixen a elaboración das tesis de doutoramento, no ámbito das humanidades, esto é, unha correcta expresión da linguaxe, a adecuada exposición e ordeación dos argumentos, o correcto uso das notas como instrumento para, entre outras cousas, recoñecer as débedas científicas contraídas, evitándose así incurrir en plaxio.
CE-2. Preparación e redacción de informes históricos
CE-3. Xestión de coleccións e museos
CE-4. Asesoramento en plans directores, plans especiais, traballo arqueolóxicos, etc.
CE-5. Xestión cultural
Competencias transversais
CT-1. Empregar bibliografía e ferramentas de búsqueda de recursos bibliográficos xerais e específicos, que incluen o acceso a internet, vendo as suas enormes posibilidades e potenciando a capacidade discriminatoria do alumno sobre os seus contidos.
CT-2. Xestionar de xeito óptimo o tempo de traballo e organizar os recursos dispoñibles, establecendo prioridades, camiños alternativos e identificando erros na toma de decisións.
CT-3. Pontenciar a capacidade de traballo en equipo, en entornos cooperativos, pluridisciplinares ou de alto nivel competitivo.
Ao ser unha materia optativa, a docencia terá un contido moi práctico. As clases dividiranse en docencia na aula e no laboratorio. Dependendo do número total do alumnado proporase unha docencia 100% no laboratorio. Nas clases teóricas daranse unha combinación de conceptos teóricos (clases maxistrais) e actividades a desenvolver polo alumnado incluíndo debates (seminarios). Ademais, o alumnado será o encargado de facer unha breve exposición sobre un dos aspectos tratados na clase, que servirá como axuda á docencia teórica.
No laboratorio cada alumno/a terá que traballar cun caso específico onde irá aplicando a metodoloxía aprendida na aula. O material docente será proporcionada a través da aula virtual. Dependendo da dinámica poderanse propor prácticas coa axuda de programas informáticos ( e de ordenadores persoais) nas que o alumnado traballará con exercicios de elaboración de datos e interpretación de resultados.
A avaliación é continua:
Asistencia e participación nas clases (30%).
Avaliación continua do proceso de aprendizaxe mediante (70%):
- entrega e exposición dun traballo na aula (45%).
- entrega e exposición dos casos prácticos no laboratorio e debate de conceptos (25%).
A segunda convocatoria incluirá a entrega e exposición dos traballos non realizados, e un exame práctico das competencias adquiridas.
Dispensa de asistencia: entrega de traballos, exposición oral dos mesmos e exame práctico da competencias adquiridas ata un 100% da nota.
Sistema de cualificación: expresado mediante cualificación final numérica de 0 a 10 segundo a lexislación vixente (Real Decreto 1125/2003 de 5 de setembro; BOE 18 de setembro).
TRABALLO DO ALUMNADO HORAS DE TRABALLO DO ALUMNADO
Estudo autónomo
(individual o en grupo) 33 h
Lecturas recomendadas 2 h
Elaboración dun traballo 11h
Traballo autónomo no laboratorio 4h
TOTAL PARA 3 CRÉDITOS ECTS 50
Recomendase ao alumnado vir a clase e involucrarse no traballo que se desenvolverá na aula/laboratorio. Tamén que fagan uso da titoría para a resolución de calquera dúbida que xurda durante o estudo da materia. Ao ser unha materia optativa e práctica non se recomenda a súa elección se non se ten a seguridade de poder asistir á meirande parta da docencia.
No referente ao plaxio ou uso indebido das tecnoloxías na realización de traballos ou probas, deber ter en conta que para os casos de realización fraudulenta de exercicio ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dous estudantes e de revisión de cualificacións.
O art. 16 da Normativa de evaluación del rendemento académico dos estudantes (DOG 21 de xullo de 2011) establece o seguinte: “A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba exixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes”. En caso de fraude académica, tal e como se define no artigo 42 do Regulamento polo que se establecen as normas de convivencia da Universidade de Santiago de Compostela e de conformidade co disposto no artigo 11. g) da Lei de convivencia universitaria, aplicaranse as sancións previstas pola normativa. Entre os comportamentos premeditados tendentes a falsear os resultados dun exame ou traballo inclúense o plaxio e o emprego non consentido de ferramentas de Intelixencia Artificial.
Antonio Manuel Martinez Cortizas
- Departamento
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Área
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Teléfono
- 881813379
- Correo electrónico
- antonio.martinez.cortizas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Olalla Lopez Costas
Coordinador/a- Departamento
- Historia
- Área
- Arqueoloxía
- Correo electrónico
- olalla.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Ramón y Cajal
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Laboratorio Eco - Past |
17.01.2025 11:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 15 |
23.06.2025 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 15 |