Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia, Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Prehistoria, Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
A materia aportará un panorama xeral das posibilidades que as tecnoloxías xeoespaciais ofrecen para a captura, manexo e análise da información arqueolóxica. Dada a amplitude e complexidade técnica deste campo de estudo, a materia intentará mostrar ao alumnado cales son os campos de aplicabilidade destas tecnoloxías —para que serven, cando son unha opción metodolóxica axeitada, a adecuación dos medios ao obxecto de estudo— e as condicións xerais que implica o seu uso —que nocións básicas hai que coñecer para entender o que achegan—.
A materia ofrecerá unha aproximación xenérica ás tecnoloxías máis custosas ou excepcionais —teledetección, Lidar— e unha aproximación máis detallada e práctica a outras de uso máis común e accesible —SIX—. Outras, coma o uso dos sistemas GPS ou a toma de datos xeoespaciais en campo, trataranse de xeito máis superficial —esencialmente, a súa integración cos SIX—, xa que son ámbito propio doutra materia —Prospección Arqueolóxica—.
Sesión 1a (Expositiva): Conceptos básicos (1 h)
Sesión 1b (Interactiva): Introdución a QGIS (2 h)
Sesión 2a (Expositiva): Modelo de representación vectorial (1 h)
Sesión 2b (Interactiva): Introdución á análise en espazo vectorial (2 h)
Sesión 3a (Expositiva): Modelo de representación ráster (1 h)
Sesión 3b (Interactiva): Introdución á análise en espazo ráster (2 h)
Sesión 4a (Interactiva): Fontes de información (2 h)
Sesión 4b (Titoría en grupo) (1 h)
Sesión 5a (expositiva): Os SIX en Arqueoloxía (1 h)
Sesión 5b (Interactiva): Xeoprocesamento básico (1,5 h)
Sesión 6a (Expositiva): Teledetección e prospección remota en Arqueoloxía (1 h)
Sesión 6b (Interactiva): O estudo das paisaxes arqueolóxicas (1,5 h)
Sesión 7a (Expositiva): Análise espacial en Arqueoloxía usando SIX (1 h)
Sesión 7b (Interactiva): Recursos e ferramentas básicas para a análise espacial (3 h)
Sesión 8 (Expositiva): Novos camiños na Arqueoloxía computacional (1 h)
Sesión 9 (Titoría en grupo): Suposto práctico final (2 h)
Bibliografía básica
Bibliografía complementaria
A memoria de título contempla para esta materia as seguintes competencias básicas, transversais e específicas:
Competencias básicas
Competencias transversais
Competencias específicas
A materia combinará dúas formas esenciais de docencia presencial (expositiva e interactiva) e unha ampla parte práctica de traballo persoal dos estudantes. Durante as sesións presenciais, o alumnado realizará en ordenadores á súa disposición diferentes tarefas de manexo básico de SIX con información arqueolóxica, previamente presentadas e comentadas polo profesor.
As últimas sesións destínanse exclusivamente a formar ao alumnado na detección e estudo de sitios arqueolóxicos a través do uso de distintos recursos e estruturas de datos xeoespaciais e ao reforzo destes contidos mediante seminarios especializados. As titorías grupais, de asistencia obrigatoria, teñen como obxectivo preparar aos alumnos para a realización dos traballos prácticos avaliables.
A materia é presencial, e utilizarase a aula virtual como marco de desenvolvemento da materia, colgándose nela recursos útiles ao estudantado. É o medio a través do cal se fará entrega das tarefas e traballos avaliables.
A totalidade da docencia, tanto expositiva como interactiva, será presencial e de acordo co horario oficial.
A avaliación será continua mediante o seguimento do traballo do alumno na aula, así como a entrega e/ou exposición dos traballos.
Ata un 50% da nota corresponderase coa entrega de tarefas relacionadas coa materia explicada durante as primeiras 4 sesións. O profesor determinará, de acordo co caso, se estas tarefas son individuais ou grupais. O restante 50% basearase na realización dun suposto práctico final, que se centrará no estudo mediante SIX adaptado aos intereses do alumnado.
Na segunda convocatoria, de xullo, o alumnado terá que realizar o mesmo tipo de probas realizadas a longo do curso para a avaliación continua.
En caso de dispensa oficial examinarase ao alumnado cos mesmos criterios aplicados á docencia presencial.
Sistema de cualificación: expresado mediante cualificación final numérica de 0 a 10 segundo a lexislación vixente (RD 1125/2003 de 5 de setembro). É preciso obter unha puntuación mínima de 4 en cada unha das partes sinaladas para a realización da media final.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido no artigo 16 da Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións da Universidade de Santiago.
Tempo de estudos e traballo persoal
A materia ten asignados 3 créditos (ECTS), que se distribúen en 7 horas de clase expositiva, 14 horas de clase interactiva, 3 horas de titoría en grupo, 2 horas previstas para a realización de exames ou outras probas presenciais (de ser o caso) e 49 horas de traballo persoal.
A materia ten asignados 3 créditos (ECTS), que se distribúen en 7 horas de clase expositiva, 14 horas de clase interactiva, 3 horas de titoría en grupo, 2 horas previstas para a realización de exames ou outras probas presenciais (de ser o caso) e 49 horas de traballo persoal.
Recoméndase a asistencia a clases e utilizar o tempo de titoría (individual, fóra de horario, ou en grupo) para realizar consultas sobre bibliografía e dúbidas sobre outras cuestións que teñan que ver coa materia e a elaboración dos traballos prácticos.
O alumnado debe coñecer o uso básico de paquetes ofimáticos xerais —como Microsoft Office ou Libre Office—. De igual xeito, debe familiarizarse co Campus Virtual da USC e co software colaborativo estándar da mesma, Microsoft Teams.
Por comodidade e facilidade para a realización dos traballos prácticos, recoméndase ao alumnado a instalación nos seus propios equipos informáticos do software en aberto usado durante a materia. Igualmente, é conveniente que acheguen os seus equipos portátiles ás aulas.
Esta materia require dispoñer dun aula equipada con ordenadores e con determinadas aplicacións informáticas distribuídas baixo licencia libre (GPL). Nas distintas tarefas e actividades respectarase a normativa vixente referida á propiedade intelectual e á protección de datos. En caso de fraude académica, tal e como se define no artigo 42 do Regulamento polo que se establecen as normas de convivencia da Universidade de Santiago de Compostela e de conformidade co disposto no artigo 11. g) da Lei de convivencia universitaria, aplicaranse as sancións previstas pola normativa. Entre os comportamentos premeditados tendentes a falsear os resultados dun exame ou traballo inclúense o plaxio e o emprego non consentido de ferramentas de Intelixencia Artificial
Eduardo Jose Corbelle Rico
- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría
- Teléfono
- 982823324
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Miguel Carrero Pazos
Coordinador/a- Departamento
- Historia
- Área
- Prehistoria
- Teléfono
- 881812565
- Correo electrónico
- miguel.carrero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Mércores | |||
---|---|---|---|
12:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 04 de Informática |
04.06.2025 11:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 17 de informática |
01.07.2025 11:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 17 de informática |