Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 10 Clase Interactiva: 12 Total: 23
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioloxía Funcional
Áreas: Bioloxía Celular
Centro Facultade de Óptica e Optometría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Describir os compoñentes do sistema inmunitario, as súas interaccións e a súa función.
- Analizar a resposta inmunitaria fronte a patóxenos.
- Comprender os cambios que se producen nas enfermidades inmunitarias, en transplantes e nos tumores.
- Comprender e comparar a resposta inmunitaria nos diferentes compartimentos e compoñentes do ollo, e a súa regulación durante a inflamación e a infección.
- Identificar a técnicas máis axeitadas para avaliar a resposta inmunitaria.
Programa de clases teóricas (10 h).
TEMA 1.- Células e órganos do sistema inmunitario.
TEMA 2.- Inmunidade innata. Células e moléculas que median a inmunidade innata. Actividade NK. Mediadores solubles. Sistema do complemento e a súa regulación. Resposta inflamatoria.
TEMA 3.- Inmunidade adquirida. Células e moléculas que median a inmunidade adquirida. Tipos, desenvolvemento, supervivencia de linfocitos e recoñecemento antixénico.
TEMA 4.- Procesamento e recoñecemento antixénico. O complexo maior de histocompatibilidade (MHC).
TEMA 5.- Mecanismos efectores da inmunidade celular e humoral. Inmunidade mediada por células T. As células B e a xeración de anticorpos.
TEMA 6.- Inmunidade de mucosas. Resposta á infección e regulación.
TEMA 7.- Enfermidades de base inmunolóxica. Autoinmunidade. Hipersensibilidade. Transplantes. Inmunidade antitumoral.
TEMA 8.- Visión xeral da resposta inmunitaria ocular. Inmunidade da mucosa. Inmunidade mediada por células T. Inmunidade innata no ollo. As bágoas, a superficie ocular e a resposta inmunitaria. O papel do sistema do complemento na resposta inmunitaria ocular. Privilexio inmune ocular. A resposta inflamatoria no ollo. Mecanismos de hipersensibilidade ocular. Autoinmunidade ocular.
Seminarios (12 horas).
Preparación da materia de cada seminario por parte do estudantado. O profesorado explicará os conceptos básicos e resolverá as dúbidas que lle poideran xurdir ao estudantado sobre os contidos dos seminarios. O estudantado terá que responder preguntas sobre eses contidos.
Titoría (1 hora).
Na titoría explicarase a programación do curso, daranse as recomendacións para organizar e estudar a materia e resolveranse as dúbidas do estudantado en relación coa mesma.
Libro recomendado para a preparación das clases teóricas
Inmunología básica. (2024). Abbas , A.K.; Lichtman, A.H.; Pillai, S. 7ª edición. Editorial Elsevier. ISBN: 9788413826578. Barcelona: Elsevier Saunders. Dispoñible en liña no buscador Iacobus da biblioteca: https://www.usc.gal/gl/servizos/area/biblioteca-universitaria
Libros complementarios
Abbas, A. K. et al. (2022). Inmunología celular y molecular. 10ª edición. Barcelona: Elsevier Saunders.
Dartt, D.A. et al. (2011). Immunology, Inflammation and Diseases of the Eye. San Diego, CA: Academic Press.
Delves P. J. et al. (2014). Roitt. Inmunología. Fundamentos. 12ª ed. Buenos Aires : Editorial Médica Panamericana.
Rojas Espinosa, O. (2017). Inmunología: (de memoria). 4ª ed. Buenos Aires; Madrid : Editorial Médica Panamericana.
Revisións sobre inmunoloxía ocular
Caspi, R.R. (2010). A look at autoimmunity and inflammation in the eye. J Clin Invest. 120: 3073-3083.
Caspi, R.R. (2013). In this issue: Immunology of the eye-inside and out. Int Rev Immunol. 32: 1-3.
de Paiva C.S., Leger A.J., Caspi, R.R. (2022). Mucosal immunology of the ocular surface. Mucosal Immunol. 15(6): 1143-1157. Doi: 10.1038/s41385-022-00551-6.
Forrester, J.V., Xu, H. (2012). Good news-bad news: the Yin and Yang of immune privilege in the eye. Front Immunol. 27: 338.
Knop, E., Knop, N. (2007). Anatomy and immunology of the ocular surface. Chem Immunol Allergy. 2007:92:36-49. doi: 10.1159/000099252.
La Rosa, M., Lionetti, E., Reibaldi, M., Russo, A., Longo, A., Leonardi, S., Tomarchio, S., Avitabile, T., Reibaldi, A. (2013). Allergic conjunctivitis: a comprehensive review of the literature. Ital J Pediatr. 39: 18.
Mochizuki, M. (2010). Regional immunity of the eye. Acta Ophthalmol. 88: 292–299.
Mochizuki, M., Sugita, S., Kamoi, K. (2013). Immunological homeostasis of the eye. Prog Ret Eye Res. 33: 10e27.
Niederkorn, J.Y. (2011). Cornea: Window to Ocular Immunology. Curr Immunol Rev. 7: 328-335.
Niedźwiedzka-Rystwej, P., Deptuła, J., Deptuła, J. (2012). Immunology of the eye – selected data. Centr Eur J Immunol 37: 71-74.
O’Sullivan, N., Montgomery, P.C. (2015). Ocular Mucosal Immunity. En "Mucosal Immunity", 4ª ed. Editores: Jiri Mestecky Warren Strober Michael Russell Hilde Cheroutre Bart N. Lambrecht Brian Kelsall. Londress: Academic Press. pp. 1873-1897.
Perez, V.L., Saeed, A.M., Tan, Y., Urbieta, M., Cruz-Guilloty, F. (2013). The eye: A window to the soul of the immune system. J Autoimmun. 45: 7-14.
Stein-Streilein, J. (2008). Immune regulation and the eye. Trends Immunol. 29: 548-54.
Taylor, A.W. (2016). Ocular immune privilege and transplantation. Front Immunol. 7:37. eCollection 2016.
Taylor, A.W., (2018). Negative regulators that mediate ocular immune privilege. J Leukoc Biol. Feb 12. doi: 10.1002/JLB.3MIR0817-337R.
Taylor AW, Hsu S, Ng TF. (2021). The Role of Retinal Pigment Epithelial Cells in Regulation of Macrophages/Microglial Cells in Retinal Immunobiology. Front Immunol. 12: 724601.
Zarei-Ghanavati, M., Liu, C. (2017). Aspects of Corneal Transplant Immunology. J Ophthalmic Vis Res. 12: 249-250.
Coñecementos
- Con01: Demostrar coñecementos dende distintas perspectivas do coñecemento en ciencias da visión.
- Con03: Demostrar coñecementos e habilidades necesarias para a súa incorporación ao exercicio profesional especializado.
- Con06: Profundar no estudo das ciencias básicas da visión, como ferramenta de coñecemento e de apoio á especialización profesional e investigadora.
Habilidades y destrezas
- H/D01: Demostrar habilidades dende distintas perspectivas do coñecemento en ciencias da visión.
- H/D03: Desenvolver as habilidades necesarias para a súa incorporación á investigación no campo da optometría.
- H/D06: Utilizar as distintas técnicas de exposición oral, escrita, presentacións, paneis, etc., para comunicar os seus coñecementos, propostas e posicións.
Competencias
- Comp01: Capacidade para aplicar distintas perspectivas do coñecemento en ciencias da visión.
- Comp03: Capacidade de reflexión dende distintas perspectivas do coñecemento.
- Comp05: Aplicar a metodoloxía e os procedimentos propios da investigación científica nas ciencias da visión.
- Comp10: Aplicar os coñecementos do campo da inmunoloxía a calquera estudo en optometría, deseñando experimentos e empregando as técnicas e ferramentas máis avanzadas.
- Clases teóricas (non presenciais). Na USC virtual incluirase información detallada sobre os conceptos teóricos que é necesario coñecer para aprobar a materia. Ao comezo do curso remitiráselle ao estudantado un plan de traballo onde se indicará a materia a preparar para cada seminario e a bibliografía usada.
- Seminarios obrigatorios presenciais. O profesorado explicará os conceptos básicos e resolverá as dúbidas que lle poideran xurdir ao estudantado na preparación dos contidos dos seminarios. O estudantado terá que responder preguntas sobre os contidos da inmunoloxía básica e explicaránse os contidos sobre inmunoloxía ocular.
- Titoría obrigatoria. Explicarase a programación do curso, daranse as recomendacións para organizar e estudar a materia e resolveranse as dúbidas do estudantado en relación coa mesma.
- O estudantado debe superar un exame dos contidos do temario que representará o 65% da nota final. O aprobado está en 5 sobre 10.
Competencias avaliadas: Con01, Con03, Con06, H/D01, H/D06, Comp01, Comp03, Comp10.
- O estudantado debe realizar obrigatoriamente os seminarios que suporán o 35% da nota final. Nos seminarios en que se traten os contidos da inmunoloxía básica, o estudantado terá que responder preguntas sobre eses contidos.
Competencias avaliadas: Con01, Con03, Con05, H/D01, H/D03, H/D06, Comp01, Comp03, Comp05, Comp10.
- Unha vez superado o exame dos contidos do temario sumaráse a cualificación obtida nos seminarios.
- O estudantado repetidor non terá que facer os seminarios se xa os realizaron nos anos anteriores (consérvase a nota obtida). Aínda que repetirá os seminarios se así o considera, podendo superar (ou baixar) a nota que xa tiña.
- Teoría: 26 horas de traballo persoal.
- Seminarios: 12 horas presenciais e 35 horas de traballo persoal.
- Titoría: 1 hora.
- Realización de exames: 1 hora presencial.
- Total de horas de traballo presencial: 14 horas.
- Total de horas de traballo persoal: 61 horas.
- Tempo total dedicado á materia: 75 horas.
- Estudo dos contidos suministrados polo profesorado e estudo polo libro recomendado. É necesario coñecer a teoría sobre inmunoloxía xeral, correspondente a cada seminario, antes da realización dos mesmos, xa que o estudantado terá que responder preguntas sobre eses contidos.
- Estudo e revisión semanal da materia.
- Preparación dos seminarios propostos previamente á clase presencial.
- Aclaración co profesorado de posibles dúbidas (mediante correo electrónico ou mediante unha titoría).
- Repaso para o exame final.
Esta materia terá operativa unha aula virtual na plataforma Moodle a disposición do estudantado.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico do estudantado e de revisión de cualificacións”.
Manuel Noia Guldrís
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Bioloxía Celular
- Teléfono
- 881816948
- Correo electrónico
- manuel.guldris [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Venres | |||
---|---|---|---|
16:00-17:00 | Grupo /TI-ECTS01 | Galego | Aula virtual |
16:00-17:00 | Grupo /TI-ECTS02 | Galego | Aula virtual |
15.12.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
08.06.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |