Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 6 Clase Interactiva: 7 Clínicos EEES: 8 Total: 23
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Física Aplicada
Áreas: Optometría
Centro Facultade de Óptica e Optometría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
. Coñecer protocolos de actuación e axudas visuais para persoas con discapacidade visual.
· Xestión dunha persoa con agudeza visual reducida, desde o estudo da súa capacidade visual ata a prescrición de axudas especiais.
· Coñecer, deseñar, implementar e aplicar programas de rehabilitación visual para mellorar a mobilidade, orientación e outras actividades da vida diaria en pacientes con baixa visión, valorando a adecuación da prescrición de axudas ópticas e non ópticas.
· Introdución.
. Epidemioloxía. Signos e síntomas.
· Factores de intervención e condicionantes na rehabilitación visual.
· Métodos e probas específicas.
· Protocolo de consulta.
· Sistemas de ampliación e cálculo.
. Axudas especiais de baixa visión Tipos, características e factores influentes.
. Casos clínicos.
1. Manual de Baja Visión y Rehabilitación visual. Begoña Coco, Joaquín Herrera Medina. 2015.
2. World Health Organization. The Management of Low Vision in Children – Report of a WHO Consultation, Bangkok, 23–24 July 1992. Geneva; 1993:52.
3. Garcia Viso M. Diagnóstico y valoración de discapacidades. Colección . Madrid: Instituto Nacional de Servicios Sociales; 1990.
4. Anon. Requisitos para la afiliación a la ONCE — Web de la ONCE.
5. Ponchillia P, Ponchillia S. Foundations of rehabilitation teaching with person who are blind or visually impaired. New York: AFB Press; 1996.
6. Pascolini D, Mariotti SP. Global estimates of visual impairment: 2010. The British journal of ophthalmology 2011:bjophthalmol–2011–300539–.
7. Markowitz SN. Principles of modern low vision rehabilitation. Can J Ophthalmol J Can Ophtalmol 2006;41:289–312.
Coñecementos
Con02. Demostrar dominio dos principios, metodoloxías e novas tecnoloxías da optometría
Con03. Demostrar coñecementos e habilidades necesarias para a súa incorporación ao exercicio profesional especializado.
Con04. Coñecer os criterios específicos de actuación clínica especializada nos diferentes campos clínicos propios da atención visual: optometría pediátrica, optometría xeriátrica, terapias visuais, baixa visión, superficie ocular e lentes de contacto.
Habilidades e destrezas
H/D01. Demostrar habilidades desde distintas perspectivas do coñecemento en ciencias da visión.
H/D02. Capacidade para traballar en colaboración con outros profesionais como membro dun equipo multidisciplinar cun alto grao de eficacia.
H/D07. Adquirir as habilidades necesarias para a súa incorporación ao exercicio profesional especializado no ámbito da optometría.
H/D11. Capacidade para colaborar con outros compañeiros/as durante a avaliación visual do paciente.
H/D18. Transmitir información aos pacientes sobre a súa patoloxía, resto visual e expectativas esperadas tras a rehabilitación visual.
Competencias
Comp01. Capacidade para aplicar distintas perspectivas do coñecemento en ciencias da visión.
Comp03. Capacidade de reflexión desde distintas perspectivas do coñecemento.
Comp04. Aplicar criterios específicos de actuación clínica especializada nos diferentes campos clínicos propios da atención visual: optometría pediátrica, optometría xeriátrica, terapias visuais, baixa visión, superficie ocular e lentes de contacto.
Comp08. Desenvolver capacidade crítica, autocrítica e de toma de decisións.
Comp12. Coñecer conceptos básicos de Baixa Visión, protocolo de actuación e familiarizarse coa gama de axudas visuais máis básicas existentes para persoas con discapacidade visual cun resto visual reducido, pero non moi limitado.
Comp13. Obter facultades optométricas no manexo dunha persoa con agudeza visual reducida, desde o estudo da súa capacidade visual ata a prescrición de axudas especiais máis sinxelas.
Desde o inicio do curso académico estará activada a Aula Virtual da materia no Moodle do Campus Virtual, así como un Equipo de MS TEAMS. E obriga do alumnado a súa consulta regular así como a notificación das incidencias que poidan ocorrer con respecto a o acceso as mesmas.
ACTIVIDADE DE CONTIDO TEÓRICO: Docencia virtual na que se poñerá a disposición dos alumnos os contidos do programa teórico, casos clínicos, e/ou exemplos xerais en diferentes formatos de presentación que poderán estar acompañados de audio e/ou vídeo explicativo nunha contorna on- line. Os contidos serán proporcionados a través da Aula Virtual en formato PDF, PPT, audio ou vídeo, onde se incluirán as tarefas para o alumnado así como o contido teórico dos mesmos.
ACTIVIDADE INTERACTIVA DE SEMINARIOS: O alumno debe preparar o desenvolvemento da actividade con axuda do profesor e realizar medidas e correspondente análise de datos. Tamén se inclúen probas de avaliación se as houbese.Os contidos serán proporcionados a través da aula virtual en formato PDF, PPT, audio ou vídeo, onde se incluirán as tarefas para o alumnado así como o contido teórico dos mesmos.
ACTIVIDADE INTERACTIVA DE PRÁCTICAS: Práctica clínica. Inclúese aquí a realización de prácticas clínicas en módulos moi reducidos.
Distribución das horas:
Docencia teórica (Presencial): 2 h
Docencia teórica (Non presencial – Asíncrona): 4 h
Docencia interactiva seminario (Presencial): 3 h
Docencia interactiva seminario (Non presencial - Asíncrona): 4 h
Docencia interactiva clínica: 8 h
Tutorización en grupo reducido (Non presencial - Asíncrona): 2 h
- Avaliación de Contidos teóricos e seminarios: Avaliación continua combinada cun exame final. A avaliación continua realizarase de xeito virtual utilizando ferramentas da plataforma Moodle e/ou Teams, e representará un 30% da nota final (3 puntos).O examen final terá lugar de modo presencial, dacordo ao calendario establecido por Xunta de Centro, e poderá ser mediante exame en formato test, desenvolvemento de preguntas curtas, temas e caso práctico ou problema que mostre a habilidade do alumno para aplicar os coñecementos relacionados coa materia. Representará un 50% da nota final (5 puntos).
- Avaliacion de contidos Prácticos. A avaliación das destrezas do alumno no manexo de todos os contidos prácticos que compoñen a materia realizarase mediante avaliación continua, que suporá un 20% da nota (2 puntos), realizarase a través nas sesións presenciais e/ou en remoto utilizando ferramentas da plataforma Moodle e/ou Teams. A asistencia a prácticas é obrigatoria nun 90% do total das mesmas.
As horas totais de traballo persoal do alumno son 51 distribuídas da seguinte maneira:
Estudo autónomo individual ou en grupo: 25 h.
Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos: 10 h.
Lecturas recomendadas, actividades en biblioteca ou similar: 16 h.
Para poder integrar adecuadamente os conceptos impartidos en Manexo optométrico da baixa visión, é especialmente recomendable que o alumno acceda aos artigos das revistas especializadas na temática para impartir. Estas están indexadas en bases de datos como PUBMED (https://www.ncbi.nlm.nih.gov/pubmed/)
Adrian Perez Baladron
Coordinador/a- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Optometría
- Correo electrónico
- adrianperez.baladron [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Xoves | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 5 |
18.05.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
02.07.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |