Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Departamento externo vinculado ás titulacións
Áreas: Área externa M.U en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade (3ª ed)
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O obxectivo principal da materia é por a disposición do alumnado os coñecementos necesarios para valorar, deseñar e acometer un proxecto de prospección arqueolóxica. Nos últimos anos, asistimos a un crecente interese cara esta estratexia metodolóxica relacionado co desenvolvemento dunha arqueoloxía menos invasiva, e máis sensible ao uso das novas tecnoloxías e de corte territorial e paisaxístico. Nesta liña, estímase oportuno transmitir ao alumnado algúns fundamentos sobre tecnoloxías xeoespaciais e métodos de teledetección (GPS, Sistemas de información xeográfica —SIX—, fotografía aérea, imaxes satelitais, LiDAR, prospección xeofísica...), malia que estes contidos serán tratados con máis detalle na materia de Tecnoloxías Xeoespaciais en Arqueoloxía.
O obxectivo final é dotar aos alumnos/as dos coñecementos necesarios para a toma de decisións á hora de afrontar un proxecto destas características, é dicir; o deseño do proxecto, a elección dunha estratexia de prospección axeitada ao obxecto para estudar, a pertinencia dun enfoque multidisciplinar e multiescalar, o uso das tecnoloxías e ferramentas ao seu alcance, o deseño de documentación e a estratexia de representación e análise da información obtida.
Os contidos teóricos distribúense en cinco temas:
1. Deseño e planificación da prospección arqueolóxica
1.1. Introdución xeral
1.2. Deseño do proxecto
1.3. Introdución ás fontes de información (Inventarios e catálogos, toponimia, cartografía, imaxes aéreas, etc.)
2. Prospección superficial do terreo
2.1. Estratexias de cobertura, batida e mostraxe
2.1.1. Prospección extensiva
2.1.2. Prospección intensiva
2.1.3 Mostraxe
2.2. Condicións de perceptibilidade do rexistro arqueolóxico
3. Obtención, documentación e representación da información
3.1. Introdución ás Tecnoloxías da Información Xeográfica (TIX)
3.1.1. Introdución aos Sistemas de Información Xeográfica (SIX)
3.1.2. Fluxo de traballo, dispositivos e colectores de datos de campo
3.2. Sistema de Posicionamento Global (GPS)
3.3. Rexistro, documentación, análise e representación da información de campo
4. Introdución á Teledetección
4.1. Conceptos xerais e ferramentas
4.2. Análise de imaxes. Imaxes satelitais e fotografía aérea.
4.3. Introdución á tecnoloxía LiDAR
4.4. O uso do dron (UAV/RPA) e a fotogrametría
5. Introdución á prospección xeofísica do subsolo
5.1. Fundamentos
5.2. Prospección Eléctrica
5.3. Prospección Magnética
5.4. Prospección con Xeorradar
Os contidos prácticos constarán de sete sesións na aula que desenvolverán a materia teórica impartida de xeito práctico coa axuda de casos de estudo reais. As prácticas de campo equivalen a 2 sesións —3 horas— para realizar nunha única xornada en data por determinar no entorno de Santiago de Compostela. Se non se obtivese financiación para estas últimas, substituiranse por outras prácticas complementarias nunha localización na que o alumnado poida desprazarse polos seus medios.
Básica
Burillo, F. (Coord). 2004. Arqueología Espacial: Prospección. Arqueología Espacial 24-25. Teruel, Instituto de Estudios Turolenses.
García Sanjuán, L. 2005. Introducción al reconocimiento y análisis arqueológico del territorio. Barcelona: Ariel.
García Diez, M. & Zapata Peña, L. (Eds.). 2013. Métodos y técnicas de análisis y estudio en arqueología prehistórica: De lo técnico a la reconstrucción de los grupos humanos: Universidad del País Vasco/Euskal Herriko Unibertsitatea.
Ruiz Zapatero, G. 1996. La prospección de superficie en la arqueología española. Quaderns de prehistòria i arqueologia de Castelló (17): 7-20.
Complementaria
Banning, E. B. 2002. Archaeological Survey. New York, Kluivert Academic.
Bevan, B. W. 1998. Geophysical Exploration for Archaeology. An Introduction to Geophysical Exploration. Midwest Archaeological Centre Special Report 1.
Bintliff, J.; Kuna, M. y Venclova, N (eds.). 2000. The future of Surface Artefact Survey in Europe. Sheffield, Sheffield University Press.
Bewley, B.; Donoghue, D.; Gaffney, V.; van Leusen, M.; Wise, A. 1998 (Revised by Bewley, B. and Nirven, K. 2011). Aerial Survey for Archaeology. Guides to Good Practice. Archaeology Data Service / Digital Antiquity. London http://guides.archaeologydataservice.ac.uk/g2gp/AerialPht_Toc
Corsi, C.; Slapšak, B.; Vermeulen, F. (2013): Good Practice in Archaeological Diagnostics. Non-invasive Survey of Complex Archaeological Sites. Cham: Springer.
Doneus, M.; Briese, C.; Fera, M.; Janner, M. 2008. Archaeological prospection of forested areas using full-waveform airborne laser scanning. Journal of Archaeological Science. V 35, 4. 882-893.
Gillings, M.; Hacigüzeller, P. y Lock, G. (2020): Archaeological Spatial Analysis: A Methodological Guide. Oxon-New York: Routledge.
Opitz, R. & Cowley, D. (2013): Interpreting Archaeological Topography: Lasers, 3D Data, Observation, Visualisation and Applications. Oxford: Oxbow.
Orejas, A. 1998. El estudio del paisaje. Visiones desde la Arqueología, Arqueologías del Paisaje. Actas del Coloquio Celebrado en Teruel (Septiembre 1998). Arqueología Espacial 19-20. Teruel, Instituto de Estudios Turolenses.
Verhagen, P.; Borsboom, A. 2009. The design of effective and efficient trial trenching strategies for discovering archaeological sites. Journal of Archaeological Science. V 36, 8. 1807-1815.
Wheatley, D. y Gillings, M. 2002. Spatial Technology and Archaeology. The Archaeological Application of GIS. London, Taylor and Francis.
White, G. G. y King, T. F. 2007. The Archaeological Survey Manual. Left Coast Press.
Wheatley, D. y Gillings, M. 2002. Spatial Technology and Archaeology. The Archaeological Application of GIS. London, Taylor and Francis.
White, G. G. y King, T. F. 2007. The Archaeological Survey Manual. Left Coast Press.
Básicas:
(CB-1) Que os estudantes demostren unha comprensión sistemática dun campo de estudo e o dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados con devandito campo;
(CB-2) Que os estudantes demostren a capacidade de concibir, deseñar, poñer en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación con seriedade académica;
(CB-3) Que o estudantado teña a capacidade de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos;(CB-4) Que os estudantes sexan capaces de realizar unha análise crítica, avaliación e síntese de ideas novas e complexas;
(CB-5) Que os estudantes saiban comunicarse cos seus colegas, coa comunidade académica no seu conxunto e coa sociedade en xeral achega das súas áreas de coñecemento.
Específicas:
(CE-2) Preparación e redacción de informes históricos e arqueolóxicos.
(CE-4) Asesoramento en planes directores, planes especiais, traballos arqueolóxicos, etc.
(CE-5) Xestión cultural.
(CE-6) Dirección de actividades de prospección e de escavación arqueolóxica.
Transversais:
(CT-1) Utilizar bibliografía e ferramentas de procura de recursos bibliográficos xenerais e específicos, que inclúe o acceso por Internet, vendo as súas enormes posibilidades e potenciando a capacidade discriminatoria do alumno sobre os seus contidos.
(CT-2) Xestionar de forma óptima o tempo de traballo e organizar os recursos dispoñibles, establecendo prioridades, camiños alternativos e identificando erros nas toma de decisións.
(CT-3) Potenciar a capacidade de traballo en equipo, en contornas cooperativos, pluridisciplinares ou de alto nivel competitivo.
As actividades docentes na aula combinan a impartición de nocións teóricas e prácticas. As clases teóricas dedicaranse a impartir os fundamentos necesarios sobre o deseño de metodoloxías de prospección. As sesións prácticas na aula reforzarán estes contidos mediante diferentes casos de estudo e tarefas que o alumnado deberá desenvolver. Os seminarios introducen ao alumnado casos de estudos reais nos que foi preciso desenvolver metodoloxías multidisciplinares innovadoras para o estudo de diferentes paisaxes arqueolóxicas, mais tendo como ferramenta principal de identificación e estudo de sitios a prospección arqueolóxica.
A práctica de campo realizarase soamente se é posible obter financiación (e conxuntamente con outras materias do máster). Realizarase no entorno de Santiago de Compostela, elixindo unha ubicación que teña diferentes evidencias arqueolóxicas para que o alumnado poida familiarizarse con elas no campo. Tamén se aplicarán técnicas de documentación e recompilación de coordenadas (GPS) e técnicas de prospección e identificación de evidencias arqueolóxicas propias da disciplina. Usaranse colectores de datos electrónicos, GPS e outras tecnoloxías. A práctica de campo desenvolverase un xoves ou venres, nunha data acordada co alumnado, no caso de que non sexa posible realizala en horario de clase. No caso de que non poida realizarse por diversos motivos, realizarase outra práctica no aula ou nas proximidades do campus. De obter financiación para o desprazamento planifícase unha saída de un día ou medio día de duración a un xacemento arqueolóxico. O obxectivo é poñer en práctica as metodoloxías de prospección impartidas na asignatura. Na primeira parte tratarase de localizar físicamente sobre o terreo estruturas arqueolóxicas identificadas na aula mediante teledetección. Na segunda parte realizarase un simulacro de prospección pedestre. Trátaríase dunha actividade de carácter obrigatorio para o alumnado matriculado na materia. Non implica a compra de entradas.
A materia é presencial, e utilizarase a aula virtual como marco de desenvolvemento da mesma, colgándose nela recursos útiles ao estudantado e como plataforma para a entrega de traballos e tarefas varias.
A avaliación será continua mediante o seguimento do traballo do alumnado na aula, os seminarios e as titorías, así como na entrega e/ou exposición dos traballos.
- Ata un 80% da nota corresponderase coa entrega de tarefas relacionadas coa materia explicada durante as primeiras 6 sesións. O profesor determinará, dacordo co caso, se estas tarefas son individuais ou grupais.
- Outro 20% correspóndese coas prácticas de prospección realizadas durante a visita de campo—ou exercicios similares no caso de non poder realizarse a visita—.
Na segunda convocatoria, de xullo, o alumnado terá que realizar o mesmo tipo de probas efectuadas a longo do curso para a avaliación continua (20%). O 20% correspondente ás prácticas de campo serán substituídas por un segundo traballo individual de menor entidade.
En caso de dispensa oficial, examinarase ao alumno cos mesmos criterios aplicados á docencia presencial.
Sistema de cualificación: expresado mediante cualificación final numérica de 0 a 10 segundo a lexislación vixente (Real Decreto 1125/2003 de 5 de setembro; BOE 18 de setembro). É preciso obter unha puntuación mínima de 4 en cada unha das partes sinaladas para a realización da media final.
O art. 16 da Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes (DOG 21 de xullo de 2011) establece o seguinte: “A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba exixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes”. Tal e como se define no artigo 42 do Regulamento polo que se establecen as normas de convivencia da Universidade de Santiago de Compostela e de conformidade co disposto no artigo 11. g) da Lei de convivencia universitaria, aplicaranse as sancións previstas pola normativa. Entre os comportamentos premeditados tendentes a falsear os resultados dun exame ou traballo inclúense o plaxio e o emprego non consentido de ferramentas de Intelixencia Artificial.
ACTIVIDADES PRESENCIAIS (HORAS PRESENCIAIS DO ALUMNO)
Clases maxistrais: 9
Clases prácticas: 6
Seminarios: 4,5
Visitas, saídas: 3
Titorías: 1,5
Avaliación: 1
TOTAL PARA 3 CRÉDITOS ECTS 25
TRABALLO DO ALUMNO (HORAS DE TRABALLO DO ALUMNO)
Estudio autónomo (individual o en grupo): 10
Lecturas recomendadas: 10
Preparación do traballo: 26
Outras tarefas asignadas por el profesor: 4
TOTAL PARA 3 CRÉDITOS ECTS: 50
Recoméndase a asistencia a clases, xa que parte da nota da materia só poderá obterse a partir dela. Ademais, recoméndase utilizar o tempo de titorías para realizar consultas sobre bibliografía e dúbidas sobre outras cuestións que teñan que ver coa materia e a elaboración dos traballos prácticos.
O alumnado debe coñecer o uso básico de paquetes ofimáticos xerais —como Microsoft Office ou Libre Office—. De igual xeito, debe familiarizarse co Campus Virtual da USC e co software colaborativo estándar da mesma, Microsoft Teams.
Para as saídas de campo é conveniente traer calzado axeitado (botas).
Samuel Nion Alvarez
- Departamento
- Departamento externo vinculado ás titulacións
- Área
- Área externa M.U en Patrimonio Cultural Dixital
- Correo electrónico
- samuel.nion.alvarez [at] usc.es
- Categoría
- Profesional área externa_máx. 30 h
David Garcia Casas
- Departamento
- Departamento externo vinculado ás titulacións
- Área
- Área externa M.U en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade (3ª ed)
- Correo electrónico
- david.garcia.casas [at] rai.usc.gal
- Categoría
- Profesional área externa_máx. 30 h
Mércores | |||
---|---|---|---|
15:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 15 |
13.01.2025 11:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 15 |
19.06.2025 11:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 15 |