Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
1. Coñecer o desenvolvemento histórico das funcións do museo e as transformacións que se produciron dende a visión tradicional até as últimas propostas.
2. Desenvolver a investigación e estudo da función social do museo até a actualidade.
3. Proporcionar as ferramentas básicas para acceder á actividade investigadora no campo da nova museoloxía.
TEMA 1. O museo como institución permanente ao servizo da sociedade: unha visión histórica. Funcións do museo: adquirir, conservar, estudar, expoñer, difundir. Desenvolvemento e transgresións.
TEMA 2. Cambios nas funcións tradicionais do museo. Repercusión das transformacións sociais na redimensión do museo a partir dos anos sesenta do século XX. Museos vs. centros de Arte.
TEMA 3. O museo a partir dos anos oitenta do século XX: a eclosión de factores condicionantes externos (políticos, económicos e ideolóxicos). O novo museo e as exposicións temporais como paradigma socio-cultural. Do aval científico á promoción de valores lúdicos: o museo-espectáculo.
TEMA 4. Os museos no século XXI: novos retos sociais e oportunidades. Museos globalizados, cultura e novas tecnoloxías. O museo como lugar de encontro, debate, educación e esparcemento.
TEMA 5. Alteracións substanciais no concepto museo a partir dos novos perfís sociais dos seus usuarios. Paisano ou turista, quen ten prioridade? Os últimos cambios do museo.
ALONSO FERNÁNDEZ, L. (1999). Introducción a la nueva museología. Madrid: Alianza.
ALONSO FERNÁNDEZ, L. (1993). Introducción a la teoría y práctica del museo. Madrid: Istmo.
CUNO, J. e MACGREGOR, N. (eds.) (2004). Whose Muse?: Art Museums and the Public Trust. New Jersey: Princeton University Press.
DELOCHE, B. (2002). El museo virtual. Gijón: Trea.
DESVALLEES, A. (1992). Vagues. Une anthologie de la nouvelle muséologie. Macon: Éditions W.
EDSON, G. e DEAN, D. (1994). The handbook for museums. Londres: Routledge.
FREY, B. e POMMEREHNE, W. (1995). Musas e mercado. Noia: Edicións Laiovento.
HERNÁNDEZ HERNÁDEZ, F. (1994). Manual de Museología. Madrid: Síntesis.
HERNANDEZ HERNANDEZ, F. (1998). El museo como espacio de comunicación. Gijón: Ediciones Trea.
HOOPER-GREENHILL, E. (1992). Museums and the Shaping of Knowledge. Nueva York: Routledge.
LAPAIRE, C. (1983). Petit manuel de muséologie. Berne-Stuttgar: Paul Haupt.
LEÓN, A. (1990). El museo: teoría, praxis y utopía. Madrid: Cátedra.
MONTANER, M. (1990). Nuevos Museos. Espacios para el arte y la cultura. Barcelona: Gustavo Gili.
RIVIÈRE, G. H. (1993). La museología. Madrid: Akal.
ZUBIAUR CARREÑO, F. J. (2004). Curso de Museología. Gijón: Ediciones Trea.
1. Aplicar os coñecementos adquiridos e resolver problemas en contornas novas ou pouco coñecidas, dentro de contextos multidisciplinares relacionados coa área de estudo.
2. Ser capaz de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos e reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á área de estudo.
3. Saber comunicar os coñecementos e conclusións propias a públicos especializados e non especializados dun modo claro e adaptado.
4. Desenvolver destrezas de xestión e deseño de proxectos, adquisición de ferramentas para traballar en equipos multidisciplinares, tomar decisións, e aplicar o coñecemento á práctica.
Sendo unha materia en extinción, non se contemplan as sesión presenciais da materia, que serán suplidas por material na Aula Virtual grazas ao cal o alumno poder ir completando unha serie de actividades formativas non presencial, de carácter práctico, que aseguren a comprensión e asimilación dos contidos.
A nota final será o resultado da suma de cualificación das actividades formativas non presenciais entregadas a través da Aula Virtual.
Non presencial: 75 horas (lecturas, revisión dos contidos, superación das actividades non presenciais).
Total: 75 horas.
Para un bo seguimento da materia é imprescindible ter motivación e capacidade de traballo, cumprindo as actividades non presenciais nos tempos establecidos. Recomendamos que o alumno/a consulte a bibliografía proposta no programa, e que acuda as titorías sempre que o necesite. Sería conveniente que o alumno/a tivese a capacidade de ler nalgunha lingua estranxeira, ademais de coñecementos básicos de informática.
- Atención á diversidade: Darase cumprimento ao Real Decreto Lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o “Texto Refundido da Lei Xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social”, publicado no BOE (3 de decembro de 2013)
- En caso de fraude académica, tal e como se define no artigo 42 do Regulamento polo que se establecen as normas de convivencia da Universidade de Santiago de Compostela e de conformidade co disposto no artigo 11. g) da Lei de convivencia universitaria, aplicaranse as sancións previstas pola normativa. Entre os comportamentos premeditados tendentes a falsear os resultados dun exame ou traballo inclúense o plaxio e o emprego non consentido de ferramentas de Intelixencia Artificial
Ana Perez Varela
- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Correo electrónico
- ana.perez.varela [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU