Créditos ECTS Créditos ECTS: 5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 5 Clase Expositiva: 15 Clase Interactiva: 20 Total: 40
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia
Áreas: Historia Contemporánea
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Anual
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Propiciar un achegamento a algúns dos debates actuais na historiografía contemporaneísta
- Analizar textos de carácter historiográfico con rigor e profundidade
- Presentar oralmente, de forma didáctica, clara e concisa, o resultado das investigacións realizadas
- Participar, de forma pautada e razoada, en foros ligados a temas propios da historia contemporánea
Contido 1: "Marxismo e campesiñado". Docente responsable: Alba Díaz Geada
- Conceptos, debates e proxectos arredor das nocións de campesiñado, comunidade e cuestión agraria.
Contido 2: "Política, clientelismo, corrupción e democracia no século XIX". Docente responsable: Xosé Ramón Veiga
- O concepto de cultura[s] política[s] e a súa aplicación aos estudos históricos
- Procesos de politización entre a Revolución Francesa e a I Guerra Mundial
- Clientelismo e corrupción: veciños indesexables pero omnipresentes
- Pluralismo, participación, sufraxio, esfera pública e sociedade civil: os cimientos dunha historia inacabada da democracia
"MARXISMO E CAMPESIÑADO" (Alba Díaz Geada)
- Antonio GRAMSCI: La cuestión meridional, Buenos Aires, Quadrata, 2002
- Fondo Editorial y Archivo Histórico de la Asamblea Legislativa Plurinacional de Bolivia (coord.): Karl Marx. Escritos sobre la comunidad ancestral, La Paz, Vicepresidencia del Estado Plurinacional, Presidencia de la Asamblea Legislativa Plurinacional, 2015
- Henri LEFEBVRE: De lo rural a o urbano, Barcelona, Península, 1978
- Rosa LUXEMBURGO: Introducción a la economía política, Madrid, Siglo Veintiuno de España, 2015
- Karl MARX: La llamada acumulación originaria, Capítulo XXIV de El Capital. Crítica de la Economía Política, Marxists Internet Archive, 2002
- Karl MARX: El 18 Brumario de Luis Bonaparte, Madrid, Fundación Federico Engels, 2003
- Teodor SHANIN (ed.): Peasants and Peasants Societies, Londres, Penguin, 1971
- Edward Palmer THOMPSON: Tradición, revuelta y conciencia de clase. Estudios sobre la crisis de la sociedad preindustrial, Barcelona, Crítica, 1979
- Raymond WILLIAMS: El campo y la ciudad, Buenos Aires, Paidós, 2001
- The Journal of Peasant Studies, Volumen 1, Número 1, 1973 (número completo)
"POLÍTICA, CLIENTELISMO, CORRUPCIÓN E DEMOCRACIA NO SÉCULO XIX" (Xosé Ramón Veiga)
- Jordi CANAL e Javier MORENO LUZÓN (eds.): Historia cultural de la política contemporánea, Madrid, CEPC, 2009
- John MARKOFF: Olas de democracia. Movimientos sociales y cambio político, Granada, Comares, 2018
- María Antonia PEÑA e Diego José FERIA (dirs.): Corrupción política y liberalismo en el largo siglo XIX, Granada, Comares, 2020
- Manuel PÉREZ LEDESMA e Ismael SAZ (dirs.): Historia de las culturas políticas en España y América Latina, Madrid-Zaragoza, Marcial Pons-PUZ, 2014, vs. I, II, III y V
- Borja de RIQUER et al. (dirs.): La corrupción política en la España contemporánea. Un enfoque interdisciplinar, Madrid, Marcial Pons, 2018
- Carmelo ROMERO: Caciques y caciquismo en España (1834-2020), Madrid, Los libros de la Catarata, 2021
- José VARELA ORTEGA (dir.): El poder de la influencia. Geografía del caciquismo en España (1875-1923), Madrid, Marcial Pons-CEPC, 2001
- Demostrar un coñecemento profundo dos distintos enfoques metodolóxicos e das tendencias historiográficas relacionadas coa Idade Contemporánea
- Ser capaz de ler, resumir ou transcribir e analizar de forma pertinente documentos históricos
- Redactar ensaios ou sínteses de carácter historiográfico e traballos de investigación, utilizando a linguaxe e as regras propias da comunicación científica
- Alcanzar un dominio dos coñecementos e métodos da Historia Contemporánea que permita seguir posteriormente estudos de Doutoramento
- Sesións presenciais: haberá, cando menos, dúas sesións presenciais on-line (na plataforma que se habilite ao efecto), unha ao comezo para a presentación das pautas xerais de traballo e outra para a exposición pública dos informes realizados.
- Traballo autónomo do alumnado: Informe escrito: cada alumno/a, do total de materiais propostos, deberá escoller entre tres e cinco referencias. De cada unha delas realizará un comentario que inclúa a identificación da temática central que aborda (e, no seu caso, das secundarias relacionadas), unha síntese dos seus contados fundamentais e unha conclusión referida á aportación da lectura respecto da problemática histórica xeral en que se sitúa. No canto de comentarios individuais de cada unha das referencias, pódese optar por un conxunto que as integre a todas de forma coherente, lóxica e cohesionada. Na sesión de presentación da materia indicaranse as condicións formais de entrega do informe escrito.
- Traballo autónomo do alumnado: Presentación oral: cada alumno/a deberá realizar unha presentación oral do seu traballo que será pública e de asistencia obrigatoria para todo o alumnado. A duración máxima será de 10 minutos. No seu momento indicarase o día e tramo horario para a realización das presentaciones.
- Traballo autónomo do alumnado: na plataforma habilitada para o desenvolvemento do curso, abrirase un foro no que cada alumno/a poderá realizar comentarios, suxestións, presentar dúbidas... respecto dos materiais obxecto do seu traballo. Non se trata de efectuar nin resumos nin síntesis (iso queda para o Informe escrito), senón de disponer dunha canle para realizar comentarios a partir das lecturas que non teñan cabida no Informe escrito.
- Utilizaranse as posibilidades da plataforma dixital habilitada ao efecto.
- Participación no foro: 10% da nota final (para ter nota neste apartado hai que realizar un mínimo de dúas intervencións).
- Presentación oral: 40% da nota final (criterios de avaliación: claridade na definición dos contidos, vocabulario apropiado, oratoria adecuada ao contexto académico, capacidade de síntese, conclusións ben definidas, axuste ao horario establecido).
- Informe escrito: 50% da nota final (criterios de avaliación: fixación correcta das ideas básicas e principais, conexión coa temática xeral en que se sitúa o traballo, redacción con coherencia, cohesión e adecuación, conclusións razoadas e ben definidas, axuste ás normas formais establecidas). A presenza reiterada de faltas de ortografía, a criterio do docente, suporá unha nota de suspenso no Informe escrito.
Parte da materia adscrita a Xosé Ramón Veiga: para superar a materia na primeira oportunidade da primeira convocatoria, é condición obrigada ter aprobados os tres items de avaliación previstos, ou ben aqueles que no seu caso se decidan co alumnado
O total da materia son 5 créditos ECTS, de tal forma que cada contido equivale a 2.5 créditos ECTS.
Son 125 horas totais, das que 25 corresponden a sesións presenciais "on line" (na plataforma que se habilite ao efecto) e 100 a traballo autónomo guiado do alumnado.
- Lectura atenta dos materiais
- Participación no foro
- Asistencia ás sesións presenciais "on line" (na plataforma habilitada ao efecto)
Jose Ramon Veiga Alonso
Coordinador/a- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Contemporánea
- Teléfono
- 982821031
- Correo electrónico
- xoseramon.veiga [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Alba Diaz Geada
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Contemporánea
- Teléfono
- 982824722
- Correo electrónico
- alba.diaz [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Ramón y Cajal